Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Casa de moeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Ceca» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxaseCeca (homónimos) eCasa de moeda (homónimos).
Xilografía doséculo XVI, na queMaximiliano I aprende acuñaxe nunhacasa de moeda[1]

Unhacasa de moeda, coñecida tamén comoceca(doárabe:sikkah, "casa de moeda") ouobradoiro monetario, entre outros, é unestablecemento fabril dedicado á fabricación demoeda, habitualmente polo método dacuñaxe, ben dun xeitoartesanal ou ben de maneiraIndustrial, en función da época.[2][3]

Historia

[editar |editar a fonte]

Evolución da actividade nas casas de moeda

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cuñaxe.
Baixorrelevo enRostock,Alemaña, que reproduce a cuñaxe a martelo nunhacasa de moeda

A fabricación de moeda nos seus inicios foi un procesoartesán, a golpe demartelo sobre discosmetálicos recortados á man contesoiras.[4] En épocasgrega eromana as técnicas avanzaron en certa medida, aínda que eran substancialmente as mesmas, e non foi ata oséculo XVI, coa instalación nas casas de moeda da primeira maquinaria, cando o proceso de cuñaxe coñeceu un verdadeiro avance.[5]

A cuñaxe de moeda foi habitualmente un privilexio dosmonarcas. As casas reais posuían as súas propias cecas, que inicialmente consistían en pequenos obradoiros degravadores eferreiros, en ocasións de carácter itinerante, que viaxaban coa corte.[6]

NaPenínsula Ibérica, osmusulmáns utilizaban nas súas casas de moeda técnicas máis avanzadas durante aIdade Media, sobre todo nas súas cecas principais deCórdoba eMedina Azahra, e influíron moi notablemente no desenvolvemento da actividade, particularmente candoos reis cristiáns retomaron o poder.[7]

Prensa de cuñaxe utilizada nunhacasa de moeda

O reicastelán-leonésAfonso VI deu un paso importante na modernización do proceso de cuñaxe, coa creación de dúas casas de moeda estables, enToledo e enLeón, onde cuñou ao seu nome moedas con valor dundiñeiro nunhaaliaxe pouco común ata a época, denominadabillón, á base deprata ecobre, que foi moi utilizada nas emisións de moeda miúda dos reinos cristiáns.[8]

As cecas eran adoito estables á fin doperíodo medieval, mais, así e todo, seguían a semellar máis obradoiros artesanais que importantesfábricas dediñeiro. En1553, ocalcógrafofrancés Antoine Brucher inventou o laminador, unha máquina accionada por unmuíño que fabricaba láminas demetal dun grosor constante facendo pasar lingotes varias veces entre douscilindros ou rolos de metal duro. Esta innovación, xunto coa da chamada prensa de volante, coa que se lograba inicialmente o recorte de discos uniformes e, nun segundo momento, a cuñaxe dos discos grazas áinercia provocada por un gran volante, supuxeron o abandono da cuñaxe a martelo nas casas de moeda e o inicio do proceso industrial de produción de moeda.[9] Esas primeiras máquinas, de considerables dimensións, tiñan que ser instaladas en instalacións máis grandes que os tradicionais obradoiros.[10][11]

Acasa de moeda deHamburgo

A partir destas invencións e, particularmente, cos avances achegados polaRevolución Industrial, comezaron a sucederse a melloras no proceso. Cara a1790, os industriais inglesesMatthew Boulton eJames Watt inventaron unha nova prensamovida por vapor na súafábrica de Soho, enBirmingham, que daba un rendemento de 50 pezas por minuto.[12] Probada inicialmente poloscomerciantesfrancesesirmáns Monneron, o uso da nova prensa xeneralizouse naRoyal Mint deInglaterra, a partir de1805.[13] En1817, oalemán Uhlhorn perfeccionou o modelo ata chegar a lograr un rendemento de 100 moedas cuñadas por minuto.[14] E un novo paso deuno en1830 oenxeñeirosuízoJean Pierre Droz, quen introduciu no sistema a posibilidade de cuñar tamén o canto da moeda, de xeito simultáneo ao doanverso e oreverso.[15][16]

O avance máis recente na evolución dos métodos utilizados nas casas de moeda produciuse no inicio doséculo XX, cando aelectricidade substituíu o vapor como sistema para mover as prensas. Ademais, os avances daelectrónica e dainformática, odeseño asistido por computador e ocontrol numérico computerizado aplicado á elaboración dos cuños, así como a incorporación de novos materiais, fixeron que a produtividade chegase a cantidades como as 800 pezas por minuto nas factorías máis modernas, como a fábrica daMonnaie de Paris en Pessac ou aFábrica Nacional de Moneda y Timbre de España.[17][18][19]

Cuartel de San Domingos, sede daReal Casa da Moeda da Coruña

Casas de moeda de Galicia ao longo da historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Moeda cuñada en Galicia.
Instalacións daReal Casa da Moeda de Xuvia (á dereita), ao pé doRío Xuvia
Rúa da Moeda Vella, onde é probable que estivese a antigacasa de moeda de Santiago de Compostela

O primeiro obradoiro monetario que funcionou enterritorio galego tivo carácter itinerantena contorna da cidade de Lugo, e nel cuñáronseases,dupondios e outros valores debronce dosistema monetario romano durante asGuerras Cántabras, a nome deOctavio Augusto, en torno ao ano25a. de C.[20][21][22]

Xa en época da dominaciónvisigoda, establecéronse en Galicia pequenos establecementos monetarios de carácter artesanal onde se cuñaronmoedas deouro chamadastremissis. Algúns dos coñecidos estaban situados en localidades comoArros (Arón,Cedeira),Aurense (Ourense),Aviono (Avión),Bergancia (Betanzos),Catora (Catoira),Giorres (Valdeorras),Inceio (O Incio),Iria (Santiago de Compostela),Lucu (Lugo),Pincia (Pinza),Tornio (Torroña),Tude (Tui),Fraucello e outras de atribución incerta.[23][24]

Durante a Idade Media foi moi salientable a actividade daceca de Santiago de Compostela, que se establece no reinado deAfonso VI a finais doséculo XI, e, particularmente, aReal Casa da Moeda da Coruña, que estendeu a súa actividade ata oséculo XVII, durante o reinado deCarlos II.[25][26] En tanto que a localización da ceca compostelá se descoñece (aínda que dá algunha pista a existencia da "rúa da Moeda Vella"), o derradeiro edificio ocupado polo establecemento coruñés foi o do posterior Cuartel de San Domingos.[27][28] Aínda que con carácter máis excepcional, na Idade Media cuñáronse tamén moedas en casas de moeda establecidas enLugo (séculos XI eXII), enTui e enMilmanda, a nome dorei portuguésFernando I (século XIV), e tamén probablemente enOurense (século XII).[29][30][31]

Xunto co taller coruñés, cuñou tamén moeda enGalicia durante a Idade Moderna aReal Casa da Moeda de Xuvia, situada nunha fábrica de cobrería entre os concellos deNeda eNarón. Nesta casa de moeda, a derradeira das existentes en Galicia, cuñáronse moedas decobre durante os reinados deFernando VII e deIsabel II, entre1811 e1868.[32][33][34][35]

A ceca na cultura popular

[editar |editar a fonte]

A palabra "ceca" deu lugar a unha frase feita que, con variantes, se estende por todas as linguas románicas peninsulares: "da ceca para a Meca" ou "de ceca en Meca" (engalego), "de la ceca a la Meca" ou "de ceca en meca" (encastelán), "ir de seca a Meca" (enportugués) e "córrer la seca, la Meca i la vall d'Andorra" (encatalán). En todos os casos, o sentido é o de ir dun sitio para o outro, de aquí para aló.[36][37][38][39][40]

Casas de moeda oficiais en funcionamento no mundo

[editar |editar a fonte]
PaísNomeFundaciónNotas
AlemañaStaatliche Münzen Baden-Württemberg ("Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg")1998[41]
Bayerisches Hauptmünzamt ("Casa da Moeda de Baviera")1158[42]
Staatliche Münze Berlin ("Casa da Moeda de Berlín")1750[43]
Hamburgische Münze ("Casa da Moeda de Hamburgo")834[44]
Staatliche Münze Karlsruhe ("Casa da Moeda de Karlsruhe")1827[41]
Staatliche Münze Stuttgart ("Casa da Moeda de Stuttgart")1374[41]
ArxentinaSociedad Estatal Casa de Moneda ("Casa de Moeda da República Arxentina")1875[45]
AustraliaPerth Mint ("Casa da Moeda de Perth")1899[46]
Royal Australian Mint ("Real Casa da Moeda de Australia")1965[47]
AustriaMünze Österreich ("Casa da Moeda de Austria")1194[48]
BélxicaMonnaie Royale de Belgique /Koninklijke Munt van België ("Real Casa da Moeda de Bélxica")1291[49]
BrasilCasa da Moeda do Brasil1694[50]
BulgariaМонетен двор ("Casa da Moeda")1952[51]
CanadáRoyal Canadian Mint /Monnaie royale canadienne ("Real Casa da Moeda do Canadá")1908[52]
KazakhstánҚазақстан теңге сарайы ("Casa da Moeda de Kazakhstán")1992[53]
ChequiaČeská mincovna ("Casa da Moeda de Chequia")1993[54]
ChileCasa de Moneda de Chile1743[55]
ChinaZhōngguó Yìnchāo Zàobì Zǒnggōngs ("Corporación Chinesa de Impresión e Cuñaxe de Moeda")1949[56]
ZimbabweFidelity Printers and Refiners1966[57]
ColombiaCasa de Moneda de Colombia1621[58]
Corea do Sur한국조폐공사 - KOMSCO ("Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea")1951[59]
Costa RicaCasa de Moneda de Costa Rica1936[60]
CroaciaHrvatska kovnica novca ("Casa da Moeda de Croacia")1993[61]
CubaEmpresa Cubana de Acuñaciones[62]
DinamarcaDen Kongelige Mønt ("Real Casa da Moeda")1739[63]
EslovaquiaMincovňa Kremnica ("Casa da Moeda de Kremnica")1328[64]
EspañaFábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda1893[65]
Estados UnidosUnited States Mint -Washington ("Casa da Moeda dos EEUU")1792[66]
Philadelphia Mint ("Casa da Moeda de Filadelfia")1792
Denver Mint ("Casa da Moeda de Denver")1906
San Francisco Mint ("Casa da Moeda de San Francisco")1854
West Point Mint ("Casa da Moeda de West Point")1974
FilipinasBangko Sentral ng Pilipinas ("Banco Central de Filipinas")1993[67]
FinlandiaSuomen Rahapaja ("Casa da Moeda Finlandesa")1860[68]
FranciaMonnaie de Paris ("Casa da Moeda de París")864[69]
GreciaBank of Greece ("Banco de Grecia")1927[70]
HungríaMagyar Pénzverő ("Casa da Moeda de Hungría")1328[71]
IndiaIndia Government Mint -Bombai- ("Casa da Moeda do Goberno da India")1829[72]
India Government Mint -Calcuta- ("Casa da Moeda do Goberno da India")1757
India Government Mint -Hyderabad- ("Casa da Moeda do Goberno da India")1803
India Government Mint -Noida- ("Casa da Moeda do Goberno da India")1988
IndonesiaPerum Percetakan Uang Republik Indonesia ("Compañía de Impresión e Cuñaxe da República de Indonesia")1971[73]
Iránسازمان تولید اسکناس و مسکوک ("Organización de Impresión e Cuñaxe de Moeda")1877[74]
Iraqالبنك المركزي العراقي ("Banco Central de Irak")[75]
IrlandaCurrency Centre - Irish Mint ("Centro de Moeda - Casa da Moeda Irlandesa")1978[76]
IslandiaSeðlabanki Íslands ("Banco Central de Islandia")1961[77]
ItaliaIstituto Poligrafico e Zecca dello Stato ("Instituto Poligráfico e Ceca do Estado")1928[78]
LesothoCentral Bank of Lesotho ("Banco Central de Lesotho")1978[79]
LituaniaLietuvos monetų kalykla ("Casa da Moeda de Lituania")1990[80]
LuxemburgoLa Banque et Caisse d'Epargne de L'Etat ("Banca e Caixa de Aforros do Estado")[81]
MacauImprensa Oficial de Macau[82]
MalaisiaReal Casa de Moeda de Malaisia2000[83]
MéxicoCasa da Moneda de México1535[84]
NixeriaNigerian Security Printing and Minting Company Limited ("Compañía Nixeriana de Impresión e Cuñaxe")1963[85]
NoruegaDen Kongelige Mynt ("Real Casa da Moeda de Noruega")1686[86]
Nova ZelandiaNew Zealand Mint ("Casa da Moeda de Nova Zelandia")1967[87]
Países BaixosKoninklijke Nederlandse Munt ("Real Casa da Moeda dos Países Baixos")1567[88]
PaquistánPakistan Mint ("Casa da Moeda de Paquistán")1942[89]
PerúCasa Nacional de Moneda1565[90]
PoloniaMennica Polska ("Casa da Moeda de Polonia")1766[91]
PortugalImprensa Nacional-Casa da MoedaSéculo XIII[92]
Reino UnidoRoyal Mint ("Real Casa da Moeda")886[93]
Pobjoy Mint1965[94]
RomaníaMonetăria Statului ("Ceca do Estado")1870[95]
RusiaМосковский монетный двор ("Casa da Moeda deMoscova")1942[96]
Санкт-Петербу́ргский моне́тный двор ("Casa da Moeda de San Petersburgo")1724[97]
SerbiaZavod za izradu novčanica i kovanog novca Topčider ("Instituto para a Fabricación de Moedas e Billetes")1929[98]
Serra LeoaBank of Sierra Leone ("Banco de Serra Leoa")1963[99]
SingapurSingapore Mint ("Casa da Moeda de Singapur")1968[100]
SuízaSwissmint ("Casa da Moeda de Suíza")1848[101]
SuráfricaSouth African Mint ("Casa da Moeda de Suráfrica")1890[102]
Tailandiaสำนักกษาปณ์ ("Real Casa da Moeda")1860[103]
TaiwánCentral Mint ("Casa Central de Moeda")1920[104]
TurquíaDarphane ve Damga Matbaası Genel Müdürlüğü ("Dirección Xeral da Casa de Moeda e Timbre")1467[105]
UcraínaНаціональний банк України ("Banco Central de Ucraína")1998[106]
VaticanoUfficio Filatelico e Numismatico ("Oficina Filatélica e Numismática")1322[107]
VenezuelaCasa de la Moneda de Venezuela1802[108]
Xapón独立行政法人造幣局 - Dokuritsu Gyōsei Hōjin Zōheikyoku ("Ceca do Xapón")1871[109]
Xordaniaالبنك المركزي الاردني ("Banco Central de Xordania").1964[110]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Treitzsaurwein, M.Der Weisskunig. Eine Erzehlung von den Thaten Kaiser Maximilians des Ersten. Leipzig, 1775. Reedición 2006.ISBN 3361006015
  2. "Ceca" enDigalego.com. Consultado o 9 de agosto de 2019.
  3. "Casa da moeda". EnGran dicionario Século 21 da lingua galega. Galaxia e Cumio. Vigo. 2006. Páxina 271.ISBN 84-8289-341-6
  4. "La frappe au marteau".Université de Poitiers.
  5. Wickens, J. "The production of ancient coins". Lawrence University. 1996
  6. De Francisco Olmos, J. M. (2002). Páxina 328:"en reconocimiento del señorío real, como regalía que era la acuñación monetaria, lo que justificaba su renovación al subir al trono cada nuevo rey, así como su carácter imprescriptible e inalienable".
  7. "La moneda en al-Ándalus". EnHistoria de las monedas.
  8. Fronchoso Sánchez, R. "Alfonso VI y las primeras monedas castellanas". EnToletum. Nº 56. Real Academia de Bellas Artes y Ciencias Históricas de Toledo. 2009.
  9. "Coining by hammer, from the origins to the XVI century".Monnaie de Paris.
  10. "La frappe à la presse".Université de Poitiers.
  11. "La frappe au balancier".Université de Poitiers.
  12. Gall, C. "Matthew Boulton: The grandfather of modern coinage". EnBBC. 20 de outubro de 2014.
  13. "La machine à vapeur". En "Technique de fabrication des monnaies".Classes. Ressources Pédagogiques en Ligne.Biblioteca Nacional de Francia.
  14. "Fabrication et production. 1. Les tecniques". EnMorrisson, C. (1992).
  15. Forrer, Leonard. "Droz, Jean-Pierre". EnBiographical Dictionary of Medallists. Vol. I. Spink & Son Ltd. Londres. 1904.
  16. Tungate, S. "Droz's Collar. An Innovation in MintingArquivado 07 de setembro de 2019 enWayback Machine.".Soho Mint.
  17. "Modern design and minting". EnFleur-de-coin.com.
  18. "Coin Minting Process of Modern Coins". EnMintage World.
  19. "Moeda circulante. Proceso de acuñamento".Real Casa de la Moneda. FNMT.
  20. Pita Fernández (1999). "A ceca móbil de Lugo. Cuñacións galego-romanas". Páxinas 39-46.
  21. Ripollès, P. P. “Ceca del Noroeste”. EnLas acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Madrid. 2010. Páxinas 43-45.
  22. Villaronga, L. “Emisión monetaria augustea con escudo atribuible a P. Carisio y la zona norte de Hispania”.XI Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza. 1970. Páxinas 591-600.
  23. Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "Numismática galego-xermana", páxinas 20-24. "Cecas galegas da época xermana", Páxinas 47-60.
  24. Mateu y Llopis, F. "Los nombres de lugar en el numerario suevo y visigodo de Gallaecia y Lusitania". EnAnalecta Sacra Tarraconensia. 15. 1942.
  25. Muro Carvajal, J. (1883)
  26. Muro Carvajal, J. (1888)
  27. "La rúa da Moeda Vella de Santiago". EnEl Maravedí. Notas de Numismática.
  28. Malvido, G. "Las huellas de la Casa de la Moneda". EnLa Opinión de A Coruña. 17 de outubro de 2014.
  29. Roma Valdés, A. "La ubicación de las casas de moneda en la Europa medieval. El caso del reino de León". EnXIV International Numismatic Congress, Glasgow 2009. 2011.
  30. Pita Fernández (1999). "A Real Casa da Moeda de Santiago"; "As casas de moeda de Lugo, Ourense, Tui e Milmanda"; "A Real Casa da Moeda da Coruña".
  31. Paz Bernardo, Jaime (1991).
  32. Pita Fernández, Ricardo Luís (1996).
  33. Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "A Real Casa da Moeda de Xubia"
  34. Bello Platas, Ana Isabel (2006).
  35. Bello Platas, Isabel (2014).
  36. "Da Ceca prá Meca". En Rodríguez González, E.Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia.
  37. "Da Ceca para a Meca". EnDicionario da Real Academia Galega.
  38. "De la ceca a la meca". EnDiccionario de la Real Academia Española.
  39. Valls, À.; Carol, R. "Córrer la Seca, la Meca i la vall d'Andorra: uns llocs que no se sap on són". EnLlegendes d'Andorra.Vol 1.Contes i llegendes. L'Abadia de Montserrat, 2010. Páxinas 26 e seguintes.ISBN 9788498833409
  40. "Ir de seca a meca". EnDicionarioinformal.com.br
  41. 41,041,141,2"Sitio web daStaatliche Münzen Baden-Württemberg". 
  42. "Sitio web daBayerisches Hauptmünzamt". Arquivado dendeo orixinal o 26 de xaneiro de 2019. 
  43. "Sitio web daStaatliche Münze Berlin". 
  44. "Sitio web daHamburgische Münze". 
  45. "Sitio web daCasa de Moneda de la República Argentina". 
  46. "Sitio web daPerth Mint". 
  47. "Sitio web daRoyal Australian Mint". 
  48. "Sitio web daMünze Österreich". 
  49. "Sitio web daMonnaie Royale de Belgique /Koninklijke Munt van België". 
  50. "Sitio web daCasa da Moeda do Brasil". 
  51. "Sitio web da "Casa da Moeda de Bulgaria"". 
  52. "Sitio web daRoyal Canadian Mint /Monnaie royale canadienne". Arquivado dendeo orixinal o 07 de decembro de 2018. 
  53. "Sitio web da Ceca de Kazakhstán". Arquivado dendeo orixinal o 06 de decembro de 2018. 
  54. "Sitio web daČeská mincovna". 
  55. "Sitio web daCasa de Moneda de Chile". Arquivado dendeo orixinal o 04 de decembro de 2018. 
  56. "Sitio web da "Corporación Chinesa de Impresión e Cuñaxe de Moeda"". 
  57. "Sitio web común deFidelity Printers and Refinery, Zimbabue". 
  58. "Sitio web daCasa de Moneda de Colombia". 
  59. "Sitio web daCorporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea". 
  60. "Perfil en Facebook daCasa de Moneda de Costa Rica". 
  61. "Sitio web da Casa da Moeda de Croacia.". 
  62. "Sitio web doBanco Central de Cuba". Arquivado dendeo orixinal o 20 de outubro de 2018. 
  63. "Sitio web daDen Kongelige Mønt". 
  64. "Sitio web daMincovňa Kremnica". 
  65. "Sitio web daFábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda". 
  66. "Sitio web común deUnited States Mint,Philadelphia Mint,Denver Mint,San Francisco Mint eWest Poin Mint". 
  67. "Sitio web doBangko Sentral ng Pilipinas". 
  68. "Sitio web daSuomen Rahapaja". 
  69. "Sitio web daMonnaie de Paris". 
  70. "Sitio web doBank of Greece". Arquivado dendeo orixinal o 22 de decembro de 2018. 
  71. "Sitio web daMagyar Pénzverő". 
  72. "Sitio web daIndia Government Mint, común para os establecementos de Bombai, Calcuta, Hyderabad e Noida". Arquivado dendeo orixinal o 24 de novembro de 2018. 
  73. "Sitio web daPerum Percetakan Uang Republik Indonesia". [Ligazón morta]
  74. "Sitio web daOrganización de Impresión e Cuñaxe de Moeda". Arquivado dendeo orixinal o 02 de xaneiro de 2019. 
  75. "Sitio web do Banco Central de Iraq". 
  76. "Sitio web daIrish Mint". 
  77. "Sitio web doSeðlabanki Íslands". 
  78. "Sitio web doIstituto Poligrafico e Zecca dello Stato". 
  79. "Sitio web doCentral Bank of Lesotho". 
  80. "Sitio web daLietuvos monetų kalykla". 
  81. "Sitio web deLa Banque et Caisse d'Epargne de L'Etat". 
  82. "Sitio web daImprensa Oficial de Macau". 
  83. "Sitio web daReal Casa da Moeda de Malaisia". Arquivado dendeo orixinal o 15 de decembro de 2007. 
  84. "Sitio web daCasa de Moneda de México". 
  85. "Sitio web daNigerian Security Printing and Minting Company Limited". Archived from the original on 29 de xaneiro de 2008. 
  86. "Sitio web daKongelige Mynt". Arquivado dendeo orixinal o 04 de xullo de 2017. 
  87. "Sitio web daNew Zealand Mint". 
  88. "Sitio web daKoninklijke Nederlandse Munt". 
  89. "Perfil en Facebook daPakistan Mint". 
  90. "Sitio web daCasa Nacional de Moneda de Perú". 
  91. "Sitio web daMennica Polska". 
  92. "Sitio web daImprensa Nacional-Casa da Moeda de Portugal". 
  93. "Sitio web daRoyal Mint". 
  94. "Sitio web daPobjoy Mint".
  95. "Sitio web daMonetăria Statului de Romanía". Arquivado dendeo orixinal o 07 de xullo de 2017. 
  96. "Sitio web da Casa da Moeda de Moscova". Arquivado dendeo orixinal o 23 de xaneiro de 2017. 
  97. "Sitio web da Casa da Moeda de San Petersburgo". [Ligazón morta]
  98. "Sitio web da ceca de Serbia". Arquivado dendeo orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  99. "Sitio web doBank of Sierra Leone". 
  100. "Sitio web daSingapore Mint". Arquivado dendeo orixinal o 03 de agosto de 2019. 
  101. "Sitio web daSwissmint". 
  102. "Sitio web daSouth African Mint". 
  103. "Sitio web daReal Casa da Moeda de Tailandia". 
  104. "Sitio web daCentral Mint". 
  105. "Sitio web daCasa de Moeda e Timbre de Turquía". 
  106. "Sitio web doBanco Central de Ucraína". Arquivado dendeo orixinal o 04 de decembro de 2018. 
  107. "Sitio web común doUfficio Filatelico e Numismatico do Vaticano". Arquivado dendeo orixinal o 09 de decembro de 2018. 
  108. "Sitio web común daCasa de la Moneda de Venezuela". 
  109. "Sitio web da Ceca de Xapón". 
  110. "Sitio web do Banco Central de Xordania". Arquivado dendeo orixinal o 16 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Casa de moedaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Casa_de_moeda&oldid=6996683»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp