Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Carranciño común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carranciño común

Adulto con plumaxe nupcial
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Charadriiformes
Familia:Sternidae
Xénero:Sternula
Especie:S. albifrons
Nome binomial
Sternula albifrons
Pallas, 1764
Sinonimia

Sterna albifrons

Ocarranciño común[2], tamén chamadocarrán pequeno[3][4] oucarrán pirrí[5], (Sternula albifrons, antesSterna albifrons) é unhaave dafamiliaSternidae, que se encontra enEurasia,África eOceanía.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]
S. a. sinensis en plumaxe nupcial.

Anteriormente incluíase noxéneroSterna, que actualmente se restrinxe para os grandes carráns (Bridgeet al., 2005). Ademais dúas variedades que inicialmente se considerabansubespecies do carrán pequeno (S. a. antillarum eS. a. saundersi) actualmente son considerads especies separadas:Sternula antillarum eSternula saundersi.

Recoñécense tres subespecies:

  • S. a. albifrons: a nominal, que se encontra en Europa, o Norte de África e Oriente próximo;
  • S. a. guineae: de África central e occidental;
  • S. a. sinensis: que se estende de Asia oriental ás costas occidentais de Australia.

A etimoloxía do seu nome científico é moi descritiva, enlatínSternula significa 'pequeno carrán' ealbifrons significa 'de fronte branca'.

Descrición

[editar |editar a fonte]
S. a. sinensis en plumaxe invernal xunto aThalasseus bergii do dobre de tamaño.

É pequeno en comparación con outros carráns, mide de 22 a 24 cm e ten unha envergadura alar de 51 a 56 cm.[6] Polo seu tamaño e a fronte branca da súaplumaxe nupcial é pouco probable confundilos con outras especies, agás conSterna nereis e oSternula saundersi. A plumaxe do adulto en verán ten o dorso e partes superiores de cor gris clara e as partes inferiores brancas, igual que a súa cola curta e forcada; e asplumas primarias máis externas son escuras.[6] O bico estreito e bicudo é de cor amarela e ten a punta negra e as patas tamén son amarelas.[6] Na cabeza presenta un casquete negro que se estende cara a atrás por debaixo da caluga, interrompido por unha mancha branca na fronte. En inverno a mancha branca da súa fronte é máis ampla, o bico vólvese negro e a cor das patas faise máis apagada.[6]

Comportamento

[editar |editar a fonte]
Carráns pequenos voando sobre as augas en busca de peixe.

O carrán pequeno cría nas costas e zonas húmidas daEurasia temperada e tropical. É unha avemigratoria que se despraza para pasar o inverno nos océanos tropicais e subtropicais, chegando ataSuráfrica eAustralia. É unha das especies ás que se lle aplica oTratado sobre a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).

Cría en colonias en praias de grava ou illas. Pon de dous a catro ovos no chan. Como outros carráns é agresivo para defender o seu niño e polos e ataca os intrusos que se acheguen a eles.

Aliméntase de peixes, crustáceos e insectos. Como a maioría dos carráns, o carrán pequeno pesca lanzándose en picado á auga, xeralmente en medios salinos. Unha ofrenda de peixe que fai o macho á femia forma parte do seu ritual de cortexo.

Sternula albifrons albifrons

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. BirdLife International (2009)."Sterna albifrons".Lista Vermella de especies ameazadas.(eninglés).Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 5 de octubre de 2010. 
  2. "Denominación das aves".Real Academia Galega. Consultado o2024-12-05. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999)."Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada"(PDF).Chioglossa (A Coruña)1: 121–138. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Definición deCarranciño común noDicionario de Galego deIr Indo e aXunta de Galicia.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004).Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións.ISBN 84-96128-69-5.
  6. 6,06,16,26,3Beaman, M. e Madge, S. (1998)Guía de identificación de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. P. 460. Ed. OmegaISBN 84-282-0946-4

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Carranciño comúnModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Carranciño común

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005): A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution.Molecular Phylogenetics and Evolution35: 459–469.PDF texto completo
  • Collinson, M. (2006). Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists.British Birds99(6): 306-323.
  • Harrison, Peter (1988):Seabirds (2ª edición). Christopher Helm, LondresISBN 0-7470-1410-8.
  • Olsen, Klaus Malling & Larsson, Hans (1995):Terns of Europe and North America. Christopher Helm, Londres.ISBN 0-7136-4056-1

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carranciño_común&oldid=6908940»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp