Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Carmen Balboa López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Balboa López
Biografía
Nacemento1915Editar o valor en Wikidata
Malpica de Bergantiños, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1998Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, EspañaEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónmestraEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto Veloso GómezEditar o valor en Wikidata
IrmánsBenjamín Balboa López
Jesús Balboa LópezEditar o valor en Wikidata

Carmen Balboa López, nada enMalpica de Bergantiños en1915 e finada naCoruña o20 de abril de1998, foi unha mestra galega.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]
Prisión Provincial da Coruña.

Irmá máis nova deBenjamín Balboa López. Foi mestra nacional. Vivía enSantiago de Compostela. Coñeceu aManuel Ponte Pedreira en 1945 cando foi detido o seu irmánJesús. Posto Jesús en liberdade condicional, e ante o temor a ser novamente detido, fuxiu ao monte. Para axudar ao seu irmán Carmen converteuse en enlace daguerrilla, creando conIsabel Ríos unha rede de apoios. Cando caeuMaría Pérez Mellid, a muller deBenigno Andrade García, o 13 de marzo de 1946, Carmen foi detida. Ingresou naPrisión Provincial da Coruña o 17 de abril de 1946 e foi procesada na causa 159/46 da Coruña contra María Pérez Mellid, Benigno Andrade,Manuel Ponte,Pedro Oso Guerra,Manuel Pena Camino,Francisco Rey Drox,José Vázquez Míguez,Teresa Lorenzo Gallas, e os seus irmmáns Jesús,Anselmo eJosé Balboa López. Pasou dous anos nas prisións da Coruña e País Vasco. O 25 de novembro de 1947 saíu en liberdade condicional,[1] e instalouse en Santiago, inhabilitada como mestra. Volveu exercer como mestra enBamiro de 1961 a 1973 e despois no Colexio Labarta Pose deBaio de 1973 a 1980.

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Casou conRoberto Veloso Gómez en 1962.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. BOE, 3-2-1948, p. 511.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carmen_Balboa_López&oldid=6999809»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp