Nado o 13 de xuño de 823 enFrankfurt, cando xa seus irmáns eran adultos e lle foran asignados candanseuregnum. As tentativa de seu pai de asignarlle un a el, primeiroAlamania e logo os territorios entre oMeuse e osPireneos (en 832, despois da revolta dePipino I de Aquitania) non tiveron froito. As numerosas reconciliacións conLotario I e Pipino, así coma conLois o Xermánico, fixo que a posición de Carlos fora provisional, pero seu pai non renunciou e converteuno en herdeiro da antigaGallia. Nunhadieta preto deCrémieux en 837, Lois o Piadoso fixo que os nobres prestaran homenaxe a Carlos coma herdeiro seu. Isto provocou a rebelión do resto dos seus fillos. Pipino de Aquitania morreu en 838, o que posibilitou que Carlos recibira ese reino, que xa conservou ata a súa morte. O fillo de Pipino,Pipino II de Aquitania constituíu sempre unha ameaza para Carlos.
A morte do emperador en 840 comportou a apertura de hostilidades bélicas entre os seus herdeiros. Carlos aliouse con Lois o Xermánico en contra das pretensións do novo emperador, Lotario I, e o seu aliado Pipino II que pretendía recuperar Aquitania, mais estes foron derrotados nabatalla de Fontenay o 25 de xuño de 841.[1] O ano seguinte os dous irmáns consolidaron a súa alianza noxuramento de Estrasburgo e a guerra finalizou coTratado de Verdún en agosto de 843. O acordo concedeu a Carlos o reino dos francos occidentais, que xa estivera a gobernar e que se correspondería coa actualFrancia e que tería coma límites oMeuse, oSaona, e oRódano, co engadido das marcas catalás ata oEbro. Lois recibiu a parte oriental doImperio Carolinxio, embrión deAlemaña. Lotario retivo o título de emperador e oReino de Italia. Tamén obtivo as rexións centrais dendeFlandres ataItalia, incluíndoBorgoña.
Os primeiros anos, ata a morte de Lotario I en 855, foron comparativamente pacíficos. Os tres irmáns continuaron co sistema de "goberno fraternal", con reunións periódicas, enCoblenza (848),Meerssen (851),Attigny (854).
En 858, Lois o Xermánico, convidado por nobres descontentos con Carlos, invadiu os territorios occidentais. Carlos era tan impopular que foi incapaz de reunir un exército e tivo que fuxir a Borgoña. A situación salvárona os bispos, que rexeitaron coroar a Lois, e os apoiosgüelfos que concitou Xudite, súa nai.
En 869, foi el quen atacou os territorios do seu sobriñoCarlos da Provenza, pero fracasou. E en 869, ao morrerLotario II, tamén o tentou cos territorios que lle corresponderan a este, pero mediante oTratado de Mersen (870) foi obrigado a compartilos con Lois o Xermánico.
Carlos tamén loitou contra osviquingos, que arrasaron os vales doSena e oLoira e chegaron ás fronteiras de Aquitania. Carlos viuse obrigado varias veces a pagar fortes cantidades para que se retiraran. Tamén dirixiu varias expedicións contra eles.
Mediante oedicto de Pistres (864) tentou facer máis áxil o exército coa introdución de novas unidades decabalería. Tamén ordenou a construción de pontes fortificadas en todos os ríos para tentar bloquear as incursións viquingas. Dúas destas pontes contribuíron decisivamente na vitoria durante oasedio de París (885-866).
Carlos o Calvo, idade avanzada; imaxe procedente do seu SalterioAparición de Carlos o Calvo logo de morrer e ser soterrado en Saint Denis.
En 875, despois de morrer o emperadorLois II, fillo de Lotario I, e co apoio do papaXoán VIII, viaxou a Italia, sendo coroado[2] enPavia e recibindo as insignias imperiais enRoma o 29 de decembro.
Lois o Xermánico, tamén candidato á sucesión de Lois II, vingouse invadindo e devastando os dominios de Carlos, quen tivo que retornar apresuradamente. Despois da morte de Lois (28 de agosto de 876), foi Carlos quen tentou apoderarse dos territorios do outro, pero foi decisivamente derrotado enAndernach o 8 de outubro de 876.
Mentres, Xoán VIII, ameazado polossarracenos, pediu axuda de Carlos, quen cruzou novamente os Alpes pero a nobreza mostrou esta vez pouco interese e rexeitaron unirse ao soberano. Antes de realizar esta segunda viaxe a Italia para auxiliar ao Papa, tivo que asinar a denominadaCapitular de Quierzy (xuño do 877) polo que o rei recoñecía que se algúns dos nobres morría na expedición, os seus fillos herdarían os feudos sen que o monarca os puidera recuperar. Con este capitular aséntase o principio da transmisión hereditaria das terras da nobreza, base do feudalismo medieval.[2]
Ao mesmo tempo,Carlomán de Baviera, fillo de Lois o Xermánico, entrou en Italia para disputarlle a coroa lombarda e o título imperial.[3] Mentres, en Francia, entre os seus fieis produciuse unha revolta xeneralizada polo que, Carlos, tivo que regresar rapidamente. Porén, enfermou de fiebres e morreu cruzando o paso deMonte Cenis enBrides-les-Bains, o 6 de outubro de 877.[4]
NosAnais de St. Bertin cóntase que foi soterrado apresuradamente na abadía de Nantua (Borgoña) debido ao que os que portaban o cadáver non soportaban o fedor. Tiña que ter sido soterrado nabasílica de San Denis e pode que fose trasladado alí posteriormente. Sucedeuno seu filloLois o Tatexo.
Carlos foi un príncipe ilustrado, amigo da igrexa e consciente do apoio eclesiástico no seu permanente enfrontamento coa nobreza; escolleu os seus conselleiros entre o alto clero, como é o caso deGuenelon de Sens, quen o traizoou, e o deHincmaro de Reims.
O seu alcume pode ter unha orixe irónica; non ser unha descrición física obxectiva.[5] Podería terse referido a que de neno, ao contrario que o resto de fillos varóns de Lois o Piadoso, Carlos non tiñaregnum propio.[6]
Boshof, Egon (2001). "Karl der Kahle -novus Karolus magnus?". En Erkens, Franz-Reiner.Karl der Große und das Erbe der Kulturen(enalemán). Berlín: Akademie Verlag. pp. 135–152.ISBN3-05-003581-1.
Fees, Irmgard (2000). "War Walahfrid Strabo der Lehrer und Erzieher Karls des Kahlen?". En Thumser, Matthias; Wenz-Haubfleisch, Annegret; Wiegand, Peter.Studien zur Geschichte des Mittelalters(enalemán). Stuttgart: Theiss Verlag. pp. 42–61.ISBN9783806214482.
Halphen, Louis (1992).Carlomagno y el Imperio carolingio. Col. Universitaria. Serie: Historia Antigua(encastelán). Madrid: Akal.ISBN84-7600-678-0.
Krah, Adelheid (2015).Die Entstehung der potestas regia" im Westfrankenreich während der ersten Regierungsjahre Kaiser Karls II. (840-877)(enalemán). Berlín: De Gruyter.ISBN978-3050035659.
Loyn, H. R. (1998).Diccionario Akal de Historia Medieval(encastelán). Madrid: Akal.ISBN84-460-0841-6.