Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Carl Gustav Jung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarl Gustav Jung

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1875Editar o valor en Wikidata
Kesswil (Suíza)Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1961Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Küsnacht (Suíza)Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictusEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKüsnacht Cemetery(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ResidenciaSuízaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Basilea (1895–1900)
Gymnasium am Münsterplatz(en)Traducir (1886–1895)
Wilhelmsgymnasium(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Director de teseEugen BleulerEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsiquiatría,psicoloxía,Psicoloxía analítica,Psicoterapia,mitoloxía comparada,antropoloxía,alquimia,interpretación dos soños,arte,Relixión comparada efilosofíaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoZürich
BasileaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicoterapeuta, psiquiatra, psicólogo, ensaístaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Basilea
Universidade de Zürich
ETH ZürichEditar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresPierre JanetEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJakob Klaesi(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeEmma Jung(1903–1955)Editar o valor en Wikidata
PaisJohann Paul Achilles JungEditar o valor en Wikidata  e Emilie PreiswerkEditar o valor en Wikidata
ParentesFranz Riklin,curmán entregue
Karl Gustav Jung,avó paterno
Ernst Robert Fiechter,curmán entregue
Rudolf Jung,curmán entregue
Samuel Preiswerk,avó materno
Hélène Preiswerk,curmá entregueEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Юнг Карл Густав)
Obálky knih,
Medvik >>>:Jung, Carl Gustav, 1875-1961,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2123939BNE: XX1722231Dialnet: 1017307Musicbrainz: a10120fb-622d-4504-ac71-c218095d4977Discogs: 1452431WikiTree: Jung-608Find a Grave: 2336Editar o valor en Wikidata


Carl Gustav Jung, nado enKesswil (Cantón de Turgovia) o26 de xullo de1875 e finado enKüsnacht (Cantón de Zürich) o6 de xuño de1961, foi unmédicopsiquiatra,psicólogo eensaístasuízo, figura chave na etapa inicial dapsicanálise; posteriormente, fundador da escola depsicoloxía analítica, tamén chamada Psicoloxía dos Complexos[Cómpre referencia].

É relacionado frecuentemente conSigmund Freud, de quen fora colaborador nos seus comezos. Carl Jung foi un pioneiro da psicoloxía profunda,e un dos estudosos desta disciplina máis amplamente lidos noséculo XX. O seu abordaxe teórico e clínico, enfatizou a conexión funcional entre a estrutura da psique e a dos seus produtos (é dicir, as súas manifestacións culturais). Isto impulsouno a incorporar na súa metodoloxía nocións procedentes daantropoloxía, aalquimia, ossoños, aarte, amitoloxía, arelixión e afilosofía.

Carl Jung non foi o primeiro en dedicarse ao estudo da actividade onírica. No entanto, as súas contribucións á análise dos soños foron extensivas e altamente influentes. Escribiu unha prolífica obra. Aínda que, durante a maior parte da súa vida, centrou o seu traballo na formulación de teorías psicolóxicas, e na práctica clínica, tamén realizou incursións noutros campos das humanidades: dende o estudo comparativo das relixións, a filosofía e asocioloxía, até acrítica da arte e aliteratura.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Carl Gustav Jung naceu no seo dunha familia de ascendencia alemá e de tradición eclesiástica (o seu pai erapastorluterano). De neno foi introvertido e moi solitario. Aínda que a relación cos seus proxenitores era moi próxima e afectuosa, dende cedo sentiría certa decepción polo xeito en que o seu pai abordaba o tema da fe, á que consideraba tristemente precaria. Durante a súa adolescencia e mocidade foi un lector entusiasta, especialmente cativado pola obra literaria deGoethe. Tamén era profundo o seu interese polos ensaios de filósofos comovon Hartmann eNietzsche. Na súaautobiografía, describe o achegamento á obra deste último,Also sprach Zarathustra (Así falou Zaratustra), como unha experiencia conmocionante, só comparable á inspirada poloFausto de Goethe.

Jung anhelaba estudararqueoloxía na universidade, pero a súa familia carecía de recursos para envialo máis lonxe deBasilea, onde non proporcionaban esa carreira, polo que (contra os desexos da súa contorna) decidiu estudarmedicina naUniversidade de Basilea, entre1894 e1900.

O estudante, antes introvertido, volveuse moito máis vívido no novo contexto académico. Cara ao final dos seus estudos, as súas lecturas deKrafft-Ebing persuadírono para especializarse en medicina psiquiátrica. No ano1900, como parte do seu especialización enpsiquiatría, asistiu ás clases de Pierre Janet enParís. En1902, colaborou conEugen Bleuler: tanto Janet como Bleuler foron pioneiros nesta disciplina. Máis tarde, traballou no Burghölzli, un hospital psiquiátrico enZürich, que gozaba dunha gran reputación.

Sobre a base desta experiencia clínica, Jung deseñou a proba de asociación de palabras que leva o seu nome.[1] Xa en1905, foi designado profesor de psiquiatría na Universidade de Zürich, e publicou os dous volumes dedicados ao estudo das asociacións. En1906, redactou e deu a coñecer a súa obra Sobre a Psicoloxía daDementia Praecox (en referencia ao que logo coñeceríase comoesquizofrenia), e enviou unha copia do seu libro a Freud, ao que seguiu unha intensa pero conflitiva amizade entre ambos.

Relación con Freud

[editar |editar a fonte]
Congreso Psicanalítico Internacional de 1911, presidido por Jung (no centro, á dereita de Freud)

A súa relación con Sigmund Freud consolidouse en1907. En1908, Jung participou no primeiro Congreso de psicanálise, realizado enSalzburgo. Nesa ocasión, foi nomeado director da publicación Anuario Internacional de Investigación Psicolóxica e Psicoterapéutica (Jahrbuch für psychoanalytische und psychopathologische Forschungen). Ao ano seguinte, acompañou a Freud e aFerenczi na súa viaxe aosEstados Unidos, onde realizou conferencias naUniversidade de Clark enWorcester,Massachusetts, e recibiu un doutoramentohonoris causa. Foi por eses días cando Freud nomeou a Jung o seu "sucesor e príncipe herdeiro".[2]

Fotografía pintada a man de Carl Gustav Jung en 1910, durante a súa visita aos Estados Unidos.

No Congreso deNuremberg (1910), Jung sería designado presidente da recentemente fundadaAsociación Psicanalítica Internacional (API). Con todo, ao ano seguinte, durante o Congreso Psicanalítico celebrado enWeimar, apareceron os primeiros síntomas de disensión á mantenta da concepción dalibido. Cara a1912, no curso de varias conferencias enNova York, despois de que Jung publicase Transformacións e Símbolos da Libido (Wandlungen und Symbole der Libido), a diverxencia teórica alcanzara niveis intolerables. Pronto estarían enfrontándose, cada un atribuíndo ao outro a incapacidade de admitir o seu erro. En novembro dese ano, produciuse o último encontro persoal entre ambos psicanalistas. No Congreso deMúnic (1913) as diferenzas fixéronse de coñecemento público. Jung renunciou a seguir dirixindo o Anuario, mentres escribía Teoría da Psicanálise.

A continuación reprodúcese un extracto da misiva que Freud enviou a Jung en 1913, en medio da crise que afectaba a relación entre ambos: a imaxe de abaixo corresponde precisamente a esta carta; parte do texto traducido é o que aparece resaltado no orixinal.

Manuscrito orixinal da carta de Freud a Jung (1913)
O seu alegado de que trato aos meus seguidores como pacientes é evidentemente falso.... É unha convención entre os analistas que ningún de nós débese sentir avergoñado da súa propia neurose.... Pero un [referíndose a Jung] que, mentres se comporta anormalmente, segue berrando que é normal dá sustento á sospeita de que lle falta asumir a súa enfermidade. En consecuencia, propoño que abandonemos as nosas relacións persoais enteiramente.
Sigmund Freud, 1913.[3]

Escalada bélica e posguerra

[editar |editar a fonte]

Seguidamente, en1914, o psiquiatra suízo dimitiu do seu cargo na API e organizou, xunto conAlphonse Maeder, as bases da chamada escola de Zürich. Logo do episodio de ruptura, Jung experimentou un período de turbulencia emocional, exacerbado polas noticias emerxentes da Gran Guerra (primeira guerra mundial), que tiveron sobre el un efecto devastador, aínda cando radicase na Suíza neutral.Henri Ellenberger cualificou a experiencia de Jung como unha “enfermidade creativa” e comparouna co mesmo período para Freud, ao que definiu en termos deneurastenia ehisteria.

No curso da primeira posguerra, Jung converteuse nun viaxeiro do mundo, grazas aos copiosos fondos que obtivo polas vendas dos seus libros, honorarios e cartos percibidos por alcanzar ostatus senior nas institucións médicas para as que traballaba. Pouco despois, percorreu amplamente o norte deÁfrica. A mediados dosanos 1920, visitouNovo México, onde tomou contacto con grupos nativos (en particular, osindios pobo), e conviviu con eles procurando coñecer de preto a súa cultura. Pouco despois, partiría cara aKenya eUganda. Foi nesa etapa cando Jung escribiu unha das súas obras fundamentais, e probablemente a máis coñecida entre todas as súas:Tipos Psicolóxicos, na que desenvolveu extensivamente a súa teoría da personalidade.

Réxime nazi e últimos anos

[editar |editar a fonte]
Primeira fileira:Sigmund Freud,Stanley Hall, Carl Gustav Jung; segunda fileira:Abraham Brill,Ernest Jones,Sandor Ferenczi.Universidade de Clark,Massachusetts,Estados Unidos de América, setembro de1909

En1930, Jung foi nomeado presidente honorario da Asociación Alemá de Psicoterapia e, en1933, profesor de psicoloxía médica naUniversidade Politécnica Federal de Zürich. Tralo ascenso deAdolf Hitler ao poder, ese mesmo ano, a mencionada asociación, á que se adheriran diversos psicoterapeutas xudeus, foi disolta e absorbida por outra máis grande, de alcance internacional, con Jung presidente: a Sociedade Médica de Psicoterapia.

O feito de que Jung aceptase ser presidente honorario da Sociedade Médica de Psicoterapia e director da Revista de Psicoterapia (Zentralblatt fur Psychotherapie), ambas de presunta matriz nazi, foi utilizado como un dos argumentos ao momento de atribuírselle inclinacións pro-nazis e antisemitas. Estas acusacións ensombrecerían a súa carreira até a fin dos seus días, malia os desmentidos, dando lugar a unha discusión que aínda hoxe permanece irresoluta.[4]

En1938, ditou a Cátedra Terry (Terry Lectures) naUniversidade Harvard, presentando o seu traballo Psicoloxía e Relixión. Poucos meses despois, comezaría asegunda guerra mundial. Foi por eses tempos cando visitouIndia, onde renovou a súa axenda de prioridades, guiado pola convicción de que debía prestar máis atención á espiritualidade de Oriente. Os seus traballos tardíos mostran efectivamente un profundo interese natradición oculta deste hemisferio e noCristianismoesotérico e, especialmente, naalquimia.

Na antiga alquimia, a química experimental atopábase mesturada con especulacións xerais, intuitivo-imaxinativas (en parte, relixiosas) sobre a natureza e o home. No descoñecido da materia proxectáronse diversos símbolos que nós recoñecemos como contidos do inconsciente. O alquimista pescudaba o "misterio de Deus" na materia ignota e diso deducía procedementos de receitas que poden equipararse coa actual psicoloxía do inconsciente. Tamén esta vese enfrontada a un fenómeno obxectivo descoñecido: o inconsciente.
Carl Gustav Jung.Recordos, soños, e pensamentos (xa citado), páxina 408.

Xa en1903, Jung casou conEmma Rauschenbach, con quen tería cinco fillos. O matrimonio estendeuse ata a morte da súa esposa en1955, pero non estivo exento de momentos de crises, sobre todo por mor das relacións extramaritais que Jung sostivo conSabina Spielrein eToni Wolff. Jung continuou publicando libros até o final da súa vida, incluíndo un traballo que mostra o seu interese póstumo nosOVNI como fenómeno psicolóxico de masas. Tamén gozou da breve pero frutífera amizade do Pai Victor White, sacerdote católico inglés con quen mantivo correspondencia trala publicación do controvertido estudo sobre oLibro de Job (intitulado Resposta a Job). Carl Gustav Jung morrería o 6 de xuño de 1961, tras unha curta enfermidade, na súa casa xunto aolago de Zürich, no apracible poboado de Küsnacht, Suíza, aos 86 anos de idade.

Legado

[editar |editar a fonte]

Psicoloxíajunguiana

[editar |editar a fonte]
Mandala do buda Shakyamuni, pintura tibetana: esta clase de imaxes proceden, segundo Jung, dun modelo arquetípico común a todas as culturas.

Frecuentemente fálase de psicanálisejunguiana, pero a denominación máis correcta para referir esta teoría e a súa metodoloxía éPsicoloxía analítica ou dos complexos. Aínda que Jung era remiso a fundar unhaescola depsicoloxía —atribúeselle a frase:Grazas a deus, son Jung; non un junguiano—, de feito, desenvolveu un estilo distintivo na forma de estudar ocomportamentohumano. Desde os seus primeiros anos, traballando nun hospital suízo con pacientespsicóticos, e colaborando conSigmund Freud e a comunidade psicanalítica, puido apreciar de preto a complexidade dasenfermidades mentais. Fascinado por tales experiencias (e estimulado polas vicisitudes da súa vida persoal) dedicou a súa obra á exploración destas temáticas.

De acordo coa súa postura, para captar cabalmente a estrutura e función dopsiquismo, era vital que apsicoloxía anexase aométodo experimental (herdado dasciencias naturais), os achados provistos polasciencias humanas. O mito, os soños e aspsicopatoloxías constituirían un espectro de continuidade, manifestandoin vivo trazos singulares, que operan sistematicamente nas profundidades da vida anímicainconsciente. Con todo, para Jung, o inconscienteper sei é, por definición, incognoscible.O inconsciente é necesariamente inconsciente— ironizaba. De acordo con isto, só podería ser aprehendido por medio das súas manifestacións.

Tales manifestacións remiten, segundo a súa hipótese, a determinados patróns, aos que chamouarquetipos.[5] Jung chegou a comparar osarquetipos co que enetoloxía denomínasepatrón decomportamento (ou pauta de comportamento), extrapolando este concepto, dende o campo dos instintos ácomplexidade da conduta humanafinalista.[6] Os arquetipos modelarían a forma en que aconsciencia humana podeexperimentar o mundo eautopercibirse; ademais, levarían implícitos a matriz de respostas posibles que é posible observar, nun momento determinado, na conduta particular dun suxeito. Neste sentido, Jung sostiña que os arquetipos actúan en todos os homes, o que lle permitiu postular a existencia duninconsciente colectivo.

O home accedería a esa dinámica inconsciente en virtude da experienciasubxectiva destessímbolos, a cal é mediada profusamente polos soños, a arte, a relixión, osdramas psicolóxicos representados nas relacións interpersoais, e os propósitos íntimos. Jung sostiña a importancia de profundar no coñecemento desa linguaxe simbólica para consolidar a preeminencia da consciencia individual sobre aspotencias inconscientes. En tonpoético, sostiña que este proceso deindividuación (principium individuationis) só é viable cando se deu resposta á pregunta:Cal é o mito que ti vives?.[7] Consideraba, por outra banda, que estes aspectos da vida anímica están relativamente marxinados dosistema de crenzas da mentalidademodernaoccidental.

Perspectiva

[editar |editar a fonte]

A nivel teórico, o comezo da separación de Jung respecto de Freud produciuse cando o primeiro extrapolou o concepto delibido máis aló das cuestións netamente sexuais. A noción delibido que empregaba o psiquiatra suízo, aludía máis ben a unha idea de enerxía psíquicaen abstracto, cuxa orixe e cuxo destino non eran exclusivamente sexuais. Jung foi prolífico en acuñar termos que xa son típicos enpsicanálise, e enpsicoloxía en xeral, tales como:complexo (e máis especificamente:complexo de Electra),introversión,extraversión,inconsciente colectivo,arquetipo,individuación.

As súas investigacións a miúdo se adentraron en terreos aparentemente afastados do seu, como aalquimia (Psicoloxía e Relixión,1937;Psicoloxía e Alquimia,1944); profundando no estudo de conceptos comoinconsciente colectivo,arquetipo (como fundamento para a existencia de mitos universalmente repetidos), ousi-mesmo (ente distinto do «eu», que alude á integridade do suxeito e abarca o seu inconsciente). Definiu, así mesmo, os tipos básicos deintrovertido eextravertido. A heterodoxia deste autor valeulle xuízos contrapostos, que abarcan dende a indiferenza á admiración.

Como se mencionou, un concepto chave na súa obra é o deinconsciente colectivo, ao que Jung consideraba constituído porarquetipos. Exemplos destes arquetipos son amáscara, asombra, abesta, abruxa, oheroe, oanimus e oanima. Tamén identificaba como arquetípicas certas imaxes en concreto, como as representacións domandala. Para elaborar o seu concepto de arquetipo, Jung inspirouse na reiteración de motivos ou temas en diversas mitoloxías das máis remotas culturas: creu achar temas comúns inconscientes, que a humanidade reiterou apenas con lixeiras variantes, segundo as circunstancias.

Influencia

[editar |editar a fonte]

Criticouse a Jung pola súa presunta adhesión a unneolamarckismo. Moitas veces atribuíuselle a noción de que osarquetipos foron caracteres adquiridos, que logo puideron herdarse, na liña de tese como as deMichurin eLisenko. No entanto, o propio Jung enfatizou que tales interpretacións dos seus postulados eran incorrectas.

 ExtraversiónApertura á
experiencia
AfabilidadeMinuciosidadeEstabilidade
emocional
E-I0,650,06-0,37-0,150,31
S-N0,12-0,560,340,370,06
T-F0,19-0,25-0,210,090,07
J-P0,18-0,150,100,550,08
Canto máis cercano está o número a 1,0 ou -1,0, máis alto é o grao de correlación.


Os conceptos quizabes máis recoñecidos da psicoloxíajunguiana son os deintroversión eextraversión, manados da súa teoría dosTipos Psicolóxicos. A mesma tivo bastante aceptación, sentando as bases para o desenvolvemento ulterior de probas psicométricas, mediante as cales procúrase valorar, en termos cuantitativos, as características psicolóxicas dos individuos.

As máis importantes son oMBTI (acrónimoinglés deMyers-Briggs Type Indicator —"Inventario tipolóxico de Myers-Briggs") eSocionics; ademais da batería de test deDavid Keirsey.[8] Á dereita, móstranse resultados xurdidos de correlacionar os tipos psicolóxicos e cinco grandes trazos da personalidade, avaliados en probas estándar.[9]

En canto aosmandala (como a outras simbolizacións que se poden atopar naalquimia, ognosticismo, oioga, oesoterismo e amitoloxía), Jung considerábaos representacións da orixe inconsciente para un proceso deindividuación, é dicir, para que cada ser humano cumprimente o seusi-mesmo (enalemán:Selbst). Neste terreo, sobresaen os seus traballos en coordinación con outras figuras de renome, como os realizados co sinólogoRichard Wilhelm no libro chinés deioga taoísta (ouðaoísta)O Segredo da Flor de Ouro; ou conKároly Kerényi, enEnsaios sobre a Ciencia da Mitoloxía; e até o intercambio de ideas na súa correspondencia co filósofo budistazen xaponés,Daisetz Teitaro Suzuki. A influencia de Jung fíxose extensiva a importantes referentes en diversos campos da cultura, dende o pintorWifredo Lam ao filósofoGaston Bachelard, incluíndo ao escritorHermann Hesse (a mesma é patente, por exemplo, na obraDemian deste último), aofilólogoErnst Robert Curtius, ao psicólogocondutistaHans Eysenck, e ao ensaístaJoseph Campbell, famoso polos seus estudos sobre mitoloxía e historia das relixións. Así mesmo, foi inspirador e participante nos coloquios doCírculo de Eranos.

Jung intentou dar base científica a varios dos seus postulados, aínda que en moitos casos non achou os medios para conseguilo. Tal é o que intentaba cando suscitou oprincipio de sincronicidade (principio polo cal algúns pretenden explicar a suposta eficacia dasmancias). Contrariando o que moitos supoñen, na mesma obra en que presentou esa hipótese (A Interpretación da Natureza e a Psique: traballo conxunto co físicoWolfgang Ernst Pauli), Jung descartaba de plano a solvencia metodolóxica de disciplinas como aastroloxía. Gran parte dos movementos que na actualidade denomínansejunguianos (particularmente aqueles que asimilaron as crenzasNew Age), defenden argumentos que estarían en aberta contradición coas ideas orixinais do autor.

Ademais das súas importantes achegas á psicoloxía, a influencia de Jung estendeuse a outros campos en ocasións máis inesperados. Un exemplo é a súa indirecta colaboración na xénese da coñecida agrupaciónAlcólicos Anónimos. Un paciente seu, Rowland H., padecía alcolismo crónico, e cando todos os demais métodos fallaron, Jung comunicoulle que a súa recuperación era practicamente imposible a non ser que o enfocara desde un punto de vista centrado na espiritualidade e a experiencia mística. Rowland seguiu este consello e redescubriu o cristianismo evanxélico, difundindo trala súa recuperación devanditas ideas entre persoas aqueixadas de alcolismo, entre elas o que sería futuro cofundador de Alcólicos Anónimos,Bill Wilson.

Termos referenciados por Jung

[editar |editar a fonte]
AlmaAmplificaciónAnálise
AnimaAnimusArquetipo
CircumambulaciónCompensaciónComplexo
ConscienciaDesintegraciónDiferenciación
DisociaciónEgoExtroversión
Fantasía pasivaFunción auxiliarFunción inferior
Función IntuiciónFunción PensamentoFunción Sensación
Función SentimentoFunción superiorFunción transcendente
Funcións da conscienciaImaxinación ActivaInconsciente colectivo
Inconsciente persoalIndividualizaciónInflación
InstintoIntegraciónIntroversión
LibidoManaMandala
Método redutivoMétodo sintético (construtivo)Mito
NeuroseNuminosoOpostos
Participation MystiquePerda da almaPersoa
PersonificaciónPunto de vista prospectivo (finalista)Posesión
ProxecciónPsicoide
Psicoloxía AnalíticaPsicosePsique
Psique obxectivaPuer AeternusRealidade psíquica
RegresiónSacrificioSi-mesmo
SignificadoSímboloSincronicidade
SombraSoñosTipos psicolóxicos
TotalidadeTransformaciónUnus Mundus

Obras completas

[editar |editar a fonte]

As obras completas de Jung publicáronse en alemán en 18 volumes co título deGesammelte Werke entre1958 e1981.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Jung, Carl G. (1910). "The Association Method".American Journal of Psychology,31, 219-69.Dispoñible en liña
  2. Freud, Sigmund. Carta a Jung (16 de abril de1909):Correspondencia S. Freud, C. G. Jung. Madrid: Ed. Taurus, 1978.
  3. Freud, Sigmund. Carta a Jung (3 de xaneiro de 1913).Manuscript Division, Library of Congress.Dispoñible en liña (en inglés).
  4. Para afondar no tema e como exemplo dos puntos de vista encontrados, pode consultarse o artigoOs intelectuais e o poder,dispoñible en liñaArquivado 27 de setembro de 2007 enWayback Machine..
  5. "Los arquetipos según Carl Gustav Jung". 2017. Consultado o 29 de septiembre de 2018. 
  6. Jung, Carl Gustav.Símbolos de transformación (edición revisada e aumentada deTransformacións e símbolos da libido). Bos Aires: Paidós, 1993, páxina 171.ISBN 84-7509-138-5
  7. Jung, Carl Gustav.Símbolos de transformación (xa citada), páxina 17.
  8. O MBTI foi desenvolvido por Katharine Briggs e Isabel Briggs Myers (nai e filla respectivamente). A primeira iniciou o traballo en1923, ó tomar contacto coa versión recentemente traducida ó inglés dos Tipos Psicolóxicos de Jung. Esta teoría volveuse moi popular dende a década dos 80. De acordo coConsulting Psychologists Press, editor do instrumento, máis de 2 millóns de persoas tomaron a proba, só nosEEUU, durante o ano1999.
  9. Conn, Steven R:Sixteen Pf Fifth Edition Technical Manual. Institute for Personality & Ability Testing, 1994.ISBN 0-918296-22-6

    Abreviaturas

    E = Extravertido
    I = Introvertido
    S = Sensorial
    N = Intuitivo
    T = Racional
    F = Emocional
    J = Calificador
    P = Perceptivo

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Carl Gustav Jung

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Alnaes, Karsten (2004),La verdadera historia de Sabina Spielrein, Madrid: Editorial Siruela.ISBN 84-7844-820-9.
  • Eliade, Mircea (1996),Herreros y alquimistas, Madrid: Alianza.
  • Fierz-David, Linda (2007),La villa de los Misterios de Pompeya, Girona: Atalanta.ISBN 84-935313-1-6.
  • Franz, Marie-Louise von (2006),El puer aeternus, Barcelona: Kairós.ISBN 978-84-7245-619-8.
  • Freud, Sigmund (2005),Autobiografía: Historia Del Movimiento Psicoanalitico, Madrid: Alianza.ISBN 84-206-3926-5.
  • Jaffé, Aniela (ed.) (1964/2005 [7ª edición]),Recuerdos, sueños y pensamientos, Madrid: Seix Barral.ISBN 84-322-0829-9.
  • Jung, Carl Gustav (2008),Tipos Psicológicos, reedición e tradución directa do alemán: Andrés Sánchez Pascual. Colección:Los Libros de Sísifo. Barcelona: Edhasa.ISBN 978-84-350-2720-5.
  • —— (2005 [2ª edición 2006]),Sobre el amor, Madrid: Trotta.ISBN 84-8164-774-8.
  • —— (2004),Lo Inconsciente, Buenos Aires: Losada.ISBN 950-03-0009-5.
  • —— (2003),Realidad del Alma: Aplicación y progreso de la nueva psicología, Buenos Aires: Losada.ISBN 950-03-7818-3.
  • —— (1995),El hombre y sus símbolos, Barcelona: Paidos.ISBN 84-493-0161-0.
  • —— (1994),Tipos Psicológicos, Barcelona: Edhasa.ISBN 978-84-350-1434-2.
  • ——, e Wilhelm, R. (1955/2003 [7ª edición]),El secreto de la flor de oro, Barcelona: Paidos.ISBN 84-7509-066-4.
  • Jung, Emma & Franz, Marie-Louise von (2005),La leyenda del Grial: desde una perspectiva psicológica, Barcelona: Kairós.ISBN 978-84-7245-424-8.
  • Kerr, John (1993),A Most Dangerous Method: The Story of Jung, Freud, and Sabina Spielrein, Knopf.ISBN 0-679-40412-0.
  • Meier, Carl A. (1996), Wolfgang Pauli e Carl G.Jung. Un intercambio epistolar 1932-1958, Madrid: Alianza.ISBN 84-206-2846-8.
  • Ortiz-Osés, Andrés (1988),C.G. Jung. Arquetipos y sentido, Bilbao: Universidad de Deusto.ISBN 84-7485-086-X.
  • Vander Post, L. (1978),Jung y la historia de nuestro tiempo, Buenos Aires: Editorial Sudamericana.
  • Wehr, Gerhard (1991),Carl Gustav Jung. Su vida, su obra, su influencia, Buenos Aires: Paidós.ISBN 84-7509-721-9.
  • Wilhelm, R. Prólogo de Jung, C.G. (1960/2007 [32ªedición]), I Ching.El Libro de las Mutaciones, Barcelona: Edhasa.ISBN 84-350-1902-0.
  • Young-Eisendrath, Polly, e Dawson, Terence (1999/2003),Introducción a Jung, Madrid: Akal Cambridge.ISBN 84-8323-048-8.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carl_Gustav_Jung&oldid=6797620»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp