Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Carideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Camarón (homónimos).
Carideos
Caridea
Camaróns

Rango fósil:xurásico inferior -actualidade[1]

Douscamaróns (Palaemon serratus)
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Subfilo:Crustacea
Clase:Malacostraca
Orde:Decapoda
Suborde:Pleocyemata
Infraorde:Caridea
Dana, 1852

A doscarideos (Caridea) é unhainfraorde decrustáceosdecápodos que son coñecidos popularmente comocamaróns.

Catacterísticas

[editar |editar a fonte]

Máis pequenos que asgambas e oslagostinos, o seu tamaño alcanza como máximo, segundo as especies, os 10 ou 15 cm de lonxitude.

O seucorpo é comprimido, coa cola (abdome) moi prolongada con respecto aocefalotórax e acasca pouco consistente.

A prolongación anterior do cefalotórax, ourostro, é longo e dentado.

Teñen aspatas pequenas, e os bordos dasmandíbulas fibrosos.

A súacoloración é basicamente agrisada.

Son relativamente abundantes en todo o mundo, tanto nas augasmariñas como nasdoces.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]
Crangon crangon
Pandalus borealis

A infraorde dos carideos comprende assuperfamilias seguintes:[2][3]

Relevancia como alimento

[editar |editar a fonte]
Camaróns cocidos dispostos para a venda nun mercado deOdesa (Ucraína).

Os camaróns nas súas diferentes especies son criaturas relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio.

Practicamente cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.

De existir algún punto en común, é o de que, para consumilos, se procede á súa cocción, e que é común que se elimine o cefelotórax, a coiraza do abdome e as patas, partes todas elas ricas enquitina e, por iso, indixestas.

Tamén é común que se destripe antes de consumilo, pois neste grupo de especies os intestinos son facilmente recoñecíbeis, aínda antes da cocción, como unha liña escura que percorre lonxitudinalmente a parte alta do corpo.

En Galicia

[editar |editar a fonte]

EnGalicia temos catro especies de camaróns relativamente frecuentes,[4] moi apreciadasgastronomicamente e que alcanzan elevado prezo nos mercados:

Pesca comercial e acuicultura

[editar |editar a fonte]
Capturas mundiais de camaróns, 1950–2010, en toneladas.[5]

A máis importante especie comercial de camarón éPandalus borealis,[6] seguida deCrangon crangon.[7]

As capturas deP. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as deC. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas deC. crangon foron unhas dez veces superiores ás deP. borealis.[5]

En 2010 a produción global enacuicultura de todas as especies de camaróns e lagostiños (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).[5]

As especiesnon carideanas participaron moi significativamente na acuicultura, pero foron capturadas unhas 430.000 toneladas na natureza. É dicir, aproximadamente o 13 % das capturas mundiais de especies salvaxes, ou aproximadamente o 6 % da produción total de todos os camaróns e lagostiños, foron carideos.[5]

Taxons relacionados

[editar |editar a fonte]

Os camaróns da infraorde dos carideos están estreitamente relacionados coaslagostas e oscangrexos, que son membros da suborde dosdendrobranquiados.[8]

Os biólogos distinguen estes dous grupos en base a diferenzas nas estruturas das súasbranquias. A estrutura das branquias nos carideos é lamelar, e ramificada nos dendrobranquiados. Pero a forma práctica máis fácil de distinguir un verdadeiro camarón dun dendrobranquiado é examinar o segundo segmento abdominal. Nos carideos este segmento superponse aos segmentos primeiro e terceiro, mentres que o segundo segmento dun dendrobranquiado só se superpón ao terceiro.[9]

Tamén se diferencian en que os carideos normalmente teñen dous pares de quelas (pinzas), mentres que os dendrobranquiados teñen tres.[10]

Un terceiro grupo, o dosStenopodidea, que comprende ao redor de 70 especies, difire dos outros grupos en que o terceiro par de patas está moito máis desenvolvido.[10]

Penaeus monodon

O dosProcarididea é ungrupo irmán dosCaridea, e conta só con once especies.[11][12]

Diferenzas entre os carideos e os dendrobranquiados

[editar |editar a fonte]

Os carideos, comoPandalus borealis (ver foto máis arriba), teñen dous pares de pinzas, e o segundo segmento do abdome superponse aos segmentos 1º e 3º. O abdome mostra unha pronunciada curvatura.

Osdendrobranquiados, comoPenaeus monodon, tipicamente teñen tres pares de pinzas, e sete segmentos de tamaño similar no abdome. Non presentan abombamento pronunciado no abdome.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Fenner A. Chace, Jr. & Raymond B. Manning (1972): "Two new caridean shrimps, one representing a new family, from marine pools on Ascension Island (Crustacea: Decapoda: Natantia)".Smithsonian Contributions to Zoology131: 18.PDF.
  2. J. W. Martin & G. E. Davis (2001).An Updated Classification of the Recent Crustacea(PDF) (Natural History Museum of Los Angeles County ed.). p. 132. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. 
  3. Caridea noITIS.
  4. Ramonell, R. (1985), pp. 210-215.
  5. 5,05,15,25,3Baseada en datos tirados deFishStat database, FAO.
  6. Pandalus borealis (Krøyer, 1838) FAO, Species Fact Sheet.
  7. Crangon crangon (Linnaeus, 1758) FAO, Species Fact Sheet.
  8. "Biology of Shrimps" (Museum Victoria Australia ed.). Arquivado dendeo orixinal o 04 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. .
  9. Charles Raabe & Linda Raabe (2008)."The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". .
  10. 10,010,1Raymond T. Bauer (2004). "What is a caridean shrimp?". En University of Oklahoma Press.Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal Natural History Series7. pp. 3–14.ISBN 978-0-8061-3555-7. .
  11. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009)."A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans"(PDF).Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dendeo orixinal(Portable Document FormatPDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. .
  12. S. De Grave & C. H. J. M. Fransen (2011)."Carideorum Catalogus: the Recent species of the dendrobranchiate, stenopodidean, procarididean and caridean shrimps (Crustacea: Decapoda)".Zoologische Mededelingen85 (9): 195–589, figs. 1–59.ISBN 978-90-6519-200-4. Arquivado dendeo orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 03 de xaneiro de 2013. .

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CarideosModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Carideos

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Charles Raabe & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Ramonell, Rosa (1985):Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia.ISBN 84-7154-506-3.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carideos&oldid=6761126»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp