Evita as zonas excesivamente boscosas. Non se coñece moito sobre a súabioloxía, pero parece que prefire moverse de noite, descansando durante o día escondido entre asrochas.
Ao caracal chámanlle en ocasións, pola súa aparencia, "lince africano" ou "lince do deserto", seguramente debido que o "lince" dos antigos gregos e romanos fora probabelmente o caracal,[4] e o nome "lince" ás veces aínda se lle aplica,[5] pero, como veremos, non está estreitamente emparentado coslinces propiamente ditos. Parece estar máis relacionado evolutivamente coserval, un pequeno e patilongo felino africano co que en catividade pódese cruzar, xerandohíbridos chamados "caravais" e "servicais".[6][7]
O caracal é un gato claramente grande e robusto, cunha a cola non moi longa (entre os 20 e os 30 cm, notablemente máis curta que as dos demais gatos africanos), coas proporcións dun lince, longas patas (as posteriores máis que as anteriores) e cabeza aplanada, con orellas triangulares, escuras pola parte exterior e rematadas en punta e con senllos pinceis de pelos negros (o propio nome "caracal" provén das palabrasturcaskara ekulak, que significa 'orellas negras'). A súa pelaxe, sueva e mesta, uniforme, é de coloración, polas partes superiores, parda amarelada, variando desde avermellada clara até parda avermellada ladrillo, cun ton viñoso, ás veces máis escuro e mesmo enteiramente case mouro, sen raias nin manchas. Na cara ten algunhas marcas brancas que contrastan cunha raia negra que vai desde o ollo até o fociño, e unha mancha negra aos lados do fociño. As partes inferiors son abrancazadas, con tenues indicios de manchas. A lonxitude da cabeza e o tronco varía entre os 65 e os 90 cm; aalzada ou altura na cruz oscila entre os 40 e os 50 cm, e o peso alvanza de 8 a 18kg.[8][9][10] As patas son longas, similares ás doguepardo,[11] con catrodedos nas patas traseiras e cinco nas dianteiras. Asgarras, afiadas e retráctiles, son máis grandes pero menos curvadas nas patas traseiras.[12]
Os machos xeralmente son máis grandes e pesados que as femias. Os cachorros son semellantes aos adultos, pero a súa coloración é máis apagada e agrisada.[8][9][10]
Ocranio do caracal é alto e arredondado, con grandes ampolas auditivas, unha crista supraoccipital ben desenvolvida, perpendicular á a crista saxital, e unhamandíbula forte. Ten un total de 30dentes; afórmula dentaria é 3.1.3.1/3.1.2.1. A fórmula dos dentes de leite é 3.1.2/3.1.2. Os dentes caninos miden até 2 cm de longo, e son fortes e afiados, que o animal utiliza para dar a trabada mortal ás súaspresas. Carece dos segundos premolares superiores, e os molares superiores son diminutos.[13]
O caracal confúndese moitas veces colince común, xa que ambos os felinos teñen orellas rematadas en pinceis de pelos. Porén, unha notábel diferenza entre as dúas especies é que o lince presenta abundantes manchas na pelaxe, mentres que o caracal non presenta tales marcas.[14]Caracal aurata ten unha estrutura corporal similar á do caracal, pero é máis escuro e carece depinceis nas orellas. Oserval,simpátrico, pode distinguirse do caracal pola falta de pinceis nas orellas, polas manchas brancas que presenta detrás das orellas, a capa apincarada, as patas e a cola máis longas e as pegadas dos pés máis pequenas.[12][15]
O caracal vive enbosques, pero nunca enselvas densas, aínda que prefire campos abertos:sabanas,chairas, terras baixaspantanosas,semidesertos,desertos de area, bosques de matogueiras, preferindo sobre todo zonas secas con pouca chuvia e dispoñibilidade de cobertura. Tamén habitaouteiros emontañas, como as Terras Altas deEtiopía, onde se encontra até altitudes de 3 000 m.[12]
Ao igual que oslinces e oserval, o caracal posúe unha agudavista e un excelenteoído, moi afinado debido ás súas longas orellas, que o fan un eficientecazador nocturno.
Caza e aliméntase de pequenosmamíferos, comolebres,roedores,damáns,lagartos e incluso crías deantílopes (como as dosduiqueros) e doutros antílopes de pequeno tamaño, como osneotraguinos), pero as súaspresas preferidas son, con diferenza, asaves. Pode capturalas incluso despois de que emprendan o voo, grazas á súa capacidade para realizar grandes saltos (de até 3 m de altura). Noutras ocasións ataca ás aves mentres aniñan, aínda que o fagan na copa dasárbores, pois o caracal gabea por elas bastante ben.[8][16][17][18][19]
Pouco se sabe dos costumes do caracal, unicamente que son animais solitarios, excepto na épocareprodutora, por iso adoita verse só ou en parellas, e os únicos grupos que se ven son de nais coas súas crías.[21] É dehábitos crepusculares e nocturnos (aínda que tamén poden vese de día). Porén, é tan reservado e difícil de observar que a súa actividade durante o día pode pasar desapercibida.[13] Un estudo en Suráfrica mostrou que os caracais son máis activos cando a temperatura do aire é menor dos 20 °C, e a actividade normalmente cesa a temperaturas máis altas.[22]
Para cazar, desprázanse continuamente. Dormen en lugares escondidos, ocos das árbores, gretas das rochas, ou debaixo de arbustos mestos, ás veces en árbores. As femias que teñen crías, agóchanas en gretas das rochas ou en árbores ocas mentres andan á caza.[8][23]
Tras unhaxestación de entre 69 e 60 ou 81 días, as femias paren dunha a seis crías, aínda que habitualmente son tres. Os nacementos prodúcense en primavera nas zonas subtropicais, e nas zonas tropicais durante todo o ano. As nais ocultan ás crías en tobos forrados de pel e plumas. Cando nacen, as crias pesan ao redor de 300 g; aos 12 días, os machos pesan sobre 560 g, e as femias uns 500; aos 2 meses, os machos xa pesan uns 1 300 g, e as femias contra 1 200. Abren os ollos aos 6 ou 9 días, saen dos agochos ás 3 semanas, e ás 4 xa comezan a comer alimentos sólidos, e aleítanse durante 6 meses; entre os 7 e os 12 meses xa son independentes. Alcanzan a madurez sexual ao redor dos 2 anos. A súa lonxevidade é de até os 17 anos.[16][24]
Ademais de polo nome actualmente válido, polo nome que lle deu SchereberFelis caracal en 1776 (epóniomo), porProfelis caracal (Schreber, 1776),[26] e polo nomeLynx caracal (Schreber, 1776), cando foi reclasificado no xéneroLynx;[27] e a partir de1843, desde que ozoólogobritánicoJohn Edward Gray situou a especie noxéneroCaracal,[3] xa, dentro deste xénero, coñeceuse tamén polossinónimos:[28]
Durante moitos anos considerouse aCaracal como un xéneromonotípico, isto é, que só comprendía unha únicaespecie,Caracal caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[3][29]
Eanálisesxenéticas moi recentes mostraron que o caracal,Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xéneroCaracal.[32]
Pola súa parte, tanto oIUCN SSC Cat Specialist Group, como Wilson & Reeder (2005),[3] e Breitenmoser-Wursten,et al. (2008), noITIS.[27] só recoñecen estas oito:
Caracal caracal caracal
Caracal caracal algira
Caracal caracal damarensis
Caracal caracal limpopoensis
Caracal caracal lucani
Caracal caracal nubica
Caracal caracal poecilotis
Caracal caracal schmitzi
Porén, desde2017, Kitchener, A. C.et al. só recoñen como válidas tres subespecies:[36]
Os resultados de estudosfiloxenéticos indican que o caracalevolucionou case un millón de anos antes que oslinces.[31] Está máis estreitamente relacionado conCaracal aurata. Estas dúas especies, xunto coserval (Leptailurus serval) forman a liñaxe denominadaCaracal, que evolucionou hai 8,5 millóns de anos (Ma). O antepasado desta liñaxe chegou a África hai de 8,5 a 5,6 Ma.[37][38] Diverxeu do serval probabelmente nos últimos cinco millóns de anos, entre oplioceno e oplistoceno.[39]
Os caracais domestícanse con facilidade, polo que a súa velocidade e axilidade foron aproveitadas en distintas épocas noantigo Exipto,[40][41]Persia e aIndia para a caza. O propio caracal considerouse tamén durante moito tempo como unha valiosa presa, razón pola cal foi obxecto de caza desde tempos moi antigos.
O caracal é unha especie protexida cucas poboacións asiáticas figuran no Apéndice I daCITES e as africanas no Apéndice II. AUICN cualifícase comoLC (pouco preocupante) debido á súa presenza relativamente abundante no sur deÁfrica.[1]
NaÁfrica subsahariana, a caza do caracal está prohibida en aproximadamente a metade da súaárea de distribución. EnNamibia eSuráfrica, considérase unha praga debido ás súasdepredacións nos rabaños de ovellas, o que permite aos criadores matalo sen restricións. Porén, a súa presenza segue a ser xeneralizada no sur de África.
Só a subespecie deAsia corre un auténtico perigo.[48]
↑Heptner, V. G.; Sludskij, A. A. (1992) [1972]."Caracal".Mlekopitajuščie Sovetskogo Soiuza. Moskva: Vysšaia Škola [Mammals of the Soviet Union. Volume II, Part 2. Carnivora (Hyaenas and Cats)]. Washington DC: Smithsonian Institution and the National Science Foundation. pp. 498–524.ISBN9-0040-8876-8.
↑Sunquist, F. & Sunquist, M. (2002): "CaracalCaracal caracal". EnWild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press.ISBN 978-0-226-77999-7, pp. 38–43.
↑Liebenberg, Louis (1990):A Field Guide to the Animal Tracks of Southern Africa. Cape Town, South Africa: D. Philip.ISBN 978-0-8648-6132-0, pp. 257–8.
↑Stuart, C.T.; Hickman, G.C. (1991). "Prey of caracal (Felis caracal) in two areas of Cape Province, South Africa".Journal of African Zoology105 (5): 373–81.
↑Grobler, J.H. (1981). "Feeding behaviour of the caracalFelis caracal (Schreber 1776) in the Mountain Zebra National Park".South African Journal of Zoology16 (4): 259–62.doi:10.1080/02541858.1981.11447764.
↑Estes, R. D. (2004):The Behavior Guide to African Mammals: Including Hoofed Mammals, Carnivores, Primates. 4th ed. Berkeley, California, US: University of California Press.ISBN 978-0-5200-8085-0, pp. 363–365.
↑Avenant, N.L.; Nel, J.A.J. (1998). "Home-range use, activity, and density of caracal in relation to prey density".African Journal of Ecology36 (4): 347–359.doi:10.1046/j.1365-2028.1998.00152.x.
↑Scheber, J. C. D. (1777)."Der Karakal".Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen. Erlangen: Wolfgang Walther. pp. 413–414. Consultado o 5 de novembro de 2018.
↑Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdonet al., eds. (2013):Mammals of Africa. London:Bloomsbury Publishing.ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑31,031,131,231,3Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment".Science311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment".Science311 (5757): 73–7.PMID16400146.doi:10.1126/science.1122277. Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015)."Caracal aurata".The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN). Consultado o 14 de outubro de 2018.
↑Kitchener, A. C., Breitenmoser-Würsten, C., Eizirik, E., Gentry, A., Werdelin, L., Wilting A., Yamaguchi, N., Abramov, A. V., Christiansen, P., Driscoll, C., Duckworth, J. W., Johnson, W., Luo, S.-J., Meijaard, E., O’Donoghue, P., Sanderson, J., Seymour, K., Bruford, M., Groves, C., Hoffmann, M., Nowell, K., Timmons, Z. & Tobe, S. (2017)."A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group"(PDF).Cat News. Special Issue 11. Consultado o 5 de novembro de 2018.
↑Johnson, W. E.; O'Brien, S. J. (1997). "Phylogenetic reconstruction of the Felidae using 16S rRNA and NADH-5 mitochondrial genes".Journal of Molecular Evolution. 44 Suppl. 1: S98–116.Bibcode:1997JMolE..44S..98J.PMID9071018.doi:10.1007/PL00000060.
↑Gittleman, J., ed. (1989).Carnivore Behavior, Ecology, and Evolution. New York: Cornell University Press.
↑Faure, E.; Kitchener, A. C. (2009). "An archaeological and historical review of the relationships between felids and people".Anthrozoös22 (3): 221–238.
↑Malek, J. (1997).The cat in ancient Egypt. University of Pennsylvania Press.
↑Plinio o Vello (77):Naturalis historia, Volume III, libro VIII.
↑Vigne, G. T. (1842):Travel in Kashemir. London: Henry Colburn.
↑Masseti, M. (2009): "Pictorial Evidence from Medieval Italy of Cheetahs and Caracals, and their Use in Hunting".Archives of Natural History,36 (1): pp. 37-47.
↑5e Rapport National sur la mise en œuvre de la convention sur la diversité biologique au niveau national. 2014. Ministère de l'Aménagement du territoire et de l'Environnement. République Algérienne Démocratique et Populaire.
↑Cuzin, F. (2003): "Les grands mammifères du Maroc méridional (Haut Atlas, Anti Atlas et Sahara): Distribution, écologie et conservation". Thèse de doctorat en écologie animale de l'École Pratique des Hautes Études.
↑Kolipaka, S. S., ed. (2012):Caracals in India. The Forgotten Cats. Dehradun, India: IBD Press.
Dorst, J. & Dandelot, P. (1973):Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
Haltenorth, T. & Diller, H. (1986):A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd.ISBN 0-00-219778-2.