Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Carabao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carabao

Carabao nasFilipinas
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Artiodactyla
Familia:Bovidae
Subfamilia:Bovinae
Xénero:Bubalus
Especie:B. bubalis

Ocarabao (kalabaw en tagalo,kerbau en malaio),Bubalus bubalus carabanesis, é unhasubespecie doméstica dobúfalo acuático (Bubalus bubalis Linneo, 1758).

Encóntrase enFilipinas,Guam,Indonesia,Malaisia e noutros lugares do sueste asiático. É o animal de granxa por excelencia, usándose tanto para tirar doarado como doscarros usados para transportar os produtos agrícolas ao mercado.

Típico de Filipinas, é o animal símbolo do país e tamén de Guam, illa onde este animal foi introducido noséculo XVII polosespañois.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

A clasificación dos búfalos acuáticos é incerta. Algunhas autoridades mencionan unha soaespecie,Bubalus bubalis, con tressubespecies, o búfalo de río (B. bubalis bubalis) do subcontinente indio, o carabao ou búfalo de pantano (B. bubalis carabensis) deFilipinas e sueste de Asia e oarni ou búfalo acuático salvaxe (B. bubalis arnee).[1]

Outros consideran que son especies estreitamente relacionadas, pero independentes,Bubalus bubalis,Bubalus carabanensis eBubalus arnee, respectivamente.[2]

En2003, aComisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN) ditaminou a favor de manter reunidos os búfalos acuáticosde pantano, e considerar untaxon separado para osbúfalos de río, denominadoBubalus arnee, aínda que o uso antigo é aínda aceptábel para autores que o consideran conespecífico.

O búfalo acuáticode pantano ten 48cromosomas, mentres que o búfalode río ten 50. Os dous tipos reprodúcense entre si, aínda que non facilmente, e poden producir descendencia fértil. Non se observou que se produzan híbridos con búfalos domésticos, e os embrións destes híbridos obtidos en laboratorio, non alcanzan a madureza.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005.Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dendeo orixinal o 24 de xuño de 2011. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  2. Roth, J. e P. Myers (2004): "Bubalis Bubalis". Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía.[1]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CarabaoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carabao&oldid=6554985»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp