É tamén famosa por ser o local onde se reúnen osconclaves e se fan certas cerimonias, como as coroaciónspapais.
A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións doTemplo de Salomón, tal como veñen descritas noAntigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura.
Despois das obras de restauración entre1981 e1994, coas que se recuperou o brillo orixinal dos tempos de Michelangelo, a capela volveu abrirse ao público que visita oMuseo do Vaticano. A pintura do teito da Capela Sistina está no filmeO tormento e a éxtase.
A virada doQuattrocento para oCinquecento foi un dos momentos máis influentes na Historia da Arte Occidental, quizais mundial.Italia, con epicentro enFlorenza, deu ao mundo unha ampla gama de xeniais artistas.
A Capela Sistina é un dos locais máis propicios para aquilatar a dimensión desta explosión creativa. Para a súa feitura concorreron os maiores nomes dos que dispuña Italia no momento.
Sisto IV, como parte da política que emprendía para o restablecemento do prestixio e fortalecemento do papado, convocou en Roma os maiores artistas de Italia. Florencia era o centro de excelencia até entón. De alí e deUmbría viñeron os principais artistas, feito que desprazaría aRoma como capitalidade cultural, que atinxiría o cénit algunhas décadas despois, coa elección de Xulio II para ocupar aCátedra de San Pedro.
Para a historia da cultura o significado do proxecto e construción da Sistina é inmenso, xuntamente coas demais obras encomendadas por Sisto IV. Non só porque marca a perda da capitalidade cultural para Roma, senón por se tratar do ciclo pictórico de maior relevo deItalia no final doséculo XV, “constituíndo alén diso un documento inapreciable para observar as virtudes e os límites da pintura doQuattrocento”.[1]
Baccio Pontelli foi o autor doproxecto arquitectónico para a construción da capela. Este florentino era un dos responsables da reformulación e revitalizaciónurbanística que Sisto IV efectuaba en Roma, tendo realizado decenas de obras públicas.
As dimensións do proxecto de Baccio Pontelli tiveron como inspiración as descricións contidas noAntigo Testamento relativas ao Templo de Salomón. A súa forma é rectangular medindo 40,93 m de lonxitude, 13,41 m de largura e 20,70 m de altura. Os numerosos artistas vestiron o seu interior, esculpindo e pintando as súas paredes, transformándoa nun estupendo e célebre lugar coñecido en todo o mundo polas marabillosas obras de arte que encerra.
Internamente, as paredes, divididas porcornixas horizontais, presentan 3 niveis:
o primeiro nivel, xunto ao chan enmármore - que, nalgúns sectores, presenta o característicomarchetadocosmatesco - simula refinadastapicerías. No lado dereito, próximo átransenna está o coro;
o intermedio é onde figuran os frescos narrando os episodios da vida deCristo e deMoisés. A cronoloxía iníciase a partir da parede do altar, onde se encontraban, antes da creación doXuízo Final de Michelangelo, as primeiras escenas e un retablo dePerugino representando a Virxe da Asunción, a quen foi dedicada a capela.
o andar máis alto, onde están as pilastras que sustentan as pendentes do teito. Encima da cornixa están situadas aslunettes, entre as que foron colocadas as imaxes dos primeiros Papas.
Entre as xanelas, seis de cada lado, figuran 24retratos de Papas, pintados por Botticelli, Ghirlandaio eFrai Diamante. Nabóveda están os famosos frescos de Michelangelo, pintados entre1508 e1512. O mesmo artista realizaría entre os anos de1535 e1541, na parede do altar, oXuízo Final.
Rafael realizou unha serie de tapicerías que, en ocasións especiais, visten as paredes.
Escenas da Vida de Moisés, fresco de medidas 348 cm x 558 cm, é a obra máis complexa. Botticelli tivo que se empeñar para entrelazar os diversos episodios que alí figuran nunha narrativa ben articulada. O cadro ten certas irregularidades. É máis apreciado en virtude de detalles illados que polo conxunto. Os episodios están narrados noLibro do Éxodo, capítulos II, III e XIII.
O Castigo de Korah, de 348,5 cm x 570 cm, é a representación da narración contida noLibro dos Números, capítulo XVI, onde Korah, subleva 250.000 hebreos contra a autoridade deMoisés e do seu irmánAarón.
Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso, de 345,5 cm x 555 cm, ilustra as 3 tentacións de Cristo no deserto e a cura do leproso narradas noEvanxeo de Mateu, capítulos IV e VIII. No centro do cadro vese o edificio do Hospital do Santo Espírito mandado construír por Sisto IV.
Vista do teito da Capela Sistina, proxectada porMichelangelo
Na realización desta grandilocuente obra concorreronamor eodio. Michelangelo tería feito este traballo contrariado, convencido que era máis unescultor que unpintor. Encargado poloPapa Xulio II, sobriño de Sisto IV, para pintar o teito da capela, xulgou ser unha conspiración dos seus rivais para desvialo da obra para a cal fora chamado a Roma: omausoleo do Papa. Mais dedicouse á tarefa e o fixo con tanta mestría que practicamente ofuscou as obras primas dos seus antecesores na empresa. Os frescos no teito da Capela Sistina son, de feito, un dos maiores tesouros artísticos da humanidade.
Diagrama
É difícil acreditar que teña sido obra dun só home, pois dispensara os asistentes que contratara inicialmente, insatisfeito coa produción destes, e que mesmo aínda atoparía forzas para retornar ao local, dúas décadas despois, e pintar na parede do altar, sacrificando, inclusive, algúns frescos de Perugino, oXuízo Final, entre1535 e1541, xa baixo o pontificado dePaulo III.
A superficie dabóveda foi dividida en áreas concibíndose arquitectonicamente o traballo de maneira que resultase nunha articulación do espazo limitado porpiares. Nas áreas triangulares colocou as figuras deprofetas esibilas; nas rectangulares, os episodios daXénese.
A parede doaltar foi destinada a conservar a maior pintura na cal Michelangelo dedicou, desde1534, todo seu enxeño e forza: oXuízo Final.
O fresco ocupa enteiramente a parede de detrás do altar. Para a súa execución, dúas xanelas foron pechadas e algunhas pinturas da época de Sisto IV apagadas: os primeiros retratos de Papas; a primeira escena da vida deCristo e a primeira da vida deMoisés, unha imaxe da Virxe da Asunción de Perugino, e os frescos das dúaslunettes, onde o propio Michelangelo pintara os ancestrais de Cristo.
Aquí, o "Pai doBarroco", como queren algúns, xa ispe de forma marcante os novos rumbos que o artista imprimirá na súa arte. A liberdade en relación aos cánones anteriores, da chamadaAlta Renascenza, maniféstase na rigorosamaneira coa que trata a figura humana.
Michelangelo expresa vigorosamente o concepto de Xustiza Divina, severa e implacable en relación aos condenados. O Cristo, parte central da composición, é o Xuíz dos elixidos que soben aoCeo pola súa dereita, en canto os condenados, abaixo á súa esquerda, esperan aCaronte eMinos.
A resurrección dos mortos e osanxos tocandotrompetas completan a composición.
No último cuarto doséculo XX, obras emprendidas no teito da Capela Sistina coa intención de recuperar o brillo orixinal do tempo de Michelangelo foron motivo de innumerables controversias.
A restauración das obras de arte estaban a se facer ao longo dos anos, e desde adécada de 1960 xa se traballaba nos frescos máis antigos. O proxecto máis ambicioso, a cargo do restauradorGianluigi Colalucci, iniciouse en1979 coa limpeza da parede do altar: oXuízo Final.
Durante este período a capela estivo fechada ao público que visita oMuseo do Vaticano - cerca de 3 000 000 persoas por ano - só volvendo a ser reaberta o8 de abril de1994.