Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Capa xerminativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gastrulación dundiploblástico: formación das capas xerminativas desde unhablástula (1) até unhagástrula (2).

Unhacapa xerminativa,capa xerminal,capa embrional,folla embrionaria oufolla blastodérmica, é un conxunto decélulas formadas durante aembrioxénese dosanimais a partir das cales se orixinarán ostecidos eórganos do adulto.

Todos os animais máis complexos que asesponxas producen dúas ou tres capas de tecidos primarios.

Os animais consimetría radiada, como oscnidarios, teñen dúas, denominadasectoderma eendoderma.

Os animais consimetría bilateral producen unha terceira capa situada entre as dúas anteriores, omesoderma.

As capas xerminativas orixinarán os tecidos e órganos durante o proceso deorganoxénese.

Capas xerminativas

[editar |editar a fonte]

Historia do estudo das capas xerminativas

[editar |editar a fonte]

A aceptación da xeneralidade e importancia das capas xerminativas data doséculo XIX.Christian Pander (1817) foi o primeiro en recoñecelas en embrións depolo. En 1825Martin Heinrich Rathke identificou follas embrionarias equivalentes encrustáceos. En 1828Karl Ernst von Baer descubriunas nos embrións doutros vertebrados. En 1849Julian Huxley mostrou que as follas externas e internas dosvertebrados eranhomólogas ás dúas capas doscelenterados. En 1877Ray Lankester, inspirado na teoría deErnst Haeckel sobre aGastraea, un hipotético antepasado común a todos osmetazoos, dividiu oreino animal en tres grandes grupos en función do número de capas xerminativas:homoblásticos (protozoos),diploblásticos (celentéreos) etriploblásticos (o resto dos animais).

Referencias

[editar |editar a fonte]
  • Hall, B. K. (2000): "Balfour, Garstang and de Beer: The First Century of Evolutionary Embryology".Amer. Zool.,40: 718–728.Resumo.
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Capa_xerminativa&oldid=6553640»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp