![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2015.) |
Acantería oucantaría é a arte de labrar apedra para o seu emprego posterior enconstrucións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables oscanteiros.
O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.
Apedra é a materia prima da cantería, variando a técnicas e ferramentas usadas, en función das súas propiedades propias como a dureza, fraxilidade, composición xeolóxica etc
O proceso de traballo comeza coa extracción da rocha da canteira, cun subsecuente despece de bloques, aplicarlle un escuadro, para finalmente proceder a labrar os cachotes.
Este proceso consta de catro fases, intervindo en cada unha diferentes artesáns:
Os antigos artesáns marcaban os seus traballos cuns signos chamadosmarcas de canteiro, recoñecibles entre eles, os cales tamén aparecían gravados na súas ferramentas de traballo. Eran marcas moi simples, compostas por raias, puntos, cruces, ou coa letra inicial do nome. Estes signos servían de referencia para coñecer a produción de cada artesán; e foron profusamente empregadas naarquitectura medieval.
No proceso de elaboración da pedra necesítase un amplo número de utensilios e ferramentas, entre as que encontramos:
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cantaría![]() |