Ocantón de Schaffhausen, oficialmente enalemánKanton Schaffhausen (enalemán suízo: Kanton Schafuuse, enfrancés: Canton de Schaffhouse, enitaliano: Canton Sciaffusa, enromanche: Chantun Schaffusa), é o cantón máis setentrional deSuíza e atópase case na súa totalidade ao norte do ríoRin. Malia que o seu único idioma oficial sexa o alemán, a lingua coloquial é odialectoalemánico do alemán suízo oriental, o chamado Schaffhauserdeutsch. O cantón recibe o nome da súa capital e vila máis poboada,Schaffhausen.
Situado ao norte da Confederación Suíza, bordeandoAlemaña e apenas enteiramente á beira dereita do Rin, o cantón componse de tres partes: a central, onde se atopa a capital cantonal,Schaffhausen, e que posúe no interior das súas fronteiras o enclave alemán de Büsingen am Hochrhein, a oriental, que contén as comunas de Stein am Rhein e Ramsen e a occidental, formada polas comunas de Buchberg e Rüdlingen. Linda cos cantóns deZürich e deTurgovia.
O cantón de Schaffhausen culmina no Hagen, unha montaña da cordilleira de Randen, a 912 metros de altitude.[1] O punto máis baixo atópase ás beiras doRin, en Buchberg, con 344 metros de altitude. Abrangue un territorio de 298,42 km2, o que o converte no sétimo cantón máis pequeno deSuíza.