Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Canouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Namitoloxía galega, ocanouro é un ser imaxinario cuxa existencia está en discusión, pois pode tratarse dun ser con entidade propia ou ben ser unha manifestación dotardo. Dise que ataca ós meniños no colo do pai e que lles provoca pesadelos, insomnio e delirios. Non se sabe baixo que forma se presenta ("non se sabe o que é nin a súa orixe nin condiciós", di Murguía) pero, polos seus paralelos, pode ser un can negro ou unha man negra e peluda.

FoiMurguía quen, a finais doséculo XIX probablemente naRaia Seca, recolleu por primeira vez a lenda deste ser mítico. Recolleuno dun romance anónimo titulado, precisamente,O canouro, no que se describe os pesadelos dun rapaz que ve na trabe da súa habitación unha aparición fantasmal moi ruidosa e cun rabo máis longo que a propia trabe. Recolle tamén os esconxuros que bota o pai da criatura e que conseguen facer fuxir ócanouro, a base de invocar ás noitébregas, curuxas, garduñas, lagartos, cobras, sapos e outro bicherío. Supón Murguía que a lenda pode ter orixe xermánica, pois atopa semellanzas coa obra deGoetheO Rei dos Elfos.

Xesús Rodríguez López recolleu en1910 a existencia destes seres:

"Había tamén unha especie de bruxos, chamados canouros, que enfermaban os meniños mesmo nos brazos dos pais"
Xesús Rodríguez López, 54[1]

Vicente Risco rexeita taxativamente a veracidade desta tradición e inclúeo entre osMitos falsos ou dudosos:

"'O Canouro', sacado por Murguía dun romance máis que sospeitoso... [que] non ten xeito popular nin antigo, e foille comunicado por [un] personaxe do que coñecemos poesías e que foi soado no seu tempo polas súas facecías"
Risco, px. 309

Oslexicógrafos que recolle oDicionario de dicionarios danlle o significado de espírito imaxinario que vive nos campos, nos bosques e nas augas.

"Espíritu del campo, de los bosques y de las aguas. Ser sobrenatural, especie de trasgo nocturno o ser maligno que tiene un manifiesto sabor demoníaco... Considérasele además espíritu maléfico, creyéndose que hiere de muerte a los niños en los mismos brazos de sus padres, y se le tiene además por un ser impalpable que molesta y acongoja durante la noche al enfermo, forjando en su imaginación insomnios angustiosos"
Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, s. v.canouro

Etnógrafos comoCuba,Reigosa eMiranda, ouVítor Vaqueiro, non atoparon máis información sobre o personaxe[2] que a achegada por Murguía e, sen negar a veracidade do mito, tampouco o validan. En todo caso, os primeiros relaciónano cotardo e coaman peluda[3] (que aperta a gorxa das persoas dormidas e afógaas), así como con entidades semellantes noutras culturas: aPesanta enCataluña, oAidekovasco, oPesadielluasturiano ou aManonacastelá.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. En castelán no orixinal: "Había también una especie de brujos, llamados canouros, que enfermaban á los niños en los mismos brazos de sus padres".
  2. "Nunca oímos falar del", di Cuba.
  3. Paralelismo que xa citaraTaboada Chivite.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Historia mítica de Galicia
Deuses
Reis e heroes
Estatua de Breogán, de Xosé Cid, preto da torre de Hércules.
Razas míticas
Personaxes lendarios
Personaxes
aparentemente humanos
Animais
Alicorno · Balea xigante de San Cibrao · Basilisco · Becerra con cans · Biosbardo · Boi Bruón · Boi de Sandomedio · Boi Louro · Bois de Gures · Boi Vidal · Butre · Cabalo da fiaña · Cabalo da luz · Cabalo do pensamento · Cabalo do vento · Cabalo pantasma · Cabra con pernas de muller · Cabra do aire · Cabra que fala · Cacharreira · Cadela peregrina · Can branco · Cancérbero · Can doente · Caranguexo coa pinza de ouro · Carbunco · Chasco · Cobra con ás · Cobra de sete cabezas · Coca · Cozocha · Cozorello · Dragón · Formigas de Belén · Galiña dos pitos de ouro · Galiña dos ovos de ouro · Galo negro · Gata branca · Gatipedro · Gran besta · Home lagarto · Home vaca · Loberno · Lobo branco · Malvís · Monstro da lagoa · Paxaro do demo · Pega negra · Princesa ra · Princesiña troita · Príncipe carneiro · Raposa do aire · Saavedra · Serpe do bosque de Cons · Serpe mariña · Serpe negra · Serpe xigante do Castelo · Urco · Vákner · Zarrouco
Seres relacionados
coa morte
Lugares
Eventos
Fontes
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Canouro&oldid=6942910»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp