Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Canouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Cachopo.
Canouco
Clasificación científica
Reino:Chromalveolata
División:Heterokontophyta
Clase:Phaeophyceae
Orde:Laminariales
Familia:Laminariaceae
Xénero:Laminaria
Especie:Laminaria ochroleuca,Laminaria hyperborea,Saccharina latissima,Laminaria digitata,Laminaria japonica
Este artigo amosaescritos chineses. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosaescritos xaponeses. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Canouco é unhaalga comestible do grupo dasalgas pardas e do xéneroLaminaria, tamén coñecida cos nomes defolla de maio,faixa,cinchón,follada oucachopo. Son nomes vulgares que se aplican a varias especies similares da familia, entre as que se atopan aLaminaria ochroleuca e aLaminaria hyperborea.

Unha especie parecida, do mesmo xénero, é aLaminaria saccharina. En galego recibe os nomes vulgares decañoto,soia outoco.

Estas algas son coñecidas internacionalmente co nome comercialKombu, doxaponés (昆布, konbu?). ALaminaria saccharina é comercializada comoKombu de azucre.

Características

[editar |editar a fonte]
L. digitata no mar
L. saccharina, L.digitata e L. hyperborea
Toco ou Kombu de azucre (S.latissima)
Canouco desecado para consumo alimentario, coñecido comercialmente como kombu

Son algas con certa complexidade estrutural, cuntalo composto por un órgano de fixación oubulbo, unestipe e unhas láminas, de xeito que lembran as plantas con raíces, talos e follas.

Chegan a ter unha longura de 2 a 2,5 m. Viven até 10 anos a unha profundidade media de 12 m, en zonas rochosas moi batidas de mar aberto. Isto fai que a súa recolleita sexa dificultosa.

O bulbo ourizoma ten forma cónica. Del parte o estipe, ríxido e de forma cilíndrica, que remata abríndose nunha larga lámina dividida en moitas e longaslacinias que semellan follas.

A mellor época de recolleita é a primavera, de aí o nome de 'folla de maio'.

A especie L. saccharina, aínda sendo alga de profundidade, prefire augas máis tranquilas e é máis escasa. O seu estipe é mais curto e remata nunha longa e estreita lámina ondulada que non se divide. Conténmanitol e é considerada doce (Kombu de azucre).

Uso alimentario

[editar |editar a fonte]

En Asia e o Pacífico

[editar |editar a fonte]
O prato xaponéstsukudani feito con kombu

Ademais de co nomexaponés (昆布) Kombu, estas algas tamén se coñecen encoreano comodashima (다시마) e enchinés comohaidai (simplificado: 海帶|海帶 , tradicional: 海带|海带)[1]

En xaponés hai nomes vulgares incluso para o kombu procedente de diferentes especies do xénero 'Laminaria':

  • Karafuto kombuL. saccharina
  • Ma-kombuL. Japonica
  • Mitsuishi-kombu ou dashi-kombuL. angustata normalmente usada para facerdashi
  • Naga-kombuL. longissima
  • Rishiri-kombuL. ochotensis usada en sopas

A maior parte do kombu asiático é da especie 'Laminaria japonica',[1] cultivada extensivamente en cordas nos mares doXapón eCorea.[2] Máis do 90 por cento do Kombu xaponés é cultivado, e a maioría recollido enHokkaido. Cultívase tamén noMar de Seto.

Os primeiros rexistros que relatan o Kombu son deShoku Nihongi en797, como un presente e tamén imposto daRexión de Tōhoku. Porén, actualmente crese que xa se usaba moito antes, noPeríodo Jomon, mais debido ao feito de que este tipo de alga se decompón con moita facilidade, non existen evidencias arqueolóxicas que poidan demostralo.

Durante oPeríodo Muromachi, desenvolveuse unha nova e importante técnica de secado para que o Kombu puidese ser almacenado durante máis tempo, e entón pasou a ser un importante produto de exportación da Rexión de Touhoku. NoPeríodo Edo a illa deHokkaido foi colonizada polos xaponeses deHonshu e organizáronse novas rutas marítimas, facendo que o uso do Kombu fose difundido en todo o Xapón. Dende esa época agastronomía tradicional deOkinawa fai grande uso do kombu nas súas receitas. Actualmente, o consumo de kombu pola poboación de Okinawa é o maior de entre todas as provincias do Xapón.

No século XX descubríronse técnicas de cultivo de kombu, facendo que viñese ter un custo máis baixo e fose acesible a toda a poboación.

Dende a década de 1960, o kombu desecado vén sendo exportado do Xapón a moitos países. Inicialmente dispúñase del en tendas e restaurantes asiáticos, e xaponeses en particular, e posteriormente pasou a venderse en restaurantes e tendas non especializados.

O kombu úsase de forma extensiva nagastronomía xaponesa como un dos tres ingredientes principais para facer sopadashi. Véndese desecado ('dashi kombu') ouescabechado convinagre, ou tamén en faragullas secas ('oboro kombu' ou 'shiraga kombu'). Tamén se pode comer fresco nosaximi, ou en liscos cocidos en mollo desoia emirin para facertsukudani.

O kombu tamén é moi importante nas gastronomíaschinesa ecoreana. Cómese en tiras como un petisco para acompañar oté verde,marinado con vinagre doce e cortado en pequenas tiras de 5 ou 6 cm.

OKombu cha昆布茶 ( de kombu) é unha bebida feita co kombu seco e esfarelado.

En Europa

[editar |editar a fonte]

Nos países célticos do norte, as Laminarias e oDulse usábanse tradicionalmente para facer sopas.

As especies principais na costa galega son aLaminaria ochroleuca e aLaminaria hyperborea. O canouco oukombu galega, e máis en concreto aLaminaria ochreleuca é algo máis dura que a xaponesa, polo que se debe cocer máis tempo. O nome defolla de maio dado na costa sur de Galicia a esta alga indica a época ideal de recolleita, a primavera.

Como o resto das algas, en Galicia non se consumía como alimento humano en tempos recentes, senón comofertilizante ou incluso alimento para ogando (vacas e porcos). Non obstante, vai crecendo o seu consumo directo, pola promoción e a reivindicación do seu valor alimentario feita por diversos axentes (universidades, nutricionistas, gastrónomos e cociñeiros, produtores e Administración).

Ademais de consumida directamente, úsase como compoñente doseitán ou "carne vexetariana", e tamén na elaboración depan e hamburguesas vexetais, habituais nas dietas vexetarianas e macrobióticas.

A especie similarLaminaria saccharina (canoto, ou kombu de azucre), malia ser algo máis escasa, tamén é obxecto de produción e comercialización en Galicia.

ALaminaria digitata, que se diferencia deL. ochroleuca por ter o estipe flexible, non se dá en Galicia.

Outra especie parecida ás laminarias e frecuente en Galicia, pero de menor calidade para a alimentación, é aSaccorhiza polyschides ougolfo. Usouse tradicionalmente como as outras paravalume, e modernamente para a obtención dealxinatos.

Propiedades nutricionais e de saude

[editar |editar a fonte]

O canouco é unha boa fonte deácido glutámico, un aminoácido responsable do que os xaponeses chamanumami ou quintosabor básico (para engadir asalgado,doce,acedo eamargo), identificado no 1908. O ácido glutámico é a base para a produción doglutamato monosódico, con grande uso como aditivo na industria alimentaria.

O canouco recoméndase a miúdo como un ingrediente complementario na cocción dasfabas, para engadir nutrientes e tamén porque mellora a súa dixestibilidade (o ácido glutámico fai diminuír as flatulencias).

Tamén é fonte dealxinatos que en experiencias con ratos se amosan capaces de desintoxicar o corpo e eliminarmetais pesados eisótopos radioactivos.[3][4][5][6][7]

Contén unha apreciable cantidade deiodo, un mineral esencial no crecemento e na prevención dobocio. Non obstante, os niveis excesivos de iodo poden ser prexudiciais e producir risco de hipertiroidismo. Xa foron citados algúns problemas detiroide en persoas que bebían grandes cantidades deleite de soia con kombu como aditivo.[8]

A recomendación é non tomalas moi frecuentemente sen cociñar (ao cociñalas, a calor volatiliza boa parte do iodo), nin por persoas conhipertiroidismo.

É unha fonte de primeira calidade de fibra dietética, na que se atopa, como na procedente dobucho ou fucus unha substancia chamada fucano que tén propiedades antitumorais, segundo experiencias realizadas en ratos.[9]

Valores nutricionais típicos do canouco (cantidades cada 100 g)[10]

Antigamente osestipes secos das Laminarias usábanse en xinecoloxía como dilatadores docérvix (colo doútero), pola súa capacidade de aumentar devolume ao absorber auga en gran cantidade.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Abbott, Isabella (1986).Algae and human affairs.Cambridge University Press.ISBN 978-0-521-32115-0. 
  2. M. D. Guiry."Kelps:Laminaria andSaccharina". www.seaweed.ie. Arquivado dendeo orixinal o 21 de novembro de 2001. Consultado o 10 de xullo de 2011. 
  3. Rose,H.E., Quaterman, J Fibras dietéticas e retención de metais pesados en ratas McGill(eninglés)
  4. Elliaz, I. Weil, E. Integrative medicine and the role of modified citrus pectin/alginates in heavy metal chelation and detoxification--five case reports(eninglés)
  5. Skoryna, S.C.Studies on inhibition of intestinal absortion of radioactive strontium. I. Prevention of absorption from ligated intestinal segments.(eninglés)
  6. Kothimchemko, M. Lead absorption and excretion in rats given insoluble salts of pectin and alginate(eninglés)
  7. Skoryna, S.C. Studies on the inhibition of intestinal absorption of radioactive strontium (V)(eninglés)
  8. "RACGP Health alert - high levels of iodine in BonSoy soy milk". Royal Australian College of General Practitioners. 24 December 2009. Arquivado dendeo orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o3 November 2010. (eninglés)
  9. Jiménez-Escrig, Antonio-Goñi, Isabel, Evaluación nutricional y efectos fisiológicos de macroalgas marinas comestibles. Consejo Superior de Investigaciones Científicas - Univ. Complutense. Arch. Latin. de Nutrición (vol 49, 1999)(encastelán)
  10. Fernández Saa, C. (2002)Algas de Galicia. Alimento y Salud(encastelán)'

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Canouco

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Canouco&oldid=6961801»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp