Canopus, ou αCarinae, é aestrela máis brillante da constelación de Carina, no hemisferio sur. É unha superxigante branco-amarela que se localiza a 310 anos luz dosistema solar[1] é a segunda estrela máis brillante do ceo, cunhamagnitude aparente de -0,62. Ten unhadeclinación de −52º 42' (2000) e unhaascensión recta de 06h ata 24 m, e é visible dende a costa africana domar Mediterráneo.
A súa luminosidade é 10700[2] veces superior a doSol, é a estrela máis brillante nun radio de 700 anos luz en torno áTerra. A distancia á que se atopa foi obxecto de discusión pola súa natureza infrecuente, é unha estrela detipo espectral F0 IA, un tipo de superxigantes pouco abundantes e do que non se sabe moito, poderían ser estrelas que están a converterse enxigantes vermellas , ou que xa pasaron por esta fase. Isto fixo difícil determinar amagnitude absoluta e, polo tanto, a distancia, así e todo a determinación daparalaxe, grazas ás observacións do satéliteHipparcos, permitiu calcular a distancia, sen a necesidade de coñecer a magnitude absoluta, que, por outra banda, agora pode comezar a obterse coñecendo a súamagnitude aparente.
↑Cruzalèbes, P.; Jorissen, A.; Rabbia, Y.; Sacuto, S.; Chiavassa, A.; Pasquato, E.; Plez, B.; Eriksson, K.; Spang, A.; Chesneau, O. (2013). "Fundamental parameters of 16 late-type stars derived from their angular diameter measured with VLTI/AMBER".Monthly Notices of the Royal Astronomical Society434. p. 437.Bibcode:2013MNRAS.434..437C.arXiv:1306.3288.doi:10.1093/mnras/stt1037.