Canle de calcio
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Unhacanle de calcio é unhacanle iónica proteica situada nas membranas biolóxicas que mostra permeabilidade selectiva a iónscalcio. Moitas veces utilízase como sinónimo decanle de calcio dependente de voltaxe,[1] aínda que existen tamén canles de calcio dependentes deligando.[2]
As seguintes táboas explican a función, localización e apertura de diferentes tipos de canles de calcio, tanto os dependentes de voltaxe coma de ligando.
Tipo | Voltaxe | Subunidade α1 (nome do xene) | Subunidades asociadas | Atopado principalmente en |
Canle de calcio de tipo L ("de longa duración" ou "receptor DHP") | HVA (activado por alta voltaxe, do ingléshigh voltage activated) | Cav1.1 (CACNA1S) Cav1.2 (CACNA1C)Cav1.3 (CACNA1D) Cav1.4 (CACNA1F) | α2δ, β, γ | Músculo esquelético,músculo liso, óso (osteoblastos),miocitos ventriculares** (responsable dunpotencial de acción prolongado en células cardíacas; tamén denominados receptores DHP),dendritas e espiñas dendríticas deneuronas corticais |
Canle de calcio de tipo P ("Purkinje") /canle de calcio de tipo Q | HVA (activado por alta voltaxe) | Cav2.1 (CACNA1A) | α2δ, β, posiblemente γ | neuronas de Purkinje nocerebelo / células granulosas cerebelares |
Canle de calcio de tipo N ("Neural"/"Non L") | HVA (activado por alta voltaxe) | Cav2.2 (CACNA1B) | α2δ/β1, β3, β4, posiblemente γ | Por todo ocerebro esistema nervioso periférico |
Canle de calcio de tipo R ("Residual") | activado por voltaxe intermedia | Cav2.3 (CACNA1E) | α2δ, β, posiblemente γ | células granulosas cerebelares, outras neuronas |
Canle de calcio de tipo T ("Transitorio") | activado por voltaxe baixa | Cav3.1 (CACNA1G) Cav3.2 (CACNA1H) Cav3.3 (CACNA1I) | - | neuronas, células que teñen actividade demarcapasos, óso (osteocitos),tálamo |
Tipo | Abertas por | Xene | Localización | Función |
Receptor IP3 | IP3 | ITPR1, ITPR2, ITPR3 | RE/RS | Libera calcio do RE/RS en resposta ao IP3 por exemploGPCRs[4] |
Receptor ryanodine | receptores dihidropiridina entúbulos T e por incremento de calcio intracelular (Calcium Induced Calcium Release - CICR) | RYR1, RYR2, RYR3 | RR/RS | liberación de calcio inducida polo calcio enmiocitos[4] |
Canle de dous poros | ||||
Canles catiónicos do esperma | ||||
canles operadas por almacén (store-operated channels) | indirectamente por depleción de calcio en RE/RS[4] | ORAI1, ORAI2, ORAI3 | membrana plasmática |
Osbloqueantes de canle de calcio de tipo L utilízanse para tratar ahipertensión.Os bloqueantes de canle de calcio de tipo T utilízanse para tratar aepilepsia.