Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cangrexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suxeriuse que"Braquiúros" sexafusionado con este artigo ou apartado (conversa).
Para realizar a fusión dos artigos sigueestes pasos.
Para a constelación do cangrexo, véxaseCáncer (constelación)
Para a Supernova do Cangrexo, véxaseSN 1054.
Anatomía externa dun cangrexo (xéneroUca).
1.Rostro
2.Antena
3.Ollo
4.Isquio
5.Carpo
6.Propodio
7.Quelípodos (pinzas)
8.Cacho
9.Patas marchadoras

Chámansecangrexos[1] oucaranguexos[2] a diversoscrustáceosmalacostráceos daorde dosdecápodos, especialmente aos da suborde dosbraquiúros.

Os membros da orde dos decápodos, caracterizados por teren cinco pares depatas, comprenden, entre outros, os crustáceos máis apreciadosgastronomicamente, comolagostas,lumbrigantes,centolas ounécoras. Ademais existen diversas especies que tamén se denominan cangrexos como, por exemplo, ocangrexo violinista, ocangrexo dos coqueiros ou oscangrexos de río.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nomecangrexo deriva dun diminutivo da voz dobaixo latíncangro, que á súa vez procede do latíncancer, cancris.[3]

Características

[editar |editar a fonte]

O que teñen en común todos os chamados cangrexos é o seu carácterbentónico, é dicir, que viven vagando sobre o fondo. Só algunhas especies dafamilia dosportúnidos (Portunidae) desenvolveron secundariamente un hábitonectónico, isto é, poden nadar en vez de andar só polo fondo (e por iso se lles chamacangrexos nadadores (Natantia).

Cangrexo de río europeo, especie ameazada pola introdución docangrexo de río americano, unhaespecie invasora.

Outro trazo común, compartido con algúns outrosdecápodos, é que o primeiro par de patas locomotoras converteuse evolutivamente nun par dequelípodos (pinzas), que empregan para a captura e manipulación do alimento, para o cortexo, ou para a disputa territorial.

Existen máis de 4.000 especies de animais que son ou que poden ser chamados cangrexos. A maioría viven dentro da auga ou preto dela, aínda que algúns son de hábitos fundamentalmente terrícolas e só van á auga para reproducírense.

Os cangrexos, mesmo osnadadores, non adoitan seren grandes nadadores, senón que se desprazan polo fondo sobre as súas patas, e en moitos casos son capaces de transitar fóra da auga e mesmo de gabear polas palmeiras.

Gecarcinus quadratus, cangrexo terrestre centroamericano denominado por algúns comocangrexo deHalloween.

Comoartrópodos que son, os cangrexos están dotados dunexoesqueleto cuxo compoñente principal é aquitina, que a miúdo adquire gran dureza porque adoita estar mineralizado concarbonato cálcico.

Como para o resto dos artrópodos, o crecemento require dunaécdise ou muda do exoesqueleto, ocasión que moitas especies aproveitan para areprodución.

Algúns cangrexos coñecidos

[editar |editar a fonte]
Pagurus bernhardus, cangrexo ermitán noAquarium Finisterrae (A Coruña).
Cangrexo real, comercializado enGalicia desde hai poucos anos.
Cangrexo violinista (Uca pugnax).
  • Cangrexo común, oucangrexo. Crustáceo decápodobraquiúro da familia dosportúnidos (Carcinus maenas), de cacho hexagonal, un pouco máis largo que longo (uns 5 cm de lonxitude por 7 de anchura) de superficie granular e cor parda verdosa, provisto de cinco dentes nos bordos anterolaterais, e con quelípodos e patas marchadoras robustos. Distribúese polo Atlántico, o Índico e o Pacífico occidental, habitando na zona intermareal, praias e pozas das rochas en marea baixa.
  • Cangrexo de río. É o nome común de varios crustáceos decápodosmacruros da familia dosastácidos, pertencentes aos xénerosAustralopotamobius ePotamobius (antigosAstacus), que miden de 8 a 20 cm de lonxitude e teñen o corpo cilíndrico, algo deprimido, de cor verde olivácea escura, e viven nas augas doces limpas de zonas calcarias. Destacan:
  • Cangrexo denticulado. Crustáceo decápodo braquiúro da familia dospirimélidos (Pirimela denticulata), moi semellante ao cangrexo común, pero de menor tamaño (non pasa dos 2,5 cm) e caracterizado por ter na zona frontal tres lóbulos, o mediano máis longo que os laterais e polos quelípodos (iguais) menos desenvolvidos que enCarcinus maenas. Vive enterrado na area, en augas de entre 30 cm e 1 m de profundidade, no Atlántico oriental, desde Noruega até o Senegal, e no Mediterráneo.
  • Cangrexo dos coqueiros. Crustáceo decápodoanomuro da familia doscenobítidos (Birgus latro), de gran tamaño (até 30 cm de lonxitude), con patas moi robustas e abdome ben desenvolvido. Habita nas illas de coral dos océanos Índico e Pacífico, e é de costumes terrestres: constrúe os seus tobos entre as rochas e gabea aos coqueiros para cortar os cocos, dos que se alimenta, cos seus fortes quelípodos.
  • Cangrexo ermitán. É o nome co que se coñecen oscrustáceosanomuros da superfamilia dospaguroideos, que teñen en común o uso decunchas decaracois mariños para cubrir o seupleon (abdome), que é máis brando que o doutros cangrexos. Só a parte dianteira (ocefalotórax) está cuberta por unexoesqueleto ríxido. O abdome está enroscado para que poida coller dentro da cuncha; ademais, as súas pinzas epatas marchadoras lles permiten bloquear a entrada. A especie máis coñecida enGalicia éPagurus bernhardus.
  • Cangrexo peludo. Crustáceo decápodo braquiúro da familia dosdromíidos (Dromia personata) de até 8 cm, coa casca lixeiramente máis ancha que longa, e empenado, con todo o corpo, incluídas as patas, cuberto de finos pelos de cor parda escura, resaltando os extremos das pinzas, glabros, de cor rosa brillante. Vive sobre a area e as costas rochosas, no Atlántico, até o canal da Mancha, e no Mediterráneo. V.Dromia.
  • Cangrexo porcelana. Nome común dos crustáceos decápodos anomuros da familia dosporcelánidos pertencentes ao xéneroPorcellana, que semellan pequenos braquiúros, co abdome pequeno, dobrado baixo a casca, pero co último par de patas diminuto, e antenas moi desenvolvidas. Nas nosas augas atópanse dúas especies, o cangrexo porcelana liso e o peludo, ambos de moi pequeno tamaño.
  • Cangrexo porcelana liso. Crustáceo decápodo anomuro da familia dos porcelánidos (Pisidia longicornis =Porcellana longicornis), de tan só 0,6 cm de lonxitude, coloración parda avermellada, casca de forma de cadrado arredondado, coas antenas máis longas que este, e os quelípodos moi desenvolvidos e relativamente delgados. Vive baixo as pedras e nos rizoides de algas do xéneroLaminaria, na franxa e na zona infralitorais, no Atlántico, até o mar do Norte, e no Mediterráneo.
  • Cangrexo porcelana peludo. Crustáceo decápodo anomuro da familia dos porcelánidos (Porcellana platycheles), de 1,2 cm de lonxitude,casca plana e arredondada, cos quelípodos moi desenvolvidos (duns 2 cm) e as patas peludas. Habita baixo as pedras, entre a lama, desde a zona mediolitoral á infralitoral, no Atlántico e no Mediterráneo.
  • Cangrexo real. Crustáceo decápodo braquiúro da familia dosxeriónidos (Chaceon affinis =Geryon affinis), de cacho hexagonal, máis largo que longo (de 10 a 19 cm de largo), con cinco dentes pouco desenvolvidos nos bordos anterolaterais, quelípodos algo desiguais, moderadamente grosos, e patas marchadoras longas. Especie profundícola, distribúese polo Atlántico oriental, desde Islandia ata as Canarias e Azores, polo Atlántico occidental e polo Índico. Abunda nobanco de Galicia, a 110 millas ao O deFisterra, a 700 m de profundidade, comercializándose desde hai poucos anos.
  • Cangrexo violinista. Nome común dos crustáceos decápodos braquiúros da familia dosoccipódidos pertencentes ao xéneroUca, de até 4 cm de anchura e caracterizados polo seu dimorfismo sexual: os machos adoitan presentaren cores rechamantes e o quelípodo dereito moi desenvolvido, cunha pinza enorme, mentres que as femias son de cores discretas e coas dúas pinzas do mesmo tamaño. Habitan nas praias dos mares cálidos, destacandoUca dussumeiri, de coloración gris e pinzas amareladas;U. gaimardi, de cor negra avermellada;U. lactea, con manchas brancas e negras, todos eles da rexión indopacífica, eU. tangeri, de África occidental, que chega na súa distribución ás praias portuguesas doAlgarve.

Galería

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Cangrexo".Real Academia Galega. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  2. "Caranguexo".Real Academia Galega. Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  3. "Cangrexo".Portal das Palabras. Consultado o 23 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  CangrexoModificar a ligazón no Wikidata
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  Cangrexo

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cangrexo&oldid=6598419»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp