Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cangas, Foz

Coord.:43°37′47″N7°20′05″O / 43.629722222222,-7.3347222222222
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Cangas.
Cangas
Vista da igrexa parroquial
ConcelloFoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°37′47″N7°20′05″O / 43.629722222222,-7.3347222222222
Área9,25 km²
Poboación796 hab. (2020)
Densidade86,05 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Cangas é unha parroquia do concello deFoz, naprovincia de Lugo, cunha superficie de 9,25 km². Segundo oInstituto Galego de Estatística en2017 tiña 813 habitantes (411 mulleres e 402 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano1999 cando tiña 877 habitantes.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Cangas está situada no extremo noroccidental do concello de Foz, nunha zona limitada ao Sur pola parroquia de Cordido deste mesmo concello, ao leste pola parroquia de Nois (concello de Foz), ao Norte polomar Cantábrico e ao oeste polo concello deBurela.

O territorio parroquial sitúase no val inferior dorío Moucide, que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura noCantábrico na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m no denominadoPico do Pelobrinco, nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura dapraia da Areoura.

Economía

[editar |editar a fonte]

Aínda que situada no concello deFoz, a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila deBurela, no concello homónimo, da que dista ao redor 3 quilómetros (8 km da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados nosector terciario (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas próximas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica dealumina ealuminio que a multinacionalAlcoa ten enSan Cibrao. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Galería de imaxes de Foz.
  • Parroquia de Cangas.
    Parroquia de Cangas.
  • Portiño de San Pedro.
    Portiño de San Pedro.
  • Praia das Polas
    Praia das Polas
  • Pena Orxal
    Pena Orxal
  • Cangas desde o Coto do Faro.
    Cangas desde o Coto do Faro.

Lugares e parroquias

[editar |editar a fonte]

Lugares de Cangas

[editar |editar a fonte]
Lugares da parroquia de Cangas no concello deFoz (Lugo)

As Abelairas |Alamparte |As Lagas |A Ribela |Vilachá |Vilamor |Vilasindre

Parroquias de Foz

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Lugo | Parroquias deFoz

Cangas (San Pedro) |Cordido (San Xiao) |Fazouro (Santiago) |Foz (Santiago) |Nois (San Xiao) |San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) |Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) |Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) |Vilaronte (San Xoán)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Árbores senlleiras"(PDF).cmatv.xunta.gal. Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Consultado o 16/1/2019. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cangas,_Foz&oldid=6925587»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp