Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Canela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Canela (homónimos).
Paus de canela e canela en po
Canela
Valor nutricional por 100 g
Enerxía247 kJ (59 kcal)
80.6 g
Azucres2.2 g
Fibra alimentaria53.1 g
1.2 g
4 g
VitaminasCantidade
Vitamina A equiv.
2%
15 μg
Tiamina(B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina(B2)
3%
0.04 mg
Niacina(B3)
9%
1.33 mg
Vitamina B6
12%
0.16 mg
Ácido fólico(B9)
2%
6 μg
Vitamina C
5%
3.8 mg
Vitamina E
15%
2.3 mg
Vitamina K
30%
31.2 μg
MineraisCantidade
Calcio
100%
1002 mg
Ferro
64%
8.3 mg
Magnesio
17%
60 mg
Fósforo
9%
64 mg
Potasio
9%
431 mg
Sodio
1%
10 mg
Cinc
19%
1.8 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga10.6 g

As porcentaxes son aproximadas empregando arecomendación de US para os adultos.
Fonte:Base de datos USDA Nutrient

Acanela é unhaespecia que se tira dacodia interna desecada, extraída pelando as pólas dacaneleira (Cinnamomum zeylanicum ouCinnamomum verum), unha árbore procedente daSri Lanka. Emprégase en pau ou moída (en po). En Galiza emprégase moito para adubar a típicasobremesa dearroz con leite.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome científico e o nome vulgar eninglés: cinnamon derivan do vocábulogregokínamon.

O nome galegocanela, vén dofrancés:canelle (cana pequena).

Localización

[editar |editar a fonte]

Na actualidade cultívase ademais de enSri Lanka, naIndia, no sur daChina,Madagascar e noBrasil.

Emprego

[editar |editar a fonte]

Moída emprégase nas sobremesas, pasteis, doces etc.; e en rama emprégase para adornar e sazonar algúns pratos. O uso do té de canela (producido ao ferver as pólas da canela en auga até obter ainfusión, engadindoazucre) está moi estendido enMéxico e nas zonas de influencia mexicana, como o sur dosEstados Unidos e América Central, chegando a competir con outras bebidas quentes, como ocafé e ochocolate. Cómpre resaltar que o té se prepara coa variedade de Sri Lanka.

Tamén é un ingrediente de moitassalsas,curry e outros pratos de oriente, onde se empregan as variedades de Sri Lanka e a China, ademais do po e as follas da caneleira.

En Galiza emprégase moito para adubar oarroz con leite, sobremesa moi tradicional.

Beneficios medicinais

[editar |editar a fonte]

A canela é empregada dende a antigüidade naEspaña rural para inducir o sono ós nenos, tanto en infusións como fumado. Foi un relaxante que empregaban as nais rurais para durmir ós nenos á hora de ir traballar ao campo. Tamén foi común o seu uso nas mulleres cando tiñan atrasos namenstruación[Cómpre referencia].

Outros dos beneficios medicinais que proporciona a canela é que cando existen abrasións nalingua por comer ou tomar cousas quentes, a barra de canela serve para sedar a dor e cicatrizar as papilas gustativas.

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]

Ficha da canela en Infojardín.com(en castelán)

Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Canela&oldid=6401781»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp