Bergen naceu o 9 de maio de 1946 noHollywood Presbyterian Hospital[1] nosÁnxeles. A súa nai,Frances Bergen (de solteira Westerman), fora unha modelo dePowers coñecida profesionalmente como Frances Westcott.[2] O seu pai,Edgar Bergen, era un famosoventrílocuo, cómico e actor. Os seus avós paternos eras inmigrantes suecos que anglicanizaron o seu apelidos, orixinariamente Berggren.
Comezou a aparecer no programa radiofónico do seu pai con poucos anos,[5] e en 1958, con once anos, apareceu co seu pai no programa deGroucho MarxYou Bet Your Life, como Candy Bergen. Dixo que cando crecese quería deseñar roupa. Posteriormente asistiu áUniversidade de Pensilvania, mais como logo recoñeceu non tomou a súa educación en serio e tras suspender dous cursos sobre arte e ópera, pedíronlle que abandonase. Finalmente recibiu un doutoramento honorífico desta universidade en maio de 1992.[6]
Traballou como modelo antes de dedicarse á interpretación, aparecendo na portada deVogue. Recibiu clases de interpretación noHB Studio[7] de Nova York, comezando no cinema nosanos 60. A pesar das críticas dos seus primeiros filmes, foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria nocinema e aoÓscar á mellor actriz secundaria polo filmeStarting Over.
En 1982, despois do éxito deGandhi, que recibiu oito Óscars, e en que ela fixo o papel da destacada fotógrafaMargaret Bourke-White, unha das poucas occidentais a compartiren a intimidade do líder indio durante a súa vida, Bergen pasou a traballar na televisión, actuando en diversas series. Alcanzou o seu maior éxito coa serieMurphy Brown, en que interpretaba a decidida reporteira televisiva do título, e pola cal recibiu cincopremios Emmy á mellor actriz de comedia.
Activista política, Bergen aceptou unha cita conHenry Kissinger. Durante os seus días de activismo participou nunha bromaYippie cando ela,Abbie Hoffman e outros lanzaron billetes de dólar no chan dabolsa de Nova York en 1967, levando ao seu pechamento temporal. En 1972 participou na recollida de fondos e na organización da campaña presidencial deGeorge McGovern.[8]
Bergen e o seu antigo mozoTerry Melcher viviron no10050 Cielo Drive nosÁnxeles, que posteriormente foi ocupado porSharon Tate e o seu maridoRoman Polanski. Tate e outras catro persoas foron asasinadas na casa o 9 de agosto de 1969 por seguidores deCharles Manson.[9] Houbo especulacións iniciais sobre se Melcher puido ser a vítima prevista,[10] aínda que Melcher, o seu antigo compañeiro de pisoMark Lindsay eVincent Bugliosi indicaron que Manson sabía que Melcher xa non vivía na casa nesa época.[11][12]
Entre 1971 e arredor de 1975, Bergen mantivo unha relación co produtor e guionista de Hollywood Bert Schneider.
O 27 de setembro de 1980, casou co director de cinema francésLouis Malle. Tiveron unha filla, chamada Chloe Françoise, en 1985. A parella estivo casada ata o pasamento de Malle por cancro o día de acción de grazas de 1995.[13] Bergen fala francés con fluidez.
Está casada co magnate inmobiliario e filántropo neoiorquino Marshall Rose[14] dende 2000.
↑"So when I was born, it was only natural that I was known in the press not as Candice Bergen, but as "Charlie's sister."" (Bergen, "My Dad, Charlie and Me' in Jack Canfield,et al.,A Second Chicken Soup for the Woman's Soul 1998:36
↑"Bergen & McCarthy 55-12-25 Christmas (Guest Candice Bergen)", listed on Golden Age OTR's playlist on Live365.com