Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Illas Canarias

Coord.:28°00′N15°45′O / 28,-15.75
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Canarias»)
Modelo:Xeografía políticaIllas Canarias
Islas Canarias (es)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno de Canarias (28 de abril de 2003)Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 28°00′N15°45′O / 28,-15.75
EstadoEspañaEditar o valor en Wikidata
CapitalSanta Cruz de Tenerife
As Palmas de Gran CanariaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.228.862(2024)Editar o valor en Wikidata (299,3hab./km²)
Lingua oficiallingua casteláEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie7.447 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoTeide (3.715 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoocéano Atlántico Norte (0 m)Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación10 de agosto de 1982Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAngel Victor Torres PerezEditar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento das Canarias ,(Escano: 60)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalCNEditar o valor en Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.icEditar o valor en Wikidata
Código de paísICEditar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ES-CNEditar o valor en Wikidata
Código NUTSES7Editar o valor en Wikidata

Sitio webgobiernodecanarias.orgEditar o valor en Wikidata
BNE: XX450541

AsCanarias[1] son unarquipélago doAtlántico, unha das dezasetecomunidades autónomas deEspaña e unha dasrexións ultraperiféricas daUnión Europea.[2] Está formada por oito illas:El Hierro,La Gomera,La Palma eTenerife, que forman aprovincia de Santa Cruz de Tenerife; eFuerteventura,Gran Canaria,Lanzarote eLa Graciosa, que forman aprovincia das Palmas. Tamén fan parte das Canarias os illotes deshabitados deAlegranza,Montaña Clara,Roque del Este eRoque del Oeste, que forman xunto coa illa deLa Graciosa oArquipélago Chinijo, e aIlla de Lobos, todos eles pertencentes áprovincia das Palmas.

O arquipélago está situado fronte á costa noroeste deÁfrica, entre as coordenadas 27º 37' e 29º 25' delatitude norte e 13º 20' e 18º 10' delonxitude oeste, situación que implica unhadiferenza dunha hora entre as Canarias e o resto deEspaña. A illa de Fuerteventura dista uns 95 km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1 400 km[3] os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas éoccidental, a medio camiño entre Europa eLatinoamérica.

As illas, de orixevolcánica, son parte da rexión natural daMacaronesia xunto cos arquipélagos deCabo Verde, OsAzores,Madeira eSalvaxes. O seu clima ésubtropical, aínda que modificado pola altura e avertente norte ou sur. Esta variabilidade climática xera unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística exeolóxica, xustifica a existencia nas Canarias de catroparques nacionais[4] e que varias illas sexanreservas da biosfera daUNESCO.[5] Estes atractivos naturais, o bo clima e aspraias fan das illas un importante destinoturístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11 986 059 en2007, destacando un 29% debritánicos, 22% españois peninsulares e un 21%alemáns).[6]

A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades:Santa Cruz de Tenerife eAs Palmas de Gran Canaria[7]; a sede do Presidente doGoberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. OParlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede daDelegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existendeputacións provinciais como no resto deEspaña, sendo cada illa gobernada polo seu respectivoCabido, excepto as illas e illotes doArquipélago Chinijo, os cales son gobernados poloCabido de Lanzarote, e aIlla de Lobos, gobernada poloCabido de Fuerteventura.

Historia

[editar |editar a fonte]

As illas Canarias eran habitadas desde antes daconquista europea polosguanches. O termoguanche era o xentilicio dos habitantes da illa deTenerife, pero máis tarde foi empregado para referirse a todos os habitantes orixinais do arquipélago. Eran un pobo antigo, relacionado cosbérberes do norte deÁfrica. Non se coñecen os detalles precisos da colonización das illas, pero as teorías máis aceptadas suxiren que estas poboacións foron traídas polos fenicios e romanos. As principais actividades económicas destas persoas eran de pasto, cultivo, colleita de froitas e de peixes ao longo da costa.

Noséculo XIV, as illas foron descubertas por monarquías e estados feudais enEuropa. Foron varias as visitas demallorquinos,portugueses exenoveses. O navegante xenovésLanceloto Malocello estableceuse na illa deLanzarote en1312. Os mallorquinos estableceron unha misión nas illas (logo do viaxe deFrancesc Desvaler), cun bispo, que permaneceu de1350 ata1400 e do que proceden algunhas imaxes de virxes que eran adoradas polos guanches. Durante os seguintes cincuenta anos, co permiso papal e o apoio da coroa castelá, varias expedicións foron organizadas para os escravos, peles, e colorantes.

1402 é considerado o ano do inicio da conquista das illas coa expedición aLanzarote dosnormandosJean de Bethencourt eGadifer de la Salle, sen intervención directa da Coroa de Castela mais si indirecta por medio de pactos de vasalaxe. Dada a difícil orografía, a falta de interese comercial e a resistencia dos nativos, a conquista non foi rematada ata1496, cando se renderon os últimos nativos deTenerife, e as illas foron incorporadas á coroa. A conquista das Canarias, que durou case 100 anos, foi o precedente da conquista doNovo Mundo.

Cando se completou a conquista das illas, impúxose un novo modelo económico baseado no monocultivo, a cana de azucre en primeiro lugar. Nesta época creáronse as primeiras institucións e órganos gobernamentais. Co descubrimento deAmérica e a posterior conquista, as illas convertéronse nun punto de parada para rutas de comercio conAmérica,África e aIndia, o porto deSanta Cruz de la Palma chegou a ser un dos portos máis importantes doImperio Español, e isto foi acompañado dunha gran prosperidade de determinados sectores da sociedade nas Illas. A crise do monocultivo doséculo XVIII e a independencia das colonias americanas durante oséculo XIX produciron graves crises económicas. Tras a crise económica sufrida polo arquipélago, houbo grandes ondas de emigración para asAméricas.

A principios doséculo XX introduciuse o monocultivo dabanana nas Canarias, e grandes empresas comoFyffes controlaron a súa exportación. A rivalidade entre as elites das cidades deSanta Cruz de Tenerife eAs Palmas de Gran Canaria pola capitalidade das illas levou á división daprovincia das Canarias en dúas provincias en1927.

Tras a morte deFrancisco Franco e do establecemento dun sistema democrático de monarquía constitucional realizouse unEstatuto de Autonomía, aprobado en1982. Canarias é actualmente regulada polaCoalición Canaria, pero é unha minoría no Parlamento.

Illas

[editar |editar a fonte]
Mapa das Illas Canarias

Xeografía

[editar |editar a fonte]
OTeide enTenerife, é con 3.718 metros sobre o nivel do mar, o punto máis alto de España.
Montañas de maior altitude en cada unha das illas
PicoAltitudeIlla
Teide3.718 metrosTenerife
Roque de los Muchachos2.426 metrosLa Palma
Pico de las Nieves1.949 metrosGran Canaria
Pico de Malpaso1.500 metrosEl Hierro
Garajonay1.487 metrosLa Gomera
Pico de la Zarza812 metrosFuerteventura
Peñas del Chache670 metrosLanzarote
Caldera de Alegranza289 mAlegranza
Las Agujas266 mLa Graciosa
La Mariana256 mMontaña Clara

Canarias é un arquipélagovolcánico moi recente xeoloxicamente, cuns 30 millóns de anos de antigüidade. Os seus grandes edificios volcánicos apóianse sobre grandes bloques dacodia oceánica, e na zona de contacto coa codia continental africana. A disposición das illas reflicte a rede defallas presentes na codia oceánica.

A historia xeolóxica das illas é moi complexa. Atópanse varias fases de coadas de lavas que dan un típico relevo volcánico. Durante as grandesglaciacións, as Canarias tiveron un clima máis árido que favoreceu a erosión e a aparición de derrubas nas ladeiras e os barrancos.

As costas son as máis expostas ao ímpeto da erosión, debido á actividade mariña. Hai moi poucas zonas de acumulación, o que supón a existencia de moi poucaspraias naturais. Predominan os grandescantís. É destacable que Canarias é a rexión española con maior lonxitude de costas: 1.583 km.

Os barrancos son moi característicos das Illas Canarias: trátase da canle esporádica por onde se dirixen as augas correntes das illas. O seu percorrido é curto, e xeralmente teñen un perfil rectilíneo moi marcado. A súa canle está tapizada de derrubas arrastradas polas augas.

Clima

[editar |editar a fonte]
Canarias afectada polo po en suspensión procedente dodeserto do Sáhara, fenómeno coñecido comocalixe ou po en suspensión.

O clima ésubtropical oceánico, con temperaturas mitigadas todo o ano polo mar e no verán polosventos alisios. Danse variacións moi importantes en canto ao réxime de precipitacións. Nalgunhas zonas da illa deLa Palma, por exemplo, as precipitacións anuais chegan a superar os 1.200 litros. Nas illas orientais as precipitacións son máis escasas que nas occidentais; asíFuerteventura eLanzarote caracterízanse por unclima áridosemidesértico. A escaseza de choiva levou á instalación de desalgadoras para abastecer zonas urbanas, como nasPalmas de Gran Canaria ouSanta Cruz de Tenerife. De feito, a primeira planta desalgadora de España instalouse na illa deLanzarote en1964, e na actualidade esta illa eFuerteventura abastécense totalmente de auga do mar desalgada.[8]

A porosidade do terreo, dada a súa natureza volcánica, dificulta o aproveitamento da auga da choiva en presas e encoros, aínda que estas teñan certa importancia enGran Canaria eLa Gomera. Nas illas occidentais lévase a cabo un aproveitamento dos acuíferos subterráneos a través dasgalerías, fóra da illa deEl Hierro, onde son máis importantes ospozos ealxibes. Unha característica dalgúns lugares das illas é a presenza de montañas preto da costa que provocan que as masas de aire se condensen, dando lugar ao fenómeno coñecido comomar de nubes, e xa que logo, o beneficio da vexetación da zona debido áhumidade. Con todo, debido aos microclimas existentes nunha mesma illa, pódense atopar zonas onde aparecen bosques húmidos e outras zonas onde a aridez é a característica principal.

Os ventos adoitan soprar con maior frecuencia do nordés, e aínda que non adoitan deixar precipitacións, reportan humidade ás zonas orientadas cara a alí, formándose o devandito mar de nubes nas zonas medias e altas. Os ventos do levante,siroco, adoitan ir acompañados de calixe, po en suspensión procedente do deserto doSáhara que alcanza ás veces unha gran densidade.

As Illas carecen de ríos aínda que osbarrancos son numerosos e as augas discorren rapidamente desde as zonas altas ata as costas. A pesar diso existen algunhas correntes continuas de auga enLa Palma,La Gomera,Tenerife eGran Canaria.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Puerto del Rosario, capital deFuerteventura.

A densidade de poboación nas illas é de 284,48 hab/km², cifra máis de tres veces superior á media española.Tenerife eGran Canaria albergan máis do 80% da poboación total do arquipélago. Houbo historicamente unha forte migración interior desde as illas menos poboadas ás da capital, así como outra exterior en dirección a América (sobre todo, aCuba,Porto Rico eVenezuela). A poboación é na súa práctica totalidade de raza branca ou caucásica.

A pesar do forte crecemento da natalidade rexistrado na década de 1960, que debuxou unha pirámide da poboación moi nova nos anos 80 (a poboación menor de 30 anos achegábase entón á metade da poboación total), as menores taxas de fecundidade nos últimos anos sinalan un proceso de envellecemento. Este fenómeno está sendo parcialmente compensado polo auxe da inmigración, que fixo das Canarias destino de moitos traballadores de servizos e da construción procedentes doutras comunidades autónomas deEspaña, así como de escandinavos xubilados (establecidos todo o ano ou só no período invernal), latinoamericanos (provenientes na súa maioría deColombia,Cuba,Venezuela e aArxentina),marroquís e persoas daÁfrica subsahariana.[9]

San Sebastián de la Gomera, capital deLa Gomera.

Segundo o censo de 2009, a poboación das Canarias ascende a 2 118 519 habitantes. Naprovincia das Palmas hai 1 090 605 persoas; na deSanta Cruz de Tenerife, 1 027 914 habitantes. A densidade da poboación en ambas as provincias é de 304,03 en Santa Cruz de Tenerife e 268,23 nas Palmas. O municipio con maior número de habitantes éAs Palmas de Gran Canaria (383.308 habitantes), seguido deSanta Cruz de Tenerife (222.643 habitantes),San Cristóbal de la Laguna (152.222),Telde (100.900),Arona (79.377) eSanta Lucía de Tirajana (64.845).

Poboación por illas

[editar |editar a fonte]

Segundo datos doINE a data de xaneiro de2008

Cidades das Illas Canarias

[editar |editar a fonte]
ListaxeCidadeIllaPob.ListaxeCidadeIllaPob.

As Palmas de Gran Canaria

Santa Cruz de Tenerife

San Cristóbal de la Laguna
1As Palmas de Gran CanariaGran Canaria379.92511La OrotavaTenerife42.029
2Santa Cruz de TenerifeTenerife207.31212Puerto del RosarioFuerteventura40.753
3San Cristóbal de la LagunaTenerife157.50313ArucasGran Canaria38.138
4TeldeGran Canaria102.64714Los RealejosTenerife36.402
5AronaTenerife81.21615AgüimesGran Canaria31.619
6Santa Lucía de TirajanaGran Canaria73.32816IngenioGran Canaria31.321
7ArrecifeLanzarote62.98817Puerto de la CruzTenerife30.468
8San Bartolomé de TirajanaGran Canaria53.44318CandelariaTenerife27.985
9Granadilla de AbonaTenerife50.14619La OlivaFuerteventura26.580
10AdejeTenerife47.86920GáldarGran Canaria24.242
Censo 2019[10]

Organización territorial

[editar |editar a fonte]

Canarias está formada por dúas provincias, aprovincia das Palmas e aprovincia de Santa Cruz de Tenerife, creadas en1927 ao dividirse a Provincia das Canarias, que desde1833 incluía todo o arquipélago, con capital na cidade deSanta Cruz de Tenerife.

Pola súa parte, cada provincia está formada por illas que funcionan como entidades políticas con administración propia e gobernadas cada unha delas por un goberno local chamadocabido insular. A única illa habitada que non ten administración propia éLa Graciosa, que está agregada administrativamente ao municipio deTeguise da illa deLanzarote e está gobernada polocabido desta illa. Os membros políticos dos distintos municipios, dos cabidos e doGoberno das Canarias son elixidos porsufraxio universal directo dos cidadáns de cada unha das oito illas.

Á súa vez, cada illa está dividida en municipios. No total, Canarias ten 88 municipios.

Mapa municipal das Canarias.
IllaBandeiraEscudoCapitalÁrea (Km²)Poboación (2010)
El HierroValverde268,7110.960
FuerteventuraPuerto del Rosario1.659,74103.492
Gran CanariaAs Palmas de Gran Canaria1.560,10845.676
La GomeraSan Sebastián de la Gomera369,7622.776
LanzaroteArrecife845,94141.437
La PalmaSanta Cruz de la Palma708,3287.324
TenerifeSanta Cruz de Tenerife2.034,38906.854

Economía

[editar |editar a fonte]
Cultivos enLa Geria,Lanzarote.

A economía está baseada no sector terciario (74%), principalmente turismo, o que propiciou o desenvolvemento da construción. O turismo comezou nos anos 60 cosescandinavos, despois chegaron osalemáns e osingleses, que forman a maioría do turismo, cuxa tempada forte é a invernal.

A industria é escasa, basicamente agroalimentaria,tabaqueira e de refinamento depetróleo (a refinaría deSanta Cruz de Tenerife é a maior deEspaña). Tras a ocupación doSáhara Occidental por parte deMarrocos, as industrias de conservas e salgadura de peixe desapareceron.

Só está cultivado o 10% da superficie, sendo de secaño a maioría (cebada,trigo,vide epataca), e de regadío unha minoría (plátanos etomates), orientados ao comercio co resto de España e coaUnión Europea. Aínda que nun primeiro momento Canarias quedou fóra da Unión Aduaneira daComunidade Económica Europea, este réxime de liberdade comercial imposibilitou a subvención da produción agrícola de tomates e plátanos porque non lle era aplicable a PAC (Política Agraria Común), por iso pediuse e obtivo o cambio a un modelo de integración plena, co establecemento dun arbitrio á importación de mercancía e unIVE diminuído, oIGIC.

Entre as especificidades fiscais das Canarias está aReserva para Investimentos nas Canarias (RIC), que diminúe da base impoñible doImposto de Sociedades (IS) ata o 90% do beneficio non distribuído (80% no caso de profesionais que deben tributar poloImposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) polo importe da dotación á reserva, que debe investirse no prazo de tres anos desde a dotación. Así mesmo, existe unhaZona Franca, denominadaZona Especial Canaria (ZEC), onde as empresas implantadas tributan ao 4% do IS.

Iniciouse tamén a exportación de froitas tropicais (piñas,mangas e outros cultivos de invernadoiro) e flores. A gandería, principalmente caprina e bovina, é escasa, tras sufrir un importante retroceso nas últimas décadas. Era a segunda rexión pesqueira de España pero o sector pesqueiro foi a pique logo da ocupación do Sáhara por Marrocos e das duras condicións para faenar nas augas saharauís.

O sector da construción é o que maior crecemento achegou no último decenio, pero afronta actualmente un ciclo recesivo.

Turismo

[editar |editar a fonte]
OParque Nacional do Teide, enTenerife, é o segundo máis visitado do mundo.

Canarias constitúe a terceira rexión española que maior número de turistas estranxeiros recibe, por detrás deCataluña eBaleares. Canarias recibe máis de 9,6 millóns de turistas estranxeiros anualmente. Neste aspectoTenerife, segundo os datos achegados porAENA é o principal destino turístico nas illas, co 37% do total, séguelleGran Canaria cun 31% e logoLanzarote eFuerteventura cun 16,28% e un 13,30% respectivamente.La Palma mantense na proporción superando o 1,3%. Os principais turistas que visitan as illas proveñen do norte de Europa, principalmente doReino Unido eAlemaña.[11][12][13]

As localidades da costa son as que máis turistas reciben, destacanPuerto de la Cruz eLos Cristianos enTenerife,Maspalomas ePlaya del Inglés enGran Canaria, así como as principais cidades e oParque Nacional do Teide.Tenerife,Gran Canaria,Lanzarote eFuerteventura reciben entre dous e cinco millóns de visitantes cada ano, mentres queLa Palma,La Gomera eEl Hierro son as illas menos visitadas, con pouco máis de 300.000 cada ano.

Relixión

[editar |editar a fonte]
Basílica da Nosa Señora da Candelaria, patroa das Canarias, enTenerife.

Do mesmo xeito que ocorre no resto deEspaña, a sociedade canaria é maioritariamentecristiá, principalmentecatólica, aínda que o nivel de práctica relixiosa é dos máis baixos de España. No entanto, as crecentes correntes migratorias (turismo, inmigración etc.) están incrementando o número de fieis doutras relixións que se encontran nas illas, como:musulmáns,hindús etc.

Canarias está dividida en dúas dioceses católicas, cada unha gobernada por un bispo:

Transportes

[editar |editar a fonte]

Transporte terrestre

[editar |editar a fonte]
Fachada doaeroporto de Gran Canaria (Gando).

As comunicacións interiores son por estrada.Gran Canaria eTenerife dispoñen dun sistema de autovías e autoestradas, hai dous tramos enLanzarote e está en construción unha autovía enFuerteventura.

Non existen vías de tren, excepto oTranvía de Tenerife, cuxa liña 1, que uneSanta Cruz de Tenerife conSan Cristóbal de la Laguna, entrou en servizo o2 de xuño de2007. Actualmente xa conta con dúas liñas.[14] Ademais están en proxecto tres traxectos que se estima que a partir de 2016 unirían, por unha banda en Gran Canaria,As Palmas conMaspalomas[15] e doutra banda en Tenerife,Santa Cruz conLos Cristianos[16] a través doTren do Sur e conLos Realejos grazas aoTren do Norte.

Transporte aéreo

[editar |editar a fonte]

Entre as illas pódese viaxar en avión, con liñas regulares operadas polas compañíasBinter Canarias eIslas Airways.

Desde aPenínsula Ibérica e o resto deEuropa utilízase maioritariamente o avión regular echárter. Hai tamén unha liña marítima de frecuencia semanal conCádiz e outra conFunchal, Madeira, ademais dunha próxima conHuelva.[17] Canarias é a comunidade autónoma con máis aeroportos abertos ao tráfico comercial civil (oito), por orde de importancia:

No total, as Canarias rexistran un movemento de 16 874 532 pasaxeiros de entrada a través dos seus oito aeroportos. As dúas illas da capital (Tenerife e Gran Canaria) son as que rexistran maior afluencia de pasaxeiros; Tenerife con 6 204 499 pasaxeiros e Gran Canaria con 5 011 176 pasaxeiros.[18]

Transporte marítimo

[editar |editar a fonte]

Entre as illas hai varias liñas marítimas detransbordador e mais transbordador rápido oucatamarán, das compañíasFred Olsen eNaviera Armas. As importacións e exportacións realízanse tamén principalmente por vía marítima. As illas contan cun réxime especial fiscal dentro da Unión Europea (rexións ultraperiféricas).

Goberno e política

[editar |editar a fonte]
Parlamento das Canarias, enSanta Cruz de Tenerife.
Goberno das Canarias, sede dasPalmas de Gran Canaria.

Canarias constituíuse en1982 enComunidade Autónoma deEspaña mediante a Lei Orgánica 10/1982, de10 de agosto, deEstatuto de Autonomía das Canarias. O Estatuto estabelece que os poderes da Comunidade se exercen a través doParlamento (unicameral, exerce o poder lexislativo), oGoberno (que exerce o poder executivo) e o seu presidente. Ademais, cada illa maior ten a súa propia administración en forma deCabidos insulares.

OParlamento das Canarias, con sede en Santa Cruz de Tenerife, está formado por 60 deputados autonómicos elixidos por sufraxio universal. Tenerife e Gran Canaria elixen 15 deputados cada unha; La Palma e Lanzarote, 8 cada unha; Fuerteventura elixe 7 deputados, e La Gomera e El Hierro, 4 e 3 deputados respectivamente. As súas funcións son a elaboración de leis que afecten á Comunidade, a aprobación dos orzamentos autonómicos, o control do goberno rexional, o nomeamento dos senadores que corresponden a Canarias (que se unen aos elixidos directamente polos cidadáns en cada circunscrición insular) etc.

A IX Lexislatura do Parlamento das Canarias comezou o 23 de xuño de 2015 coa celebración da sesión constitutiva da cámara, onde tomaron posesión os 60 parlamentarios electos naseleccións do 24 de maio do mesmo ano.

Grupos parlamentarios e agrupacións no Parlamento das Canarias
NomePartido(s)LogotipoVoceiroLíder autonómicoEscanos
G.P. Nacionalista CanarioCC-PNCJosé Miguel Ruano LeónFernando Clavijo Battle16
G.P. Socialista CanarioPSOE-PSCIñaki Álvaro LavanderaJosé Miguel Pérez15
G.P. PopularPartido PopularMaría Australia Navarro de PazAsier Antona Gómez12
G.P. PodemosPodemosNoemí Santana PereraMeri Pita Cárdenes7
G.P. Nueva CanariasNueva CanariasRomán Rodríguez RodríguezRomán Rodríguez Rodríguez5
Grupo MixtoASGCasimiro Curbelo CurbeloCasimiro Curbelo Curbelo3
Agrupación Herreña Independiente*AHIJosé Miguel Ruano LeónTomás Padrón Hernández2
  • Os deputados da Agrupación Herreña Independiente están integrados no G.P. Nacionalista Canario.

OGoberno das Canarias, con sede en Tenerife e Gran Canaria, exerce o poder executivo e está integrado polo presidente (máxima autoridade política da comunidade) e os conselleiros que se achan á fronte das distintas consellerías. Desde 2007, o presidente do goberno canario éFernando Clavijo, de Coalición Canaria, grazas a un acordo coPSOE.

Outras institucións

ODeputado do Común do Parlamento das Canarias, radicado enSanta Cruz de la Palma, é o Defensor do Pobo canario. Trátase dun alto comisionado designado polo Parlamento das Canarias, cuxo fin é defender osdereitos e liberdades constitucionais dos cidadáns canarios. OConsello Económico e Social das Canarias, con sede nas Palmas de Gran Canaria, é o órgano consultivo do Parlamento e do Goberno das Canarias en materia socioeconómica e laboral. AAudiencia de Contas das Canarias, situada en Santa Cruz de Tenerife, é o órgano fiscalizador das contas e da xestión económica do sector público canario. OTribunal Superior de Xustiza das Canarias é o máximo órgano xurisdicional das Canarias, sen prexuízo doTribunal Supremo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracanario.
  2. Article 6 of Council Directive 2006/112/EC of 28 November 2006 (as amended) on the common system of value added tax (OJ L 347, 11.12.2006, p. 1)[1]
  3. Morales Matos, Guillermo (2001)."Las islas Canarias, ¿una región aislada?".BAGE. Boletín de la Asociación Española de Geografía (32): 155–175.ISSN 2605-3322. 
  4. Nuestros parques nacionais de España na web doMinisterio de Medio Ambiente.
  5. [2] Lista deReservas da Biosfera enEuropa eNorteamérica na páxina web daUNESCO. En inglés.
  6. Páxina webArquivado 29 de agosto de 2010 enWayback Machine. doISTAC sobre entrada de turistas en Canarias.
  7. "Estatuto de Autonomía de Canarias na páxina web do Goberno de Canarias". Arquivado dendeo orixinal o 20 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010. 
  8. "Nas illas de Lanzarote e Fuerteventura a desalgamento de auga de mar permite o abastecemento do 100% da poboación residente e turística"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 17 de maio de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  9. [http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2049896 Caracterización da poboación canaria a comezos doséculo XXI. Unha perspectiva da sociedade insular desde a demografía.
  10. INE 2019.
  11. "Coyuntura Turística de Canarias no sitio web oficial do Goberno das Canarias"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de abril de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  12. "Entrada xeral de pasaxeiros aos aeroportos canarios en 2009". Arquivado dendeo orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  13. "Instituto Nacional de Estadística de España". Arquivado dendeo orixinal o 02 de outubro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  14. Tranvía de Tenerife
  15. "O tren de Gran Canaria irá baixo terra pola capital". Arquivado dendeo orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  16. "O Tren do Sur de Tenerife estará operativo en oito anos e xerará máis de mil empregos". Arquivado dendeo orixinal o 21 de maio de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  17. "Primeira liña regular Huelva-Canarias estará operativa en marzo". Arquivado dendeo orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  18. "Entrada nos aeroportos canarios segundo illas". Arquivado dendeo orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Illas CanariasModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illas_Canarias&oldid=6940333»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp