Acana ou cana común (Arundo donax) é unhaespecie de plantaherbácea pertencente á familiaPoaceae. É unha especie común en Galicia.
É unhaplanta semellante aobambú, do que se diferenza porque de cadanó sae unha única folla que envaíña o talo.
Acada os 2–5 m de altura, ten otalo groso e oco. Asfollas lanceoladas son longas de 5–7 cm que envolven o caule a xeito de láminas verdes brillante. Asflores fican nunha granpanícula demazaroquiñas violáceas ou amarelas de 3-6dm de lonxitude. Cada mazaroca ten unha ou dúas flores. A floración acontece a finais do verán e no outono. É a meirande das gramíneas do sur de Europa.
Brañas e lameiros de augas permanentes ou estacionais; sistemas sunares daspraias,sebes etc.As canas esparéxense grazas aosrizomas subterráneos que medran formando grandes colonias de varios quilómetros ao longo dos regueiros ou en illós.
Semella ser orixinaria deAsia, de onde colonizou a área mediterránea e mais o norte deÁfrica dende a antigüidade ao longo dasribeiras egabias de rega. Do Mediterráneo chegaría a Galicia. Tamén está espallada polas Américas. Está incluída na listaxe100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[1] daUnión Internacional para a Conservación da Natureza.
O nome galego cana, vén dolatín:canna. Esta planta tamén recibe os nomes de canaveira, canavela e canivela. Un lugar poboado de canas chámasecanedo oucanaval.
O nome xenéricoArundo era o nome da cana nolatín antigo. O nome específico:donaxé un termo latino egrego dunha especie de cana, que en principio se usara como nome xenérico, mais que resultou sinónimo deArundo.
Serve de protección á fauna especialmente en zonas áridas, por ser moitas veces a única vexetación mesta dispoñíbel. Moitas especies de aves, aniñan ou dormen nos canavais.
Emprégase como guía das plantas e coma soporte ou trabes nas viñas, onde se atan asvides.
Tamén se emprega para a produción de lingüetas para os instrumentos de vento (simple (clarinete esaxofón) e dupla (óboe efagot).Tamén para fabricar instrumentos de vento coma oney doOriente Medio ou afrauta de pan, entre outros instrumentos tradicionais.
Utilizouse comadiurético e para diminuír a produción de leite (antigalactogogo). Por vía externa úsase para evitar a caída do cabelo. O consumo excesivo pode producir hipotensión e depresión respiratoria.
A canaArundo donax produce máisbiomasa porhectárea que calquera outra planta de biomasa coñecida, á parte dobambú. Esta planta recoñécese dende hai tempo como importante produtora de biomasa industrial xa que pode cultivarse nunha ampla variedade de tipos de solos e condicións climáticas. Acada a madureza (15 a 25pés) en aproximadamente un ano, e pode ser colleitada, dependendo do clima, dunha a tres veces ao ano. Ademais produce unha media de 25 toneladas de fibra de alta calidadade poracre dúas veces ao ano. Ademais cómpre salientar que pode ficar o cultivo no mesmo terreo uns 20 ou 25 anos antes de replantar. Non ten grandes necesidades defertilizantes eherbicidas, polo que o custo e o impacto no contorno é baixo.
A partir da cana tamén se fabrican biocarburantes (biodiésel 8000 BTU/lb), grazas á obtención demetanol a partir da difusión gasosa como subproduto na fabricación de celulosa.