| ||||
| Tipo | chine Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Pantón, España,Sober, España,Nogueira de Ramuín, España eParada de Sil, España | |||
| ||||
| Bañado por | Río Sil | |||
| Características | ||||
| Superficie | 5.933,41216 ha | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2006 | |||
Oscanóns do río Sil están situados preto da unión entre orío Sil e orío Miño na zona daRibeira Sacra. Esteespazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos dePantón,Sober,Nogueira de Ramuín eParada de Sil e está declarado comozona especial de conservación (ZEC).[1]
Este tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos encatamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópanse os cultivos das vides daD.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.
A orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nosPeares (109 m) e a altura máxima daPena do Xastre (1.014 m). Conta con encoros como os de Santo Estevo ou San Pedro.
O canón do Sil xorde de procesos tectónicos e non fluviais. Nocuaternario, ó comezar un basculamento da peniplanicie producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques e formando a canle pola que flúe o río Sil.[Cómpre referencia]
O seu clima émediterráneo-húmido. Mostra importantes variacións xa que en áreas das ladeiras de solaina émediterráneo-húmido e nas zonas máis ensombrencidas, como nas veigas e ribeiras de bosque, actúa comoatlántico-superhúmido.
As ladeiras da marxe dereita están orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo davide ensocalcos. Os soutobosques están maioritariamente compostos deonfalodes (Omphalodes nitida),érbedos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea), epiornos (Genista falcata eG. florida polygaliphylla). Nos bosques abundan as árbores ripícolas, como son osbidueiros (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) ou asabeleiras (Coryllus avellana).
As especies piscícolas das augas do Sil que abundan son atroita (Salmo trutta fario), oescalo (Squalius carolitertii) e oespiñento (Gasterosteus aculeatus).
Hai varías especies deréptiles eanfibios, entre os que destacan ara patilonga (Rana iberica), apíntega (Salamandra salamandra), acobra de colar (Natrix natrix) e alagarta brava (Psammodronus algirus).
Entre as aves, están presentes ocorvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), aves de rapina como aaguia caudal (Hieraetus pennatus), aaguia albela (Circaetus gallicus), oabelleiro europeo (Pernis apivorus) ou ofalcón peregrino (Falco peregrinus). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades depapuxa (Sylvia) existentes naGaliza.
Destacan entre osmamíferos omorcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), axeneta (Genetta genetta) ou ogato montés (Felis silvestris).
A xente transformou a paisaxe desta rexión co cultivo da vide en socalcos e a construción de grandesencoros.
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques decastiñeiros cara aomosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seusmuíños e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros daRivoyra Sacrata. Outra posibilidade é ir deSanto Estevo aParadela, volvendo porCerdeiriñas, polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".
O itinerario máis completo (22 km) é o que une pola ribeira sur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo conAstorga e foi durante aIdade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polocatamarán. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra omosteiro de Santa Cristina.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canón do Sil |