Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Campo de concentración de Dachau

Coord.:48°16′12″N11°28′06″L / 48.2699,11.4683
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2022.)
Campo de concentración de Dachau
DachauEditar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Matriz
Datas e cronoloxía
 Fundación
1933Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
22 de marzo de 1933Editar o valor en Wikidata
 Demolición
29 de abril de 1945Editar o valor en Wikidata
 Acontecementos
Localización
 Situado en
 Altitude
478 mEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Redes
BNE: XX453751
Wikidata G:Commons C:Commons
Tropas americanas vixilan a entrada do campo despois da liberación

Ocampo de concentración de Dachau (enalemán:Konzentrationslager (KZ) Dachau) foi o primeirocampo de concentraciónnazi aberto enAlemaña, localizado nos terreos dunha fábrica de municións abandonada preto da cidade medieval deDachau, a 16 km ao noroeste deMúnic, no estado deBaviera. Funcionou entre1933 e1945.

Dachau tivo unha repercusión especial na memoria pública occidental debido a que foi o segundo campo de concentración nazi en ser liberado por forzas británicas ou estadounidenses, e foi dos primeiros lugares amosados a Occidente como proba da brutalidade nazi.

Historia

[editar |editar a fonte]

Dachau foi o primeiro campo de concentración nazi, aberto o22 de marzo de1933, e serviu como prototipo para os que foron construídos máis adiante. En Dachau foron recluídos especialmente aristócratas, intelectuais, políticos e relixiosos. De feito, a maioría dasTestemuñas de Xehová foron recluídos neste campo. En total foron recluídos en torno a 3000 persoas con cargos relixiosos, a maioría cregos católicos polacos. Entre a aristocracia destacaron membros da realeza, como gran parte da familia real de Baviera (Wittelsbach), a familia dos duques de Hohenberg (fillos do arceduqueFrancisco Fernando de Austria), o príncipeJavier de Borbón-Parma (líder do carlismo español) e o príncipeLuis Fernando de Prusia.

A organización básica e os plans de construción foron desenvolvidos porTheodor Eicke, e foron aplicados en todos os campos posteriores. Eicke converteuse posteriormente en inspector xefe de todos os campos de concentración, responsable de moldear os outros de acordo ao seu modelo.

Máis de 200.000 prisioneiros de máis de 30 países foron recluídos no campo de concentración de Dachau. Desde1941 o campo tamén foi empregado con propósitos de exterminio. As estatísticas falan de 30.000 persoas executadas no campo, ademais doutros milleiros que morreron vítimas das pésimas condicións de vida. A comezos de1945 houbo un andazo detifo no campo, tralo cal foi evacuado. Nesta acción morreu gran parte dos prisioneiros.

O campo foi liberado o29 de abril de1945 pola 20ª División Blindada e a 45ª División deInfantaría do SétimoExército dosEstados Unidos de América. Anos despois, o campo de Dachau empregouse coma residencia para persoas refuxiadas.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campo_de_concentración_de_Dachau&oldid=6994160»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp