Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo de Baloncesto de 2006
Imaxe
TipoCopa do Mundo de BaloncestoEditar o valor en Wikidata
LemaOne world, one titleEditar o valor en Wikidata
MascotaBad Badtz-maru(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Número de participantes24Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísXapónEditar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo19 de agosto de 2006 – 3 de setembro de 2006Editar o valor en Wikidata
Número de edición15  (2006)Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoEspaña (1º)
Grècia
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos80Editar o valor en Wikidata
Puntos por partidoYao Ming
Xogador máis valiosoPau GasolEditar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfiba2006.comEditar o valor en Wikidata

2010Editar o valor en Wikidata
A selección española posa para a súa primeira foto oficial como Campións do Mundo.

OCampionato mundial debaloncesto de2006 (tamén chamadoMundobasket 2006) disputouse noXapón entre o19 de agosto e o3 de setembro de2006. Foi o número XV, e por primeira vez dende ocampionato de 1986 houbo 24 seleccións participantes.

Os organizadores son aFederación Internacional de Baloncesto (FIBA), aAsociación Xaponesa de Baloncesto (JABBA) e oComité organizador do campionato mundial de baloncesto de 2006.

O título foi gañado porEspaña, que derrotou na final aGrecia por 70-47, sendo para ámbalas dúas seleccións as primeiras medallas nun mundial. A medalla de bronce foi gañada porEstados Unidos tras derrotar aArxentina na final de consolación por 96-81.

Sedes

[editar |editar a fonte]
Saitama Super Arena, sede da rolda final.
GrupoCidadeCanchaCapacidade
ASendaiSendai Gymnasium6.100
BHiroximaHiroshima Green Arena6.900
CHamamatsuHamamatsu Arena5.100
DSapporoHokkaido Prefectural Sports Center (KITAYELL)6.400
Rolda FinalSaitamaSaitama Super Arena21.000

O contexto do campionato

[editar |editar a fonte]

Contexto deportivo e local

[editar |editar a fonte]

Este campionato do mundo disputouse dous meses despois daCopa do Mundo de fútbol de Alemaña, que tivo un seguimento popular moi importante. Foi noXapón, un país pouco desenvolvido no mundo baloncestístico, pero que desexa que isto non siga sendo así, como demostra aBJ-League, a súa liga de recente creación. Esta mundial pretende ter un efecto similar ó que tivo aCopa do Mundo de fútbol de 2002 en Corea e o Xapón.

Contexto político

[editar |editar a fonte]

A preparación daselección de Líbano estivo fortemente influída pola actualidade política do momento no seu país, debido óconflito armado contra Israel.

NosBalcáns, enxuño de2006Montenegro declarou a súa independencia, polo que este campionato era o derradeiro no que oequipo serbomontenegrino ía participar, xa que despois desfíxose en dúas entidades distintas. É importante sinalar que neste mundial a selección de Serbia e Montenegro aínda contaba con xogadores montenegrinos, a pesar que que o logo presente nas camisetas do equipo deixara de se-lo da federación de baloncesto de Serbia e Montenegro para pasar a se-loescudo de Serbia, aínda que a denominación SCG (deSrbija i Crna Gora) mantívose.

O28 de agosto[1], aFIBA anunciaba que o4 de setembro, día seguinte ó remate do campionato, queMontenegro converteríase no seu membro 213 e queSerbia ocuparía o lugar deSerbia e Montenegro.

Contexto baloncestístico

[editar |editar a fonte]

Tódolos equipos chegaron á competición con algo que demostrar. OsEstados Unidos tiñan que recupera-la súa supremacía despois das decepcións sufridas noMundial de 2002 e nosXogos Olímpicos de 2004. Para iso contaba coa suposta xeración dourada, a doDraft da NBA de 2003 (Wade,James,Hinrich,Anthony,Bosh...), que sería adestrada polo míticoMike Kryzewski.

Arxentina tiña que confirmar que era nese momento a mellor selección do mundo despois da súa medalla de ouro nosXogos Olímpicos de 2004 sabendo xa que era unha das derradeiras oportunidades de facelo, xa que o relevo xeracional estaba ás portas[2]. Xusto na situación contraria atopábase aselección de Serbia e Montenegro, que presentaba un equipo cunha media de idade reducida, e cheo do que probabelmente serán futuros NBA, pero que fixo unha actuación desastrosa noEurobasket 2005 nacasa.

Grecia tiña que confirmar o seu status decampión de Europa cun xogo radicalmente diferente ó de seleccións como aalemá ou afrancesa, que tamén amosaron ter unha grande ambición, e que estaban encabezadas por xogadoresNBA comoDirk Nowitzky ouBoris Diaw.

Sexa como fora, as lesións de último minuto trocarían lixeiramente os cadros de xogadores antes do inicio do Mundial, destacando as ausencias deTony Parker (Francia - fractura[3]), deGilbert Arenas (Estados Unidos - problemas físicos[4]) e deBoniface N’Dong (Senegal - lesión[5]).

Sobre o campionato

[editar |editar a fonte]
As mascotas nun dos descansos.

As mascotas

[editar |editar a fonte]

BAD BADTZ-MARU, unpingüino que odia perder, foi elixido como mascota deste campionato. El e a súa banda son os personaxes dunha serie de debuxos animados de moito éxito noXapón. Isto foi posíbel grazas a un acordo entre a propiaFIBA e a produtoraSanrio Co., Ltd. & Sanrio Far East Company, Ltd..[6]

As animadoras

[editar |editar a fonte]

Os equipos de animadoras encargadas de anima-los descansos e tempos mortos dos partidos disputados enSaitama foron asRed Foxes, deRusia, e asEuro Dancers, deLituania aínda que animan nos partidos na casa doCSKA de Moscova.

Os patrocinadores

[editar |editar a fonte]

Seis patrocinadoresnorteamericanos eeuropeos son propios daFIBA, mentres que outros oito son propios da competición en si, que son case todos de paísesasiáticos, maioritariamente doXapón.

Os autocolantes e o lema

[editar |editar a fonte]

O lema ilustra a situación das forzas presentes, fai tempo inmersas nunhas épocas de dominación do mundial por diferentes seleccións (URSS,Iugoslavia ouEEUU) que agora están superadas. O lema di:One world, one title, que traducido ó galego significaUn mundo, un título.

O autocolante mostra uns xogadores de baloncesto practicando o deporte noMonte Fuji, aparecendo en primeiro plano un loitador desumo con actitude agresiva, suxeitando nunha man un dos balóns oficiais do torneo. A parte inferior do autocolante imita ós das grandes producións cinematográficas presentando unha pequena lista de xogadores ó estilo das presentación dos actores e actrices nos autocolantes das películas[7].

Cobertura televisiva

[editar |editar a fonte]

Esta competición foi televisada na meirande parte dos países, aínda que non sempre fora nas televisións públicas. EnEspaña, por exemplo, foi retransmitida por unha cadea de nova creación que aínda non tiña cobertura en todo o territorio,laSexta[8], sendo os principais comentaristasAndrés Montes,Juanma Iturriaga eJuan Domingo de la Cruz. EnEstados Unidos, onde a xente non estivo moi interesada nesta competición, foi aESPN quen emitiu os partidos da selección americana e uns poucos máis.

A campañaClean Game

[editar |editar a fonte]

De acordo coComité Olímpico Internacional e coaAxencia Mundial Antidopaxe, aFIBA quiso proporcionarlle a este torneo o espírito da loita contra odopaxe no deporte coa campañaClean Game (Xogo Limpo na súa tradución ó galego). Dándolle un aspecto máis oficial que as precedentes intervencións neste asunto, a campaña foi asociada a un logo[9] para así consolida-la imaxe e importancia da campaña entre os afeccionados óbaloncesto. Algúns xogadores (en concreto ós xogadores angolanos no partido Francia - Angola) incluso colgaron unha camiseta laranxa co logo co obxectivo de amosar ós ollos do mundo a importancia deste movemento.

Proceso de cualificación

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cualificación para o Campionato mundial de baloncesto de 2006.

Para o campionato estaban clasificados de forma automáticaXapón eArxentina, actual campión olímpico.

No proceso de cualificación para oCampionato mundial de baloncesto inscribíronse 56 seleccións (12 deÁfrica, 10 deAmérica, 16 deAsia, 16 deEuropa e 2 deOceanía).

Cada zona continental realizou as súas eliminatorias:

Catro seleccións participan porinvitación do Corpo Central daFIBA, a decisión foi tomada ennovembro do2005.

O criterio para decidi-la invitación foi:

  1. Que o equipo participara na eliminatoria da súa zona FIBA.
  2. Poden estar como máximo tres equipos por zona FIBA.

Países participantes

[editar |editar a fonte]
Situación dos países cualificados para o campionato.
EquipoParticipacións previas
TotalConsecutivasÚltima
Alemaña422002
Angola522002
ArxentinaCampión Mundial 19501162002
Australia992002
BrasilCampión Mundial 1959Campión Mundial 196315152002
China722002
Eslovenia11-
España972002
Estados UnidosCampión Mundial 1954Campión Mundial 1986Campión Mundial 199415152002
Francia511986
Grecia511998
Italia811998
Xapón411998
Líbano222002
Lituania211998
Nixeria211998
Nova Zelandia322002
Panamá411986
Porto Rico1162002
Qatar11-
Senegal311998
Serbia e Montenegro*Campión Mundial 1970Campión Mundial 1978Campión Mundial 1990Campión Mundial 1998Campión Mundial 20021332002
Turquía222002
Venezuela322002

*: Herda os números deIugoslavia

ÁfricaAméricaAsiaEuropaOceanía

Angola
Nixeria
Senegal

Arxentina
Brasil
Estados Unidos
Panamá
Porto Rico
Venezuela

China
Xapón
Líbano
Qatar

Alemaña
Eslovenia
España
Francia
Grecia
Italia
Lituania
Serbia e Montenegro
Turquía

Australia
Nova Zelandia

Formato da competición

[editar |editar a fonte]

NaRolda Preliminar divídense as 24 seleccións cualificadas en 4 grupos de 6 equipos, onde xogarántodos contra todos. Ó remate das cinco datas os primeiros catro equipos clasificados acadarán aRolda Final.

NaSegunda Rolda serán eliminatorias a un só partido, acadando a seguinte rolda o equipo que consiga a vitoria, ata obte-lo campión do torneo.

Os equipo eliminados nosCuartos de Final disputarán aRolda de Cualificación para defini-la súa posición final no torneo.

Grupos

[editar |editar a fonte]
Grupo AGrupo BGrupo CGrupo D
NixeriaPanamáQatarSenegal
LíbanoNova ZelandiaAustraliaEstados Unidos
ArxentinaAlemañaTurquíaChina
FranciaXapónLituaniaItalia
VenezuelaEspañaBrasilPorto Rico
Serbia e MontenegroAngolaGreciaEslovenia

Cadros de xogadores

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cadros de xogadores das seleccións no mundial de baloncesto de 2006.

Os cadros de xogadores dos 24 países participantes inclúen en total 288 xogadores.

Árbitros

[editar |editar a fonte]

Para o Campionato Mundial, a FIBA elixiu 40árbitros profesionáis.

  • Xapón Aibara, Nobuyasu
  • Turquía Ankarali, Recep
  • España Arteaga, Juan
  • Irán Avanessian, Heros
  • Australia Aylen, Michael
  • Israel Bachar, Shmuel
  • Serbia e Montenegro Belosević, Ilija
  • Lituania Brazauskas, Romualdas
  • Australia Butler, Scott Jason
  • Porto Rico Carrión, José Aníbal
  • Italia Cerebuch, Guerrino
  • Arxentina Chiti, Alejandro César
  • Marrocos Chlif, Abdellilah
  • Venezuela Delgado Casadiego, Daniel Alfredo
  • Lituania Dovidavicius, Virginijus
  • Arxentina Estévez, Pablo Alberto
  • Italia Facchini, Fabio
  • Xapón Hirahara, Yuji
  • Canadá Homsy, Mike Amir
  • Serbia e Montenegro Jovčić, Milivoje
  • Finlandia Jungebrand, Carl
  • Brasil Maranho, Cristiano Jesus
  • España Martín , José
  • Rep. Dominicana Mercedes Sánchez, Reynaldo Antonio
  • Xapón Miyatake, Yosuke
  • Estados Unidos Moore, Terry Matthew
  • Mozambique Muhimua Joao, Abreu
  • Croacia Muhvić, Dubravko
  • Líbano Noujaim, Rabah
  • Eslovenia Pukl, Saša
  • Estados Unidos Rush, Eddie Fernanzo
  • Ucraína Ryzhyk, Borys
  • Angola Simao, Domingos Francisco
  • Eslovaquia Sudek, Petr
  • Uruguai Trías Iglesias, Álvaro Darío
  • Porto Rico Vázquez, Jorge
  • Francia Viator, Eddie
  • Grecia Voreadis, Lazaros
  • China Yang, Maogong
  • Grecia Zavlanos, Nikolaos

Rolda preliminar

[editar |editar a fonte]

Este campionato do mundo arrancou coa derrota lóxica do país anfitrión, Xapón, contra Alemaña, e cunha nova extradeportiva, o anuncio da suspensión por tres partidos do xogadorneozelandésMark Dickel, despois de dar positivo nun control antidopaxe por consumo demarihuana[10].

A primeira rolda do campionato caracterizouse principalmente pola igualdade presente na maior parte dos grupos, motivada polas grandes sorpresas que seleccións como Líbano (non se esperaba dela ningunha vitoria e gañoulle a Francia dun punto e a Venezuela, loitando pola clasificación a oitavos de final ata a derradeira xornada e quedándose fóra por perder contra os seus rivais directos na táboa de cualificacións), e Nixeria no grupo A (gañoulle a Serbia e Montenegro na primeira xornada e acadou o pase coma terceira de grupo por enriba desta selección), ou Angola no grupo B (que conseguiu pasar coma terceira de grupo trala súa derrota contra a Alemaña deDirk Nowitzky tras tres tempos extras no mellor partido visto na rolda preliminar).

Nesta rolda previa destaca tamén o pouco acerto xeral que as seleccións tiveron dende a liña de tiros libres, tendo tódalas selección porcentaxes baixos, sendo o da China o mellor cun 81.5%. Nas outras estatísticas de equipo, a selección estadounidense álzase co título de máximo anotador con 108.6 puntos por partido. En tiros de dous puntos a mellor porcentaxe é a de España, cun 59.9%, en triplas é de Porto Rico cun asombroso 51.0%.

No que a estatísticas individuais se refire,Yao Ming foi o máximo anotador da rolda preliminar con 28.4 puntos por partido.

Os mellores equipos da rolda preliminar foron a Arxentina, Grecia, España e os Estados Unidos, únicos equipos invictos, e os peores foron Qatar, o Senegal e Panamá, que non lograron inaugura-lo seu palmarés de vitorias.

Grupo A (Sendai)

[editar |editar a fonte]
EquipoPtsGPPFPCDif
1.Arxentina1050464339+125
2.Francia832353329+24
3.Nixeria723371393-22
4.Serbia e Montenegro723409352+57
5.Líbano723357451-94
6.Venezuela614336426-90
  • Partidos
DataHora²Partido¹Resultado
19.08.0613:00Venezuela-Líbano72 - 82
19.08.0616:00Serbia e Montenegro-Nixeria75 - 82
19.08.0619:00Arxentina-Francia80 - 70
20.08.0613:00Nixeria-Venezuela77 - 84
20.08.0616:00Líbano-Arxentina72 - 107
20.08.0619:00Francia-Serbia e Montenegro65 - 61
21.08.0613:00Arxentina-Venezuela96 - 54
21.08.0616:00Serbia e Montenegro-Líbano104 - 57
21.08.0619:00Francia-Nixeria64 - 53
23.08.0613:00Nixeria-Arxentina64 - 98
23.08.0616:00Venezuela-Serbia e Montenegro65 - 90
23.08.0619:00Líbano-Francia74 - 73
24.08.0613:00Serbia e Montenegro-Arxentina79 - 83
24.08.0616:00Líbano-Nixeria72 - 95
24.08.0619:00Francia-Venezuela81 - 61
  • ¹Todos en Sendai
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)

Grupo B (Hiroxima)

[editar |editar a fonte]
EquipoPtsGPPFPCDif
1.España1050476336+140
2.Alemaña941421384+37
3.Angola832451406+45
4.Nova Zelandia723345393-48
5.Xapón514322393-71
6.Panamá505326429-103
  • Partidos
DataHora²Partido¹Resultado
19.08.0613:00Alemaña-Xapón81 - 70
19.08.0616:00Angola-Panamá83 - 70
19.08.0619:00España-Nova Zelandia86 - 70
20.08.0613:00Xapón-Angola62 - 87
20.08.0616:00Nova Zelandia-Alemaña56 - 80
20.08.0619:00Panamá-España57 - 101
21.08.0613:00Angola-Nova Zelandia95 - 73
21.08.0616:00Alemaña-España71 - 92
21.08.0619:00Xapón-Panamá78 – 61
23.08.0613:00España-Angola93 - 83
23.08.0616:00Panamá-Alemaña63 - 81
23.08.0619:00Nova Zelandia-Xapón60 - 57
24.08.0613:00Angola-Alemaña103 - 108
24.08.0616:00Nova Zelandia-Panamá86 - 75
24.08.0619:00Xapón-España55 - 104
  • ¹Todos en Hiroxima
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)

Grupo C (Hamamatsu)

[editar |editar a fonte]
EquipoPtsGPPFPCDif
1.Grecia1050404358+46
2.Turquía941370358+12
3.Lituania832413353+60
4.Australia723370349+21
5.Brasil614399392+7
6.Qatar505310456-146
  • Partidos
DataHora²Partido¹Resultado
19.08.0614:00Brasil-Australia77 - 83
19.08.0616:30Grecia-Qatar84 - 64
19.08.0619:30Turquía-Lituania76 - 74
20.08.0613:30Qatar-Brasil66 - 97
20.08.0616:30Australia-Turquía68 - 76
20.08.0619:30Lituania-Grecia76 - 81
22.08.0613:30Lituania-Qatar106 - 65
22.08.0616:30Grecia-Australia72 - 69
22.08.0619:30Turquía-Brasil73 - 71
23.08.0613:30Australia-Lituania57 - 78
23.08.0616:30Qatar-Turquía69 - 76
23.08.0619:30Brasil-Grecia80 - 91
24.08.0613:30Australia-Qatar93 - 46
24.08.0616:30Lituania-Brasil79 - 74
24.08.0619:30Grecia-Turquía76 – 69
  • ¹Todos en Hamamatsu
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)

Grupo D (Sapporo)

[editar |editar a fonte]
EquipoPtsGPPFPCDif
1.Estados Unidos1050543428+115
2.Italia941386367+19
3.Eslovenia723434433+1
4.China723424455-31
5.Porto Rico723432440-8
6.Senegal505355451-96
  • Partidos
DataHora²Partido¹Resultado
19.08.0614:00Porto Rico-Estados Unidos100 - 111
19.08.0616:30Eslovenia-Senegal96 - 79
19.08.0619:30China-Italia69 - 84
20.08.0613:30Senegal-Porto Rico79–88
20.08.0616:30Italia-Eslovenia80–76
20.08.0619:30Estados Unidos-China121 - 90
22.08.0613:30China-Porto Rico87 - 90
22.08.0616:30Italia-Senegal64 - 58
22.08.0619:30Eslovenia-Estados Unidos95 - 114
23.08.0613:30Senegal-China83 - 100
23.08.0616:30Porto Rico-Eslovenia82 - 90
23.08.0619:30Estados Unidos-Italia94 - 85
24.08.0613:30Eslovenia-China77 - 78
24.08.0616:30Italia-Porto Rico73 - 72
24.08.0619:30Estados Unidos-Senegal103 – 58
  • ¹Todos en Sapporo
  • ²Hora local do Xapón (UTC +9)

Rolda final (Saitama)

[editar |editar a fonte]
A selección española celebrando o título na cancha.

Nos oitavos de final a lóxica impúxose tendo en conta as actuacións na primeira rolda, exceptuando no partido que enfrontou aItalia contraLituania, onde a primeira foi eliminada nos derradeiros segundos do encontro (cun gran número de tiros libres lanzados, pero só por tres xogadores diferentes entre ámbalas dúas seleccións).

Nos cuartos de final non houbo esta vez ningunha sorpresa, os catro equipos invictos conseguiron pasar á seguinte eliminatoria. Puido verse xa unha clara separación entre os catro equipos que logo acadarían as semifinais e os outros competidores que tamén tiñan un bo nivel, pero non o suficiente como para poder poñer en apuros ós «cabezas de serie».

Nas semifinais produciuse unha especie de mostra de superioridade deEuropa por enriba deAmérica.Grecia deu a primeira sorpresa da xornada ó eliminar oequipo estadounidense, mentres queEspaña eliminaba aArxentina, anteriores subcampións mundiais e campións olímpicos, nos derradeiros segundo do encontro grazas a un tiro libre deJose Calderón, que non foi replicado na tripla que lanzouManu Ginóbili sobre a bucina. A final entre España e Grecia era inédita nun Mundobasket. SenPau Gasol, mancado no nocello[11], a selección española comezou o partido dunha maneira fulgurante, deixando rapidamente atrás no marcador á selección grega, que atopábase perdida sen os seus lanzamentos exteriores. No parecía posíbel parar á España, que dominaba tódolos aspectos do xogo, sendoJorge Garbajosa o seu líder ofensivo. Os gregos, quizais cansados polo seu esforzo nas semifinais, non puideron máis que asistir impotentes á coroación dos españois como novos campións do mundo. Foron recibidos a noite mesma da chegada aEspaña, naPraza de Castela da propia capital,Madrid[12]

Oitavos de finalCuartos de finalSemifinaisFinal
              
26 de agosto de2006 - 10:00      
 Arxentina 79
29 de agosto de2006 - 19:30
 Nova Zelandia 62 
 Arxentina 83
26 de agosto de2006 - 17:00
  Turquía 58 
 Turquía 90
1 de setembro de2006 - 19:30
 Eslovenia 84 
 Arxentina 74
26 de agosto de2006 - 20:00
  España 75 
 España 87
29 de agosto de2006 - 16:30
 Serbia e Montenegro 75 
 España 89
26 de agosto de2006 - 13:00
  Lituania 67 
 Italia 68
3 de setembro de2006 - 19:30
 Lituania 71 
 España 70
27 de agosto de2006 - 20:00
  Grecia 47
 Grecia 95
30 de agosto de2006 - 16:30
 China 64 
 Grecia 73
27 de agosto de2006 - 17:00
  Francia 56 
 Francia 68
1 de setembro de2006 - 16:30
 Angola 62 
 Grecia 101
27 de agosto de2006 - 13:00
  Estados Unidos 95 Terceiro posto
 Estados Unidos 113
30 de agosto de2006 - 19:302 de setembro de2006 - 19:30
 Australia 73 
 Estados Unidos 85 Arxentina 81
27 de agosto de2006 - 10:00
  Alemaña 65  Estados Unidos 96
 Alemaña 78
 Nixeria 77 


Rolda de cualificación (5-8)

[editar |editar a fonte]
 SemifinaisFinal
       
31 de agosto de2006 - 16:30
 Turquía95 
 Lituania84 
 
2 de setembro de2006 - 16:30
   Turquía56
  Francia64
 
 
Sétimo posto
31 de agosto de2006 - 19:303 de setembro de2006 - 16:30
 Francia75 Lituania 77
 Alemaña73  Alemaña 62


  • Todos en Saitama
  • Hora local do Xapón (UTC +9)

Resultados finais

[editar |editar a fonte]
PosiciónEquipoVitorias-DerrotasBasketaverage[13]
Finalistas
1España9-01,3109
2Grecia8-11,1162
Eliminados en Semifinais
3Estados Unidos8-11,2367
4Arxentina7-21,2397
Eliminados en Cuartos de Final
5Francia6-31,0387
6Turquía6-30,9940
7Lituania5-41,1380
8Alemaña5-41,0530
Eliminados en oitavos de Final
9Italia4-21,0365
10Angola3-31,0822
11Serbia e Montenegro2-41,1025
12Eslovenia2-40,9904
13Australia2-40.9589
14Nixeria2-40,9512
15China2-40,8873
16Nova Zelandia2-40,8623
Eliminados en Primeira Rolda
17Porto Rico2-30,9818
18Líbano2-30,7915
19Brasil1-41,0179
20Xapón1-40,8193
21Venezuela1-40,7887
22Senegal0-50,7871
23Panamá0-50,7599
24Qatar0-50,6798

Estatísticas

[editar |editar a fonte]

Na primeira rolda

[editar |editar a fonte]
  • Mellor anotador :Yao Ming - 28,4 puntos por partido
  • Mellor reboteador :Richard Lugo - 11,4 rebotes por partido
  • Mellor pasador :Chris Paul - 6,8 asistencias por partido

Os premios individuais

[editar |editar a fonte]

Conclusións do campionato

[editar |editar a fonte]

É a primeira vez que ámbolos dous finalistas chegaban a ese estado do campionato. Pero máis aló diso, o resultado do continente europeo foi moi bo: dous finalistas, seis seleccións de oito nos cuartos de final, unha moi boa impresión técnica e táctica... que incluso suscitou a admiración do adestrador estadounidense. Admiración reforzada polo feito de que só un dos finalistas xogaba naNBA,Jose Manuel Calderón.

Unha xogada no Alemaña-Lituania.

Sen o seu mellor xogador,Pau Gasol,España viu o triunfo do seu fabuloso equipo júnior de 1999, a chamadaGeneración de Oro (Xeración de Ouro en galego):Pau Gasol,Felipe Reyes,Juan Carlos Navarro,José Manuel Calderón,Berni Rodríguez). Trala súa demostración ofensiva contra a selección estadounidense,Grecia e o seu lendario adestradorPanayiótis Giannákis non puido sobrepoñerse á defensa española (31% de posesión). Os estadounidenses eos arxentinos intentaron chegar ós niveis destes dous equipos, facendo así que a opinión xeral fora que ás semifinais chegaron os catro mellores equipos. E é que os arxentinos non foron os que perderon, senón que os españois foron os que acadaron a final nos derradeiros segundos, provocando así a súa inesperada ausencia do podio final. Coa retirada da maioría dos xogadores maiores de trinta anos da selección, o futuro daAlbiceleste semella peor. Os Estados Unidos gañaron unha nova medalla, mellorando así o resultado doMundial de Indianápolis, no que remataron no sexto lugar. O plan de traballo da selección estadounidense está enfocado ósXogos Olímpicos de 2008 tendo nesta medalla de bronce un bo impulso.

En cabeza das restantes selección rematouFrancia, a pesar da ausencia deTony Parker. Entre os equipos máis mozos da competición, e con moitas esperanzas postas neles, atópanseTurquía (6º) ouLituania (7º); e inclusoItalia (9º), que contou conMarco Belinelli, ouSerbia e Montenegro (11º) teñen ambicións similares con respecto o vindeiro relevo xeracional.Dirk Nowitzki semellou que non liderou todo o que realmente podía áselección alemá (8º), sobre todo nos momentos decisivos.[14].

Os equiposafricanos confirmaron a melloría do nivel do seu baloncesto dentro da xerarquía mundial.Angola tardou tres tempos extra en caer derrotada contra osalemáns, e mostrou unha disposición excelente en oitavos de final contra aselección francesa, mentresNixeria non decepcionaba tampouco, ó derrotar áselección serbomontenegrina na primeira rolda.América, exceptuando aEstados Unidos eArxentina, está na situación contraria, pasando unha mala época aselección do Brasil, noutra época liderada porOscar Schmidt, na cola da competición, e aPorto Rico, que sen as súas antigas estrelasRamón Rivas ePiculín Ortiz quedou tamén na parte baixa, pero un pouco mellor quePanamá.Asia eOceanía tamén decepcionaron:Australia (a pesar da presenza na selección deAndrew Bogut) eNova Zelandia tamén fixeron un mal torneo, ó igual que a selección anfitrioa,Xapón, mentres queChina seguiu tan débil coma sempre, exceptoYao Ming, e será moi raro que poidan subir ó podio dosXogos Olímpicos de Pekín.

Para terminar, a arbitraxe non deu para polémicas, o que tamén semella confirmar o progreso do baloncesto FIBA. O público asistente ós partidos comportouse perfectamente, en parte influído pola timidez dos xaponeses á hora de animar. Ademais, o interese global dos medios, exceptuando nos Estados Unidos tamén semella aumentar, xa que a web oficial da FIBA,fiba.comArquivado 04 de novembro de 1996 enWayback Machine., tivo a mellor progresión na clasificación Alexa do momento.[15].

As consecuencias

[editar |editar a fonte]

A eliminación prematura de certos equipos repercutiu sobre os seus adestradores. Así,Julio Toro[16], seleccionador dePorto Rico, eTed Baldwin[17], seleccionador deNova Zelandia dimitiron das súas funcións. Neses días, o presidente deTurquía,Ahmet Necdet Sezer felicitou persoalmente, por víatelefónica, os xogadores daselección turca, sendo esta unha actuación moi diferente á do remate doanterior Eurobasket.

Os xornaisespañois, malia que aACB ocupaba un importante lugar nas súas novas, estaban acostumados ós titulares de tema futbolístico, mais fixeron sitio nas súas portadas para o éxito da selección española recollendo, entre outras cousas, a felicitación queo Rei de España lles deu, na que os cualificou como "heroes"[18].

Notas e referencias

[editar |editar a fonte]
  1. (eninglés)Artigo na web da FIBAArquivado 03 de marzo de 2016 enWayback Machine.
  2. Para profundizar:Basket News n°HS 22, p. 20 e 21
  3. (enfrancés)A nova da lesión de ParkerArquivado 30 de setembro de 2007 enWayback Machine.
  4. (enfrancés)O anuncio da lesión de Gilbert ArenasArquivado 24 de agosto de 2006 enWayback Machine.
  5. (enfrancés)A nova da selección senegalesa sobre N'DongArquivado 29 de setembro de 2007 enWayback Machine.
  6. (eninglés)Presentación oficialArquivado 21 de agosto de 2006 enWayback Machine.
  7. "O autocolante na web da FIBA". Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2006. 
  8. (encastelán)Nova no diario 20minutos
  9. "Logo da campañaClean Game na web da FIBA". Arquivado dendeo orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2006. 
  10. (enfrancés)A nova da suspensión de Mark DickelArquivado 29 de setembro de 2007 enWayback Machine.
  11. (encastelán)A nova da lesión de Gasol no diario 20minutos
  12. (encastelán)A planificación da noite do recibimento.
  13. O basketaverage é o parámetro que decide no caso de empate.
  14. (enfrancés)Análise dun experto francés.Arquivado 18 de outubro de 2019 enWayback Machine.
  15. (eninglés)Clasificación Alexa.Arquivado 26 de setembro de 2005 enWayback Machine.
  16. (enfrancés)A nova sobre a dimisión de Julio ToroArquivado 29 de setembro de 2007 enWayback Machine.
  17. (enfrancés)A nova sobre a dimisión de Ted BaldwinArquivado 29 de setembro de 2007 enWayback Machine.
  18. (encastelán)A nova no diario deportivo MARCA

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campionato_do_Mundo_de_Baloncesto_de_2006&oldid=7164137»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp