Camerún converteuse nunhacolonia alemá en 1884 coñecida como "Kamerun". Logo daprimeira guerra mundial, esta foi dividida entreFrancia e oReino Unido de acordo cosmandatos da Sociedade de Nacións. Francia tomou 4/5 do territorio, mentors que o Reino Unido tan só 1/5, e ambos gobernaron baixo mandato ata a independencia en 1960 e 1961 respectivamente.[2] O partido políticoUnion des Populations du Cameroun (UPC) defendía a independencia, pero foi ilegalizado por Francia na década de 1950, o que levou áinsurxencia de de liberación nacional que enfrontou a Francia e ás forzas militantes da UPC ata principios de 1971. En 1960, a parte do Camerún administrada por Francia independizouse como a República do Camerún baixo o presidenteAhmadou Ahidjo. Aparte sur doCamerún Británico federouse con ela en 1961 para formar aRepública Federal do Cameroon. A federación abandonouse en 1972. O país foi renomeadoRepública Unida do Camerún en 1972 e volveu chamarse República do Camerún en 1984 por un decreto presidencial decretado polo presidentePaul Biya. Biya, o actual presidente, dirixiu o país dende 1982 logo da dimisión de Ahidjo; previamente ocupara o cargo de primeiro ministro a partir de 1975. Camerún está gobernado como unharepública presidencialunitaria.
Osmariñeiros portugueses chegaron á costa camerunesa en1472. Observaron a abundancia de camarón fantasmaLepidophthalmus turneranus norío Wouri e chamáronoRio dos Camarões, que se converteu en Camerún noutras linguas.[7] Durante os seguintes séculos, os intereses europeos regularizaron o comercio cos pobos da costa, e osmisioneiros avanzaron cara o interior.
A malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de1870, cando o uso daquinina fixo posible combater amalaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados doséculo XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.
Alemaña comezou a colonizar Camerún en1868, cando a compañía Woermann deHamburgo construíu un almacén no estuario do río Wouri. Posteriormente,Gustav Nachtigal asinou un tratado cun dos reis locais para anexionar a rexión ao dominios do emperador alemán.[10] OImperio Alemán reclamou o territorio como a colonia deKamerun en1884 e comezou un avance constante cara o interior ao que se resistiron as poboacións nativas. Baixo os auspicios de Alemaña, as compañías comerciais eran administracións locais. Estasconcesións empregarontraballo forzado para administrar plantacións rendibles deplátano,caucho,aceite de palma, ecacao.[10] Mesmo os proxectos de infraestrutura dependían dun réxime de traballo forzado. Esta política económica foi moi criticada polas outras potencias coloniais.[11]
O5 de xullo do1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá deKamerun, coa capital situada primeiramente enBuea e despois enYaoundé. Despois do final daprimeira guerra mundial, oReino Unido e aFrancia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.
Os británicos administraron o seu territorio dende a veciñaNixeria. A poboación queixouse de que isto os convertía nunha "colonia de colonia" esquecida. A man de obra migrante procedente de Nixeria acudiu en masa ao sur do Camerún, poñendo fin ao traballo forzado, mais enfadando á poboación local, que se sentiu abrumada.[13] Os mandatos da Sociedade de Nacións convertéronse nosFideicomisos das Nacións Unidas en 1946, e a cuestión da independencia converteuse nunha cuestión apremiante no Camerún francés.[12]
Francia prohibiu o partido político independentista, aUnión dos Pobos do Camerún (Union des Populations du Cameroun; UPC), o 13 de xullo de 1955.[14] Into provocou unha longaguerra de guerrillas emprendida pola UPC, e o asasinato de varios dos líderes do partido, entre elesRuben Um Nyobè,Félix-Roland Moumié eErnest Ouandie. No Camerún británico, a cuestión era se reunificarse co Camerún francés ou unirse a Nixeria; os británicos descartaron a opción da independencia.[15]
O Camerún francés acadou a independencia no1960 baixo a denominación deRepública do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión áNixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.
O antigo presidenteAhmadou Ahidjo gobernou dende 1960 ata 1982.
O1 de xaneiro de1960, o Camerún francés independizouse deFrancia co presidenteAhmadou Ahidjo. O1 de outubro de1961, o antigoCamerún do Sur británico independizouse doReino Unido mediante votación da Asemblea Xeral da ONU e uniuse ao Camerún francés para crear a República Federal do Camerún, unha data que hoxe é celebrada como oDía da Unificación, undía festivo.[16] Ahidjo empregou a guerra en curso co UPC para concentrar o poder na súa presidencia, e continuou así mesmo despois da supresión da UPC en1971.[17]
O seu partido político, aUnión Nacional do Camerún (UNC), converteuse no único partido político legal o1 de setembro de1966, e o20 de maio de1972, aprobouse a abolición dosistema de goberno federal mediante referendo, en favor dunha República Unida do Camerún, dirixida dendeYaoundé.[18] Este día é hoxe oDía Nacional do país, un día festivo.[19] Ahidjo seguiu unha política económica deliberalismo planificado, priorizando oscultivos comerciais e o desenvolvemento petroleiro. O goberno empregou os cartos do petróleo para crear unha reserva nacional de efectivo, para pagar aos agricultores, e financiar importantes proxectos de desenvolvemento; con todo, moitas iniciativas fracasaron cando Ahidjo nomeou a aliados non cualificados para dirixilas.[20]
Abandeira nacional mudou o20 de maio de1975. Suprimíronse as dúas estrelas, que foron substituídas por unha gran estrela central como símbolo da unidade nacional.
Ahidjo dimitiu o4 de novembro de1982 e deixou o poder ao seu sucesor constitucional,Paul Biya. Con todo, Ahidjo mantívose ao mando da CNU e tentou dirixir o país na sombra ata que Biya e os seus aliados lle meteron presión para que dimitira. Biya comezou a súa administración avanzando cara a un goberno máis democrático, mais unintento de golpe de estado marrado levouno cara o estilo de liderado do seu predecesor.[21]
Entre mediados da década de 1980 e finais da década de 1990 o país sufriu unhacrise económica como resultado das condicións económicas internacionais, a seca, a caída dos prezos dopetróleo, e anos de corrupción, mala xestión, efisioloxismo. Camerún recorreu á axuuda externa, recurtou o gasto público, eprivatizou as industrias. Coa reintrodución do multipartidismo en decembro de 1990, os antigos grupos de presión británicos do Camerún Meridional pediron unha maior autonomía, e oConsello Nacional de Camerún do Sur abogou por unha secesión completa como comoRepública de Ambazonia.[22] O Código Laboral de Camerún de 1992 outorga aos graballadores a liberdade para pertencer a un sindicato ou non pertencer a ningún. É a elección do traballador unirse a algún sindicado da súa profesión, xa que hai máis dun sindicato en cada profesión no país.[23]
En xuño de 2006, resolvéronse as negociacións sobre a disputa territorial referente á península deBakassi. Nas conversas participaron o presidente de Camerún Paul Biya of Cameroon, o daquela presidente deNixeriaOlusegun Obasanjo e o Secretario Xeral das Nacións UnidasKofi Annan, e deron como resultado o control camerunés da península rica en petróleo. A parte norte do territorio foi entregada formalmente ao goberno camerunés en agosto de 2006, e o resto pasou á administración do Camerún dous anos despois, en 2008.[24] O cambio de límites provocou unhainsurxencia separatista local, xa que moitos bakasianos negáronse a aceptar o goberno camerunés. Mentres a maior parte dos militantes depuxeron as armas en novembro de 2009,[25] algúns permaneceron en loita durante anos.[26]
En febreiro de 2008, Camerún experimentou o seu peor episodio de violencia en 15 anos cando unha folga do sindicato de transporte enDouala converteuse enprotestas violentas en 31 áreas municipais.[27][28]
Dende novembro de 2016, manifestantes das rexións predominantemente anglófonas deNoroeste eSuroeste están a facer unha campaña para que se continúe co emprego doinglés nas escolas e os tribunais. Como resultado destas protestas houbo mortos e centos de persoas foron encarceradas.[31] En 2017, o goberno de Biya bloqueou o acceso a internet nestas rexións durante tres meses.[32] En setembro, os separatistas comezaronunha guerra de guerrillas para a independencia da rexión anglófona comoRepública Federal de Ambazonia. O gobero respondeu cunha ofensiva militar, e a insurgencia estendeuse polas rexións de Noroeste e Suroeste. En 2019, os combates entre as guerrillas separatistas e as forzas do goberno cantinúan.[33] Durante o ano 2020, numerosos ataques terroristas —moitos deles perpetrados sen que ninguén se atribuíra a autoría— e as represalias do goberno, levaron a un derramamento de sangue en todo o país.[34] Dende 2016, máis de 450 000 persoas fuxiron dos seus fogares.[35] O conflito levou indirectamente a unaumento dos ataques de Boko Haram, xa que o exército camerunés retirouse en alta medida do norte para centrarse na loita contra os separatistas de Ambazonia.[36]
Máis de 30 000 persoas no norte de Camerún fuxiron aoChad logo dos enfrontamentos étnicos poloacceso á auga entre os pescadoresmusgum e pastores da etniachoa árabe en decembro de 2021.[37][38]
No século XXI, a minoría anglófona dos territorios do oeste incrementou as súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona) en favor dunha maior autonomía política ou unha eventualsecesión, chegando a declarar a independencia da rexión o1 de outubro de2017. Segundo aONU, o Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos[39].
Organizacións polos dereitos humanos acusan ás forzas policiais e militares de maltratar ee mesmo torturar a presuntos delincuentes, minorías étnicas, persoas homosexuais, e activistas políticos.[40][41][42] As cifras dasNacións Unidas indican que 21 000 persoas fuxiron a países vecinos, mentres que 160 000 foron desprazadas internamente pola violncia, moitas supostamente escondidas nos bosques.[43] As prisións están masificadas e teñen pouco acceso a alimentos e instalacións médicas axeitadas,[41][42] ademais os cárceres administrados por gobernantes tradicionais no norte están acusadas de reter a opositores políticos a instancias do goberno.[40] Con todo, dende a primeira década do século XXI, un número cada vez maior de policías e xendarmes ten sido procesado por conduta inapropiada.[41] O 25 de xullo de 2018, o Alto Comisionado para os Dereitos Humandos da ONUZeid Ra'ad Al Hussein expresou a súa profunda preocupación polos informes de violacións e abusos nas rexións anglófonas de Noroeste e Suroeste do Camerún.
De acordo coaOCHA, máis de 1,7 millóns de persoas precisan asistencia humanitaria nas rexións de Noroeste e Suroeste. A OCHA tamén estima que canto menos 628 p;000 persoas foron desprazadas internamente pola violencia nas dúas rexións, mentres que máis 87 000 fuxiron aNixeria.[44][43]
Dente decembro de 2020,Human Rights Watch afirmou que o grupo armado islamistaBoko Haram intensificou os seus ataques e matou a canto menos 80 civís en cidades e vilas da rexiónExtremo-Norte do Camerún.[46]
Aconstitución divide o Camerún en 10 rexións semiautónomas, cada unha delas baixo a administración dunConsello Rexional electo. Cada reixión está encabezada por un gobernador designado polo presidente.[47]
Estes líderes están encargados de implementar a vontade do presidente, informar sobre o estado de ánimo e as condicións das rexións, xestionar a administración pública, manter a paz, e supervisar os líderes das unidades administrativas máis pequenas. Os gobernadores teñen amplos poderes: poden ordenar propaganda na súa zona e chamar o exército, osxendarmes, e a policía.[47] Todos os funcionarios dos gobernos locais son empregados do Ministerio da Administración Territorial do goberno central, do cal tamén obteñen a maior parte dos seus orçamentos os gobernos locais.[6]
As rexións están subdivididas en 58 departamentos (départements). Estes están encabezados por oficiais de división (préfets). As divisións están tamén divididas en subdivisións (arrondissements), encabezadas por oficiais asistentes de división (sous-prefets). Os distritos, administrados por xefes de distrito (chefs de district), son as unidades administrativas máis pequenas.[48]
As tres rexións máis setentrionais sonExtremo-Norte (Extrême Nord),Norte (Nord), eAdamawa (Adamaoua). Directamente ao sur destas están as rexións deCentro (Centre) eLeste (Est). ARexión Sur (Sud) encóntrase nogolfo de Guinea e na fronteira sur. A rexión máis occidental do Camerún está dividida en cart rexións máis pequenas: as rexións deLitoral (Littoral) eSuroeste (Sud-Ouest) están na costa, e as deNoroeste (Nord-Ouest) eOeste (Ouest) están nas pradeiras occidentais.[48]
A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xorden da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xorden debido á escisión da provincia Nord.
No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza con Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa do Camerún éBuea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así,Douala atópase case ao nivel domar, no estuario do ríoWouri eYaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa éTibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte do Camerún sonGaroua eMaroua. No extremo norte do país atópase unha porción dolago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese enselva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coaRepública do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante éBamenda.
Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.
AUnión Europea é o principal socio comercial do Camerún.
A poboación do Camerún en2021 era de 27 198 628 habitantes.[49] A esperanza de vida era de 62,3 anos (60,6 anos para os homes e 64 anos para as mulleres).[50]
Mulleres camerunesas nas celebracións do Día da Muller.
O Camerún conta cunha poboación lixeiramente superior de mulleres (50,5%) á de homes (49,5%). Máis do 60% da poboación ten menos do 25 anos. A poboación maior de 65 anos representa tan só o 3,11% do total[50]
A poboación do Camerún está dividida case por igual entre habitantes urbanos e rurais.[51] A densidade de poboación é maior nos grandes centros urbanos, as terras altas occidentais, e a chaira nororiental.[52]Douala,Yaoundé, eGaroua son as maiores cidades. En contraste, a meseta de Adamawa, a depresión suroriental de Bénoué, e a maior parte da meseta sur do Camerún están escasamente poboadas.[53]
Persoas das superpoboadas terras altas occidentais e o norte pouco desenvolvido estanse a trasladar ás zonas de plantacións costeiras e aos centros urbanos na busca de traballo.[55] Estanse a dar movementos máis pequenos a medida que os traballadores buscan traballo nosserradoiros e as plantacións no sour e o leste.[56] Aínda que a proporción de sexos a nivel nacional é relativamente parella, estes migrantes son principalmente homes, o que leva a proporcións desequilibradas nalgunhas rexións.[57]
No país practícanse tanto os matrimoniosmonógamos como ospopígamos, e a familia camerunesa media é numerosa e extensa.[58] No norte, as mulleres adoitan coidar da casa, mentres que os homes pastorean o gando ou traballan de granxeiros. No sur, as mulleres adoitan cultivar os alimentos da familia, e os homes proporcionan carne e cultivan cultivos comerciais. A sociedades camerunesa e patriarcal, e a violencia e a discriminación contra as mulleres é común.[40][41][59]
Estímase que no Camerún hai entre 230 e 282 grupos étnicos e lingüísticos diferentes.[60][61] A meseta de Adamawa divide a estes en dous grupos: norte e sur. As persoas do norte pertencen a grupos lingüísticossudánicos, que viven nas terras altas do norte, e osfulani, que se estenden por todo o norte do Camerún. Un pequeno grupo deshuwa viven nas proximidades dolago Chad. O sur do Camerún está habitado opr falanges delinguas bantús esemibantú. Os grupos de fala bantú viven nas zonas costeiras e ecuatoriais, mentres que boss semibantús viven nas pradeiras occidentais. Uns 5 000pigmeos gyele e baka percorren os bosques húmidos do sueste e a costa, ou viven en pequenos asentamentos ao bordo das estradas.[62] Os nixerianos constitúen o maior grupo de cidadáns estranxeiros.[63]
En 2007, Camerún acollía a aproximadamente 97 400 persoas refuxiadas e solicitantes de asilo. Destas, 49 300 proviñan daRepública Centroafricana (moitos empurrados ao oeste a causa da guerra),[64] 41 600 doChad, e 2 900 deNixeria.[65] Os secuestros de cidadáns cameruneses a mans de bandidos centroafricanos ten aumentado dende 2005.[66]
Nos primeiros meses de 2014, milleiros de persoas refuxiadas que escapaban da violencia naRepública Centroafricana chegaron a Camerún.[67]
O 4 de xuño de 2014, AlertNet informou:
“
Case 90 000 persoas teñen fuxido ao veciño Camerún dende decembro e ata 2 000 por semana, a maior parte delas mulleres e nenos, continúan cruzando a fronteira, sinalan as Nacións Unidas.
"As mulleres e os nenos están chegando a Camerún nun estado desastroso, logo de semanas, ás veces meses, no camiño, buscando comida," dixoErtharin Cousin, director executivo doPrograma Mundial de Alimentos (WFP polas súas siglas en inglés).[68]
A porcentaxe oficial estimada de falantes defrancés einglés é dun 70% e un 30% respectivamente segundo a presidencia da rapública.[69] Oalemán, a lingua dos colonizadores orixinais, foi desprazado hai tempo polo francés e o inglés. Oinglés pidgin camerunés é a lingua franca nos territorios que antigamente estiveron baixo a administración británica.[70] Ocamfranglais, unha mestura do inglés, o francés, e pidgin, foi gañando popularidade nos centros urbanos dende mediados dadécada de 1970.[71][72]
Ademais das linguas coloniais, no país hai aproximadamente 250 linguas máis faladas por case 20 millóns de cameruneses,[73] o que converte ao Camerún nun dos países máis lingüsticamente diversos do mundo.[74]
En 2017, houbo protestas lingüísticas por parte da pobación anglófona contra a percepción de opresión por parte da poboación francófona.[75] Despregouse o exército contra a persoas que se estaban a manifestar e houbo asasinatos, centos de persoas encarceradas, e milleiros fuxiron do país.[76] Isto culminou na declaración de independencia daRepública de Ambazonia,[77] que dende entón converteuse naCrise Anglófona.[75] Estímase que ata xuño de 2020, 740 000 persoas foran desprazadas internamente como resultado da crise.[78]
Camerún ten un alto grao de liberdade e diversidade e relixiosa.[41] A fe maioritaria é ocristianismo, practicada por ao redor de dous terzos da poboación, mentres que oislam conta cunha minoría significativa de en torno a unha cuarta parte. Ademais as crenzas tradiconais continúan a ser practicadas por moitas persoas. A maior concentración de persoas musulmanas encóntrase no norte, mentres que a as cristiás concéntranse principalmente nas rexións do sur e o oeste, aínda que se poden atopar persoas que practican calquera de ambas relixións por todo o país.[80] As grandes cidades contan cunha poboación significativa de ambos grupos.[80] A poboación musulmá no Camerún está dividida ensufís,salafís,[81]xiís, emusulmáns sen denominación.[81][82]
As persoas das provincias do noroeste e suroeste, que formaban parte doCamerún británico, supoñen a maior proporción de protestantes. As rexións francófonas do sur e o oeste son maioritariamente católicas.[80] Os grupos étnicos do sur seguen predominantemente crenzas cristiás ouanimistas tradicionais africanas, ou unha combinaciónsincrética de ambas. A xente cre amplamente na bruxería, e o goberno prohibe estas prácticas.[83] As presuntas bruxas adoitan ser vítimas de violencia colectiva.[41] Informouse que o grupo xihadistaAnsar al-Islam opera no norte de Camerún.[84]
Nas rexións do norte, o grupo étnicofulani localmente dominante é case completamente musulmán, mais a poboación en xeral está dividida case equitativamente entre musulmáns, cristiáns, e seguidores das relixións indíxenas (chamadosKirdi ("pagáns") polos fulani).[80] O grupo étnicobamum da Rexión Oeste é maioritariamente musulmán.[80] As relixións tradicionais nativas son practicadas nas áreas rurais de todo o país, mais son raramente practicadas publicamente nas cidades, en parte porque moitos grupos relixiosos indíxenas teñen un carácter intrinsecamente local.[80]
En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, o Camerún do Oeste usou o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes no Camerún non chega máis aló do nivel primario.
O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).
A calidade da atención sanitaria é xeralmente baixa.[85] A esperanza de vida ao nacer estaba estimada en 56 anos no 2012, dos cales se esperaban 48 anos de vida saludable.[54] A taxa de fertilidade segue a ser alta no Camerún cunha media de 4,8 nacementos por muller e unha idade media da nai no momento do primeiro parto de 19,7 anos.[54] No Camerún hai tan só un médico por cada 5 000 habitantes segundo a Organización Mundal da Saúde.[86] En 2014 só o 4,1 % doPIB foi destinado á sanidade.[87] Debido aos recortes económicos no sistema de saúde, hai pouco profesional sanitario. Os e as profesionais da saúde que se forman no Camerún emigran porque o salario é baixo e a carga de traballo é alta. As enfermeiras están no paro a pesar de que se precisa da súa axuda. Algunhas delas axudan voluntariamente para non perder as súas habilidades.[88] Fora das grandes cidades, as instalacións adoitan estar sucias e mal equipadas.[89]
En 2012, as tres prinncipais enfermidades mortais foron asida, ainfección respiratoria aguda e asenfermidades diarreicas.[54] Entre as enfermidades endémicas encóntranse odengue, afilariose, aleishmaniose, amalaria, aesquistosomiase, e aenfermidade do soño.[90] A taxa de prevalencia daVIH/sida en 2016 estimouse en 3,8 % para as peersoas de 15 a 49 anos,[91] aínda que un forte estigma contra a enfermidade mantén artificialmente baixos o número de casos reportados.[92] En 2016 estimábase que 46 000 nenas e nenos por debaixo dos 14 anos vivían co VIH. En Camerún, o 58 % das persoas que tiñan o VIH coñecen o seu estado, e só o 37 % recibenTAR. En 2016 producíronse 29 000 mortes debido á sida tanto en persoas adultas como en nenas e nenos.[91]
Oplanchado de seos, unha práctica tradicional que é prevalente no Camerún, pode afectar á saúde das nenas.[93][94][95][96] Amutilación xenital feminina, aínda que non está moi estendida, é practicada nalgunhas poboacións; segundo un informe de UNICEF do ano 2013,[97] O 1 % das mulleres no Camerún foron sometidas a esta práctica. A prevalencia de anticonceptivos foi só do 34,4 % en 2014, o que tamén afecta á saúde das mulleres. Amedicina tradicional continúa a ser unha alternativa popular ámedicina baseada na evidencia.[98]
Amúsica e adanza son partes integrais das cerimonias, festivais, reunións sociais, e narracións camerunesas.[99][100] As danzas tradicionais son altamente coreografiadas e separan a mulleres e homes ou prohiben a participación dun sexo por completo.[101] Os propósitos das danzas varían dende o puro entretemento á devoción relixiosa.[100] Tradicionalmente a música transmítese de xeito oral. Nunha actuación típica, un coro de cantantes repite a voz dun solista.[99]
O acompañamento musical pode ser tan sinxelo como dar palmas e golpear cos pés,[102] mais os instrumentos tradicionais inclúen campás portadas por bailaríns, claquetas, tambores etambores parlantes, frautas, trompas, sonajas, güiros, instrumentos de corda, asubíos, e xilófonos; as combinacións destes varían segundo o grupo étnico e a rexión. Algúns intérpretes cantan cancións completas sos, acompañados por un instrumento similar a un arpa.[103]
Os dous estilos musicais máis populares son omakossa e obikutsi. O makossa desenvolveuse en Douala e mestura música folclórica, highlife,soul, emúsica do Congo. Músicos comoManu Dibango,Francis Bebey,Moni Bilé, ePetit-Pays popularizaron o estilo en todo o mundo nas décadas de 1970 ee 1980. O bikutsi orixinouse como música de guerra entre os ewondo. Artistas comoAnne-Marie Nzié desenvolvérono como música de baile popular a partir da década de 1940, e músicos comoMama Ohandja eLes Têtes Brulées popularizárono internacionalmente durante as décadas de 1960, 1970 e 1980.[106][107]
As festividade máis importante asociada co patriotismo en Camerún é oDía Nacional, tamén chamado Día da Unidade. Entre as festividades relixiosas máis importantes encóntrase oDía da Asunción, e oDía da Ascensión, que adoita ter lugar 39 días despois da Pascua. Nas provincias do Noroeste Suroeste, chamadas colectivamenteAmbazonia, o día 1 de outubro é considerado un día nacional, unha data que a poboación considera o día da súa independencia de Camerún.[108]
A moda camerunesa é variada e adoita mesturar elementos modernos e tradicionais.
A relativamente grande e diversa poboación de Camerún é igualmente diversa nas súas modas. O clima, a relixión, a etnia, e as crenzas culturais, así como as influencias coloniais, o imperialismo, e a globalización son factores que inflúen o xeito de vestir camerunés actual. Entre as roupas camerunesas máis destacadas se encontran ospagnes, ossarongs das mulleres camerunesas; achechia un sombreiro tradicional; o kwa, un bolso masculinio; e agandura, un atuendo masculino personalizado.[109] Tanto as mulleres coma os homes empregan mantos etaparrabos, aínda que o seu uso varía segundo a rexión, con influencias dos estilosfulani máis presente no norte, e dosigbo e osiorubad máis frecuentemente no sur e no oeste.[110]Imane Ayissi é un dos deseñadores de moda máis salientados do Camerún e ten recibido recoñecemento internacional.[111]
Unha muller tece unha cesta preto dolago Ossa, naRexión de Litoral. As persoas do Camerún practican este tipo de artesanía en todo o pais.
As artes e artesanía tradicional practícanse en todo o país con fins comerciais, decorativos e relixiosos. As tallas de madeira e as esculturas son especialmente comúns.[112] A alta calidade das terras altas occidentais emprégase para olaría e cerámica.[100] Outros artigos de artesanía inclúen acestaría, traballo de contas, traballo coon latón e bronce, tallado ou pintura decabazas,bordado, e traballo do coiro. Os estilos de vivendas tradicionais empregan materiais locais e vaían dende os refuxios temporais de madeira dos nómadesMbororo ata as casas rectangulares de barro dos pobos do sur. As vivendas de materiais como o cemento e a folla de lata son cada vez máis comúns.[113] Aarte contemporánea está promovida principalmente por organizacións culturais independentes (Doual'art,Africréa) e iniciativas promovidas por artistas (Art Wash,Atelier Viking,ArtBakery).[114]
A literatura camerunesa tense concentrado en temas tanto africanos como europeos. Os escritores da época colonial comoLouis-Marie Pouka eSankie Maimo foron educados por sociedades misioneiras europeas e abogaron por unhaasimilación da cultura europea para levar o país ao "mundo moderno".[115] Logo dasegunda guerra mundial, escritores comoMongo Beti eFerdinand Oyono analizaron e criticaron o colonialismo e rexeitaron a asimilación.[116][117][118] Na década de 1960, ademais de Mongo Beti e Ferdinand Léopold Oyono, outros escritores exploraron o postcolonialismo, os problemas do desenvolvemento africano, e a recuperación da identidade africana.[119]
En 2014,Imbolo Mbue asinou un acordo dun millón de dólares con Random House polo seu primeiro manuscrito. A novela tituladaBehold the Dreamers segue as tribulacións dun inmigrante camerunés e un executivo deLehman Brothers durante a crise financeira de 2008.[122][123]
Pouco despois da independencia do país, cineastas comoJean-Paul Ngassa eThérèse Sita-Bella exploraron temas similares.Shortly after independence, filmmakers such asJean-Paul Ngassa andThérèse Sita-Bella explored similar themes.[124][125] a mediados da década de 1970, cineastas comoJean-Pierre Dikongué Pipa eDaniel Kamwa abordaron os conflitos entre as sociedades tradicional e postcolonial. Nas seguintes dúas décadas os filmes, do mesmo xeito que a literatura, centráronse máis en temas exclusivamente cameruneses.[126]
Outros logros destacados da selección de fútbol do Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, naCopa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de"Os Leóns Indomables".
Ocricket ten entrado tamén on Camerún como deporte emerxente, coa Ferecarión Camerunesa de Cricket participando en partidos internacionais.[127]
↑"Cameroon (adj.)"(eninglés). etymonline.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2024.nation in West Africa, its name is taken from the Anglicized form of the former name of the River Wouri, which was called by the Portuguese Rio dos Camarões "river of prawns" (16th century) for the abundance of these they found in its broad estuary.Camarões is from Latincammarus "crawfish, prawn"
↑9,09,1"Bamum"(eninglés). National Museum of African Art, Smithsonian Institution. Arquivado dendeo orixinal o 1 de xaneiro de 2012. Consultado o 4 de maio de 2024.
↑Terretta, M. (2010). "Cameroonian Nationalists Go Global: From Forest Maquis to a Pan-African Accra".The Journal of African History(eninglés)51 (2). pp. 189–212.doi:10.1017/S0021853710000253.
↑Takougang, J. (2003). "Nationalism, democratisation and political opportunism in Cameroon".Journal of Contemporary African Studies(eninglés)21 (3). pp. 427–445.doi:10.1080/0258900032000142455.
↑41,041,141,241,341,441,5"Cameroon ". Country Reports on Human Rights Practices, 6 March 2007. Bureau of Democracy, Human Rights, and Labor, U.S. Department of State. Consultado o 6 de abril de 2007.
↑"World Refugee Survey 2008"(en e). U.S. Committee for Refugees and Immigrants. 19 de xuño de 2008. Arquivado dendeo orixinal o 2 de outubro de 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
↑Ani, Kelechi Johnmary, Gabriel Tiobo Wose Kinge, and Victor Ojakorotu. "Political crisis, protests and implications on nation building in Cameroon." African Renaissance 15.Special Issue 1 (2018): 121–139
↑Pew Forum on Religious & Public life. 9 August 2012. Retrieved 29 October 2013
↑Geschiere, Peter (1997).The Modernity of Witchcraft: Politics and the Occult in Postcolonial Africa. Charlottesville: University Press of Virginia, pp. 169–170,ISBN0813917034.
↑Rose Futrih N. Njini (decembro de 2012)."The need is so great"(eninglés). D+C Development and Cooperation/ dandc.eu. Arquivado dendeo orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 1 de abril de 2024.
↑Lantum, Daniel M., and Martin Ekeke Monono (2005). "Republic of Cameroon",Who Global Atlas of Traditional, Complementary and Alternative Medicine.World Health Organization, p. 14.
↑Nkolo, Jean-Victor, and Graeme Ewens (2000). "Cameroon: Music of a Small Continent".World Music, Volume 1: Africa, Europe and the Middle East. Londres: Rough Guides Ltd., p. 43,ISBN1858286352.
↑Keke, Reginald Chikere. "Southern Cameroons/Ambazonia Conflict: A Political Economy",Theory & Event 23.2 (2020): 329–351.
DeLancey, Mark W.; DeLancey, Mark Dike (2000).Historical Dictionary of the Republic of Cameroon (3rd ed.). Lanham, Maryland: The Scarecrow Press.ISBN978-0810837751.