Ocambio climático é a variación global doclima daTerra a diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos:temperatura,precipitacións,nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home nabiosfera.
A expresión moitas veces úsase de xeito reducionista para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, como sinónimo dequecemento global. OUNFCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) usa o termocambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas. Ó producido por causas naturais denomínaovariabilidade climática. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresióncambio climático antropoxénico.
Esquema ilustrativo dos principais factores que provocan os cambios climáticos da Terra. A actividade industrial ten aumentado de xeito rápido a súa importancia, mentres as variacións da actividade solar teñen sido historicamente o factor máis importante.
Oclima é unha media, a unha escala de tempo dada, datemperie outempo atmosférico. Sobre o clima inflúen moitos fenómenos; consecuentemente, cambios nestes fenómenos provocan cambios climáticos: un cambio na emisión doSol, nacomposición da atmosfera, na disposición doscontinentes, nascorrentes mariñas ou naórbita da Terra pode modificar a distribución de enerxía e obalance radiativo terrestre, alterando así profundamente o clima planetario. Segundo o criterio de lugar de onde proveñen, estas influencias pódense clasificar en externas e internas á Terra. As externas tamén reciben o nome de forzamentos dado que normalmente actúan de forma sistemática sobre o clima, aínda que tamén os hai aleatorios como é o caso dos impactos demeteoritos. A influencia humana sobre o clima en moitos casos considérase forzamento externo xa que a súa influencia é máis sistemática cacaótica, pero tamén é certo que ohomo sapiens pertence á propiabiosfera terrestre podéndose considerar tamén como internas segundo as definicións que se usen. Nas causas internas encontramos unha maioría de factores non sistemáticos ou caóticos. É neste grupo onde se encontran os factores amplificadores e moderadores que actúan en resposta ós cambios introducindo unha variable máis ó problema xa que non só hai que ter en conta os factores que actúan senón tamén as respostas que ditas modificacións poden supor. Por todo iso o clima é considerado unsistema complexo en toda regra. Segundo que tipo de factores dominen a variación do clima será sistemática ou caótica. Disto depende aescala de tempo e que se observe a variación xa que poden quedar patróns regulares de baixa frecuencia ocultos en variacións caóticas de alta frecuencia e viceversa.
A temperatura media daTerra depende, en gran medida, dofluxo deradiación solar que recibe. Así a todo, debido a que esa achega deenerxía case non varía na escala temporal humana, non se considera que sexa unha contribución importante para a variabilidade climática actual. Isto sucede porque oSol é unhaestrela detipo G en fase desecuencia principal, resultando moi estable. O fluxo de radiación é, ademais, o motor dosfenómenos atmosféricos xa que achega a enerxía necesaria áatmosfera para que estes se produzan.
Por outro lado, a longo prazo as variacións fanse apreciables xa que o Sol aumenta a súaluminosidade a razón dun 10% cada 1000 millóns de anos. Debido a este fenómeno, na primitivaTerra quente que sustentou o nacemento davida, hai 3800 millóns de anos, o brillo do Sol era un 70% do actual.
As variacións nocampo magnético solar e, polo tanto, nas emisións devento solar, tamén son importantes, xa que a interacción da alta atmosfera terrestre coas partículas provenientes do Sol pode xerar reaccións químicas nun sentido ou outro, modificando a composición do aire e das nubes así como a formación destas.
Se ben aluminosidade solar se mantén practicamente constante ó longo de millóns de anos, non ocorre o mesmo coaórbita terrestre. Esta oscila periodicamente, facendo que a cantidade media deradiación que recibe cada hemisferio flutúe ó longo do tempo, e estas variacións provocan as pulsacións glaciares a modo de veráns e invernos de longoperíodo. Son os chamados períodosglaciais e interglaciais. Hai tres factores que contribúen a modificar as características orbitais facendo que a insolación media nun e noutrohemisferio varíe aínda que non o faga ofluxo de radiación global. Trátase daprecesión dos equinoccios, aexcentricidade orbital e aoblicuidade da órbita ou inclinación do eixo terrestre.
En raras ocasións ocorren eventos de tipo catastrófico que cambian a face da Terra para sempre. O último de tales acontecementos catastróficos sucedeu hai 65 millóns de anos. Trátase dos impactos demeteoritos de gran tamaño. É indubidable que tales fenómenos poden provocar un efecto devastador sobre o clima ó liberar á atmosfera grandes cantidades de po debido ó impacto, CO2 e cinzas debido á queima de grandes extensións boscosas. Da mesma forma, tales sucesos poderían intensificar a actividade volcánica en certas rexións. No suceso deChicxulub (noIucatán) hai quen relaciona o período de fortes erupcións en volcáns daIndia co feito de que este continente se sitúe preto dosantípodas do cráter de impacto. Tras un impacto suficientemente poderoso a atmosfera cambiaría rapidamente, ó igual que a actividade xeolóxica do planeta e, mesmo, as súas característicasorbitais.
A Terra sufriu moitos cambios dende a súa orixe hai 4600millóns de anos. Hai 225 millóns de anos tódoloscontinentes estaban unidos, formandoPanxea, e había un océano universal chamadoPantalasa. Esta disposición favoreceu o aumento dascorrentes oceánicas e provocou que a diferenza de temperatura entre oEcuador e oPolo fose moitísimo menor ca na actualidade. Atectónica de placas separou os continentes e púxoos na situación actual. Oocéano Atlántico foise formando dende hai 200 millóns de anos.
A deriva continental é un proceso sumamente lento, polo que a posición dos continentes fixa o comportamento do clima durante millóns de anos. Hai dous aspectos a ter en conta. Por unha parte, aslatitudes nas que se concentra a masa continental: se as masas continentais están situadas en latitudes baixas haberá poucosglaciares continentais e, en xeral, temperaturas medias menos extremas. Así mesmo, se os continentes se achan moi fragmentados haberá menos continentalidade.
Variacións do CO2, temperatura e po tomados de testemuñas de xeo enVostok nos últimos 400.000 anos.
Aatmosfera primitiva, cuxa composición era parecida ánebulosa inicial, perdeu os seus elementos volátiles H2 e He, gases moi lixeiros que se elevan na atmosfera e pasan ó medio superior nun proceso chamadodesgasificación, e substituíunos polosgases procedentes dasemisións volcánicas do planeta, especialmente CO2, dando lugar a unha atmosfera de segunda xeración. En dita atmosfera son importantes os efectos dos gases de invernadoiro emitidos de forma natural envolcáns e sumidoiros termais. Por outro lado, a cantidade deóxidos de xofre e outrosaerosoles emitidos polos volcáns contribúen ó contrario, a arrefriar a Terra, ó facela máisreflectante. Do equilibrio entre ambas as emisións sairá unbalance radioactivo determinado.
Coa aparición da vida na Terra sumouse como axente incidente o total de organismos vivos, abiosfera. Inicialmente, unha maioría de organismosfotosintéticos capturaron gran parte do abundanteCO2 da atmosfera primitiva e emitiron gran cantidade deosíxeno. Isto foi modificando a atmosfera, o que propiciou a aparición de novas formas de vidaaerobias que se aproveitaban da nova composición doaire. Aumentou así o consumo deosíxeno e diminuíu o consumo neto de CO2 chegándose a outro equilibrio diferente e formándose a atmosfera de terceira xeración actual. Este delicado equilibrio entre o que se emite e o que se absorbe faise evidente no ciclo do CO2, a presenza do cal flutúa ó longo do ano segundo as estacións de crecemento dasplantas.
As correntes oceánicas, ou mariñas, son un factor regulador doclima que actúa como moderador, suavizando as temperaturas de rexións comoEuropa. Un exemplo claro é acorrente do golfo, que remata o seu percorrido superficial nunhacorrente termohalina que, axudada pola diferenza de temperaturas e desalinidade, se afunde noAtlántico Norte.
Algúns científicos (como Matthew Schmidt, do Instituto Tecnolóxico de Xeorxia[2]) están estudando o desxeo doocéano Ártico, arredor doPolo Norte e o cambio de salinidade da auga que se está producindo. Esta mudanza podería provocar a paralización ou grandes cambios na corrente do Golfo.
Da mesma forma que ovento solar pode afectar ó clima de forma directa, as variacións nocampo magnético terrestre poden afectalo de maneira indirecta xa que, segundo o seu estado, detén as partículas emitidas polo Sol. Comprobouse que en épocas pasadas houbo inversións de polaridade magnética e grandes variacións na súa intensidade, chegando a estar case anulado nalgúns momentos. Sábese tamén que ospolos magnéticos, se ben tenden a encontrarse próximos óspolos xeográficos, nalgunhas ocasións aproximáronse óEcuador. Estes sucesos tiveron que influír na maneira en que o vento solar chegaba á atmosfera terrestre.
O home é o último dos axentes climáticos de importancia, incorporándose á listaxe hai relativamente pouco tempo. A súa influencia comezou coadeforestación de bosques para convertelos en terras decultivo epastoreo, e chegou á emisión abundante de gases que producen un efecto invernadoiro: CO2 en fábricas e medios de transporte emetano en granxas de gandaría intensiva e arrozais. Actualmente tanto as emisións de gases como a deforestación incrementáronse ata tal nivel que parece difícil que se reduzan a curto e medio prazo, polas implicacións técnicas e económicas das actividades involucradas.
O feito de que en setembro de2020 o fume dos incendios na costa oeste dosEUA chegase aEuropa dá unha imaxe do impacto ambiental que poden ter os incendios forestais, amais doutra morea de causas produtoras de CO2 e outros gases deefecto invernadoiro derivadas das actividades humanas.[3]
Estase a considerar en moitos países, e noutros xa é efectiva, a introdución dunha taxa sobre o consumo de combustibles pola emisión de dióxido de carbono que producen, e en relación co impacto ambiental da produción. Así, estímase (2019) que a non introdución dunha taxa efectiva sobre o dióxido de carbono producido nos EUA pode aumentar o custo adicional do impacto do cambio climático en 1 billón de dólares se se dilata 1 ano, 24 billóns se son 5 anos e 100 billóns se son 10 anos.[4]
Moitos dos cambios climáticos importantes danse por pequenos desencadeamentos causados polos factores que se citaron, xa sexan forzamentos sistemáticos ou sucesos imprevistos. Ditos desencadeamentos poden formar un mecanismo que se reforza a si mesmo (retroalimentación ou "feedback positivo") amplificando o efecto. Así mesmo, a Terra pode responder con mecanismos moderadores ("feedbacks negativos") ou cos dous fenómenos á vez. Do balance de tódolos efectos sairá algún tipo de cambio máis ou menos brusco pero impredicible a longo prazo xa que o sistema climático é unsistema caótico ecomplexo.
A Terra vista dende o Apolo 17.
Un exemplo defeedback positivo é oefectoalbedo, un aumento da masa xeada que incrementa a reflexión da radiación directa e, por conseguinte, amplifica o arrefriamento. Tamén pode actuar á inversa, amplificando o quecemento cando hai unha desaparición de masa xeada. Tamén é unha retroalimentación a fusión doscasquetes polares, xa que crean un efecto de estancamento polo cal as correntes oceánicas non poden cruzar esa rexión. No momento en que comeza a abrirse o paso ás correntes contribúese a homoxeneizar as temperaturas e favorece a fusión completa de todo o casquete e a suavizar as temperaturas polares, levando o planeta a un maior quecemento ó reducir o albedo.
A Terra tivo períodos cálidos sen casquetes polares e recentemente viuse que hai unha lagoa noPolo Norte durante o verán boreal, polo que oscientíficosnoruegueses predín que en 50 anos oÁrtico será navegable nesa estación. Un planeta sen casquetes polares tamén pode permitir unha mellor circulación das correntes mariñas, sobre todo no hemisferio norte, e diminuír a diferenza de temperatura entre oecuador e osPolos.
Tamén hai factores moderadores do cambio. Un é o efecto da biosfera e, máis concretamente, dos organismos fotosintéticos (fitoplancto,algas eplantas) sobre o aumento do dióxido de carbono na atmosfera. Estímase que o incremento de dito gas comportará un aumento no crecemento dos organismos que fagan uso del, fenómeno que se comprobou experimentalmente nolaboratorio. Os científicos cren, porén, que os organismos serán capaces de absorber só unha parte e que o aumento global de CO2 proseguirá.
Hai tamén mecanismos retroalimentadores para os cales é difícil aclarar en que sentido actuarán. É o caso dasnubes. Actualmente chegouse á conclusión, mediante observacións dende o espazo, de que o efecto total que producen as nubes é de arrefriamento[5]. Pero este estudo só se refire ás nubes actuais. O efecto neto futuro e pasado é difícil de saber xa que depende da composición e formación das nubes.
Os datos actuais conducen a que o 90% da calor extra naatmosfera foi absorbido poloocéano, a máis da absorción de dióxido de carbono, estimada nun terzo da produción antropoxénica anual, que contribuíu a diminuír a importancia do efecto invernadoiro causado polo aumento de dito gas.[6]
Aínda que en liñas xerais os diversos factores son coñecidos e recoñecidos, existen grandes lagoas de coñecemento sobre a súa importancia. así, un estudo liberado en2020 sinala que osocéanos están absorbendo moito máis dióxido de carbono do esperado, con implicacións directas para a evolución futura do clima.[7]
Os estudos doclima pasado (paleoclima) realízanse estudando osrexistros fósiles, as acumulacións desedimentos nos leitos mariños, as burbullas de aire capturadas nosglaciares, os sinaiserosivos nasrochas e as marcas de crecemento dasárbores. Con base en todos estes datos púidose confeccionar unha historia climática recente relativamente precisa, e unha historia climática prehistórica con non tan boa precisión. A medida que se retrocede no tempo os datos redúcense e chegado un punto aclimatoloxía sérvese só de modelos de predición futura e pasada.
A partir dos modelos deevolución estelar pódese calcular con relativa precisión avariación do brillo solar a longo prazo, polo cal se sabe que, nos primeiros momentos da existencia daTerra, oSol emitía o 70% da enerxía actual e atemperatura de equilibrio era de -41 °C. Porén, hai constancia da existencia deocéanos e devida dende hai 3800 millóns de anos, polo que oparadoxo do Sol feble só pode explicarse por unhaatmosfera con moita maiorconcentración de CO2 cá actual e cun efecto invernadoiro máis grande.
A atmosfera inflúe fundamentalmente no clima a través do efecto invernadoiro. Se non existise, a temperatura na Terra sería de -20 °C. A atmosfera compórtase de maneira diferente segundo alonxitude de onda daradiación. O Sol pola súa altatemperatura emite fundamentalmente a 5micrómetros e a atmosfera deixa pasar a radiación. A Terra ten unha temperatura moito menor, e reemite parte da radiación pero a unha lonxitude moito máis longa, duns quince micrómetros, para a que a atmosfera xa non é transparente. OCO2 que está actualmente na atmosfera, nunha proporción de máis de 400p.p.m. (2019[8]), absorbe esta radiación ó igual cóvapor de auga. O resultado é que a atmosfera se quenta e devolve á terra parte desa enerxía polo que a temperatura superficial é duns 15 °C, e dista moito do valor de equilibrio sen atmosfera. A este fenómeno chámaselle oefecto invernadoiro, do que o CO2 e o H2O son os principais responsables. Grazas ó efecto invernadoiro podemos vivir, e a variación química da atmosfera fai que a súa intensidade varíe.
A concentración de CO2 e outros importantesgases invernadoiro coma ometano púidose medir a partir das burbullas atrapadas no xeo e mostras de fondos mariños, o que permitiu observar que flutuou ó longo das eras. Descoñécense as causas exactas polas cales se producirían estas diminucións e aumentos aínda que hai varias hipóteses en estudo. O balance é complexo xa que aínda que se coñecen os fenómenos que capturan CO2 e os que o emiten a interacción entre estes e o balance final é dificilmente calculable.
Durante as últimas décadas as medicións nas diferentes estacións meteorolóxicas indican que o planeta está a se quentar. No século XXI, os primeiros 10 anos foron os máis calorosos dende que se levan rexistros,[9] e os científicos anuncian que no futuro serán aínda máis quentes. A maioría dos expertos están de acordo en que os humanos exercen un impacto directo sobre este proceso, xeralmente coñecido como oefecto invernadoiro. A medida que o planeta quece, os casquetes polares fúndense. Dado que aneve ten un elevadoalbedo, devolve ó espazo a maior parte de radiación que incide sobre ela. A diminución de ditos casquetes tamén afectará, pois, ó albedo terrestre, o que fará que a Terra se quente aínda máis. Oquecemento global tamén ocasionará que seevapore máis auga dos océanos. Ovapor de auga actúa como un gas invernadoiro. Así pois, haberá un maior quecemento. Isto produce o que se chamaefecto amplificador. Da mesma forma, un aumento da nubosidade debido a unha maior evaporación contribuirá a un aumento do albedo. A predición vese dificultada polo balance cambiante das retroalimentacións positivas e negativas.
Naturalmente, hai efectos compensadores. O CO2 xoga un importante papel no efecto invernadoiro: se a temperatura é alta, favorécese o seu intercambio cos océanos para formarcarbonatos, acidificando o mar. Entón o efecto invernadoiro decae e a temperatura tamén. Se a temperatura é baixa, o CO2 acumúlase porque non se favorece a súa extracción co que aumenta a temperatura. O CO2 desempeña pois un papel regulador.
Coa aparición dasplantas, na Terra produciuse afotosíntese. As plantas absorben CO2 e emitenO2. A súa acumulación na atmosfera favoreceu a aparición dosanimais que o usan pararespiraren e devolven CO2. O O2 nunha atmosfera é o resultado dun proceso vivo e non ó revés. Osbosques son pois os pulmóns da Terra. Actualmente os bosques tropicais ocupan a rexión ecuatorial do planeta e entre o Ecuador e o Polo hai unha diferenza térmica media de 50 °C. Hai 65 millóns de anos a temperatura era 8 °C superior á actual e a diferenza térmica entre o Ecuador e o Polo era duns poucos graos. Todo o planeta tiña un clima tropical e apto para os animais dominantes da Terra desta época: osdinosauros. Un cataclismo acabou con eles. Asextincións masivas de animais producíronse periodicamente na historia da Terra.
Ohome apareceu hai uns tres millóns de anos. Dende hai uns dous millóns, a terra sufriuperíodos glaciares durante os cales gran parte deNorteamérica eEuropa quedou baixo grosas capas de xeo durante moitos anos. Logo rapidamente os xeos desapareceron e deron lugar a unperíodo interglaciar no cal vivimos. O proceso repítese cunha periodicidade duns cen mil anos. A última época glacial acabou hai uns quince mil anos e deu lugar a un cambio fundamental nos hábitos do home co descubrimento daagricultura e agandería. A mellora das condicións térmicas provocou o paso doPaleolítico óNeolítico hai uns cinco mil anos.
Calculou ainsolación en latitudes altas do H. Norte ó longo dasestacións. A súa tese afirma que é necesaria a existencia de veráns fríos, en vez de invernos severos, para iniciarse unha idade do xeo. A súa teoría non foi admitida no seu tempo, houbo que esperar a principios dos anos cincuenta,Cesare Emiliani que traballaba nun laboratorio daUniversidade de Chicago, presentou a primeira historia completa que mostraba o avance e retroceso dos xeos durante as últimas glaciacións.
Dende que en1610Galileo inventou otelescopio, o Sol e as súasmanchas foron observados con asiduidade. Non foi ata1851 que o astrónomoH. Schwabe observou que aactividade solarvariaba segundo un ciclo de once anos, con máximos e mínimos. O astrónomo solarE. W. Maunder decatouse de que dende1645 a1715 o Sol diminúe a intensidade do ciclo de once anos e acontece unha época onde case non aparecen manchas, denominadomínimo de Maunder. O Sol e as estrelas acostuman pasar un terzo da súa vida nesta crise e durante elas a enerxía que emite é menor e correspóndese con períodos fríos no clima terrestre. Asauroras boreais ou austrais causadas pola actividade solar desaparecen ou son raras. Houbo 6 mínimos solares similares ó de Maunder dende o mínimo exipcio do ano1300 a. C. ata o último, que é o de Maunder. Pero a súa aparición é moi irregular, con lapsos de só 180 anos, ata 1100 anos, entre mínimos. Por termo medio os períodos de escasa actividade solar duran uns 115 anos e repítense aproximadamente cada 600. Na actualidade estamos no Máximo Moderno que empezou en 1780 cando volve a reaparecer o ciclo de 11 anos. Está previsto que ocorra un novo mínimo antes do ano 2900 d. C. Asemade, prevese un novo período glacial cuxo ciclo é duns cen mil anos, cara ó ano 44 000 d. C.
A finais doséculo XVII o home empezou a utilizar combustibles fósiles que a Terra acumulara no subsolo durante a súa historia xeolóxica. A queima depetróleo egas natural causou un aumento do CO2 na atmosfera, estimable no século XXI en 1,4 p.p.m. ó ano, e produce o conseguinte aumento da temperatura. Estímase que dende que o home mide a temperatura hai uns 150 anos (sempre dentro da época industrial, 1865-2015) esta aumentou 1,5 °C e prevese un aumento acelerado nas próximas décadas.[10]
A principios doséculo XXI oquecemento global parece irrefutable, aínda contando que as estacións meteorolóxicas nas grandes cidades pasaron de estaren na periferia da cidade ó centro desta e o efecto deilla urbana tamén influíu no aumento observado. Dende os últimos anos doséculo XX, as temperaturas medias do último ano adoitan estar repetidamente entre as máis altas observadas.
Retroceso das neves perpetuas (glaciares e xeo nas zonas polares). Estímase que só a perda de xeo glaciar, fóra dos polos, ten suposto 9000Xigatoneladas dende1961, supoñendo un aumento do nivel do mar de 27 mm.[12] Dende 1992, estímase que a subida do nivel do mar relacionada coa cantidade de auga vertida ó océano dende os continentes pola fusión de xeo continental é de 21 mm, cousa de dous terzos debidos ó desxeo enGroenlandia e un terzo ó desxeo naAntártida.[13] En conxunto, a fusión de xeo de ámbolosdous lugares estímase que produce o 45 % da elevación total do mar.[14]
Aumento acelerado do nivel do mar, estimado en 3,2 mm/ano no período1992-2019 e 4,8 mm/ano na actualidade (2019), afectando á arredor do 10 % da poboación mundial, que vive en zonas costeiras baixas.[15][14][16]
Aumento das diferenzas de temperaturas en diferentes momentos, mesmo acadando mínimas en moito[17] tempo despois de acadar máximas absolutas.[18]
As marcas climáticas son batidas ano tras ano. O ano2018 foi o ano coa cuarta temperatura media dende que existen rexistros, e cada vez vese mellor a tendencia ascendente das temperaturas.[20] No verán de2020 acadáronse os 38 °C enVerkhoiansk (67º 33' N), e 21,9 °C a 80º N, na estaciónNunavut (Canadá),[21]
O efecto do quecemento climático non é igual en tdos os contornos terrestres. Así, a zona doÁrtico estase a quecer dúas ou tres veces máis rápido que a media.[21] No 2019 sufriu a máxima perda de xeo no verán (constatada ata 2023), perdendo 444 000 millóns de toneladas só Groenlandia.[13]
Na tempada 2020/2021 a falta de xeo noÁrtico está a bateu novas marcas, constatándose a diminución do groso da capa de xeo pola denominada 'atlantificación', a inxección de auga cada vez máis cálida a partir doAtlántico, non permitindo engrosar o xeo a partir da solidificación na interfase auga líquida-xeo.[22]
Hai que ter en conta que o cambio climático prodúcese a nivel global, mais en contornas particulares poe non notarse ou aínda percibir un certo arrefriamento, como ocorre coa 'anomalía do Karakorum', onde hai glaciares que mesmo están ampliándose en troques de retroceder.[23]
Amais das medicións feitas sobre a variación climática, téñense xa observado efectos de dita variación, incluída a migración deosos polares ó non atopar comida, invadindo zonas habitadas, a desaparición dun pequeno rato (oBramble Cay melomys) nunha pequena illa australiana ou a desaparición de algas de gran tamaño (e en consecuencia, diminución de pesca) noCantábrico.[24] Asemade, hai preocupación a nivel mundial pola desaparición docoral.
A fusión acelerada de xeo glacial, coa aparición de grandesiceberg, e a rotura de barreiras de contención de xeo para evitar o seu desaugadoiro no mar están sendo asemade cada vez máis dramáticos. Así, no verán de2020 desintegrouse parte da maior barreira do hemisferio norte, a zonaSpalte dabarreira 79N.[25] No 2020 a subida do nivel do mar debido ó desxeo das capas de xeo permanente enGroenlandia e naAntártida supera como causa á expansión debido ó quecemento da auga do mar.
As primeiras medicións da altura da superficie mariña débense ó satélite franco-estadounidenseTopex-Poseidon, sucedido por tres misiónsJason, e, en 2020, porCopernicus Sentinel-6. Os seus datos amosan que, desde1993, o nivel do mar mundial ten subido de media algo máis de 3 mm/ano, e nos últimos anos os océanos teñen subido de media 4,8 mm/ano,[26][27] estimando que se duplicou a velocidade de suba entre finais do século XX e os anos 2020, tendo aumentado dende o comezo do século XX uns 0,2m.[28][29] No 2019 un informe doGrupo intergobernamental sobre o cambio climático amosou como previsión que a finais do século XXI o mar podería ter subido por termo medio entre 0,29 m e 1,1 m.[30] Do incremento a comezos do século XXI, estímase que un terzo corresponde ádilatación térmica mariña e os dous terzos restantes, ó derretemento dos xeos sobre os continentes e á liberación de auga do subsolo.[31]
Outros efectos inclúen a diminución dopermafrost, coa liberación demetano e con iso, a realimentación do proceso de quecemento. Ademais, desestabiliza o chan, causando prexuízos diversos, como o colapso do depósito que liberou 20 000 toneladas de petróleo preto deNorilsk (Siberia).[21]
Estímase que os glaciares europeos teñen perdido ata o 39% do seu volume nas dúas primeiras décadas do século XXI. De media, nese período, os glaciares a nivel mundial perderon 273 miles de millóns detoneladas de xeo por ano, equivalente a unha subida anual do nivel do mar de 0,75 mm. A perda de glaciares supón a máis, un desafío de subministro de auga para moitas poboacións, particularmente en Asia central e os Andes.[32]
Aumento da salinidade da auga arredor da Antartida
A temperatura media da superficie do mar está a medrar dende hai tempo, e faino dun xeito acelerado, estimándose que entre 2019 e 2023 aumentou a razón de 0,027 °C/ano, 4,5 veces máis rápido que o facía nos anos 1985-1989, de 0,006 °C/ano.[34]
O cambio climático inflúe na cantidade e distribución de chuvias sobre o globo terrestre, producindo fenómenos de seca e inundacións de xeito máis frecuente e incisivo, como es está a producir a comezos dos2020 enCalifornia, con extrema seca de varios anos e inundacións a comezos do2023, ou está sendo seguido polaESA, comprobando a diminución de precipitacións no sur deEuropa.[35]
A finais da segunda década do século XXI comezaron a poñerse en práctica diversas medidas para diminuír a emisión de gases que aumentan o efecto invernadoiro, ó tempo que se estudan efectos compensadores ou sumidoiros de CO2, mais non é de esperar que efectos naturais (sexa a absorción de gas polo océano, un mínimo solar etc) poidan compensar dun xeito rápido e mantido os efectos antropoxénicos. Ó tempo, está comezando a adaptación ó cambio non só pola distribución da vida (migracións, variación da cota de altura límite de endemismos...) senón tamén en detalles mínimos das persoas e organización social.[36]
NoCretáceo, sen intervención humana, a cantidade de CO2 era máis elevada cá actual, e a Terra tiña unha temperatura media máis cálida. A pesar diso a humanidade ten que adquirir conciencia ecolóxica e diminuír as emisións de CO2, impedir a destrución da capa deozono ou nondeforestar en exceso, pois a evidencia indica que o aumento actual antropoxénico de gases de invernadoiro, de non cambiar, leva o clima a un punto de alteración sen retorno que modificará de xeito irreversible as condicións da vida no planeta. Comeza a haber mobilizacións polo clima, como a 'folga escolar polo clima'.
Como se ten dito, o dióxido de carbono cumpre un papel regulador fundamental no noso planeta, así a todo, o CO2 non pode conxugar calquera desvío e mesmo ás veces pode fomentar un efecto invernadoiro desbocado mediante un proceso de retroalimentación.
Venus ten unha atmosfera cuxapresión é 94 veces a terrestre, e está composta nun 97% de CO2. A inexistencia de auga impediu a extracción doanhídrido carbónico da atmosfera, este acumulouse e provocou unefecto invernadoiro intenso que aumentou a temperatura superficial ata 465 °C, capaz de fundir ochumbo. Quizais a menor distancia ó Sol fose determinante para sentenciar o planeta ás condicións infernais que vive na actualidade. Hai que recordar que pequenos cambios poden desencadear un mecanismo retroalimentador e se este é suficientemente poderoso pódese chegar a descontrolar dominando por encima de tódolos demais factores ata dar unhas condicións extremas coma as de Venus. Toda unha advertencia sobre o posible futuro que podería deparar á Terra.
EnMarte a atmosfera ten unha presión de só seismilibares, polo que aínda que está composta nun 96% de CO2, o efecto invernadoiro é escaso e non pode impedir nin unha oscilación diúrna da orde de 55 °C na temperatura, nin as baixas temperaturas superficiais que acadan as mínimas de -86 °C en latitudes medias. Pero parece ser que no pasado gozou de mellores condicións chegando a correr a auga pola súa superficie como amosan a multitude de canles e vales de erosión. Pero iso foi debido a unha maior concentración de dióxido de carbono na súa atmosfera. O gas proviría das emanacións dos grandesvolcáns marcianos que provocarían un proceso de desgasificación semellante ó acaecido no noso planeta. A diferenza substancial é que odiámetro de Marte mide a metade que o terrestre. Isto quere dicir que a calor interna era moito menor e se arrefriou hai xa moito tempo. Sen actividade volcánica Marte estaba condenado e o CO2 foise escapando da atmosfera con facilidade dado que ademais ten menos gravidade que na Terra, o que facilita o proceso. Tamén é posible que algún proceso de tipo mineral contribuíse a absorber o CO2 e ó non verse compensado polas emanacións volcánicas provocase a súa diminución drástica. O caso é que o planeta se arrefriou progresivamente ata conxelar o pouco CO2 nos actuaiscasquetes polares.
No estudo do cambio climático hai que considerar cuestións pertencentes ós máis diversos campos daCiencia:Meteoroloxía,Física,Química,Astronomía,Xeografía,Xeoloxía eBioloxía teñen moitas cousas que dicir constituíndo este tema un campo multidisciplinar. As consecuencias de comprender ou non plenamente as cuestións relativas ó cambio climático teñen profundas influencias sobre a sociedade humana debendo abordarse estas dende puntos de vista moi distintos ós anteriores, como oeconómico ou opolítico.