Camberra[1][2][3][4] (eninglés: Canberra) é a capital deAustralia, e cunha poboación de 410 300 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte doTerritorio da Capital Australiana, 280 km ao suroeste deSidney, e 650 km ao nordeste deMelbourne. A territorio de Camberra foi elixido como sede da capital do país en1908 tralo acordo entre as cidades deSidney eMelbourne, a dúas cidades maiores deAustralia. Camberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto deChicago,Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Camberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados polaprimeira esegunda guerra mundial e aGran Depresión, Camberra emerxeu como unha cidade próspera trala fin da segunda guerra mundial.
Parlamento de Australia.
Como sede do goberno deAustralia, en Camberra atópanse aParlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe doPIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Camberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais.
Academia das Ciencias
Camberra divídese en distritos:
North Canberra, construíuse primordialmente entre as década de 1920 e 1930, medrando na de 1960, hoxe comprende 14 barrios
South Canberra, desenvolveuse entre os anos 1920 e 1960, 13 barrios
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed.Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 120.ISBN84-9749-199-8. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.