Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Calzado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ocalzado é a parte da indumentaria empregada para protexer os pés. Adquire moitas formas, comozapatos, sandalias, alpargatas, botas oudeportivas.

O calzado é vestido por unha gran variedade de motivos, incluíndo a protección do pé, ahixiene ou o simpleadorno. A miúdo empréganse medias oucalcetíns ó vestir calzado.

Historia

[editar |editar a fonte]
Persas con sandalias enPersépole.

Os antigos exipcios empregaban como calzado unha especie de alpargatas feitas conpalma ou cortiza depapiro.

Osgregos adoitaban calzar os altoscoturnos, que chegaban até o papo da perna e foron logo adaptados polosromanos. Unha variante concreta dese calzado era a usada no teatro, con solas moi grosas, decortiza, que realzaban a estatura dos actores tráxicos.Pitágoras obrigou ós seus discípulos a usar un calzado igual ó dos exipcios e ó cal debía o nome debaxea. Nos baixorrelevos dePersépole vense persas representados cunha especie de sandalias e noutros monumentos gregos, os bárbaros están cun calzado que os romanos chamabanaluta luxior. Nos tempos heroicos, os gregos só levaban calzado cando saían ó campo: o dos homes era unha especie de botíns de coiro e o das mulleres consistía nunhas sandalias que adoitaban adornar con marfil,prata,ouro e pedras preciosas en tempos máis adiantados que os heroicos.

Licurgo só permitía usar calzado na guerra, na caza e cando se viaxaba de noite. Osespartanos usaban un zapato chan que envolvía todo o pé formado de coiro colorado. O das doncelas era moi alto, e o das matronas dunha altura media. Osatenienses chegaron a coñecer diferentes especies de calzado a modo de botas e zapatos de coiro negro.

Calzado.

Os romanos non levaban calzado ó principio pero logo introduciuse coa moda e enCicerón lemos que no seu tempo usaron os mozos disolutos un calzado chamadosicyonium. Coñecéronse diferentes especies de calzado a saber: ocalceus, omuleus, ophaecasium, para calzado enteiro feito dun coiro chamadoaluta; asoleá, acaliga, acrépida, abaxea, osandalium, ocoturno eran solas sinxelas atadas sobre o pé con cintas ou correas. Eran de diferentes cores aínda que xeralmente negras. Os emperadores e triunfadores usábanos colorado. Nas súas casas, usaban os romanos asolea que servía de chinela. O calzado das mulleres adoitaba ser branco. Os senadores usaban unhas medias botas negras levando sobre o nocello unha especie de hebilla, chamadalúa outintilla a cal tiña a forma dunha C para indicar que nun principio os senadores patricios non eran máis que cento. Os antigos adoitaban deixar o calzado para comer a fin de non ensuciar os coxíns sobre que se recostaban e os escravos encargados de descalzar e calzar ós señores denomínansesandaligeruli.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Calzado&oldid=6791432»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp