Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Calros Silvar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Modelo:BiografíaCalros Silvar
Nome orixinalCarlos Rodríguez Silvar
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1954Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Ferrol, EspañaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de MadridEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante, ilustrador, pintorEditar o valor en Wikidata

BNE: XX859694BUSC: silvar-calros-1954


Carlos Rodríguez Silvar, máis coñecido comoCalros Silvar, nado o31 de decembro de1954 enFerrol, é undebuxante,pintor eilustradorgalego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

En 1977graduouse enArtes Aplicadas, especialidade de Interiorismo, na Escola de Artes e Oficios Artísticos Nº 10 de Madrid. No curso1980 acada o título de profesor deDebuxo pola Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. e en 1982Licenciouse enBelas Artes, especialidade Pintura, polaUniversidade Complutense de Madrid coa tese de licenciaturaUna experiencia de diseño aplicado a la industria cerámica. Sargadelos 1980-1981.

Na súa etapa de estudante de Belas Artes iniciouse comohumorista gráfico,caricaturista,debuxante debanda deseñada e ilustrador naeditorial Codipres, de Madrid, e mais n'A Nosa Terra, de Santiago de Compostela. Dende finais da década dos 1970 até mediados dos 90 colaborou en diversas publicacións periódicas como ilustrador, humorista gráfico e caricaturista (Crash,Can sen Dono,XO!, entre outras), até que centrou a sua actividade no campo editorial, especializándose ao tempo na ilustración danatureza.

Porén, a súa actividade profesional central durante 30 anos foi oDeseño deproduto enporcelana, para oGrupo Sargadelos nas Cerámicas do Castro, Sada. Mas afotografía, odebuxo ou apintura seguiron a ser actividades recorrentes, que se plasmaron en numerosas exposicións e publicacións ou produtos variados (libros de texto e de literatura en xeral, guías de campo, paneis divulgativos, folletos, cartaces, autocolantes, camisolas, anagramas, etc).

No 1985 promove o Colectivo de Creación audiovisual Ollo de Vidro, inserido na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda de A Coruña que, ate a década dos 2000, promove a realización de diaporamas, cursos e exposicións de fotografía ou os populares "Safaris Fotográficos", que dan a coñecer lugares de interese natural e cultural da contorna galega, entre outras actividades no eido audiovisual.

Como debuxante danatureza, destaca a súa colaboración na Colección Baía Verde, de Baía Edicións da Coruñahttps://baiaedicions.gal, destacando as Guía de campo de Aves de Galicia, deXosé Manuel Penas Patiño eCarlos Pedreira López (primeira edición no 1991 e a primeira guía de campo realizada integramente no Estado español); aGuía das árbores de Galicia, de Henrique Niño Ricoi no 1977, ás que seguiron as guías deMamíferos de Galicia, dasMacroalgas, dosFentos, aGuía Micolóxica, dosAnfíbios e réptiles e dasLibélulas.https://baiaedicions.gal/156-natureza

Algunhas destas guías adaptáronse para SUA Edizioak,https://sua.eus/es/sua-edizioak/, que tiróu aGuía de árboles de Euskal Herria, deHenrique Niño Ricoi e máis aGuía de aves de Euskal Herria, de Penas Patiño e Pedreira Lópezhttps://www.todostuslibros.com/libros/euskal-herriko-hegaztien-gida_978-84-8216-736-7 e tamén coa editorial catalán Cossetania,https://lafinestralectora.cat/editorials/cossetania/[1]

Tamén é un dos autores das ilustracións da obra en dous volumesAtlas de vertebrados de Galicia, editado en 1995 polaSociedade Galega de Historia Natural e oConsello da Cultura Galega.

Así mesmo, é o autor e ilustrador da colecciónA Nosa Natureza, de Promocións Culturais Galegas - A Nosa Terra,https://egu.xunta.gal/es/termo/173709/promocions-culturais-galegas-s-public sobre diversos aspectos da natureza, narrados didacticamente e co asesoramento de especialistas en cada materia.

Desde2014 ate o 2019 é propietario de ACADA Comunicación S. L., sociedade localizada enSada.https://www.informa.es/directorio-empresas/Empresa_ACADA-COMUNICACION.html

Na súa última etapa como ilustrador en activo, ten colaborado nas Guías desplegables de Tundra edicioneshttps://www.tundraediciones.es/index.php?lang=es

Na actualidade participa nas actividades ambientais da Sociedade Galega de Historia Naturalhttps://sghn.org; na Fundación para a custodia do territorio Fragas do Mandeohttps://www.fragasdomandeo.org/?lang=es, no eido da fotografía, no Colectivo Ollo de Vidrohttps://acalexandreboveda.gal, ao tempo que mantén certa actividade como ilustrador colaborando en diversos proxectos editoriais e publicitarios conhttps://www.candidopazos.com

Obras (escolma)

[editar |editar a fonte]
  • Cuadernos de Naturaleza Tundra. Helechos. Tundra editorial, 2022.
  • Cuadernos de Naturaleza Tundra. Plantas medicinales. Tundra editorial, 2022.
  • Ferrol, a minha terra (versos ferroláns). Edicións Embora, Ferrol, 2020.
  • Árbores de Bonaval. Museo do Pobo galego. Santiago de Compostela, 2017.
  • Cuadernos de Naturaleza Tundra. Árboles. Tundra editorial, Alicante, 2016.
  • Cuadernos de Naturaleza Tundra. Libélulas. Tundra editorial, 2016.
  • 100arbres fácilment identificables. Cossetánia edicions 2013
  • Guía de Árboles, especies habituales y emblemáticas, revista Euskal Herria, SUA Edizioak, 2012.
  • El Roure. Salvatella, 2012. Barcelona.
  • O Carballo, Baía Edicións, 2012.
  • Aves de Euskal Herria, SUA Edizioak, 2012.
  • Guía de Aves del Pirineo. Revista Pirineos. SUA Edizioak, 2012.
  • Guía das Libélulas de Galicia, Baía Edicións, 2011.
  • Aus. Salvatella, 2010. Barcelona.
  • Arbres. Salvatella, 2010. Barcelona.
  • Bolets. Salvatella, 2010. Barcelona.
  • Cogumelos do Norte de Portugal e Galiza, 2009. Mel Editores (portugués).
  • Plantas Medicinais do Norte de Portugal e Galiza, 2009. Mel Editores (portugués).
  • Guía dos Fentos de Galicia, Baía Edicións, 2008. A Coruña.
  • Plantas Medicinais, A Nosa Terra, 2008. Vigo.
  • Guía dos Mamíferos de Galicia, Baía Edicións, 2007. A Coruña.
  • Las Gentes. Meigas, trasnos e lobishomes. ERA Ediciones, 2007. A Coruña.
  • Non queimes o futuro.Unidade didáctica de primaria. AS-PG, 2006. A Coruña.
  • Cogomelos de Galicia. A Nosa Terra, 2006. Vigo.
  • Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. Baía Edicións, 2006. A Coruña.
  • Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos. Baía Edicións, 2005. A Coruña.
  • Guía de Macroalgas de Galicia. Baía Edicións, 2002. A Coruña.
  • El Mundo de los Animales. Editorial Siruela, 1998. Madrid.
  • Guía das árbores de Galicia. Bahía Edicións, 1997. A Coruña.
  • Vermes e outros invertebrados (Edicións A Nosa Terra, 1997).ISBN 978-84-8913-873-5.
  • Artrópodos (Insectos e Arácnidos) (Edicións A Nosa Terra, 1997).ISBN 978-84-8913-891-9.
  • Observando os vexetais (Edicións A Nosa Terra, 1997).ISBN 978-84-8997-634-4.
  • Orixe e evolución II (Edicións A Nosa Terra, 1995).ISBN 978-84-8913-824-7.
  • O entroido: a vella festa continúa (ConFelipe-Senén López Gómez; Baía Edicións, 1994).ISBN 978-84-8767-442-6.
  • Fungos e cogomelos de Galicia. Unidade didáctica. Bahía Edicións, 1993. A Coruña. (Colección de Unidades didácticas)
  • Guía das aves de Galicia (Baía Edicións, 1991)
  • Baldaio, espazo natural protexido. ADEGA-Bahía Edicións, 1992. A Coruña.
  • Manual de Ornitoloxía. Iniciación ás aves de Galicia. SGHN-Deputación de Pontevedra, 1990.
  • Canles. Lingua galega, 6º e 7º E.X.B. Ed. Xerais, (2 tomos), 1988. Vigo.
  • Os Gazafellos. Colección Barco de vapor. SM-Galaxia, 1987. Vigo.
  • Galicia: A lo claro. Ed. Popular, 1986. Madrid.
  • Galicia: Brujería, superstición y mística. Ed. Penthalon, 1981. Madrid.
  • Historia do pobo de Xesús.De Exipto chamei ó meu fillo. Edicios do Castro, 1980. Sada. (Colección de 10 títulos).
  • Guía das aves de Galicia. Ed. Galaxia, 1980. Vigo.

Premios

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Rodríguez Silvar, Carlos (2013).El roure. L’aventura de viure. Cossetània edicions.ISBN 978-84-9034-031-8. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Calros_Silvar&oldid=6949878»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp