Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

California

Coord.:37°N120°O / 37,-120
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2020.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:California (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaCalifornia
State of California (en)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoI Love You, CaliforniaEditar o valor en Wikidata

Lema«Eureka!»Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialTartán do estado de California (Tartán)
Paspallás de California (ave)
Cantharellus californicus (cogomelo)
Eschscholzia californica (flor)Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Golden State,الولاية الذهبية,Y Dalaith Aur eEl Estado DoradoEditar o valor en Wikidata
EpónimoAs CaliforniasEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 37°N120°O / 37,-120
EstadoEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
CapitalSacramento(1854–)Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación39.538.223(2020)Editar o valor en Wikidata (93,26hab./km²)
Número de fogares13.103.114 (2020)Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie423.970 km²Editar o valor en Wikidata
Auga4,84 %Editar o valor en Wikidata
Bañado porocéano PacíficoEditar o valor en Wikidata
Altitude884 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Whitney (4.421 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoBacía Badwater (−86 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de setembro de 1850Editar o valor en Wikidata
Organización política
• GobernadorEditar o valor en WikidataGavin Newsom(2019–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento estatal de California ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de CaliforniaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-CAEditar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779778Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webca.govEditar o valor en Wikidata
BNE: XX450919

California[1][2] é un dos 50estados dosEstados Unidos de América. Situado na costa norte doocéano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só deAlasca eTexas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades dos Estados Unidos, catro están localizadas en California:Os Ánxeles,San Jose,San Diego eSan Francisco. A súa capital,Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Osespañois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte deMéxico. Os estadounidenses anexionaron California por volta de1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado éThe Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder dafebre dourada de1849, cando as minas deouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e solleiro durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunhanovela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) doséculo XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamadoCalifornia.

Historia

[editar |editar a fonte]
Un asentamento misioneiroespañol, en1792.

O primeiroeuropeo en explorar partes da costa californiana foi oportuguésJoão Rodrigues Cabrilho, en1542. A primeira persoa en explorar toda a costa do actual estado de California foi oinglésFrancis Drake, en1579. A mediados doséculo XVIII, algúns misioneirosespañois instalaron pequenos asentamentos en enormes espazos de terra ao norte do actual estado mexicano deBaixa California. Cando México se tornou independente de España, en1821, California pasou a facer parte do territorio mexicano, e os asentamentos españois foron disolvidos e abandonados.

En1846, durante aGuerra Mexicano-Americana, fundouse aRepública Californiana, e creouse unha bandeira, aBandeira do Oso que mostraba unoso dourado e unhaestrela. A república chegou a un fin súbito cando o almiranteJohn Sloat da mariña norteamericana entrou nabaía de San Francisco, e reivindicou California para os Estados Unidos.

Despois do fin da guerra, California dividiuse entre os Estados Unidos e México. A porción mexicana, Baixa California, foi posteriormente dividida en dúas,Baixa California eBaixa California Sur. A porción adquirida polos estados Unidos, a Alta California, forma a actual California norteamericana. En1848, California posuía unha poboación, a maioría hispana e amerindia, de aproximadamente 10.000 habitantes. Despois do descubrimento de ouro, porén, a poboación expandiuse, con persoas do resto do país indo ao estado na carreira do ouro de California. O9 de setembro de1850 declarouse oficialmente como o 31º estado americano.

Durante aGuerra Civil Americana, a maioría da poboación californiana (preto do 70%) apoiaba aos estadossuristas, mentres que só o 30% apoiaba aos do norte. Mesmo así, California participou activamente na guerra, do lado dos estados do norte, e moitas tropas californianas loitaron do lado daUnión, contra as forzas daConfederación.

Unha conexiónferroviaria intercontinental entre a costa Pacífica e a costa atlántica, inaugurada en1869, contribuíu ao crecemento de poboación de California, traendo persoas do resto do país, que descubriron que o estado estaba moi ben dotado para a práctica daagricultura en xeral.

Actualmente, California é a maior produtora de produtos agropecuario dos Estados Unidos. Descubriusepetróleo no estado no inicio doséculo XX, o que contribuíu aínda máis ao crecemento de poboación. Entre1900 e1965, a poboación medrou ata tal punto que o estado se tornou no máis populoso do país. De 1965 ao presente, esta poboación tamén se tornou unha das máis variadas do mundo. California é un estado de tendencias liberais, e un polo mundial de comercio, da industria cinematográfica e agropecuaria.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa do relevo de California, onde se aprecia claramente o val central.
Lago Bass, lago artificial en Serra Nevada.

California limita coocéano Pacífico ao oeste,Oregón ao norte,Arizona eNevada ao leste e co estadomexicano deBaixa California ao sur. A xeografía é diversa, e inclúe un gran val central, altas montañas,desertos quentes e secos e diversas forestas. Cunha superficie de 410.000 km², California é o terceiro maior estado norteamericano. A maioría das grandes cidades californianas están localizadas ao longo do océano, onde oclima é lene e confortábel.Sacramento é unha excepción, pois está localizada no val central.

Localizado nunha rexiónxeoloxicamente activa, California posúe moitosvolcáns, moitos deles activos; o estado é famoso polos seusterremotos, que ocorren na rexión grazas á presenza daFalla de Santo André. Aínda que se rexistraron poderosos terremotos enAlasca e norío Mississippi, os terremotos de California son famosos porque acontecen frecuentemente e atinxen áreas densamente habitadas. Unhalenda popular di que, finalmente, un xigantesco terremoto causará a separación da área costeira de California do continente, que irá afundir no océano ou formar unha nova masa de terra. O feito de que este escenario non sexa posíbel desde un punto de vistaxeolóxico parece non afectar a aceptación da lenda por parte da poboación californiana, ou do seu uso pola industria cinematográfica.

California está dividida en oito distintas rexións xeográficas:

  • AsMontañas Klamath, localizadas no noroeste do estado, inclúen moitas paisaxes forestais, situadas en altasaltitudes. Localízanse aquí picos de ata 2 400 metros de altitude ao sur das Montañas Klamath e ao longo da costa doocéano Pacífico
  • AsCadeas Litorais, ao sur das Montañas Klamath, caracterízanse pola presenza daFalla de Santo André.
  • AsMontañas Cascadas, ao norte e leste das Montañas Klamath, están marcadas por numerosas montañas, formadas por erupcións volcánicas.
  • ABasin and Range Region, ao leste das Montañas Castada e no nordeste do estado, son unha rexión montañosa creada polo choque das dúas placas tectónicas.
  • OVal Central, ouGran Val, localízase no centro do estado, onde se sitúan as dúas grandes bacías hidrográficas, en torno dos ríos máis longos do estado, orío Sacramento e orío San Joaquín. Esta rexión é moi fértil, e produce os tres cuartos da produción agraria de California.
  • ASierra Nevada, localizada ao leste do Val Central e no centro-leste do estado, é unha inmensa muralla rochosa, que posúe 650 km de lonxitude e entre 60 a 110 km de ancho. Aquí atópase o punto máis alto dos Estados Unidos (excluíndose Alasca e Hawai), oMonte Whitney. Grandes ríos que corren ao longo da rexión escavaron grandes vales. O maior e máis marcado é oVal de Yosemite.
  • ACadea Transversa é tamén unha área montañosa. Porén, aquí, as serras esténdense nun sentido leste-oeste (xeralmente, neste estado, as serras esténdese nun sentido norte-sur). A Transverse Ranges localízase no suroeste do estado, e a cidade dosÁnxeles está situada aquí.
  • ACadea Peninsular é unha rexión montañosa, localizada no extremo suroeste do estado, onde está localizada ocondado de San Diego.
  • Por fin, aBasin and Range Region é unha grande área árida, no leste e sueste do estado, onde se localizan oDeserto de Mojave e o famosoVal da Morte. O Val da Morte atópase nunhadepresión xeográfica, a 86 metros por debaixo do nivel do mar. OParque Nacional de Yosemite posúe moitas dascataratas máis altas daAmérica do Norte.
A rexión deSierra Nevada.
O Parque Nacional de Yosemite.
Vista dun oasis no medio do Val da Morte.

Clima

[editar |editar a fonte]
Media de precipitacións no norte de California.
Media de precipitacións no sur de California.

Dada a súa grande extensión e a súa diversidade xeográfica, California posúe unha gran variedade declimas. Diferentes rexións posúen diferentes condicións climáticas, e isto varía de acordo coalatitude, distancia en relación ao océano, altitude e presenza de obstáculos xeográficos (como serras e cadeas de montañas). A maior parte posúe un climatemperado mediterráneo, con só dúas estacións ben definidas,invernos chuviosos everáns secos, especialmente no sur e ao longo do litoral. A proximidade doocéano Pacífico determina veráns máis fríos e invernos máis quentes. As neboeiras son moi comúns nas áreas costeiras. O interior posúe veráns moi quentes e invernos fríos.

A temperatura media do norte e nas rexións de maior altitude é inferior a 0 °C. Ao longo do sur e do litoral, porén, é de máis de 11 °C. A temperatura máis baixa rexistrada é de -43 °C, o20 de xaneiro de1937. As mínimas varían entre -45 °C e 10 °C, e as máximas entre -40 °C e 18 °C.

A temperatura media no verán é de 25 °C. As menores temperaturas medias son rexistradas nas rexións de maior altitude, no nordeste e ao longo do litoral. Nestas rexións, a temperatura media é inferior a 20 °C. Estas rexións posúen mínimas que varían entre 6 °C e 18 °C, e máximas entre 20 °C e 34 °C. No leste e particularmente no sueste posúen altas temperaturas medias no verán, superiores a 33 °C. As mínimas poden chegar ata 2 °C, e as máximas poden superar facilmente os 50 °C nestas rexións semidesérticas. A temperatura máis alta rexistrada foi de 57 °C, no Val da Morte, o10 de xullo de1913.

As precipitacións caen case sempre en forma dechoiva, maiores ao longo da rexión costeira do estado, principalmente no norte. Porén,Tamarack, enSerra Nevada, rexistra anualmente máis dun metro de precipitación de neve. As Cadeas Transversais, Peninsulares e aSerra Nevada impiden o fluxo de aire húmido ao interior do sueste de California, creando unha grande área de clima desértico, oDeserto de Mojave, onde se atopa o Val da Morte.

Temperaturas medias altas e baixas dalgunhas cidades de California
CidadeXanFebMarAbrMaiXunXulAgoSetOutNovDec
Bakersfield13/418/620/824/1029/1433/1836/2135/2032/1827/1318/713/3
Fresno12/316/519/723/928/1333/1636/1935/1832/1625/1117/612/3
Os Ánxeles18/919/920/1021/1223/1324/1428/1728/1727/1625/1423/1220/10
Sacramento12/416/618/722/827/1131/1333/1433/1431/1324/1117/612/3
San Francisco13/615/816/818/919/1021/1222/1222/1323/1321/1117/913/6
San Diego19/1019/1119/1221/1321/1222/1724/1926/1925/1923/1621/1219/9
US Travel Weather

Política

[editar |editar a fonte]
Capitolio do Estado de California enSacramento.
Mapa dos condados de California.

California está constituída como unha república, co que posúe os tres principais poderes gobernamentais: opoder executivo, constituído polo Gobernador e outros oficiais electos; opoder lexislativo, constituído poloSenado e a Asemblea, e opoder xudicial, constituído pola Corte Suprema. O estado tamén permite a participación directa do electorado, a través de referendos e votacións, en decisións gobernamentais.

A actual constitución do Estado foi creada en1879, aínda que a primeira xa fora adoptada en1849. As emendas á constitución son propostas xeralmente polo poder lexislativo e, de ser o caso, precisan ser aprobadas por dous terzos dos membros. As emendas tamén se poden propor por medio de sinaturas, e dicir, directamente pola poboación e, neste caso, as sinaturas precisan conter cando o menos o 8% dos votos dos electores que elixiran ao Gobernador na última elección estatal. E finalmente, as novas emendas poden ser propostas a través deConvencións Constitucionais, que precisan ser aprobadas por dous terzos do poder lexislativo. Nos tres casos, se a emenda en cuestión é aprobada, precisa recibir a aprobación dos dous terzos da poboación californiana para entrar en vixencia.

A capital do Estado é a cidade deSacramento. Ao longo da historia do estado, outras cidades que serviron por algún tempo como capital foronMonterey, entre1775 a1849;San Jose, entre1849 e1851;Vallejo; entre1852 e1853;Benicia, entre1853 e1854, eSan Francisco, en1862. A capital mudouse para Sacramento en1852, con carácter temporal, cando a construción dun Centro de Goberno non puido ser completada a tempo en Vallejo. Fnalmente, Sacramento converteuse oficialmente na capital o25 de febreiro de1854, excepto por un curto período en1862, cando unhas severas inundacións en Sacramento obrigaron a unha mudanza temporal para San Francisco.

OPoder executivo está centralizado no Gobernador e noutros oficiais constitucionais, que son elixidos pola poboación para mandatos de catro anos, e poden ser reelixidos unha vez. OPoder lexislativo constitúeno o Senado (formado por corenta senadores) e mais a Asemblea, esta con oitenta membros. Os senadores posúen mandatos de catro anos de duración e os membros da Asemblea de dous anos. A29 de xaneiro de2010, son 49Demócratas, 29Republicanos, un independente e unha cadeira vacante na Asemblea.

O actual gobernador éArnold Schwarzenegger, que foi a segunda persoa en substituír un gobernador de estado norteamericano nunha elección derecall, isto é, unha elección onde os electores votan para destituír un gobernador en exercicio. Schwarzenegger substituíu aGray Davis, que gobernou entre1999 a2003, retirado do seu oficio a través dos resultados desta elección estatal derecall en outubro de2003.

Osistema xudicial está supervisado polas sete Casas de Xustiza da Corte Suprema de California. Alén diso, cada condado posúe súa propia Corte Suprema. Os xuíces do sistema son sempre nomeados polo gobernador para mandatos de doce anos de duración, mais eles precisan ser regulamente reconfirmados polo electorado. O sistema legal está explicitamente baseado no sistema legalinglés, mais posúe tamén algunhas características das leis civísespañolas.

A nivel nacional, o estado de California está representado por dous senadores e 53 representantes. A pesar de ser un dos estados máis liberais dos Estados Unidos, e de que a poboación apoiou tradicionalmente máis ao Partido Demócrata, algunhas áreas do Estado son politicamente moi conservadoras e habitualmente apoian máis ao Partido Republicano, especialmente os condados deSan Diego eOrange. O republicanoGeorge W. Bush perdeu en California nas eleccións nacionais de2004, por 9%, co demócrataJohn Kerry, tal como nas eleccións de2008, nas que o republicanoJohn McCain perdeu fronte ao demócrataBarack Obama, desta vez por un 24%.

Un gran problema do estado é a débeda do Goberno Estatal. California gasta máis anualmente do que recibe do goberno ou de impostos estatais. Con isto, adébeda interna estatal continúa a medrar, e actualmente, está na orde das decenas de miles de millóns de dólares.

Subdivisións e orzamento

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Condados de California.

California está dividida nun total de 58 condados. O maior deles é ocondado dos Ánxeles, o máis populoso de tódolos Estados Unidos de América, que posúe aproximadamente 10,5 millóns de habitantes, o que supón aproximadamente un terzo da poboación do estado. A maior parte dos condados está administrada por un Consello de cinco membros supervisores e outros oficiais electos pola poboación do condado. Os impostos representan o 60% do orzamento, o resto provén de fondos fornecidos polo goberno americano.

Economía

[editar |editar a fonte]
O letreiro deHollywood, símbolo da importante industria do entretemento californiana.

California é responsable aproximadamente do 14% doproduto interior bruto dos Estados Unidos. O PIB foi de 1.400 millóns dedólares en2004, o maior do país. Arenda per cápita é de 33.415 dólares (dato de2003), a número 12 do país. O índice dedesemprego do estado en2002 era de 6,7%.

O sector primario representa o 2% doPIB de California. Aagricultura e agandaría representan xuntas o 1,95% do PIB, e empregan a preto de 750 000 persoas. O valor total dos produtos producidos por estes dous sectores é o maior de tódolos Estados Unidos. O estado posúe unhas 89 000 facendas, e moitas delas dependen do rego artificial para o cultivo de plantacións. California é o líder nacional na produción deleite,carne de vacún,tomates,amorodos,melóns,pexegos esandías, e produce a maior parte doskiwis americanos. Alén diso, California é o segundo maior produtor delaranxas dos Estados Unidos, só por detrás deFlorida. Apesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,05% do PIB e empregan preto de 5.000 persoas.

O sector secundario representa o 18% do PIB. A industria manufactureira representa o 14%, e emprega preto de 2,1 millóns de persoas. O valor total dos produtos industrializados é o maior de todos os Estados Unidos, de 211.000 millóns de dólares en2000. Os principais produtos industrializados fabricados soncomputadoras, alimentos industrializados, equipamentos de transporte, maquinaria e produtos químicos. A industria da computación e da electrónica en California, unha industria de alta tecnoloxía, é a maior de todo o país, sendo o valor total dos produtos producidos por este sector de case 52.000 millóns de dólares, maior que o valor total de tódolos produtos industrializados de corenta estados americanos. O 40% da electricidade consumida no estado é xerada enhidroeléctricas, o 30% enreactores nucleares e o 25% en centrais degas natural. California é tamén líder nacional na xeración de electricidade usando fontes renovables de enerxía. Ningún estado produce máis electricidade a través do uso daenerxía eólica esolar, ademais das nomeadas hidroeléctricas. Porén, o crecemento da cantidade de electricidade producida no estado non acompañou, nos últimos anos, o inmenso crecemento de poboación, xerando varios cortes de enerxía. A industria de construción representa o 3,6% do PIB, e emprega a case 915 000. A minería representa case o 0,4% do PIB, e emprega a case 42 000. Os principais recursos naturais extraídos no estado sonpetróleo,gas natural,ouro etungsteno.

O sector terciario representa o 80% do PIB. Os servizos persoais, comerciais e comunitarios son responsables do 23% do PIB, e preto de 6,3 millóns de persoas traballan neste sector. Empresas financeiras son responsables do 22% do PIB, traballando 1,48 millóns de persoas neste sector. O comercio emprega a 3,8 millóns de persoas e produce o 16% do PIB. Os servizos gobernamentais empregan a case 2,4 millóns de persoas e producen case o 11% do PIB. Ostransportes e telecomunicacións empregan a 818.000 persoas e producen preto do 8% do PIB.

California como nación independente

[editar |editar a fonte]
California en comparación con outros países. PIB no mesmo rango queChina,España eItalia.

A miúdo fálase de como sería a economía de California se fose un Estado independente e a súa comparación con outras economías mundiais. Con todo, as estatísticas citadas varían notablemente, aínda que colocan a California entre o sétimo e o décimo lugar mundial dependendo da fonte, e tamén dependendo do ano. Estimacións do ano2008 poñen a California no posto número oito.[3]

  1. Estados Unidos (sen California)
  2. Xapón
  3. República Popular da ChinaChina
  4. AlemañaAlemaña
  5. FranciaFrancia
  6. Reino Unido
  7. ItaliaItalia
  8. California
  9. Brasil
  10. Rusia

Demografía

[editar |editar a fonte]

A poboación de California é de 33 871 648 habitantes, segundo ocenso nacional de2000. O crecemento entre1990 e 2000 foi do 14%. A estimación oficial para a poboación en2003 foi de 35 484 453 habitantes. California é o estado máis habitado dos estados Unidos, e concentra ela soa ao 12% da poboación norteamericana. Da poboación de California, 9 400 000 (o 26,5% da poboación do estado) naceron fóra do país e estimase que 2 209 000 deles son inmigrantes ilegais, que representan o 6,2 % da poboación do estado.

Etnias e sexo

[editar |editar a fonte]
Crecemento de poboación de California
AnoHabitantes
185092.597
1860379.994
1870560.247
1880864.694
18901 213 398
19001 485 053
19102 377 549
19203 426 861
AnoHabitantes
19305 677 251
19406 907 387
195010 586 223
196015 717 204
197019 971 069
198023 667 826
199029 839 250
200033 871 648

Da poboación californiana:

California non posúe un grupo étnico maioritario. Os brancos anglosaxóns aínda son o maior grupo étnico do estado, mais xa non son o grupo maioritario, debido ás altas taxas de inmigración hispana en anos recentes. Os hispanos compoñen un terzo da poboación. Alén diso, o estado posúe a maior porcentaxe de asiáticos dos Estados Unidos, sóHawai posúe unha porcentaxe maior.

Por causa das altas taxas de inmigración hispana, provenientes daAmérica Latina (especialmenteMéxico), e maiores taxas de natalidade entre a poboación hispana, prevese que os hispanos se converterán no grupo maioritario da poboación californiana no 2040. Os maiores grupos étnicos sonmexicanos (que compoñen preto do 25% da poboación), asiáticos en xeral,alemáns eBritánicos. Unha considerable poboación amerindia, 350 000 nativos indíxenas, tamén vive en California. O estado posúe a maior poboación indíxena dos estados Unidos.

Por sexos, o 50,2% son persoas de sexo feminino e o 49,8% son persoas de sexo masculino

Relixión

[editar |editar a fonte]
San Francisco.

As afiliacións relixiosas da poboación californiana son as seguintes:

Principais cidades

[editar |editar a fonte]
Sacramento.

California é un estado altamente urbanizado. As súas catro maiores rexións urbanas sonOs Ánxeles,San Diego,San Jose eSan Francisco, todas entre as 20 maiores cidades dos Estados Unidos. O 97% da poboación vive en rexións metropolitanas, e o 93% da poboación viven en áreas urbanas. O estado posúe varias grandes cidades, moitas delas foran parte dalgunha das seguintes rexións metropolitanas:

ListaxeCidadeCondadoPob.ListaxeCidadeCondadoPob.

Os Ánxeles

San Diego
1Os ÁnxelesOs Ánxeles (condado)4.065.58511BakersfieldKern333.719
2San DiegoSan Diego (condado)1.353.99812RiversideRiverside300.430
3San JoseSanta Clara1.007.22313StocktonSan Joaquin290.409
4San FranciscoSan Francisco845.55914Chula VistaSan Diego233.108
5FresnoFresno495.91315FremontAlameda215.636
6Long BeachOs Ánxeles (condado)492.68216IrvineOrange212.793
7SacramentoSacramento (condado)502.06217ModestoStanislaus210.088
8OaklandAlameda425.06818GlendaleOs Ánxeles (condado)207.303
9Santa AnaOrange355.66219San BernardinoSan Bernardino (condado)204.483
10AnaheimOrange348.46720Huntington BeachOrange202.480
Estimado 2009


Educación

[editar |editar a fonte]

O sistema educativo está amparado por unha emenda constitucional que fai que o 40% da renda anual do goberno se gaste en educación.

Escolas

[editar |editar a fonte]
Universidade de California, edificio principal no campus dosÁnxeles.

As primeiras escolas públicas foron inauguradas enSan Francisco, en1850. Dous anos despois, California ordenou que todos os condados e as cidades con máis de 5 mil habitantes fixesen o mesmo, e pasou a fornecer fondos a estes condados e cidades. Actualmente, as regras e normas dítaos oConsello de Educación de California, que está composto por 11 membros escollidos polo gobernador, e aprobados polo Senado do estado. Cada cidade posúe a responsabilidade de administrar o seu propio sistema escolar público. En cidades con menos de 10 mil habitantes e en rexións máis illadas, son os condados os que asumen a responsabilidade de administrar o sistema escolar da rexión. Estes sistemas escolares son financiados a través de impostos municipais e de fondos fornecidos polo goberno estatal.

Asescolas do ensino primario (6 - 12 anos) posúen calidades diferentes, dependendo basicamente dos impostos recadados na rexión onde a escola está instalada e do tamaño da administración local. Nalgunhas rexións, os custos administrativos drenan boa parte das fondos destinados ás escolas locais. Nas rexións pobres, a taxa de analfabetismo chega ao 30% ou máis. Unha cousa que todas as escolas posúen en común é que o ensino sobre ahistoria de California é obrigatorio para todos os estudantes da cuarta serie. Todos os cativos con máis de 6 anos de idade teñen que ir á escola, polo menos ata a graduación na décima segunda ou na décima terceira serie (varía segundo a cidade), ou ata cumprir 18 anos.

Universidades

[editar |editar a fonte]
Universidade Stanford.

Unha das principaisuniversidades é aUniversidade de California, que posúe dez campus, e emprega máisPremios Nobel que calquera outra institución de ensino superior do mundo, e é considerada unha das mellores institucións de ensino superior público do país. Oito campus primarios están localizados enBerkeley,Os Ánxeles,Davis,Santa Cruz,Santa Bárbara,Irvine,Riverside eSan Diego. Un noveno campus, localizado enSan Francisco, ensina sóciencias, e un décimo campus, enMerced, ensina sólei edereito.

Con máis de 400 000 estudantes, a Universidade do estado de California é a maior universidade dos Estados Unidos. Asfacultades comunitarias proporcionan educación vocacional, así como programas de educación continuada (educación para adultos). Cerca de 109 facultades espalladas en 72 distritos diferentes atenden a preto de 2,9 millóns de estudantes. Algunhas institucións privadas de educación superior, internacionalmente recoñecidas, están tamén localizadas no estado. Entre elas, están aUniversidade Stanford,Universidade do Sur de California e oInstituto Tecnolóxico de California (ou simplementeCaltech).

Transportes

[editar |editar a fonte]
Los Angeles International Airport.
Unhaestrada californiana.

O inmenso territorio californiano está cruzado por un sistema extensivo deestradas,autoestradas eautovías. Todo este sistema é administrado polo Departamento de Transportes de California. A maioría dos californianos usan as vías públicas para se desprazaren ao traballo, compras, lecer eturismo. Moitas das grandes cidades californianas son famosas polos seus grandes conxestionamentos, especialmenteOs Ánxeles eSan Francisco/Oakville. Só a cidade deNova York posúe unha reputación similar.

En California están localizadas dous dosaeroportos con máis movemento do mundo: oAeroporto Internacional de Los Angeles e oAeroporto Internacional de San Francisco. Son os principais centros aeroportuarios do oeste deAmérica do Norte. Outra ducia de importantes aeroportos comerciais e moitos aeroportos da aviación xeral están espallados ao longo dos cincuenta e oitocondados de California.

Posúe tamén moitos grandescentros portuarios. O xigantesco complexo portuario formado polo Porto de Los Angeles e o Porto deLong Beach, no sur do estado, é o de máis movemento do país, responsábel do manexo de aproximadamente un cuarto de todo o tráfico de contedores dos Estados Unidos. Este complexo portuario é tamén un dos de máis movementos do mundo.

O sistema de transporteferroviario californiano é administrada polaAmtrak. San Francisco e Os Ánxeles posúen sistemas demetro e de metro lixeiro, e San Diego e Sacramento posúen un sistema delight rail. O Metrolink é un método ferroviario de transporte interurbano, e que conecta moitas das grandes cidades do sur de California, conectando San Jose con San Francisco. Case todos os condados operan liñas de ómnibus, e moitas cidades operan os seus propios sistemas de transporte público.

O rápido crecemento de poboación está conxestionando cada vez máis todos os sistemas de transporte do estado. Un crecente problema na política californiana é se o estado debería expandir o seu sistema de autoestradas e estradas, ou incentivar os seus condados e cidades a melloraren os sistemas de transporte público.

Deporte

[editar |editar a fonte]
Kobe Bryant, ex xogador deLos Angeles Lakers.
O'Sullivan, xogador dosSan Francisco 49ers.

California foi sede dos dosXogos Olímpicos deOs Ánxeles 1932 eOs Ánxeles 1984, dos Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw Valley1960 así como doMundial de fútbol de 1994. California ten quince franquías nas Grandes Ligas de deportes profesionais, moitas máis que calquera outro estado. AÁrea da Baía de San Francisco ten seis equipos nas Grandes Ligas en tres cidades, San Francisco, Oakland e San Jose. Outros tantos ten aÁrea Metropolitana dos Ánxeles, aínda sendo durante anos a maior área metropolitana que non dispoñia dun equipo naNational Football League. Por outra banda, a capital Sacramento posúe un.

Sede dalgunhas das máis prominentes universidades dos Estados Unidos, California ten desde hai moito tempo respectados programas de deportes universitarios. En particular, os programas atléticos de Berkeley, USC,UCLA, Stanford eFresno State a miúdo clasifícanse a nivel nacional en varios deportes universitarios. California tamén é sede do máis antigo dos títulos universitarios denominados"bowl", a anual Rose Bowl, e a Holiday Bowl, entre outras.

Numerosos circuítos de carreiras dos Estados Unidos áchanse en California. Os principais son o California Speedway de Fontana, o circuíto urbano de Long Beach e os autódromos de Laguna Seca e Sears Point, así como os desaparecidos Riverside e Ontario. Ademais de albergar os principais certames norteamericanos de automobilismo e motociclismo, o Gran Premio de Long Beach foi unha proba válida para o Campionato Mundial deFórmula 1, en canto que Laguna Seca albergou probas do Campionato Mundial de Motociclismo e o Campionato Mundial de Superbikes. Seguidamente móstrase unha lista dos principais equipos das Grandes Ligas de deporte profesional de California:

EquipoDeporteLigaCidade
Oakland RaidersFútbol americanoNational Football LeagueOakland
Los Angeles ChargersFútbol americanoNational Football LeagueOs Ánxeles
Los Angeles RamsFútbol americanoNational Football LeagueOs Ánxeles
San Francisco 49ersFútbol americanoNational Football LeagueSan Francisco
Los Angeles Angels of AnaheimBéisbolMajor League BaseballAnaheim
Los Angeles DodgersBéisbolMajor League BaseballOs Ánxeles
Oakland AthleticsBéisbolMajor League BaseballOakland
San Diego PadresBéisbolMajor League BaseballSan Diego
San Francisco GiantsBéisbolMajor League BaseballSan Francisco
Golden State WarriorsBaloncestoNational Basketball AssociationOakland
Los Angeles ClippersBaloncestoNational Basketball AssociationOs Ánxeles
Los Angeles LakersBaloncestoNational Basketball AssociationOs Ánxeles
Sacramento KingsBaloncestoNational Basketball AssociationSacramento
Anaheim DucksHóckey sobre xeoNational Hockey LeagueAnaheim
Los Angeles KingsHóckey sobre xeoNational Hockey LeagueOs Ánxeles
San Jose SharksHóckey sobre xeoNational Hockey LeagueSan Jose

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed.Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 124.ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura.Lingua galega: dúbidas lingüísticas(PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105.ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "California economy". Arquivado dendeo orixinal o 26 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  California
Divisións políticas dosEstados Unidos
Estados
Distrito Federal
Áreas insulares
Illas exteriores
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=California&oldid=7235160»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp