Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cabaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calacú»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Cabaza (homónimos).
Cucúrbitas (xéneroCucurbita)

Calacú
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Dilleniidae
Orde:Cucurbitales
Familia:Cucurbitaceae
Subfamilia:Cucurbitoideae
Tribo:Cucurbiteae
Xénero:Cucurbita
L.
Especies

Referencias:ITIS 22365 2002-11-06

Ascucúrbitas[1] (Cucurbita) é unxénero pertencente áfamilia dascucurbitáceas, comprende un grupo deplantas rubideiras coñecidas comacabaceiras oucalacueiras, cultivadas polas súasflores, as súassementes comestíbeis, e especialmente os seusfroitos coñecidos comacabazas,cabazos,cabaciñas, botefas ecalacús, dependendo da especie e a zona.

A diversidade doscultivares e a facilidade coa que as especies deCucurbita hibridan leva a moita confusión arredor da súa nomenclatura.

Nome común

[editar |editar a fonte]

Engalego as plantas reciben osnomes comúns de cabaceira, calacueira, caiota e cabaza[2]. Tamén se recollen outros nomes dialectais coma abobra, cabaxa ou pucho de turco[3]. Téñase en conta que enportugués o termo máis común éabóbora, aínda que na provincia deMinho, achegada a Galiza, é máis común a formacabaça.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Son plantas rastreiras que poden chegar ós 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero,follas pubescentes, lobuladas e acorazonadas. Son especiesdioicas; non é raro que dean flores dun só sexo. Asflores, de bo tamaño e normalmente amarelas sonunisexuais; as masculinas teñen osestames soldados en forma de piar e en ambos os sexos ocáliz está unido ácorola. Están adaptadas ápolinización porabellas dos xénerosPeponapis eXenoglossa. Osfrutos son o produto polo que se cultivan habitualmente: tecnicamente sonpepónides (un tipo debaga), e varían espectacularmente de tamaño entre especies, acadando 70 quilos de peso enC. maxima, e de forma; hainos alongados, cilíndricos e esféricos, máis ou menos bulbosos, e de cores que van do amarelo pálido ao verde intenso. A pela do froito endurécese a medida que avanza a tempada; a súa aparición a comezos do verán é tenra e feble, mais endurece e engrosa.

Concurso deC. maxima.
Cabazas
Cabaza amarela

Historia

[editar |editar a fonte]

Existe evidencia arqueolóxica de abondo para considerar que ascucurbitáceas comezaron a se cultivar por vez primeira, de xeito sistemático, no que hoxe é México (estados dePuebla,Oaxaca eEstado de México).[4] O seu cultivo tamén se practicou en épocasprehispánicas en practicamente todaMesoamérica, na triloxíamilpera, xunto comillo e ofeixón. Tamén se coñeceu ou se cultivou noutras culturas americanas, como no caso doPerú, onde se ten atopado cerámicamochica con representacións de cabazas. Máis tarde, a partir do século XVI, levouse aEuropa,Asia eÁfrica. EnEuropa eGaliza tardaron en popularizarse; porén a facilidade do seu cultivo levou logo a empregalas como alimento dos animais.

Usos

[editar |editar a fonte]

Uso gastronómico

[editar |editar a fonte]

O principal uso da cabaza é o alimento de gado e persoas. En Galiza cos calacús alimentábanse osporcos principalmente.

Dende épocas remotas, en México prepáranse tradicionalmente en guisados conchiles doces ou outras verduras. Tanto o seu froito como a súa flor son igualmente populares na cociña de Italia,EUA,Panamá e deChile. As variedades de verán, normalmente deC. pepo, mais taménC. moschata, coléctanse aínda inmaturas, e se consomen inmediatamente; son coñecidas en galego comacabaciñas (zucchini en italiano e inglés).

Outras especies, en particularC. maxima, apáñanse maduras, cara finais do outono ou comezos do inverno. A pela dura permite que se almacenen en locais frescos e secos e conservarse durante varios meses.

Os froitos, como xa dixemos, son moi nutritivos en ambos os casos, contendo doses importantes devitamina A,C,D,E,potasio,cinc eβ-caroteno. As sementes empréganse tamén para a elaboración deaceite, e engastronomía, torradas eensaladas.

Propiedades

[editar |editar a fonte]
Cabaza crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía69 kJ (16 kcal)
3.4 g
Azucres2.2 g
Fibra alimentaria1.1 g
0.2 g
1.2 g
VitaminasCantidade
Vitamina A equiv.
1%
10 μg
1%
120 μg
2125 μg
Tiamina(B1)
4%
0.048 mg
Riboflavina(B2)
12%
0.142 mg
Niacina(B3)
3%
0.487 mg
Ácido pantoteico(B5)
3%
0.155 mg
Vitamina B6
17%
0.218 mg
Ácido fólico(B9)
7%
29 μg
Vitamina C
20%
17 mg
Vitamina K
3%
3 μg
MineraisCantidade
Ferro
3%
0.35 mg
Magnesio
5%
17 mg
Manganeso
8%
0.175 mg
Fósforo
5%
38 mg
Potasio
6%
262 mg
Cinc
3%
0.29 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga95 g

As porcentaxes son aproximadas empregando arecomendación de US para os adultos.
Fonte:Base de datos USDA Nutrient

Polo seu gran contido envitamina A atribúenselle efectos beneficiosos sobre a visión. Tamén conténvitamina C e do grupo B, aínda que en menor cantidade. Fornécenos minerais comopotasio,ferro,cobalto,boro,cinc ecalcio.

O 90% do seu contido é auga, polo que é moi diurética, mais tamén é depurativa e dixestiva. Conténmucilaxes, poucas calorías e case nada de graxa, o que a fai axeitada nas dietas de adelgazamento.As súas sementes son utilizadas para inflamación dapróstata.

Usos no Samaín

[editar |editar a fonte]

As cabazas xigantes ou calacús son utilizada como ornamentación, especialmente nas festas de defuntos, sendo o símbolo doHalloween, onde son famosos os Jack-o'-lantern. Xoán Xosé Pérez Labaca tamén defende a pervivencia dosamaín enGaliza, e escribe que "aquí era hai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela". Estas cabazas iluminadas colocábanse sobre os valados ou nas encrucilladas, para asustar os camiñantes.

Uso coma recipiente

[editar |editar a fonte]

Coa codia das cabazas, despois de secas, acostuman facerse vasillas nas zonas vinícolas, para auga e máis comunmente paraviño. Hainas de varios tamaños, e algunhas acadan gran desenvolvemento; forman todas unvan preto da parte superior, sendo moito máis anchas pola parte inferior (forma de oito). O símbolo máis claro é acabaza do peregrino para levar a auga ou o viño durante ocamiño.

Etnografía

[editar |editar a fonte]

Chámase cabaza a un tipo dependente, un aro cun colgante de figura chata a modo de améndoa.

Ditos

[editar |editar a fonte]
  • Darlle un bico á cabaza, beber un ou varios grolos. Normalmente cando ten viño.

Refráns

[editar |editar a fonte]
  • Cabaza que non ten viño non é cabaza nin cabaciño.
  • Inda non foi prá cabaza e xa se volveu vinagre.[5].

Variedades máis comúns

[editar |editar a fonte]
  • Cucurbita pepo (Cucurbita oblonga) eCucurbita pepo L. subsp.pepo. A maioría das especies de cabazas pertencen a esta especie, tamén acabaciña.
  • Cucurbita maxima,caiota,cabaceira confeiteira.
  • Cucurbita mixta
  • Cucurbita mostacha

As cabazas de verán son variedades deCucurbita pepo. Se se recollen inmaturas, consómense comocabaciñas, aínda que se poden deixar madurar na planta como as de inverno. Así e todo, as variedades de invernoC. maxima eC. mostacha non se consomen verdes.

Existen multitude de variedades de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg. Aínda que é difícil manter as variedades puras cando se cultivan xuntas, a verdadeira especieC. pepo non sehibrida nunca conC. maxima, a chamada "cabaza confeiteira" da que se elabora ocabelo de anxo. Esta variedade, máis doce e zumarenta có resto, cando está madura posúe unha casca de cor amarela, rugosa, grosa e moi consistente, polo que se pode conservar moito tempo.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Cucurbita pepo (cabaciña)
    Cucurbita pepo (cabaciña)
  • Cabazas variadas
    Cabazas variadas
  • Outra variedade
    Outra variedade
  • Cabaza de Taiwán
    Cabaza deTaiwán
  • Cabaza nun valado en Inglaterra no Samaín
    Cabaza nun valado en Inglaterra noSamaín
  • Concurso de Calacús (Samaín) nun bar galego
    Concurso de Calacús (Samaín) nun bar galego

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nome común enVocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 eTermos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
  3. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992):Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  4. [1]
  5. Eladio Rodríguez González (1958-1961):Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Cucúrbitas

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cabaza&oldid=6626016»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp