CandoZeus, transformado nun touro, raptou á bela Europa, o pai, Axenor, enviouno xunto con seus irmánsFénix eCilix, na súa busca, avisándoos de que non volvesen até que a atopasen. Cadmo despois de percorrer boa parte da Terra sen achar á irmá, decidiu non tornar ao seu país. Achegouse aDelfos e consultou o célebreoráculo, sobre o lugar onde debería vivir. O oráculo aconsellou que cando atopase unha vaca que non coñecese xugo a seguise, e onde parase a pastar, que fundase unha cidade e chamase ao paísBeocia.
Ao pouco tempo de abandonar Delfos, encontrou Cadmo a vaca, e cando se parou esta, decidiu facer un sacrificio na honra deAtenea. Pediu aos seus compañeiros que fosen buscar auga dunha fonte próxima, sita nunha cova. Cando os compañeiros cumpriron o mandado, atoparon cundragón que custodiaba a gruta. O dragón acabou con todos.
Estrañado da tardanza dos seus amigos, Cadmo armado, diríxese cara a cova. Contempla horrorizado a matanza, mais non dubida en atacar o monstro e matalo. Aparéceselle entónAtenea e aconséllalle que semente en terra os dentes do dragón a fin de obter "un novo pobo". Confundido sobre o sentido do consello, Cadmo, porén, realiza o mandado: ara os campos e bota nos regos os dentes. Dos dentes xorden logo homes armados, que pelexan entre si. Fican só cinco vivos, que se converten nos novos compañeiros de Cadmo e o axudan a construír a cidade. Recibe o nome deTebas.
Porén a esposa deZeus,Hera, que non podía esquecer que Cadmo era irmán deEuropa, amante do seu home, non estaba contenta e atraeu a desgraza á súa familia:Ino botouse no mar, nun arrouto;Sémele morreu vítima dos raios de Zeus; un neto,Penteo foi esnaquizado polasménades, e outro,Acteón, foi devorado polos seus propios cans. Por último o seu propio pobo tebano levantouse contra el, e o mesmoDioniso destruíu o seu palacio, de xeito que Cadmo e a súa esposa, Harmonía, xa anciáns, buscaron refuxio naIliria, onde foron finalmente transformados enserpes.