Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cadea lateral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fórmula do aminoácidoácido glutámico ionizado (glutamato), coa súa cadea lateral enmarcada en verde.
Estrutura xeral dun alfa-aminoácido no que a súa cadea lateral xenérica se indica como R.
A cadea lateral hidrocarbonada do colesterol sae do C 17 da parte cíclica da molécula.

Enquímica orgánica ebioquímica, unhacadea lateral é un grupo químico que está unido á parte principal dunha molécula chamada "cadea principal" ou cadea doesqueleto da molécula. Unha cadea lateral en polímeros tamén se denomina ás vecescadea colgante (pendant chain), perogrupo colgante (ou grupo lateral) ten unha definición diferente. Xeralmente úsase a abreviatura ou símboloR para indicar xenericamente as cadeas laterais de tipoalquilo (hidrocarburos saturados) nos diagramas e fórmulas abreviadas de estruturas químicas. Para indicar outros grupos non carbonados nos diagramas de estruturas químicas utilízase xeralmenteX,Y, ouZ. O símboloR foi introducido xa noséculo XIX polo químico francésCharles Frédéric Gerhardt, porque sería recoñecible en conextos de química en moitos idiomas europeos ao ser a inicial de palabras como "residuo", "raíz", "radical", "resto", etc, que empezan igual en moitas linguas.[1]

Definición da IUPAC: "rama,cadea lateral,cadea colgante. Unha rama oligomérica ou polimérica que sae dunha cadea macromolecular.
Notas:
1. Unha rama oligomérica pode denominarserama de cadea curta.
2. Unha rama polimérica pode denominarserama de cadea longa."[2]

Naciencia dos polímeros, a cadea lateral é unha ramaoligomérica oupolimérica que se estende desde a cadea do esqueleto molecular do polímero. As cadeas laterais teñen unha grande influencia nas propiedades dos polímeros, principalmente na súa cristalinidade edensidade. Unha rama oligomérica pode denominarse rama de cadea curta, e unha rama polimérica pode ser denominada rama de cadea longa. Non obstante, osgrupos laterais son distintos das cadeas laterais, xa que non son nin oligoméricos nin poliméricos.[3]

Osaminoácidos proteicos clasifícanse polo tipo de cadea lateral, xa que o resto da molécula é igual en todos eles, e acadea lateral é o que determina moitas das súas propiedades e pode ter carga. Nasproteínas, como están compostas de residuos deaminoácidos, as cadeas laterais están unidas ao átomo decarbono alfa do esqueletoamida. As cadeas laterais dos aminoácidos son as responsables de moitas das interaccións da proteína e do correctopregamento e funcionamento das proteínas.[4] Algúns aminoácidos teñen cadeas laterais ramificadas con diversos grupos químicos, como ocorre por exemplo coaleucina.

Teñen cadeas laterais multitude de moléculas, como ocolesterol, os gruposhemo, ocoencima Q ten unha cadea lateral deisoprenos, ospolisacáridos ramificados ou as proteínas con cadeas lateraispalmitoíl, como aSNAP25, que serven para ancorar proteínas a membranas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Jensen W.B.,Journal of Chemical Education87, 360 (2010)
  2. "Glossary of basic terms in polymer science (IUPAC Recommendations 1996)"(PDF).Pure and Applied Chemistry68 (12): 2287–2311. 1996.doi:10.1351/pac199668122287. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.  (Orixinal:Branch,side-chain,pendant chain. Anoligomeric orpolymeric offshoot from amacromolecular chain."Notes: 1. An oligomeric branch may be termed ashort-chain branch. 2. A polymeric branch may be termed along-chain branch.)
  3. http://goldbook.iupac.org/B00720.html
  4. Voet, Donald; Voet, Judith; Pratt, Charlotte (2013).Fundamentals of Biochemistry Life at the Molecular Level (Fourth ed.). Hoboken, NJ: John Wiley & Sons, Inc.ISBN 9781118129180. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cadea_lateral&oldid=6076511»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp