Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cadaleito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadaleitos nun mausoleo doCemiterio da Recoleta,Buenos Aires
The Old Shepherd's Chief Mourner (Edwin Landseer, 1837)

Uncadaleito é a caixa onde se introduce ocadáver que vai ser soterrado[1]. Tamén recibe os nomes deataúde,caixa eféretro. Os cadaleitos son resistentee e impermeábeis, provistos no seu interior de material absorbente, usada para o acondicionamento, transporte e sepultamento de restos mortais humanos. En casos decremación, as cinsas resultantes da incineración e moído dos ósos, gárdanse nun receptáculo denominadourna cineraria[2].

A palabra ataúde vén doárabe التبوت ,at-tābūt; «caixón», «cofre»; e este doaramaico tēbūtā, e este dohebraico: tēbāh, e este á súa vez doexipcio: ḏb't.

Historia

[editar |editar a fonte]

Dende tempos remotos o ser humano procurou un xeito de preservar os corpos daqueles mortos que tiñan un valor significativo en vida. Algunhas culturas da antigüidade depositaban o cadáver nunha tarima para que ficase exposta aos elementos e noutros casos (como aínda se fai na India) incinerábanse.

Cando o home de acordo ás súas crenzas requiriu preservar o corpo e abeiralo dos elementos concibiu a idea dun elemento funerario que tivese esas condicións, como grandesvasillas degreda cocida nas que o defunto se colocaba en posición fetal ao interior, tamén foron feitos de arxila e de pedra ou madeira con forma de caixa, ou antropomorfa, como foi no caso da cultura exipcia. Noutras culturas utilizábanse envolturas con forma defardos funerarios ouesteiras vexetais, co fin de resgardar o cadáver.

Época contemporánea

[editar |editar a fonte]

Dende a época contemporánea é unha caixa, que pode ser de diferentes materiais, normalmente demadeira rústica ou de boa calidade, na que se deposita ocadáver para o protexer na súa exposición, transporte esoterramento.

Existe toda unha industria arredor da construción de cadaleitos, fabrícanse de madeira elaborada evernizada, cun acolchamento no seu interior, que pode levar un vidro que se usa só unha vez para ovelorio, ou ben, poden ser semiabertos. Nalgúns casos extráselles o ar para evitar unha descomposición rápida e teñen accesorios como caixas nos que se depositan algúns obxectos que foron valiosos para o finado estando en vida, posúen agarradoiras de metal, abrazadeiras, e nalgúns casos moi suntuosos, un interior de luxo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracadaleito.
  2. Urna funeráriaArquivado 12 de xaneiro de 2015 enWayback Machine. Site do Goberno do estado de São Paulo

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Cadaleito

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cadaleito&oldid=6669668»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp