Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cacaforra da morte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cacaforra da morte
Clasificación científica
Reino:Fungi
División:Basidiomycota
Clase:Agaricomycetes
Subclase:Agaricomycetidae
Orde:Agaricales
Familia:Amanitaceae
Xénero:Amanita
Especie:A. phalloides
Nome binomial
Amanita phalloides
(Vaill. exFr.)Link (1833)
Cogomelo mortal

Acacaforra da morte[1]Amanita phalloidesVaill. exFr.Link, tamén coñecida comopan da morte,pan do demo[2] ou co nome culto deamanita faloides é unfungomicorrizóxeno que accidentalmente ten sido introducido a novas rexións co cultivo de especies non nativas decarballo,castiñeiro epiñeiro. É moi común que se atope dende abeiramar até amontaña. Este tipo decogomelo velenoso é moi semellante a algunhas especies que son comestíbeis, polo que se teñen dado casos de envelenamento accidental; de aí o seu nome vulgar galego: cacaforra da morte ou pan da morte. É común en Galiza[3], sendo unha das especies mortais.

O epíteto «phalloides» (do grego «phallos», «pene» e «eidos», «forma») significa «con forma de pene», por mor á forma dobasidiocarpo nos primeiros estadios do seu desenvolvemento.É o cogomelo máis perigoso se éinxerido polo ser humano. É un fungo mortal que ten causado o falecemento de numerosas persoas xa que asíndrome faloidiana é unha síndrome de acción amodo, e ademais as toxinas actúan sobre ofígado e osriles, dando lugar o fallo hepático. Por esta razón, cómpre non confundilo con outros cogomelos comestíbeis. Entre as vítimas máis ilustres atópanse o emperadorClaudio e oArquiduque Carlos de Austria.

Nome e taxonomía

[editar |editar a fonte]

A cacaforra da morte -Amanita phalloides- foi descrita por vez primeira polobotánico francésSébastien Vaillant, que as describiu coma:Fungus phalloides, annulatus, sordide virescens, et patulus (Sébastien Vaillant). Malia significar onomephalloides con forma defalo, non está claro se se nomeou así pola súa semellanza ao falo masculino ou pola súa semellanza cos cogomelos daordePhallales (como ocarallán). En 1821,Elias Magnus Fries describiuno comoAgaricus phalloides, mais incluíu asamanitas brancas na descrición.[4] Finalmente en 1833,Johann Heinrich Friedrich Link, estableceu para o cogomelo o nome deAmanita phalloides.[5] Despois de que 30 anos antes,Persoon a chamaraAmanita viridis.[6][7] Porén o uso do nomeAmanita phalloides por parte deLouis Secretan precede ao de Link, foi rexeitado para fins denomenclatura, porque os traballos de Secretan non usan anomenclatura binomial consistentemente.[8][9]Amanita phalloides é aespecie tipo da especiephalloideae, un grupo que contén todas as amanitas mortais. As máis notábeis especies doxénero sonAmanita virosa,Amanita bisporiga, eAmanita verna.

Engalego os seus nomes vulgares fan referencia á súa perigosidade: cacaforra (amanita) da morte, pan (cogomelo) da morte, pan do demo, pan de raposa[10]Suxestionouse queAmanita verna de cor branca é unha subespecie deAmanita phalloides. Max Britzelmayr chamounaAmanita phalloides f.alba, porque comparte case todas as súas características agás a cor e a época de desenvolvemento, xa queAmanita verna faino polaprimavera. Outros autores afirman que se ben existen variedades abrancazadas,Amanita verna é unha especie allea, xa que oveleno daAmanita verna reacciona coasosa e apotasa mentres que o daAmanita phalloides reacciona ante oácido sulfúrico.[11]

Como recoñecela

[editar |editar a fonte]
  • Estados de maduración da cacaforra da morte
  • Pan da morte a estourar
    Pan da morte a estourar
  • Exemplares novos
    Exemplares novos
  • Exemplares adultos.
    Exemplares adultos.
  • Exemplares maduros.
    Exemplares maduros.
  • Exemplares vellos.
    Exemplares vellos.

Amanita phalloides ten unepixeo eesporocarpo (corpo de frutificación = cogomelo) grandes e impoñentes, conpíleo (chapeu) de 5 a 15 cm. de largo, inicialmente arredondado e hemisférico, aplanándose a medida que vai madurecendo.[12]

Presenta nochapeu unha coloración tipicamente verde oliva, brillante con tempo seco, lixeiramente viscosa con humidade. A súa tintura non é sempre uniforme, xeralmente é máis pálida nos bordos. A choiva tamén pode destinguir a tintura. Algunhas formas son moi pálidas, incluso brancas. Pódese pelar de xeito doado (unha característica problemática xa que se pode confundir con outras especies comestíbeis). O miolo é branco, mesto e tenro. Bota un lixeirorecendo a pétalos derosas que se acentúa coa idade ou coa desecamento.

Oveo himenial, un anel caído, semella unha faldra que arrodea o fungo, ten uns 1 ou 1.5 cm de diámetro, e está situado por baixo do chapeu. Aslamelas, numerosas, están separadas. O ou esteo é branco con escamas verdosas diseminadas e ten unha lonxitue de entre 8 o 15 cm e unha largura de 1 a 2 cm, cunhavolva protuberante, lañda, con forma de saco e de cor branca. Como a volva, que é un signo distintivo, pode estar agochada por un leito de follas, por iso é importante fochicar, para a atopar. Os espécimes novos emerxen do chan cuberto coveo universal semellando un ovo, que crebará para deixar a volva coma un remanente.

A impresión dasesporas é branca (característica común dasamanitas). As esporas son globulares ou ovoides, medindo entre 8–10μm de lonxitude, tinguíndose de azul coiodo. As lamelas por outra banda tínguense delila ourosa coa reacción aoácido sulfúrico.[13][14]

Onde e cando a atopar

[editar |editar a fonte]
Exemplares de pan da morte.

É común en todas as rexións declima temperado dohemisferio norte. A cacaforra da morte é nativa deEuropa, onde está moi espallada.[15] Atópase nas rexións costeiras do sur deEscandinavia, no norte deIrlanda, nas rexións leste e oeste dePolonia, e no oeste deRusia.[16] Tamén se atopa nas rexións meridionais, coma a península dosBalcáns,Italia,Península Ibérica ouMarrocos,Alxeria e no norte deÁfrica en xeral.[17] Hai constancia de que se ten atopado máis ao leste , en Asia, mais os exemplares encontrados aínda non forono identificados como exemplares deA. phalloides.[18] Foi introducida accidentalmente en países comoAustralia ouNova Zelandia. A finais do século XIX,Charles Horton Peck reportou exemplares deA. Phalloides enAmérica do Norte.[19] Porén, en 1918, as mostras que se obtiveron no leste dosEstados Unidos, foron identificadas comoAmanita brunnescens, unha especie diferente mais semellante aA. phalloides, porG. F. Atkinson daUniversidade Cornell.[20] Mais dende a década dos 70 do século XX hai evidencias de exemplares deA. phalloides nosEstados Unidos, introducidas probabelmente desdeEuropa cos castiñeiros, atopándose poboacións nas costas leste e oeste.[21]A. phalloides estendeuse a países dohemisferio sur coaimportación de madeiras. A introdución docarballo enAustralia eAmérica do Sur semella ter sido o factor de espallamento en ditos lugares. Reportáronse exemplares so carballos entreMelbourne eCanberra,[22][23] Así como no Uruguai.[24] Tamén se ollaron exemplares deA. phalloides sobre outras especies foráneas naArxentina eChile.[25][26]EnGaliza é unha especie de cogomelo común[3].

Exemplar atopado no sur deSuecia.

Asóciaseectomicorrizalmente con numerosas especies de árbores. EnEuropa, adoita medrar baixo asfollosas, mais non resulta rara nosbosques deconíferas, aínda que é menos común. Aparece comunmente baixocarballeiras,aciñeirais,soutos,faiais,biudeirais,piñeirais e formacións deabeleiras,castiñeiros das bruxas,carpess, oupíceas.[27] Na beiramar deCalifornia, A. phalloides asóciase aoQuercus agrifolia, mais non a outra especies costeiras como opiñeiro insigne.[28] Nosecosistemas onde foi introducidaA. Phalloides, normalmente se asocia a ditas especies, consideradas exóticas en ditas contornas. Porén, hai evidencias de exemplares deA. Phalloides asociados atsugas, conplantas da familia dasmirtáceas, coneucaliptos e con piñeiros enTanzania eAlxeria;[17][29] e conLeptoespermas, eKunzeas en Nova Zelandia.[27][30] EnSuráfrica atopáronse exemplares asociados a carballos elamigueiros.[31]Estes fenómenos donfírenlle á especie un potencial invasivo.[18][31]

En anos chuviosos aparece en grupos moi numerosos. Frutifica polo verán e especialmente polo outono, de xullo a novembro. No hemisferio sur faino de xaneiro a maio. Medra preferentemente ensolos areentos.

Toxicidade

[editar |editar a fonte]
Véxase información adicional no artigo:Intoxicación por cogomelos velenosos.
Cartel que advirte da presenza dos cogomelos tóxicos enCanberra, Australia.

Coma o nome “pan ou cacaforra da morte” suxestiona, é moitóxico. De feito é o cogomelo máis perigoso, responsábel de máis do 90% dos envelenamentos mortais. 30 gramos deste cogomelo fresco ou medio chapeu sonmortais para calqueraadulto. Por exemplo, en 2006, unha familia de tres membros en Polonia foienvelenada pola inxestión deA. phalloides, morrendo un dos seus membros e sobrevivindo o resto, dos cales requirirontransplantes de fígado.[32] As autoridades recomendan encarecidamente non depositar exemplares sospeitosos de ser cacaforras da morte no mesmo queipo que outras especies de fungos destinados áalimentación, nin tocar ditosfungos.[33] Ademais, a toxicidade non se reduce co cocemento,refrixeración ousecado.[34]O pan da morte é un dos cogomelos máis velenosos de entre os atopados enGaliza, xunto coas taménamanitas:Amanita verna e aAmanita virosa, ademais de cogomelos de xénero diferentes. O experto Carlos Álvarez Puga, engade que: "Unha das especies máis perigosas é o pan da morte, que abunda en Galiza, e que é mortal. Un exemplar pode ser de abondo para que se teña que facer un transplante de fígado"[35].

Bioquímica

[editar |editar a fonte]

Sábese queA. phalloides ten dous grupos principais detoxinas, oscompostos heterocíclicos (con forma anular) e ospéptidos. Ditos grupos de toxinas atópanse estendidos por todo omicelio: a saber, asamatoxinas e mailasfalotoxinas. Outra toxina é afalolisina, que amosou certa actividadehemolíticain vitro. Tamén se illou aantamanida, un composto illado. Contén taménfaloidina, pero apenas se absorbe no intestino.

Síntomas

[editar |editar a fonte]

Segundo informes, osabor do pan da morte é agradábel,[36] este feito en conxunción co carácter retardado dos síntomas (o tempo de incubación da síndrome faloidana é de dous días e o seu desenvolvemento dura uns vinte días, durante os cales os órganos poden verse gravemente afectados, incluso de xeito irreparábel), fan deA. phalloides un dos cogomelos máis perigosos da Terra.[37] Asíndrome faloidiana, de tipo retardado, maniféstase inicialmente porsíntomasgastrointestinais condiarreas evómitos que poden levar ádeshidratación;dor abdominal de tipocólico esuores frías, entre 6 e 48 horas despois da inxesta. En casos graves pode haberhipotensión,taquicardia,hipoglicemia, eacidose.[38][39] Na fase a seguir deteriórase o fígado producindoictericia e aparecen a diarrea sanguinolenta, odelirio, asconvulsións e ocoma por mor afallo hepático fulminante acompañado dunhaencefalopatía hepática ecoagulopatía.[40] As complicacións, que acoitan ser fatais, comprenden alteración dapresión intracranial,hemorraxia cerebral,sepse,pancreatite,insuficiencia renal aguda (causada como complicación dahepatite ou causada directamente porlesións noril,[41][42] dando como signos visíbeisanuria ouoliguria.[37]) eparo cardíaco.[38][39] A morte acontece xeralmente entre o sexto e o 16º día.[43]

Tratamento

[editar |editar a fonte]

Asíndrome faloidana é unhaurxencia médica, que cómpre de hospitalización inmediata. Hai catro categorías principais de coidados médicos, a saber: coidados médicos preliminares, medidas de apoio, tratamentos específicos, etransplante de fígado. Algúns autores indicaron que a penicilina intravenosa podería actuar como antídoto específico contra a toxicidade das amanitas. A toxicidade de certos fungos ou cogomelos tería dúas fases, unha inmediata que non sempre aparece, de molestias gastrointestinais diversas: náuseas, dores, cambras, diarrea; e outra pasado o primeiro día trala inxesta, no que a toxicidade que sería mortal.[44]

Os coidados médicos inmediatos tras ter comido o cogomelo consisten enlavaxe gástrica concarbón activado.[45] Porén, debido á tardanza entre a inxesta e os primeiros síntomas, é corrente que os pacientes cheguen coa síndrome bastante avanzada reducindo aeficacia de ditas intervencións.

A cacaforra da morte na cultura popular galega

[editar |editar a fonte]
  • Cacaforra comida, nin herba nin manciña.
  • Unha cacaforra no cesto fai perder o resto.
  • Quen erra coas cacaforras pronto lle chega a hora.[46]

Posíbeis confusións

[editar |editar a fonte]
Amanita lanei. Óllese a súa semellanza conA. phalloides.

Os últimos casos de intoxicacións remarcan a semellanza deA. phalloides co cogomelo comestíbelVolvariella volvacea (fungo típico da cociña chinesa), a cacaforra da morte foi a culpábel de gran número de envelenamentos entre as comunidades asiáticas deAustralia e da costa oeste dosEstados Unidos. Nos Estados Unidos este erro é a principal causa de envelenamentos porA. phalloides.

Os non iniciados tamén poden confundirA. phalloides con exemplares novos das especies comestíbeis deGasteromycete basidioma,[47] ou doutrasamanitas comoAmanita lanei;[48]Amanita ovoidea (a amanita branca),[49] (aínda queAmanita ovoidea é de maior tamaño e non presenta anel persistente);[50]A. subjunquillea, que se pode encontrar no extremo oriente eA. arocheae, que se pode encontrar enAmérica Central.

Pódese confundir coasRussulaceae.

Pódese confundir coas plantas verdes da familiaRussulaceae comoRussula heterophylla,R. aeruginea, eR. virescens, que se poden distinguir, ademais, polas súas lamelas crebadizas; ouTricholomas de chapeu verde-amarelo, aínda que nin asRussulas nin asTricholomas, en especialTricholomas flavovirens (vistas, na actualidade con desconfianza por mor das intoxicacións enrestaurantes de Francia) posúen nin anel nin volva. As variedades brancas tamén se confunden coAgaricus silvicola (de lamelas rosadas).[51] Especialmente hai que ter coidado cos exemplares novos nos que o chapeu aínda non se estendeu, oculta as lamelas (de cor branca en exemplares novos).[52]

Vítimas célebres

[editar |editar a fonte]

Ao longo da historia varias personalidades históricas sufriron envelenamentos por pan da morte, vítimas de envelenamentos accidentais ou ben como resultado dun complot. Casos como os do emperadorClaudio, o papaClemente VII, atsarinaNatalia Naryshkina, e oArquiduque Carlos de Austria son ilustrativos.[53]

Robert Gordon Wasson relata os detalles da morte de Clemente VII. Non é probábel que morrese por envelenamento deA. phalloides, xa que estivoenfermo durante cinco meses antes de morrer, o que non concorda co tempo de actuación da amatoxina. Respecto de Natalia Kirillovna Naryshkina, dise que consumiu gran cantidade de fungos antes da súa morte. Mais tamén poderíase deber a unhaintoxicación alimentaria.

Por outra banda, o arquiduque Carlos de Austria experimentou unhaindixestión despois de comer un prato de cogomelos da que había morrer 10 días despois, o que indica claramente un envelenamento porA. phalloides. Posto que a morte do arquiduque sen descendencia masculina foi o pretexto que deu orixe águerra de sucesión austríaca,Voltaire ben puido dicir anos despois:

Este prato de cogomelos cambiou o sino de Europa (Voltaire,Mémoires (1759))

O caso do envelenamento do emperador Claudio é máis complexo. Sábese que o emperador Claudio sentía aprecio polas "amanitas do César ou raíñas".Suetonio afirma queAgripina a Menor (coñecida tamén como Agripinila) trazou un plan para matar o emperador Claudio que consistía en cambiar as raíñas por pan da morte. Mentres,Tácito eDión Casio din que o veleno se verteu nunha fonte e fungos. Wasson especula sobre esta posibilidade alegando que asubstancia que envelenou o emperador Claudio era unha substancia extraída deA. phalloides e unha dose decoloquíntida que lle tería sido administrada durante a súa doenza, xa que Tácito afirma queXenofonte,médico de Claudio, aliado con Agripinila, «inseriulle polagorxa unha pluma untada do mortal veleno».[54]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nome vulgar en galego preferido en varias fontes: VV. AA. (2012)Vocabulario forestal Santiago de Compostela,Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
  2. Eligio Rivas Quintas (1988):Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo
  3. 3,03,1http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/11/07/reinas-monte-gallego/436443.html
  4. Fries, Elias Magnus (1821).Systema Mycologicum I. Gryphiswaldiae: Ernesti Mauritii.OCLC 10717479. 
  5. Link JHF (1833)Grundriss der Kraeuterkunde IV. Haude und Spenerschen Buchhandlung (S.J. Joseephy), Berlin
  6. Persoon, Christian Hendrik (1797).Tentamen Dispositionis Methodicae Fungorum. Lipsiae: P.P. Wolf,.OCLC 19300194. 
  7. Persoon, Christian Hendrik (1801).Synopsis Methodica Fungorum. GÖttingen: H. Dietrich.OCLC 28329773. 
  8. Donk, M.A. (1962)."On Secretan's Fungus Names".Taxon11 (5): 170–173. 
  9. Demoulin, V. (1974)."Invalidity of Names Published in Secretan's Mycographie Suisse and Some Remarks on the Problem of Publication by Reference".Taxon23 (5/6): 836–843. 
  10. VV. AA. (2012)Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  11. De Diego Calonge, F. 'Setas (hongos) Guía Ilustrada, Ediciones Mundi-Prensa, Madrid, 1990, p.202
  12. Bresinsky A, Besl H. (1990).A Colour Atlas of Poisonous Fungi. Wolfe Publishing. pp. 26–9.ISBN 0-7234-1576-5. 
  13. Jordan, Michael (1995).The Encyclopedia of Fungi of Britain and Europe. David & Charles. p. 198.ISBN 0-7153-0129-2. 
  14. "California Fungi: Amanita phalloides". MykoWeb.com. Consultado o 1 de xuño de 2007. 
  15. Lange, Lene (1974). "The distribution of macromycetes in Europe".Dansk Botanisk Arkiv30: 5–105.ISSN 0011-6211. 
  16. Neville, Pierre; Serge Poumarat (2004).Amaniteae:Amanita,Limacella andTorrendia. Fungi Europaei (9). Alassio: Edizioni Candusso.ISBN 88-901057-3-9. 
  17. 17,017,1Malençon, Georges; R. Bertault (1970).Flore des Champignons Supérieurs du Maroc I. Travaux de l'Institut scientifique chérifien et de la Faculté des sciences. Série botanique et biologie végétale (32). Rabat: Faculté des Sciences.OCLC 915096. 
  18. 18,018,1Pringle, Anne; Else C. Vellinga (2006). "Last chance to know? Using literature to explore the biogeography of and invasion biology of the death cap mushroomAmanita phalloides (Vaill. Ex Fr. :Fr) Link".Biological Invasions8 (5): 1131–1144.doi:10.1007/s10530-005-3804-2. 
  19. Peck, Charles H. (1897).Annual report of the state botanist. Albany: University of the State of New York.OCLC 1185748. 
  20. Litten, W. (1975)."The most poisonous mushrooms".Scientific American232 (3): 90–101.PMID 1114308. 
  21. Litten.p75
  22. Reid, D.A. (1980). "A monograph of the Australian species ofAmanita Pers. ex Hook (Fungi)".Australian Journal of Botany Supplementary Series8: 1–96. 
  23. Cole, F.M. (1993)."Amanita phalloides in Victoria".Medical Journal of Australia158 (12): 849–850.PMID 8326898. 
  24. Herter, W.G. (1934). "La aparición del hongo venenosoAmanita phalloides en Sudamérica.".Revista Sudamericana de Botánica1: 111–119. 
  25. Hunzinker, A.T. (1983). "Amanita phalloides en las Sierras de Córdoba".Kurtziana16: 157–160.ISSN 0075-7314. 
  26. Valenzuella, E.; G. Moreno & M. Jeria (1992). "Amanita phalloides enbosques dePinus radiata de la IX Region de Chile: taxonomia, toxinas, métodos de dedection, intoxicacion faloidiana".Boletín Micológico7: 17–21.ISSN 0716-114X. 
  27. 27,027,1Tulloss, Rodham E. (2006)."(Fr.:Fr.) Link".Amanita Studies site. Arquivado dendeo orixinal o 05-04-2007. Consultado o 22-05-2007. 
  28. Arora, David (1986).Mushrooms demystified : a comprehensive guide to the fleshy fungi. Berkeley, California: Ten Speed Press.ISBN 0-89815-170-8. 
  29. Pegler, D.N. (1977).A preliminary agaric flora of East Africa. Kew Bulletin Additional Series (6). London: Royal Botanic Gardens, Kew.ISBN 0-11-241101-0. 
  30. Ridley, G.S. (1991). "The New Zealand Species ofAmanita (Fungi: Agaricales)".Australian Systematic Botany4 (2): 325–354.doi:10.1071/SB9910325. 
  31. 31,031,1Reid, D.A.; A. Eicker (1991)."South African fungi: the genusAmanita".Mycological Research95 (1): 80–95.ISSN 0953-7562. 
  32. Pawlowska, J.; Pawlak J, Kamiski A, Hevelke P, Jankowska I, Teisseyre M, Szymczak M, Kaliciiski P, Krawczyk M. (2006). "(Amanita phalloides poisoning as an indication for liver transplantation in three family members.)".Wiadomości Lekarskie59 (1–2): 131–4.PMID 16646310. 
  33. Carluccio A (2003).The Complete Mushroom Book. London: Quadrille. p. 224.ISBN 1-84400-040-0. 
  34. ver recomendacións no artigoIntoxicación por cogomelos velenosos
  35. Artigo enLa Opinión de A Coruña -http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/11/07/reinas-monte-gallego/436443.html
  36. Cleland, John Burton (1976) [1934].Toadstools and mushrooms and other larger fungi of South Australia. South Australian Government Printer.OCLC 15150059. 
  37. 37,037,1Bielli, Ettore (1997).Funghi, Conoscere, roconoscere e ricercare tutte le specie. Novara: Istituto. 
  38. 38,038,1Pinson CW, Daya MR, Benner KG, Norton RL, Deveney KE, Ascher NL, Roberts JP, Lake JR, Kurkchubasche AG, Ragsdale JW (1990)."Liver transplantation for severeAmanita phalloides mushroom poisoning".American Journal of Surgery159 (5): 493–9.PMID 2334013.doi:10.1016/S0002-9610(05)81254-1. 
  39. 39,039,1Klein AS, Hart J, Brems JJ, Goldstein L, Lewin K, Busuttil RW (1989)."Amanita poisoning: treatment and the role of liver transplantation".American Journal of Medicine86 (2): 187–93.PMID 2643869.doi:10.1016/0002-9343(89)90267-2. 
  40. North, Pamela Mildred (1967).Poisonous plants and fungi in colour. Londres: Blandford Press.OCLC 955264. 
  41. Vetter, János (1998)."Toxins ofAmanita phalloides".Toxicon36 (1): 13–24.PMID 9604278.doi:10.1016/S0041-0101(97)00074-3. 
  42. Nicholls DW, Hyne BE, Buchanan P (1995). "Death cap mushroom poisoning".The New Zealand Medical Journal108 (1001): 234.PMID 7603660. 
  43. Fineschi V, Di Paolo M, Centini F (1996)."Histological criteria for diagnosis of amanita phalloides poisoning".J. Forensic Sci.41 (3): 429–32.PMID 8656182. 
  44. Enjalbert F, Rapior S, Nouguier-Soulé J, Guillon S, Amouroux N, Cabot C (2002). "Treatment of amatoxin poisoning: 20-year retrospective analysis".Journal of Toxicology - Clinical Toxicology40 (6): 715–57.PMID 12475187. 
  45. Vesconi S, Langer M, Iapichino G, Costantino D, Busi C, Fiume L (1985). "Therapy of cytotoxic mushroom intoxication".Critical care medicine13 (5): 402–6.PMID 3987318. 
  46. "Ditos e refráns dos cogomelos - Cacaforra comida, nin herba nin manciña".Galicia Encantada. 
  47. Hall IR, Stephenson SE, Buchanan PK, Yn W, Cole AL. (2003).Edible and poisonous mushrooms of the world. New Zealand Institute for Crop & Food Research Limited. pp. 131–3.ISBN 0-478-10835-4. 
  48. Phillips, Roger (2005).Mushrooms and Other Fungi of North America. Buffalo: Firefly books. pp. 14.ISBN 1-55407-115-1. 
  49. Istituto Geografico de Agostini. 'Funghi. Conoscere, riconoscere e ricercare tutte le specie di funghi più diffuse', Novara, 1997, p.55
  50. De Diego Calonge, F. 'Setas (hongos) Guía Ilustrada, Ediciones Mundi-Prensa, Madrid, 1990, p.191
  51. Istituto Geografico de Agostini. 'Funghi. Conoscere, riconoscere e ricercare tutte le specie di funghi più diffuse', Novara, 1997, p.184
  52. Heino, Lepp (9 de outubro de 2006)."Deathcap Mushroom: Amanita phalloides". Australian National Botanic Gardens. Consultado o 12-06-2007. 
  53. Wasson, Robert Gordon (1972). "The death of Claudius, or mushrooms for murderers".Botanical Museum Leaflets, Harvard University23 (3): 101–128.ISSN 0006-8098. 
  54. Graves, Robert (1934).Claudio, el dios, y su esposa Mesalina. Tres relatos de la muerte de Claudio.ISBN 0-394-72537-9. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Cacaforra da morteModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Benjamin, Denis R. (1995).Mushrooms: poisons and panaceas — a handbook for naturalists, mycologists and physicians. Nova York: WH Freeman and Company.ISBN 0-7167-2600-9.
  • Jordan Peter, Wheeler Steven. (2001).The Ultimate Mushroom Book. Londres: Hermes House.ISBN 1-85967-092-X.
  • Zeitlmayr, Linus (1976).Wild Mushrooms: An Illustrated Handbook. Hertfordshire: Garden City Press.ISBN 0-584-10324-7.
  • Jean-Louis Lamaison y Jean-Marie Polese, (traducción al español: Belén R. Maribona).Atlas ilustrado de las setas. Madrid: Susaeta Ediciones, S.A.ISBN 84-305-4721-5. 
  • Edmun Garnweidner (1990).Setas.Editorial Everest.ISBN 84-241-2660-2. 
  • Jordi Boada y otros. (2000).Guía de setas de España. Salvat Editores, S.A.ISBN 84-345-0476-6. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Terminoloxía
Especies
Taxonomía e recursos
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cacaforra_da_morte&oldid=7224353»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp