Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Cabo de Fornos

Coord.:55°58′48″S67°17′21″O / -55.98,-67.2891667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCabo de Fornos
Imaxe
TipocaboEditar o valor en Wikidata
EpónimoHoornEditar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAméricaEditar o valor en Wikidata
División administrativaRexión de Magallanes e da Antártica Chilena,Cabo de Hornos, Chile eProvincia Antártica ChilenaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 55°58′48″S67°17′21″O / -55.98,-67.2891667
Bañado porMar de HocesEditar o valor en Wikidata

Cabo de Fornos[1] é o nome que recibe ocabo máis meridional dailla de Fornos e do arquipélago de Terra do Lume, nazona austral deChile, tradicionalmente considerado como o punto máis meridional deAmérica —aínda que, en realidade, este corresponde aoillote Aguia no arquipélago dasillas Diego Ramírez. É o máis austral dos tresgrandes cabos dohemisferio sur do planeta e marca o límite norte dopasaxe de Drake, que separa a América daAntártica ou Antártida, e une oocéano Pacífico coocéano Atlántico.

Durante moitos anos, o cabo de Fornos foi un dos fitos dasrutas comerciais de navegación deembarcacións a vela, a pesar de que as augas en torno ao cabo son particularmente perigosas, debido aos seus fortes ventos e ondada e a presenza deicebergs. Con todo, coa apertura dacanle de Panamá e a construción de estradas e ferrocarrís noutros países do continente, a navegación mercante ao redor do cabo reduciuse notablemente, sendo utilizado na actualidade só por naves cuxo gran tamaño lles impide o paso pola canle, comoportaavións oupetroleiros.

Navegar nas súas augas aínda está considerado como un dos maiores retos náuticos, polo que existen diversos eventos deportivos e turísticos que utilizan este paso, algúns como parte da circunnavegación ao globo, entre os que destacan importantesregatas deiates, como oVendée Globe.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Cabo de Fornos visto desde o espazo na esquina inferior dereita, xunto ásIllas L'Hermite ao centro.

O cabo de Fornos é o punto máis austral da terra asociada tradicionalmente aSuramérica. Sitúase na costa dailla de Fornos, a cal é parte dasillas Hermite no extremo meridional doarquipélago de Terra do Lume.[2][3] O cabo de Fornos marca o límite norte do Paso Drake, o mar que separa Suramérica daAntártida. Á vez, o meridiano que marca a divisiónxeodésica entre osocéanosPacífico eAtlántico parte desde o cabo de Fornos cara aoocéano Glacial Antártico.[4]

O nome de cabo de Fornos provén do neerlandésKaap Hoorn enhonra á cidadeholandesa deHoorn ou quizais, pola súa forma de corno, pois enneerlandés hoorn significacorno; nun caso típico defalsos amigos, o nome foi tomado en español como «cabo de Fornos» confundindo a denominación da cidade ou o nome dehoorn coa do termo «forno», no canto de «corno».[5]

O cabo é considerado normalmente como o extremo sur deAmérica do Sur, o que rigorosamente non é certo. O cabo de Fornos é o extremo meridional da illa Fornos que é a máis austral do arquipélago dasillas L'Hermite, parte dasillas Wollaston e do arquipélago de Terra do Lume.[6] O punto máis austral do continente en si é ocabo Froward. Máis aínda, si considerásemos as illas como parte integral do continente, cabo de Fornos tampouco sería o punto máis austral, título que recibirían asillas Diego Ramírez; aínda que estas están notablemente separadas do arquipélago fueguino.

A 56 quilómetros ao noroeste atópase o chamado «Falso cabo de Fornos» nailla Hoste; o seu nome débese á frecuente confusión que provocaba nos mariños que viñan do poñente pois ten unha configuración similar ao do cabo real.[7]

O terreo carece por completo de árbores e está cuberto por herba debido ás frecuentes precipitacións. A zona do cabo de Fornos está ademais sometida aos efectos dosraios ultravioleta que atravesan oburaco sobre a capa de ozono que cobre principalmente o extremo sur do planeta.

Clima

[editar |editar a fonte]
Vista do cabo de Fornos, desde o lugar onde se sitúan o chamadoFaro Monumental de Fornos, un monumento aos mariños oceánicos e un punto de observación da Mariña Chilena, nailla de Fornos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Fornos, cabo de".Diciopedia do século 212.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 929. 
  2. Cape Horn the TerribleArquivado 18 de marzo de 2011 enWayback Machine., por Paolo Venanzangel en Nautical Web.
  3. Mapa de las Islas Wollaston, por Mariolina Rolfo y Giorgio Ardrizzi enPatagonia and Tierra del Fuego Nautical Guide, Editrice Incontri Nautici, 2004.
  4. Limits of Oceans and SeasArquivado 08 de novembro de 2006 enWayback Machine..
  5. Perilous Cape Horn, por P.J. Gladnick en eSsortment, 2002.
  6. Journeys in Time: PlacesArquivado 24 de agosto de 2006 enWayback Machine., por Macquarie University Library, 2004.
  7. Cape HornArquivado 22 de agosto de 2006 enWayback Machine., por Victory Cruises, 2005.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cabo_de_Fornos&oldid=6890770»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp