Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

CMYK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo de cor subtractivo CMYK

Omodelo de corCMYK é unmodelo de coressubtractivo baseado nomodelo de cor RYB, é utilizado naimpresión. A abreviatura CMYK fai referencia ás catro placas detinta utilizadas:ciano (Cyan),maxenta (Magenta),amarelo (Yellow) e clave (Key) ounegro.

O modelo CMYK funciona superpoñendo cores sobre un fondo máis claro, xeralmentebranco. A tinta reduce aluz que doutro xeito se reflectiría, polo tanto, engadindo as tres cores obtemos a ausencia de luz, é dicir, o negro.

Nosmodelos de cor aditiva, como oRGB, o negro obteríase coa ausencia de luz mentres que o branco é a combinación aditiva de todas as luces decor primaria. No modeloCMY, é o contrario: o branco é a cor natural do fondo, e o negro o resultado da combinación completa de tintas coloreadas. Para aforrar custos de tinta e obter tons de negro máis intensos, as cores escuras prodúcense engadindo tinta negra xunto coas tintas ciano, maxenta e amarelo.

En impresión utilízase a técnica domedio ton para superpoñer tramas de puntos de cada cor primaria que permiten obter unha ampla gama de cores.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=CMYK&oldid=6754271»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp