Os foceos fundaron cara ao ano 565 a.c. unha colonia no leste da illa,Alalia[4]. A illa, tras estar baixo influenciacartaxinesa, pasará a mans deRoma arredor do ano237 a.C., permanecendo baixo o seu dominio até a invasión vándala de430 d.C., aínda que posteriormente será recuperada poloImperio Bizantino noventa e dous ano despois, no522. Coa caída doImperio Bizantino a illa quedará a mercé de múltiples invasións, dende osárabes até osxenoveses elombardos. Despois dabatalla de Meloria a illa finalmente pasará a mans deXénova, permanecendo baixo o seu dominio até1768, exceptuando o período entre1296 e1434 no que estará en mans daCoroa de Aragón e o de entre1553 e1559 nos que pasará a dominio francés.
Baixo dominio xenovés oscorsos levarán a cabo constantes revoltas e intentos emancipadores, chegando a converterse na primeira nación democrática constitucional no mundo, primeiro coa iniciativa da constitución, datando a primeira de despois da revolución de1735 e a segunda constitución do1755. Así pois Córsega constituíuse como unha República independente, aínda que mantiña o nome de "Reino da Córsega" por considerar raíña áVirxe María.
A figura máis importante da identidade corsa nesa época foiPasquale Paoli, defensor da independencia da illa ante xenoveses e franceses e partícipe da Constitución de1755, a primeira Constitución do mundo inspirada nos principios da Ilustración. Foi tamén en tempos dePaoli cando se adoptou aU Moru (Testa Moura) como emblema nacional.
Finalmente, incapaz de enfrontarse as constantes revoltas e levantamentosindependentistas,Xénova retirarase da illa en1768, non sen antes vender os seus dereitos sobre ela aFrancia que pasará a ocupala inmediatamente. As tropas francesas derrotaron ao exército dePasquale Paoli na batalla dePonte Novu (na Alta Córsega) os días8 e9 de maio de1769, mais Paoli procurará o apoio británico para liberar a illa e en1794 o reiXurxo III daGran Bretaña proclamarase Rei de Córsega, volvendo a ser independente neste breve período do reino Anglo-Corso, de1794 a1796, ano no que as tropas francesas recuperaron novamente a illa.
No ano1769 ten lugar enAjaccio o nacemento deNapoleón Bonaparte, personalidade que comezará, na súa mocidade, sendo un independentista corso e acabará sendo nomeado emperador do Imperio francés. O control francés sobre a illa será ininterrompido a partir de entón. Tras un primeiro intento en1805, do que se conseguiu unha moratoria, o goberno francés declara o4 de agosto de1848 a oficialidade única da lingua francesa, coa conseguinte nulidade de calquera acto público efectuado en corso, a lingua maioritaria da poboación.
Despois daprimeira guerra mundial, Córsega, con 20.000 mortos, foi a rexión do Estado francés con máis baixas bélicas proporcionais á súa poboación.
Nasegunda guerra mundial, a illa foi ocupada polos italianos entre1939 e1943. O réximefascistaitaliano proclamou varias veces as súas reivindicacións territoriais sobre a illa, polo que non pode entenderse a ocupación só como parte dunha acción bélica. No1943, tras o armisticio italiano, serán as tropas nazis as que pasen a ter o control sobre a illa. A Resistencia, alentada porDe Gaulle estará formada por soldados franceses, tropas antifascistas italianas e guerrilleiroscorsos. Serán estes dous últimos corpos nunha actuación conxunta os primeiros en liberar a illa da ocupación, deixando a honra ao exército francés, de ser os primeiros en tomarBastia.
Cartel bilingüe francés/corso, no cal está tachada a versión francesaMonumento a Pasquale Paoli
Nos anos1957 e1965, Córsega recibiu sendas chegadas masivas depied-noirs, ex-colonos franceses escapados da facía pouco liberadaAlxeria. Estes antigos colonos recibirán o 90% das terras reservadas aos campesiños corsos nos planos agrarios da posguerra, desestabilizando a economía e o equilibrio de poboación da illa. Esta masa de poboación aínda hoxe son os principais defensores da unión de Córsega coEstado francés así como a oficialidade única da lingua francesa.
O descontento social iráin crescendo dende principios dos anos1960 até os nosos días. No ano1968 fúndanse as asociaciónsFronte Rexionalista Corsa (FRC) eAcción Rexionalista Corsa (ARC), máis adicado á cuestión agraria. Os dous grupos nacen cun ideario rexionalista, que irá pasando co paso dos anos ao autonomismo e de aí aonacionalismoindependentista.
Dous feitos marcan de xeito especial esta evolución. O primeiro son as protestas contra a empresa italiana Montedison, responsábel do vertido de residuos en augas territoriais corsas entre os anos1972 e1973. A falta de reacción por parte doEstado francés leva a grupos de cidadáns armados a tomar os barcos pola forza e dinamitalos despois.
O outro feito foron os chamados "Acontecementos de Aleria", principalmente a toma de Cave Depeille, unha leira agrícola en mans dunha familia depied-noirs mesturada en escándalos fiscais e financeiros. A toma fíxose por parte dun grupo de autonomistas armados con escopetas, e liderados polo médico deBastia e portavoz da ARC Edmundu Simeoni. Simeoni viña de redactar o día anterior un documento no que esixía o recoñecemento do bilingüismo corso-francés, o cumprimento das promesas feitas polo Estado e denunciando fraudes electorais no voto por correo.
Esta acción encadrábase co reforzo nas tesesnacionalistas feitas pola ARC ese mesmo ano. Dende o cambio de nome, pasando a chamarseAcción para o Renacemento Corso en xullo do1975, até unha recuperación das reivindicacións asociadas álingua corsa, pasando pola petición da reapertura da única Universidade da illa, fundada porPasquale Paoli e fechada dende a primeira ocupación francesa.
O grupo que toma Cave Depeille desaloxa aos seus propietarios sen causarlles ningún dano e iza a bandeira da Testa Moura sobre a leira. OEstado francés organiza unha reacción armada formada por 1200 homes apoiados por carros de combate e helicópteros. Na toma da leira, o22 de agosto de1975 morren dous xendarmes e dous militantes corsos resultan feridos. A leira será incendiada esa mesma noite por individuos anónimos e permanece en ruínas dende entón. Os ocupantes serán engaiolados enParís e o ARC ilegalizado o27 de agosto, só cinco días despois.
A clandestinidade radicalizará o movemento nacionalista corso cara aoindependentismo, a noite do mesmo27 de agosto graves tumultos teñen lugar enBastia, provocando a morte dun xendarme. Fúndase así a Fronte di Liberazione Naziunale Corsu, FLNC (Fronte de Liberación Nacional Corso), no que conflúen a Fronte Paesanu Corsu di Liberazione (Fronte Campesiña Corsa de Liberación), FPCL, fundado en1973 e Ghjustizia Paolina (Xustiza Paolina), fundada en1974 e que xa reivindicara varios atentados con explosivos sen vítimas. Na noite do4 de maio de1976 acontecerán 22 atentados con explosivos na illa e un ataque contra o Pazo de Xustiza deMarsella, comezando unha longa serie de actividades armadas que aínda non tiveron un fin definitivo.
Nos anos1980 o panorama político corso vai diversificarse. Por unha banda aparece o Unione di u Populu Corsu, UPC (Unión do Pobo Corso), partido encabezado por Edmundu Simeoni e de tendencia socialista e autonomista e por outra en1980 o FLNC tenta por en marcha un brazo político, que se caracterizará polas súas múltiples escisións. Este feito, unido a outros factores, como a ilegalización absoluta do FLNC en1983 ou o aumento de prácticas de recadación de imposto revolucionario por parte desa formación que rozaban as técnicas mafiosas, fixeron que o activismo armado reducise a súa intensidade e que a súa representación política ficase atomizada e con pouca representatividade.
En1990 as forzas independentistas escindidas reagrúpanse enCorsica Nazione (Córsega Nación) converténdose nun dos partidos con máis representatividade dentro da illa. Algúns dos logros acadados polo nacionalismo corso foron a reapertura en1981 da Universidade fundada porPasquale Paoli, fechada dende1769 e a concesión porFrançois Mitterrand dun Estatuto Particular á rexión en1982. Porén, aspectos como a cooficialidade da lingua corsa seguen, a día de hoxe, nun estado moi precario e difícil de acadarse. Hoxe en día, a rexión de Córsega pertence a Francia e constitúe a Colectividade territorial de Córsega (CTC) dende o13 de maio do1991
Córsega é unha illa alongada en sentido norte-sur de 183 km de lonxitude na súa parte máis longa e 83 km na súa parte máis ancha. Está situada a 160 km aproximadamente ao sueste da costaprovenzal, 82 km ao oeste daToscana e a só 12 km ao norte deSardeña. Máis ben boscosa e montañosa, na costa sur predominan os cantís escarpados. Está situada xunto con Sardeña nun micro-placa continental separada da de Francia e de Italia chamada "bloque corso-sardo". O brazo de mar que a separa da súailla irmá é coñecido coma oEstreito de Bonifacio, de pouca profundidade, ao contrario que a costa que a separa da Toscana que chega a acadar entre 400 e 500 m de profundidade.
Os gregos bautizaran esta illa do mar MediterráneoKallisté, a máis bonita. Hoxe, coñécese a Córsega co nome deilla da Beleza. Grazas aos seus mil quilómetros de costas, dos cales aproximadamente 300 son de area fina, Córsega é un moi popular para os deportistas náuticos e submarinistas. Porén, Córsega é igualmente e unha illa moi montañosa, nas que as montañas abarcan arredor de dous terzos da illa. O seu punto máis alto é o monte Cinto, que acada unha altura de 2.706msnm. A principios doséculo XX tamén foi alcumadaa illa verde, diferenciándoa doutras illas mediterráneas, polo xeral moito máis áridas.
Córsega pódese considerar como unha montaña dentro doMediterráneo, ofrecendo grandes rexións naturais que corresponden a diversos conxuntos xeolóxicos. Estas rexións son coñecidas como a Córsega Cristalina, a Córsega Alpina, a Depresión central, a Chaira oriental e a Córsega calcaria.
A illa é atravesa por numerosos ríos, algúns con afluentes. Estes río orixínanse nos lagos interiores ou nos portos de montaña, fluíndo a través de gorxas con rápidos e cataratas, para de seguido fluír a través de meandros de depósitos aluviais costeiros antes de descargar no mar. Os principais ríos son o Golo, o Tavignano, o Fium Orbo, o Travo, o Rizzanese, o Taravo, o Gravona, o Prunelli, o Liamine, o Porto e o Fango.
O idioma oficial da illa é ofrancés, aínda que ocorso goza dunha certa oficialidade e ten status de lingua rexional, lingua que pode verse na sinalización e é ensinada case obrigatoriamente en tódalas escolas. O corso é unha lingua neolatina pertencente a área italorromance do grupo das linguas romances, conectando co grupo de dialectos toscanos. Aínda que o seu status de lingua como tal é relativamente recente (reivindicación que data dos anos oitenta doséculo XX), non entrou na definición xeral admitida de lingua romance debido ao seu gran parecido co toscano e outras das súas variantes.
O corso é un conxunto de dialectos toscanos divididos en dous grupos dialécticos principais: o cismontano (supranacciu) e o ultramontano (suttanacciu), que son falados en Córsega, no norte de Sardeña e en gran parte da rexión italiana da Toscana. O devandito idioma só ten oficialidade nesta rexión. O Cismontano e falado na parte nordeste da illa, ten unha forte influencia toscana e constitúe a variante máis difundida e estandarizada, e entre outras cousas a variedade máis semellante ó italiano. O ultramontano fálase na parte suroeste da illa, na que especialmente a súa versión meridional constitúe a variante máis arcaica e conservadora do corso, fortemente emparentada cos dialectos do norte deSardeña.
A lingua é hoxe aproximadamente falada polo 60% da poboación, sendo o vehículo da súa cultura, como a música, proverbios ou diferentes expresións. É regulada e estruturada pola Universidade Pasquale Paoli de Corte (Università Pasquale Paoli di Corti) e defendida por numerosas asociacións insulares.
A comida de Córsega pode definirse como unha fusión das cociñas francesa e italiana, debido á súa posición xeográfica próxima aos dous países. Pódense atopar alimentos tan populares como a pizza, pasta, embutidos e queixos de leite de ovella. Porén cada rexión dentro da illa ten ás súas propias receitas. Nas montañas, por exemplo é típica a carne de animais silvestres coma o xabaril e o coello. Outro prato típico é a troita abundante moitos ríos nalgunhas estacións.
Así pois os principais produtos corsos derivan da castaña, os cítricos, a chacinaría de porco e o leite e queixo de ovella. Os produtos que teñen unha denominación protexida son: o viño de Córsega, con nove denominacións de orixe, o mel corso (mele di Corsica), obrocciu, un queixo de leite de cabra e ovella e o aceite de oliva (oliu di Corsica).
Outros produtos tradicionais son osfigatellu (salchicha de fígado), oprizuttu (xamón seco), o civet de xabaril, os queixos bastilicacciu, calinzanu, niolincu, venachese e sartinesi. En canto a pastelaría apulenda (fariña de castaña), osnicci (filloas a base de fariña de castaña) e oscanistrelli (galletas de limón, anís e castaña). En canto ás bebidas, destacan cervexa con aroma de castaña e os licores de castaña ou cereixa.
O principal símbolo corso é a Testa Moura ("U Moru", encorso:O Mouro), a cabeza dun home negro. Este símbolo figura no centro dasúa bandeira e en diversos símbolos. É aceptado tanto polonacionalismoindependentista que o reivindica como bandeira nacional, como pola oficialidade do Estado francés que o reproduce en diversos símbolos rexionais. Tamén é empregado polos clubs deportivos máis importantes do país nos seus escudos e insignias.
A súa orixe é incerta, a pesar de comezar a empregarse noséculo XVIII. Unha corrente afirma que fai mención a un antigo dominio árabe sobre a illa, aínda que, tamén é un emblema presente nalgúns escudos de armas daCoroa de Aragón. Porén, a diferenza dalgunhas insignias aragonesas, nas que os homes levan os ollos vendados, o símbolo corso leva a cinta levantada. Isto foi unha modificación introducida polo movemento nacionalista baixo o lema "a Córsega abriu os ollos". O mesmo signo, reproducido catro veces nos ocos dacruz de San Xurxo tamén está presente na bandeira daSardeña.
O himno corso é oDiu vi Salvi Regina, un salve áVirxe María, recoñecida simbolicamente coma raíña do país noséculo XVIII. Porén, non é oficial, xa que oEstado francés non recoñece himnos rexionais. É bastante empregado como feche de actos reivindicativos.
Córsega é a rexión menos desenvolvida economicamente da área metropolitana de Francia. Oturismo é un punto importante daeconomía corsa, pois co seu clima e as súas paisaxes atrae a moitos outros europeos a illa. Porén, a illa non tivo un desenvolvemento semellante ao doutros lugares mediterráneos e atópase relativamente virxe. O turismo concéntrase especialmente na área arredor dePorto Vecchio eBonifacio no sur, eCalvi no noroeste.
En1584 o Gobernador de Xénova ordenou a tódolos agricultores e propietarios de terras plantar catro árbores por ano, principalmente o castiñeiro (ademais de oliveiras, figueiras e a moreiras), polo que moitas comunidades deben a súa orixe e a consecuente riqueza aos bosques de castiñeiro. Córsega produce queixo, viño, embutidos e mel para a venda en Francia continental e para a exportación . O mel corso, da que hai seis variedades, está certificada en canto á súa orixe polo Instituto Nacional de Orixe e Calidade (INAO).