Ocárter é un recipiente metálico que protexe e asegura a lubrificación de certos mecanismos.Debe o seu nome aoenxeñeiroinglés J. Harrisson Carter que o propuxo durante unha exposición das bicicletasSunbeam en1889 vindo a ser adoptado pola marca a partir de1897.[1]
O cárter envolve a parte inferior do motor aloxando acambota e protexendo as partes móbiles de obxectos estraños. Ten funcións distintas consoante o tipo de motor en que estea aplicado.

Nunmotor a dous tempos o cárter está selado pois, coa subida dopistón, ten que se crear un baleiro que leve á entrada de nova cantidade de mestura ar/combustíbel. Canto o pistón sobe, a mestura pasa da zona do cárter para o cilindro.[2]
A diferenza dosmotores a catro tempos o aceite do motor non está no cárter, sendo mesturado co combustíbel e o ar proporcionando así a lubrificación das partes móbiles.
O cárter asegura a lubrificación das partes móbiles do motor e protexe a cambota ebielas das agresións do exterior. O chamadocárter superior é fundido xuntamente cobloque do motor e nel se encontran os apoios dacambota.
O cárter inferior é unha especie de taboleiro no cal cae o aceite de lubrificación que é espallado nas áreas móbiles do motor.
Este tipo de cárter, o máis frecuente en vehículos de serie, ten unha dimensión adecuada (catro a seis litros) para conter todo o aceite de lubrificación. Na súa superficie inferior posúe unha tapa de rosca a través da cal é posíbel baleirar todo o seu contido.
O aceite aquí almacenado é colocado en circulación a través da bomba de aceite que o espalla nas zonas móbiles do motor. Dos cilindros e dos apoios da cambota cae novamente para o cárter e volve a ser dispersado nun ciclo sucesivo.
No seu nivel máximo o aceite do cárter non atinxe a cambota pois, se o fixese, a elevada rotación desta provocaría un "burbullar", que, en última instancia, dificultaría a acción da bomba de aceite e podería provocar serios danos ao vehículo.
Cando o aceite está nun nivel reducido, e no caso de curvas a alta velocidade ou travaxes bruscas, o óleo pódese desprazar ao longo do cárter por acción daforza centrífuga ou dainercia deixando as entradas dos tubos de aspiración para a bomba de aceite descubertos impedindo esta de o facer chegar aos locais adecuados e podendo provocar graves danos ao motor.
No sistema decárter seco o aceite é almacenado nun reservatorio exterior sendo aspirado do cárter (que así pode ter unha dimensión menor pois non ten que almacenar o aceite) para ese depósito. Neste sistema hai dúas bombas de aceite: unha que aspira o aceite do cárter para o reservatorio exterior e outra que o coloca en circulación para as zonas adecuadas.
A pesar de ser máis dispendioso, máis pesado e máis complexo, este sistema presenta algunhas vantaxes especialmente, fronte ao menor volume do cárter, permitir colocar o bloque motor nunha posición máis próxima do solo diminuíndo así o centro de gravidade do vehículo e mellorando a estabilidade aerodinámica. O depósito exterior pode conter un maior volume de aceite, unha presión máis estabilizada e sistemas adicionais dearrefecemento do aceite. A ausencia de mestura con gases do motor pode aínda significar mellorías na dispoñibilidade de potencia do motor.[3]
Este tipo de cárter é máis frecuente nos motores dos vehículos de competición.
Durante o funcionamento do motor, unha pequena cantidade de combustíbel non consumido na deflagración nocilindro ben como gases de escape poden atravesar ossegmentos dos pistóns e chegar ao cárter.[4]Se estes gases se mantiveren econdensaren no interior do cárter provocarán a dilución do óleo e diminuíndo así as súas propiedadeslubrificantes. A presenza de auga pode aínda provocar aoxidación dalgunhas das pezas do motor.
Para contrariar esta situación hai un sistema de ventilación do cárter que lle fornece ar fresco do filtro de ar e que sae, atravesando unha válvula especial colocada no propio cárter, para ocolector de admisión. Este, estando a unha menor presión do que o cárter, ten un efecto de succión sobre os gases presentes impedindo a súa concentración.
Motores antigos ou danados poden xerar fugas significativas de vapores a través dos segmentos dos pistóns para o cárter, fugas que o sistema de escoamento do ar non consiga aspirar. En consecuencia pode haber perda de potencia e ser necesario rectificar o motor.
As correntes e engrenaxes do sistema de distribución do motor, que asegura a transmisión do movemento da cambota á árbore de levas cando está situada á cabeza e a outros mecanismos están protexidas por unha tapa metálica chamada cárter de distribución.