Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Byte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Byte (homónimos).

Unbyte (pronunciado "bait") ouocteto é un dos tipos de datos usados encomputación para especificar o tamaño ou cantidade damemoria ou dacapacidade de almacenamento dun computador. Normalmente corresponde con 8bits (véxanse detalles mais embaixo).

Significados

[editar |editar a fonte]

A palabrabyte ten varios significados, todos próximos entre si:

  • Unha secuencia contigua dun númerofixo debits. Nos computadores modernos, un byte consta de 8 bits, ouocteto. Algúns modelos máis antigos usaron bytes de 6, 7 ou 9 bits.

Un byte é sempreatómico no sistema, o que significa que é a máis pequena unidade de memoria enderezable (á que se pode acceder directamente). Un byte de 8 bits pode conter 256 valores posibles (28 = 256) — o suficiente para almacenar ben unenteiro sen sinal entre 0 e 255, ben un enteiro con sinal entre -128 e 127 ou ben un carácter de 7 bits (tal como aASCII) ou 8 bits.

  • Unha secuencia contigua de bits que constitúe unsub-campo dunha secuencia máis longa chamadaword.
  • Untipo de dados en certaslinguaxes de programación. OC, por exemplo, define obyte como sinónimo deunsigned char — un tipo de dados enteiro capaz de almacenarpolo menos 256 valores diferentes.

Outras designacións

[editar |editar a fonte]

O byte de 8 bits tamén se chamaocteto, especialmente no contexto deredes de computadores etelecomunicacións, reflectindo a cantidade de bits que ten.

Á metade dun byte (4 bits), dáselle o nome denibble ou semioctecto.

Cantidades

[editar |editar a fonte]

Os prefixosquilo-,mega--,xiga- etc. considéranse potencias de 1024 no canto de potencias de 1000. Isto é así porque 1024 é a potencia de 2 (210) máis preto de 1000. Utilizase unha potencia de 2 porque se traballa nun sistemabinario.

NomeAbrev.FactorTamaño no SI
quilok210 = 1024103 = 1000
megaM220 = 1 048 576106 = 1 000 000
xigaG230 = 1 073 741 824109 = 1 000 000 000
teraT240 = 1 099 511 627 7761012 = 1 000 000 000 000
petaP250 = 1 125 899 906 842 6241015 = 1 000 000 000 000 000
hexaE260 = 1 152 921 504 606 846 9761018 = 1 000 000 000 000 000 000
zettaZ270 = 1 180 591 620 717 411 303 4241021 = 1 000 000 000 000 000 000 000
yottaY280 = 1 208 925 819 614 629 174 706 1761024 = 1 000 000 000 000 000 000 000 000
brontoB290 = 1024 Yottabytes1027 = 1 000 000 000 000 000 000 000  000

No1998 creouse un novosistema de prefixos para denotar múltiplos binarios polaIEC. Oficialmente, o patrón IEC especifica que os prefixos do SI usaránse só para múltiplos enbase 10 e xamais enbase 2.

Novo patrón de prefixos IEC
NomeAbrev.Factor
quibiKi210 = 1024
mebiMi220 = 1 048 576
gibiGi230 = 1 073 741 824
tebiTi240 = 1 099 511 627 776
pebiPi250 = 1 125 899 906 842 624
exbiEi260 = 1 152 921 504 606 846 976

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Byte&oldid=6493178»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp