![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1955![]() Viroqua, Estados Unidos de América(pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison Viroqua High School(en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música![]() |
Ocupación | produtor musical, cantautor, compositor, músico![]() |
Período de actividade | 1978![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo emúsica pop![]() |
Instrumento | Batería![]() |
Selo discográfico | Geffen Records![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih,![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Bryan "Butch" Vig, nado o2 de agosto de1955 enViroqua,Wisconsin, é un músico e produtor musicalestadounidense, coñecido por ser o batería da banda derock alternativoGarbage e por ter producido o álbumNevermind deNirvana.
Vig estudou piano durante seis anos, pero, despois de ver aThe Who actuar no programa deThe Smothers Brothers, cambiou o seu piano por unha batería de 60 dólares[Cómpre referencia].
Mudouse aMadison e matriculouse na University of Wisconsin para estudar dirección de cine, onde coñeceu aSteve Marker. Vig contribuíu coas súas composicións en bandas sonoras de películas de baixo presuposto, e mentres estaba en Madison uniuse a varias bandas degarage pop. En1978 formou Spooner conDuke Erikson, Dave Benton, Jeff Walker e Joel Tappero. Spooner fundou o seu propio selo, Boat Records, para publicar as súas propias gravacións e as dunhas 20 bandas locais máis.
No ano1984, Vig e Marker fundaron os Smart Studios en Madison, mentres seguía tocando a batería en Spooner pola noite e conducía un taxi polo día. Cando Spooner perdeu folgos, Vig formou unha banda chamada First Person con Marker e Phil Davis, e un proxecto paralelo chamado Fire Town con Davis e Erikson. Fire Town converteuse rapidamente na prioridade de Vig, e despois do seu primeiro álbum asinaron conAtlantic Records. Atlantic contratou ao produtor Michael Fondelli para que traballase no segundo álbum da banda. A pesar de que as sesións non foron ben e o resultado foi un fracaso, Vig aprendeu moito sobre técnicas de produción no proceso. Fire Town separouse, e Vig reformou Spooner para un último álbum antes de que se adicase á produción a tempo completo.
Butch Vig comezou a facerse un nome no negocio da música en1991, cando se encargou da produción dos discosGish deThe Smashing Pumpkins eNevermind deNirvana, o disco que os faría coñecidos en todo o mundo. Grazas ao seu traballo,Billy Corgan convidou a Butch a producir o segundo disco dos Pumpkins,Siamese Dream, editado en1993, que foi todo un éxito tanto comercialmente como de crítica, e impulsou a carreira da banda cara ao gran público. Vig tamén produciu dous aclamados álbums deSonic Youth, oDirty de1992 e oExperimental Jet Set, Trash and No Star de1994.
Vig traballou conJimmy Eat World no seu sexto álbum,Chase This Light, editado en outubro do2007. A súa primeira produción dunha banda inglesa foi o álbumAll or Nothing deThe Subways, no ano2008. Tamén traballou con Tom Gabel deAgainst Me! no seu EP en solitarioHeart Burns. Encargouse, xunto coa banda, do oitavo álbum deGreen Day21st Century Breakdown, aparecido no2009.
Outro dos seus últimos traballos foi a produción dun disco da banda derock alternativoFoo Fighters.
No ano1994, Vig, xunto conDuke Erikson eSteve Marker fundaron a bandaGarbage. Posteriormente uniríasellesShirlay Manson como vocalista para rematar a formación. O grupo leva editados ata a data[cando?] catro álbums de estudio.
|
|