| Bursaspor | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | BSL /BCL |
| Alcume | Timsahlar (crocodilos) |
| Fundación | 2014 |
| Cores | Verde,branco |
| Presidente | |
| Adestrador | Vacante |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Tofaş Spor Salonu |
| Capacidade | 7 500 |
| bursaspor.org.tr | |
OBursaspor Basketbol é un club profesional debaloncestoturco con sede na cidade deBursa. Actualmente xoga naBasketbol Süper Ligi (BSL), a máxima categoría do baloncesto turco, e naBasketball Champions League. Fundado en 2014, o club é a sección de baloncesto do club polideportivo Bursaspor. O equipo xoga os seus partidos como local no Tofaş Spor Salonu, recinto con capacidade para 7 500 espectadores.
A sección de baloncesto do Bursaspor foi fundada no ano 2014, comezando a súa andaina na terceira división turca. Na temporada 2018−19 consegue o ascenso á máxima categoría, aBasketbol Süper Ligi (BSL) apos gañaren o campionato da segunda división, aTürkiye Basketbol Ligi (TBL). Este fito produciuse despois de teren gañado 25 xogos e perderen tan só 5. Na temporada 2019−20, o club tivo un rendemento destacábel a pesar de ser un equipo debutante, ocupando o noveno lugar antes da cancelación da liga por mor dapandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 o equipo finaliza de novo en noveno lugar, conseguindo clasificarse para xogar aEuroCup. Ao ano seguinte o club consegue un dos seus principais fitos ao chegar á final daEuroCup, onde perderon ante aVirtus Bologna por 80–67 nun encontro disputado na propia Boloña. Unha vitoria neste partido teríalles permitido disputar na seguinte temporada aEuroliga. A nivel doméstico o seu mellor posto foi na temporada 2022−23, cando o equipo conseguiu finalizar en quinto lugar despois de teren gañado 17 encontros.[1]
Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
| Ano | Nivel | División | Pos. | V–D | Copa | Competicións europeas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2017–18 | 2 | TBL | 2º | |||||
| 2018–19 | 2 | TBL | 1º | 25–5 | ||||
| 2019–20 | 1 | BSL | 9º | 11–12 | ||||
| 2020–21 | 1 | BSL | 9º | 13–17 | 2EuroCup | RS | ||
| 2021–22 | 1 | BSL | 8º | 19–14 | 2EuroCup | RU | ||
| 2022–23 | 1 | BSL | 5º | 17–15 | 2EuroCup | 8F | ||