Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Burlada

Coord.:42°49′35″N1°36′56″O / 42.82648,-1.61563
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBurlada
Burlada (es)
Burlata (eu)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 42°49′35″N1°36′56″O / 42.82648,-1.61563
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarraEditar o valor en Wikidata
CapitalBurlada-Burlata(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.078(2024)Editar o valor en Wikidata (9.942,45hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística)Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2,12 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude423 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataJuan Carlos Gonzalez Muñoz(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31600Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE31060Editar o valor en Wikidata

Sitio webburlada.esEditar o valor en Wikidata
BNE: XX458833

Burlada ouBurlata[1] é un municipio deNavarra, situado nomeiriñado de Sangüesa e naCuenca de Pamplona.

É o cuarto municipio máis poboado deNavarra con 18.162 habitantes (2012), debido especialmente á súa situación, xa que dista menos de 3 km dePamplona.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Burlada atópase xeograficamente naCuenca de Pamplona e xa que logo forma parte daárea metropolitana da capital navarra. Limita ao norte conPamplona eVillava, ao leste conHuarte, ao sur conEgüés e ao oeste conPamplona.

Historia

[editar |editar a fonte]

Tense constancia de que osReis de Navarra pasaban tempadas de asueto no palacio de que dispuñan en Burlada. Este palacio, xa derruído, estaba conectado de forma privada coa antiga igrexa románica, tamén derruída a mediados doséculo XX. Outro dato que denota a importancia histórica desta localidade é a ponte románico que cruza orío Arga ao seu paso polo pobo.

Monumentos

[editar |editar a fonte]

Monumentos civís

[editar |editar a fonte]
  • Ponte de Burlada

Pontemedieval composto de seis arcos de medio punto. Parece ser modificado en diferentes épocas, posto que orixinalmente a súa forma debeu de ser máis apuntada, con pendentes máis fortes a ambos os dous lados. Consta de 6 arcos de 9 metros de lonxitude de van. É difícil determinar cando foi construído, xa que é unha das pontes que máis reconstrucións tivo.

  • Palacetes de Burlada

Son varios edificios de principios doséculo XX. Atópanse na rúa Maior e o máis significativo é o palacio Uranga, que está rodeado dun parque.

Monumentos relixiosos

[editar |editar a fonte]
Igrexa de San Blas
  • Igrexa de San Xoán

A primitiva igrexa atopábase situada na actual praza San Juan, terreo que ocupou a Casa Consistorial ata o ano 2008. O 24 de xuño de1952, coincidindo coa festividade deSan Xoán Bautista, comezouse a construción do novo Templo. A súa inauguración tivo lugar o domingo 17 de outubro de1954. O novo templo foi un proxecto do arquitectoJavier Yárnoz. É un edificio de planta latina e construción moderna, do que o máis destacable é o seu mobiliario que procede de diferenteslocalidades de Navarra. O retablo maior que preside o templo é deestilo neoclásico e procede daCatedral de Pamplona, onde estaba dedicado aSan Blas.

  • Parroquia de San Blas

Foi creada o 29 de xuño de1970, baixo a advocación deSanta María Soidade Torres Acosta, relixiosa madrileña fundadora dasServas de María, dedicadas á atención a domicilio de enfermos pobres, velándoos durante as noites. A novaparroquia xorde debido ao crecemento de poboación que experimenta Burlada naqueles anos e o nome que recibe inicialmente débese a que ese mesmo ano, o 25 de xaneiro, foi canonizada polo PapaPaulo VI a fundadora desta congregación relixiosa fincada en Burlada desde o ano1942, data na que se abriu o edificio do seu Noviciado o día 2 de xullo.

Comunicacións

[editar |editar a fonte]

Está directamente comunicada conPamplona, da cal dista 3 km, á que está unida a modo de continuo urbano. A N-135 que une Pamplona conFrancia a través deValcarlos atravesa Burlada polo seu extremo meridional. aNA-121-A (dePamplona aFrancia porIrún) atravesa Burlada pola súa banda central.

Festas

[editar |editar a fonte]
  • Festas principais: Do 15 ao 19 de agosto.
  • Entroidos: Martingala de Burlada (Burlatako Martingala, nome orixinal)
  • Festas de San Xoán: Patrón da localidade. Do 23 ao 26 de xuño.

Deportes

[editar |editar a fonte]
  • Fútbol: O equipo máis importante da localidade é aUnión Club Deportiva Burladés, xurdida da de fusión de dous clubs anteriores. Participa na categoría de rexional preferente do fútbol español. Disputa os seus encontros como local no Estadio O Soto. O seu actual presidente é Francisco Javier Bator.

Demografía

[editar |editar a fonte]

Burlada ocupa o cuarto posto comomunicipio de maior poboación deNavarra, por detrás dePamplona,Tudela eBarañáin, cunha poboación de 18.162 habitantes en2012, dos que 8.900 son varóns e 9.295 son mulleres. A súa densidade de poboación é de 8.566,98 hab/km².

Evolución demográfica[2][3]
199619981999200020012002200320042005200620072012
15 36615 86016 64716 88717 28817 64717 96418 04018 31618 38818 33718 162

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Burlata é o topónimo enéuscaro,Burlada é o topónimo encastelán e os dous son cooficiais.
  2. municipios/entidade.html?cod=149 Burlada - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra
  3. Instituto de Estatística de Navarra

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Burlada
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Burlada&oldid=6944380»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp