Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Burl Ives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBurl Ives

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1909Editar o valor en Wikidata
Hunt City, Estados Unidos de América(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 1995Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Anacortes, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de labio e cavidade oralEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMound Cemetery(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EducaciónEastern Illinois University(en)Traducir
Indiana State University(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista urbano, actor de teatro, actor de cinema, cantautor, actor de dobraxe, escritor, cantante, autobiógrafo, intérprete de banxo, actor de televisiónEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1935Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica folkEditar o valor en Wikidata
InstrumentoBanjo evozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoBell Records
Columbia Records
Decca RecordsEditar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosSteven PaulEditar o valor en Wikidata
PaisFrank IvesEditar o valor en Wikidata  e Dellie WhiteEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio webburlives.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0412322Allocine: 3441Allmovie: p3470325036IBDB: 46295
BNE: XX1043818Spotify: 0MHgLfmQdutffmvWe5XBTNApple Music: 355906Musicbrainz: 086c1936-9eaa-4091-b140-ad33a51a3b71Songkick: 135772Discogs: 310187Allmusic: mn0000536754WikiTree: Ives-676Find a Grave: 1591Deezer: 15612Genius: Burl-ivesEditar o valor en Wikidata

Burl Icle Ivanhoe Ives, nado enJasper County (Illinois) o14 de xuño de1909 e finado enAnacortes (Washington) o14 de abril de1995, foi un actor, guionista e cantante demúsica folkestadounidense.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Ives naceu preto deHunt City. O seu pai Levi "Frank" Ives (1880–1947) primeiro foi granxeiro e logo contratista par o condado e para outros. Un día Ives estaba a cantar no xardín coa súa nai, Cordelia "Dellie" White (1882–1954), e oíunos o seu tío, que invitou o seu sobriño a cantar nunha reunión de veteranos en Hunt City. Alí impresionou o público.[1]

Entre 1927 e 1929 asistiu á universidade enCharleston, Illinois, onde xogou aofútbol americano.[2] No seu primeiro ano, sentado na clase de inglés escoitando unha lección sobreBeowulf decatouse de que estaba a perder o tempo: andou cara a porta, o profesor fixo un comentario sarcástico e Ives deu un portazo tras del.[3] Sesenta anos despois a escola deu a un edificio o nome do máis famoso dos seus alumnos que abandonaron os estudos.[4]

Durante a década de 1930 viaxou como cantante polos Estados Unidos, facendo diñeiro con pequenos traballos e co seubanjo. EnMona, Utah, foi encarcerado por vagabundo e por cantar "Foggy Dew", que as autoridades consideraron que era unha canción obscena.[5] Arredor de 1931 comezou a cantar na radio e volveu á universidade en Indiana e enJuilliard School en Nova York.

En 1940 conseguiu o seu propio programa de radio, tituladoThe Wayfaring Stranger por unha das súas baladas. Na década seguinte popularizou cancións tradicionais. Tivo relación cosAlmanac Singers (Almanacs), grupo folk activo no movemento oposto á entrada dos Estados Unidos nasegunda guerra mundial, mais en xuño de 1941 Ives and the Almanacs volveron gravar algunhas das súas cancións para reflectir a nova posición do grupo a favor da entrada do país na guerra.

A principios de 1942 foi recrutado polo exército. En Camp Upton uniuse ao elenco deThis Is the Army, deIrving Berlin. En setembro de 1943 foi licenciado con honores, aparentemente por motivos médicos.

Ives foi identificado no panfleto de 1950Red Channels e entrou na lista negra de Hollywood polos seus supostos nexos comunistas.[6] En 1952 cooperou coHouse Un-American Activities Committee (HUAC) e testificou, co que abandonou a lista negra, mais deu lugar a un amargo distanciamento con outros cantantes, incluíndoPete Seeger. Reuníronse corenta e un anos despois durante un concerto benéfico en Nova York, onde cantaron xuntos "Blue Tail Fly".[7]

Na década de 1950 aumentou o número de aparicións de Ives no cinema. En 1958 gañou oOscar ao mellor actor porHorizontes de grandeza. Nas décadas seguintes cantoumúsica country con maior frecuencia e actuou en programas de televisión.

Ives era fumador de pipa e cigarros. No verán de 1994 diagnosticáronllecancro de boca. Tras varias operacións sen éxito decidiu non seguir coa cirurxía. Caeu en coma e morreu o 14 de abril de 1995 na súa casa deAnacortes, Washington.[8]

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Televisión

[editar |editar a fonte]

Cinema

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • The Wayfarin' Stranger: A Collection of 21 Folk Songs and Ballads with Guitar and Piano Accompaniment. Nova York: Leeds Music, 1945.
  • Wayfaring Stranger. Nova York: Whittlesey House, 1948 (autobiografía)
  • Favorite Folk Ballads of Burl Ives: A Collection of 17 Folk Songs and Ballads with Guitar and Piano Accompaniment. Nova York: Leeds Music, 1949
  • Burl Ives Song Book. Nova York: Ballantine Books, 1953
  • Sailing on a Very Fine Day. Chicago: Rand McNally, 1954 (libro infantil)
  • Burl Ives Folio of Australian Songs, recollido por Percy Jones, 1954.
  • Song in America: Our Musical Heritage, coescrito con Albert Hague. Nova York: Duell, Sloan and Pearce, n.d.
  • Tales of America. Cleveland: World Publishing, 1954
  • "Introduction" to Paul Kapp'sA Cat Came Fiddling and Other Rhymes of Childhood, Nova York: Harcourt Brace, 1956
  • The Ghost and Hans Van Duin [fragmento deTales of America]. Pittsburgh: Carnegie Institute of Technology, 1956
  • Sea Songs of Sailing, Whaling, and Fishing. Nova York: Ballantine Books, 1956
  • Irish Songs (editado porMichael Bowles). Nova York: Duell, Sloan & Pearce, c. 1958
  • The Wayfaring Stranger's Notebook. Indianapolis, Bobbs-Merrill, 1962
  • The Burl Ives Sing-Along Song Book: A Treasury of American Folk Songs & Ballads, 1963
  • Albad the Oaf. Londres: Abelard-Schuman, 1965
  • More Burl Ives Songs. Nova York: Ballantine Books, 1966
  • Sing a Fun Song. Nova York: Southern Music Publishing, 1968
  • Burl Ives: Four Folk Song and Four Stories, coescrito con Barbara Hazen. N.p.: CBS Records, 1969
  • Spoken Arts Treasury of American Ballads and Folk Songs, coescrito con Arthur Klein e Helen Ives, n.d.
  • Easy Guitar Method. Dayton, Ohio : Heritage Music Press, 1975
  • We Americans: A Musical Journey with Burl Ives. Washington, D.C.: National Geographic Society, 1978 (pamphlet)
  • "Foreword" to Martin Scot Kosins'sMaya's First Rose. West Bloomfield, MI: Altweger and Mandel Publishing, 1991

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Burl Ives (1948).Wayfaring Stranger. Nova York: Whittlesey House, pp. 15–20.
  2. Betsy Cole, "Eastern Mourns Burl Ives",Daily Eastern News, 17 April 1995.
  3. Ives,Wayfaring Stranger pp. 108–109.
  4. Associated Press, "Eastern Illinois University Honors Famed Dropout Burl Ives,"St. Louis Post Dispatch, 3 de maio de 1990, p. 71. Accessed via NewsBank.
  5. Wayfaring Stranger pp. 129–132.
  6. Michael D. Murray,Encyclopedia of Television News, Westport, CT: Greenwood, 1998. p 18. Accessed via Ebrary
  7. Dean Kahn, "Ives-Seeger Rift Finally Ended with 'Blue-Tail Fly' Harmony: Skagitonians Ives, Murros Were on Opposite Sides,"Knight Ridder Tribune Business News [deBellingham Herald, Washington], 19 de marzo de 2006, p. 1. Accessed via ProQuest ABI/Inform.
  8. NY Times Ives obituary

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Burl IvesModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Burl_Ives&oldid=7287086»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp