Unha das teorías di que a etimoloxía do nome da tribo dos búlgaros, chegados á rexión noséculo VII, deriva deburg, palabra xermánica que significaría "castelo", mais outros din que deriva debulgars, cuxo significado é descoñecido, sendo osburgarii ouburgarioi son os que gardan as fortalezas. Unha terceira teoría deriva o etnónimo do nome da cidade de Balkh, actualmente ao norte deAfganistán, capital do antigo estado de Balkhara, do cal procederían os antigos búlgaros.
Con todo, tradicionalmente veuse aceptando unha orixe non indoeuropea das primitivas tribos búlgaras, cuxa etnoxénese produciríase pola mestura de elementosugrofineses con outros altaicos,[1] que tralo seu asentamento nos Balcáns prevalecería o elemento humano de orixeeslavo, poboación maioritaria nesta zona. Así, a modernalingua búlgara pertence ásfamilia eslava meridional.
Restos romanos de Augusta Traiana, hoxe Stara Zagora
No territorio da actual Bulgaria desenvolvéronse durante oNeolítico, os milenios VI e III a.C., culturas como a de Hamangia e a Vinča, durante oEneolítico a cultura de Varna e durante aIdade de Bronce a cultura de Ezero. Porén, o primeiro pobo historicamente documentado que se instalou no territorio da actual Bulgaria foron ostracios, un poboindoeuropeo, procedente das estepas deEurasia, que chegou á zona posiblemente en torno ao ano 3500 a.C.
Doutra banda, dende oséculo VII a.C. comezou a producirse acolonización grega da costa doMar Negro, fundándose numerosascidades, moitas das cales continúan existindo na actualidade, como Odessos (Varna), Mesembria (Nesebar), Anchialon (Pomorie), Apolonia (Sozopol) ou Agathopolis (Akhtopol). A mediados do século V a.C. fundouse o primeiro Estado tracio que se coñece, o reino Odrisio, que se desintegraría no seguinte século en varios estados máis pequenos. Pouco despoisFilipo II, rei deMacedonia (entre359 e o336 a.C.), tras vencer ao rei Cersobleptes, anexionouse os territorios dos tracios e fundou a cidade de Filipópolis (Plovdiv). No século seguinte, o territorio de Bulgaria foi invadido polosceltas, quen mantiveron un estado por espazo dun setenta anos, fundando asentamentos como Bononia (Vidin).
Durante oséculo I, o territorio de Bulgaria foi incorporado aoImperio Romano, quedando dividido nas provincias deTracia eMesia. Os romanos fundaron numerosas cidades, entre as que destacan Serdica (a actual capitalSofía), Nicopolis (Nikopol) e Durostorum (Silistra). Cando o Imperio Romano se divide á morte deTeodosio, as provincias de Mesia e de Tracia pasaron a formar parte doImperio Romano de Oriente. Dende oséculo III estes territorios sufriron invasións de pobos bárbaros: primeiro foron osgodos,hunos; máis adiante, osávaros,eslavos, que atravesaron oDanubio a principios doséculo VII cando se abandonaron as guarnicións de fronteirabizantinas, e osbúlgaros. Estes últimos formarían, xunto cos eslavos, o primeiro estado búlgaro, no final doséculo VII. O nome de Bulgaria procede deste pobo.
Unha das teorías é que os búlgaros eran un pobo nómade e belicoso procedente deAsia Central, emparentado coshunos. De feito, os primeiros khans búlgaros facían remontar as súas orixes ao hunoAtila. Xa na primeira metade doséculo VII, baixo o seu rei khan Kubrat, formaran un reino ao norte doMar Negro, que os bizantinos denominaban Magna Bulgaria. Despois da morte de Kubrat o imperio dividiuse entre os seus tres fillos máis vellos, a consecuencia do cal unha parte dos búlgaros desprazouse ao leste, á confluencia dos ríosVolga eKama, chegando a formar o estado da Bulgaria do Volga, en tanto que outro grupo se establecía no delta doDanubio, ao mando de khanAsparukh, terceiro fillo de Kubrat, quedándose unha terceira parte da poboación búlgara.
Desde alí, os búlgaros fustrigaban as guarnicións bizantinas. As súas frecuentes expedicións de saqueo conduciron á realización dunha expedición punitiva contra eles, mandada polo emperador bizantinoConstantino IV. Ao fracasar esta expedición, o Imperio Bizantino viuse obrigado a aceptar a existencia do Imperio Búlgaro e a pagarlle un tributo anual para evitar incursións. O ano681, en que Bizancio recoñeceu por primeira vez ao estado búlgaro, é considerado a data de nacemento da moderna Bulgaria. A comezos doséculo IX o Imperio Búlgaro chegou a estenderse por parte dePanonia eTransilvania e abrazou ocristianismo de rito bizantino. A adopción da nova fe implicou tamén a utilización doeslavo como lingua da liturxia e da administración. A cristianización e a eslavización proporcionaron ao Imperio Búlgaro unha área de influencia maior. O estado alcanzaría o seu apoxeo tanto político como cultural co reinado de Simeón I (893-927), cuxo plan, que estivo preto de ver realizado, era unificar baixo o seu poder as monarquías búlgara e bizantina. Simeón foi o primeiro monarca búlgaro en adoptar o título detsar (derivado do título romanocaesar).
Tras a morte de Simeón, a decadencia da autoridade real, as loitas dinásticas e os ataques exteriores de pobos como osmaxiares epechenegos foron minando ao estado búlgaro que foi conquistado polo emperadorBasilio II, chamadoBulgaróctonos ("matador de búlgaros") e incorporado ao Imperio Bizantino. Bulgaria permanecería baixo a autoridade de Constantinopla durante case dous séculos, entre1018 e1185.
Aínda que os búlgaros se rebelaron en varias ocasións contra o dominio de Bizancio durante oséculo XI, ningunha destas rebelións alcanzou o seu obxectivo. Durante oséculo XII, con todo, aproveitando que o Imperio Bizantino atopábase debilitado polas súas loitas contraserbios ehúngaros, estalou unha rebelión dirixida polos irmáns Petar e Asen. Petar foi proclamado tsar "dos búlgaros, os gregos e os valaquios", co que naceu o Segundo Imperio Búlgaro (1185-1396), cuxo dominio se estendeu por todos os territorios entre oDanubio, oMar Negro e a cordilleira de Stara Planina, incluíndo parte deMacedonia oriental e o val do Morava. Con Ivan Asen II como tsar, o Imperio ocupouAlbania eBelgrado. Bulgaria rompeu coa Igrexa de Roma, creando o Patriarcado Ortodoxo de Bulgaria, ao que se adheriron os distintos patriarcados dos Balcáns, con todo, foi un monarca honesto e humano, que a pesar da ruptura con Roma abriu canles de colaboración, sobre todo comercial, conVenecia eXénova.
Durante oséculo XIV, a debilitada Bulgaria, que atravesaba un período de desmembración feudal, foi presa fácil para uns novos invasores, osturcos otománs, que cruzaran a Europa en1354. En1362 conquistaron Plovdiv, e en1382Sofía. Finalmente en1396 os otománs puxeron fin ao Segundo Imperio Búlgaro controlando por completo o país.
Vasil Levski, un dos artífices do espertar búlgaro
Dende o final doséculo XIV até final doséculo XVIII, Bulgaria non existiu como estado soberano. En1393, por vontade do sultán dos turcos, o patriarcado da Igrexa de Bulgaria foi suprimido e sometido directamente ao Patriarca de Constantinopla, o que provocou que a Igrexa búlgara se helenizase e abandonase o eslavón nos seus ritos. Os otománs converteron a Bulgaria no beyerlik deRumili, que era rexido por un beylerbey residente enSofía.
A partir da segunda metade doséculo XVIIIRusia interveu activamente nos Balcáns, premendo o Imperio Otomán nas súas fronteiras, rompendo o illamento dos búlgaros. Durante a guerra de1768 os rusos atravesaronMoldova eValaquia e irromperon en Bulgaria, onde conseguiron a vitoria militar de Chumla, obrigando aos turcos a asinar a paz. O tratado de Küçük-Kaynarca concedeu a Rusia a protección dos cristiáns ortodoxos do Imperio Otomán, o que terminou converténdose nunha escusa para posteriores intervencións rusas nos Balcáns. En1829, a rebelión dos gregos levou os rusos a ocupar gran parte de Bulgaria e conquistar Adrianópolis. O tratado de paz permitiu aos rusos establecer un protectorado sobre Moldavia e Valaquia. Con todo, os búlgaros permaneceron baixo dominio otomán, aínda que a invasión rusa fomentou o espertar nacionalista nos Balcáns.
Baixo a influencia de ideas como oliberalismo e onacionalismo, a comezos do século XIX comezou a espertar o nacionalismo búlgaro. Tivo unha grande influencia na difusión destas novas ideas entre os medios cultivados de Bulgaria a rebelión grega contra os otománs, en1821. Con todo, existía tamén un forte resentimento polo control grego da Igrexa Búlgara; de feito, os primeiros sentimentos nacionalistas búlgaros estiveron orientados á creación dunha igrexa búlgara independente. En abril de1876, o Comité Revolucionario Segredo Búlgaro, con sede enBucarest, organizou un levantamento, coñecido como Sublevación de Abril. A revolta foi reprimida con crueldade polas autoridades otomás, innumerables aldeas foron saqueadas e as vítimas da represión contáronse por decenas de miles. Os masacres provocaron a reacción da opinión pública e a diplomacia europeas e causa da intervención deRusia, que aproveitou as matanzas de eslavos como pretexto para declarar a Guerra Ruso-Turca en abril de1877, onde interviñeron tamén o exército romanés e tropas de voluntarios búlgaros. A guerra terminou coa completa derrota de Turquía.
O Tratado de San Stefano, asinado o3 de marzo de1878 estipulou a creación dun extenso principado autónomo de Bulgaria e o desmantelamento dos territorios europeos do Imperio Otomán. En1879 unha asemblea constituínte reunida na cidade de Tarnovo adoptou unha constitución para Bulgaria, moi democrática para a época, e elixiu como príncipe aAlexandre de Battenberg, sobriño da tsarina de Rusia. Porén as ambicións nacionalistas non se conformaron coa autonomía, e finalmente logo dunha longa serie de disputas o22 de setembro de1908, co apoio do emperador deAustria-Hungría,Fernando I proclamou en Tarnovo a independencia de Bulgaria e tomou o título de tsar.
O Parlamento coas bandeiras de tódolos países da OTAN
Durante 1912 e 1913 Bulgaria estivo involucrada nas Guerras Balcánicas, unha serie de conflitos cos países veciños, durante os cales o territorio búlgaro variou a súa extensión, adquirindo acceso á costa domar Exeo, ao oeste daTurquía europea. Durante aprimeira esegunda guerras mundiais, Bulgaria aliouse cos bandos que resultaron vencidos, asPotencias Centrais primeiro e oEixo Roma-Berlín-Toquio despois.
Bulgaria atópase no sueste deEuropa, limita conRomanía,Serbia,Macedonia do Norte,Turquía,Grecia e oMar Negro. A fronteira norte con Romanía segue o curso doDanubio ataSilistra. O seu territorio ocupa 110.912 km². A xeografía política de Bulgaria modificouse notablemente dende a restauración do estado en1878.Rusia, cuxas vitorias conduciron á súa creación, premeu para crear unha "Gran Bulgaria" que incluíse unha gran parte deMacedonia. No Congreso de Berlín de1878 as demais potencias déronlle un territorio moito máis reducido, dividido ata1885 entre os principados de Bulgaria Rumelia Oriental. Foi reino independente dende1908 ata1946 e despois república. Bulgaria quixo expandir o seu territorio durante as guerras dos Balcáns de1912 e1913 e durante as dúas guerras mundiais. A derrota militar levou á perda de territorios en1913 e1919, aínda que en1940 recuperou o sur deDobruxa, o que foi confirmado no Tratado de París de1947.
Bulgaria inclúe partes das rexións coñecidas na época clásica comoMesia,Tracia eMacedonia. O suroeste montañoso do país ten dúas cadeas principais, o Rila e o Pirin, e máis ao leste, as máis baixas pero máis extensasmontañas Ródope. A cadea de Rila inclúe o pico máis alto daPenínsula dos Balcáns, oMusala, con 2.925 metros de altitude. O país ten unha densa rede de aproximadamente 540 ríos, a maioría deles, coa notable excepción doDanubio, curtos e con baixos caudais. A maioría dos ríos flúen a través das zonas montañosas, sendo o río máis longo situado exclusivamente no territorio búlgaro o Iskar, que ten unha lonxitude de 368 km. Outros ríos importantes son o Struma e orío Maritsa no sur. Nas cadeas de montañas de Rila e Pirin atópanse ao redor de 260 lagos de orixe glaciar, ademais hai tamén varios lagos grandes na costa do Mar Negro e máis de 2.200 lagos de presas. Existen numerosos mananciais minerais, situados principalmente no sur-occidente e centro do país ao longo das fallas entre as montañas.
En canto ao clima Bulgaria conta cunha notable diversidade, que vai dende os picos cubertos de neve dosAlpes e osBalcáns á suave e solleira costa doMar Negro, pasando pola chaira doDanubio, antigaMesia, onde clima é tipicamentecontinental ou os vales deMacedonia e as terras baixas do sur con influencia climáticamediterránea. A precipitación en media a Bulgaria de 630 milímetros por ano. Nas terras baixas precipitacións varían entre os 500 e os 800 mm e nas zonas de montaña entre 1.000 e 1.400 mm. As áreas máis secas son Dobrudja e a franxa costeira do norte, mentres as partes altas da Rila, Pirin, Rodopi, Stara Planina e Osogovska reciben os niveis máis altos de precipitacións.
No ano2009 Bulgaria tiña unha poboación de 7 606 551 habitantes, sendo a esperanza de vida de 72,5 anos. A media de fillos por muller é de tan só 1,39, o cal está a provocar que a súa poboación se reduza un 0,83% cada ano, o que supón unhas 45.000 persoas ao ano. O nivel de alfabetización, persoas maiores de quince anos que saben ler e escribir, do 98,2%. Os principais grupos étnicos que se atopan no país son os búlgaros (83,9%), osturcos (9,4%),xitanos (4,7%), así como pequenos grupos dearmenios,xudeus (maioritariamente sefardís),rusos oumacedonios.[2]
En canto a relixión, a que máis seguidores ten é aigrexa ortodoxa cun 82,6%, seguido poloislam cun 12,2%, ocatolicismo cun 0,6% e oprotestantismo cun 0,5%. O restante 4,1% son outras relixións, ateos e non declarados. Dende o ano865 Bulgaria foi tradicionalmente unha nación cristiá, cunha gran maioría de búlgaros pertencentes á Igrexa Ortodoxa Búlgara. Durante o período otomán o islam estableceuse no país. En canto ao catolicismo, está presente dende tempos medievais e o protestantismo chegou noséculo XIX. Tamén existe unha minoría xudía no país.
A diferenza de varios dos seus veciños, en Bulgaria as relixións coexisten de forma pacífica. Sofía, a capital do país, ten reputación de ser moi tolerante e de feito, a igrexa de Santa Nedelya, a mesquita Banya Bashi e a sinagoga de Sofía están a tan só uns metros de distancia entre elas.
Obúlgaro é a lingua oficial de Bulgaria, sendo tamén un dos idiomas oficiais daUnión Europea. Está intimamente relacionado comacedonio polo seu desenvolvemento socio-cultural e histórico. Na súa diversidade conseguiu enriquecerse con palabras arcaicas e internacionais, así como con palabras típicas de cada rexión próxima ás súas fronteiras. Unha tendencia a internacionalizar o fondo verbal e mellorar a compenetración e o entendemento das diversas culturas da Península Balcánica conseguiu homoxeneidade nas formas de expresión. As outras linguas minoritarias que se poden atopar no territorio corresponden aos distintos grupos étnicos.
Dende1991 Bulgaria é unha democracia, cunha constitución derepública parlamentaria unitaria. O Presidente de Bulgaria é elixido mediante votación para un período de cinco anos con dereito a unha reelección. O Presidente ostenta o cargo deXefe de Estado e Comandante en Xefe das Forzas Armadas. É ademais o xefe de Seguridade Nacional epode devolver unha iniciativa aoparlamento para un debate. O parlamento pode sobreser ese veto coa aprobación de máis da metade dos membros da Asemblea Nacional. O actual presidente búlgaro, dende o22 de xaneiro de2002 éGeorgi Parvanov.
O Parlamento Búlgaro está formado por unha cámara, a Asemblea Nacional composta por 240 deputados elixidos por voto popular para períodos de catro anos. Vótanse listas de candidatos para nove divisións administrativas e un partido debe obter polo menos un 4% dos votos emitidos para poder integrarse ao parlamento. O parlamento é o responsable de promulgar leis, aprobar o orzamento nacional, programar as eleccións presidenciais, elixir o Primeiro Ministro e outros ministros, formular declaracións de guerra, autorizar a despregadura de tropas búlgaras fóra do país e ratificar tratados e acordos internacionais.
O27 de xullo de2009Boyko Borisov, exalcalde deSofía, pasou a ocupar o cargo de Primeiro Ministro ao obter o 39.71% dos votos, o que supuxo 116 dos 240 escanos do Parlamento. O seu principal opositor Sergei Stanishev debeu contentarse co 17,70% dos sufraxios e 40 escanos, mentres que o Movemento para Dereitos e Liberdades, terceiro partido en número de votos, obtivo o 14,45% e 38 escanos.
Bulgaria converteuse en membro dasNacións Unidas en 1955, e foi membro fundador daOSCE en1995. Como unha das Partes Consultivas do Tratado Antártico, o país participa na administración dos territorios situados ao sur dos 60° de latitude sur. O país ingresou naOTAN o29 de marzo de2004 e asinou o Tratado de adhesión áUnión Europea o25 de abril de2005. Converteuse en membro de pleno dereito da Unión Europea o1 de xaneiro de2007, e elixe a dezasete membros doParlamento Europeo.
En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Bulgaria firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Dende1999 Bulgaria está dividida en vinte e oito 28 provincias (enbúlgaro:oblasti, en singular област/óblast, tamén traducido como "rexión") que corresponden aproximadamente cos 28okrugs (distritos) que existiran antes de1987. Dende1987 até1999 eses okrugs foron reagrupados en nove oblast máis grandes.[8]
Cada oblast recibe o nome da súa capital, no caso da Provincia de Sofia e a Cidade de Sofía,Sofía é a capital de ambas as provincias, mais o seu territorio está só incluído dentro de Sofía Cidade. As provincias á súa vez están divididas en 260concellos (община/obshtina).
En1987, os vinte e oito okrugs existentes foron transformados en nove grandes oblasts. En1999 os vellos okrugs foron restaurados, mais o nome "oblast" quedou. Os nove grandes oblasts foron:
Bulgaria foi un dos países que máis problemas económicos tivo á hora de desligar a súa economía da antigaUnión Soviética, o que minguou as súas posibilidades en relación con outros países da área daEuropa central. Por sectores dentro daagricultura, destaca o cultivo de cereais, estando dúas terceiras partes do solo do país están adicadas ao cultivo destes, fundamentalmentetrigo,maínzo,cebada,centeo earroz. Os cultivos industriais detabaco,algodón exirasol representan unha parte máis rendíbel da organización agrícola. No proceso deprivatización da terra, sufriuse un gran parcelamento que non beneficiou as explotacións.
Dentro daindustria destaca asiderurxia, as plantas de produtos químicos e a producióntéxtil. O país carece case por completo depetróleo o que agrava a súa dependencia exterior en materia enerxética. Con todo, posúe depósitos importantes decarbón elignito que manteñen as anticuadascentrais térmicas e a siderurxia. O resto da enerxía que produce, provén, nunha pequena proporción, da hidráulica. En2006 tivéronse que desconectar dous reactores atómicos soviéticos da central nuclear de Kozloduy, e modernizar outros bloques da mesma mediante créditos deEuratom por un total de 212,5 millóns deeuros.[9] Xa no ano1993, coa colaboración fundamental daComunidade Europea, que achegou cerca de 19 millóns de dólares melloráranse os sistemas de seguridade da central. Bulgaria exporta enerxía aMacedonia do Norte,Serbia,Montenegro eRomanía.
Os avances tecnolóxicos da década dos oitenta nos países occidentais fixeron que a industria búlgara ficase obsoleta. As reformas no seu momento foron tímidas e incrementouse adébeda externa dun xeito notable. Mais, segundo o seu estudo anual oBanco Mundial incluíu a Bulgaria dentro dos dez principais países que maior cantidade de reformas realizaron en2006.[10]
Como membro daUnión Europea desde2007, Bulgaria fixo un significativo traballo para loitar contra a corrupción e acelerar o proceso de privatización que favorece un programa de actuación até 2009. Os propios reinvestimentos dos empresarios búlgaros e mais os estranxeiros acadaron os cinco mil millóns deeuros en2006. OTratado europeo de Lisboa subscrito no2007 acordou con Bulgaria o dereito de chamar "evro" (евро) aoeuro para adaptalo aoalfabeto cirílico.[11]
Bulgaria a miúdo é descrita como un país na encrucillada que une o Leste e o Oeste. Sempre funcionou como o centro de Europa eslava durante gran parte da Idade Media, exercendo considerable influencia literaria e cultural sobre o mundo eslavo por medio das escolas literarias de Preslav e Ohrid. Bulgaria tamén deu orixe aoalfabeto cirílico, o segundo máis amplamente utilizado do mundo, que tivo a súa orixe nestas dúas escolas noséculo X. Unha serie de antigas civilizacións, sobre todo os tracios, gregos, romanos, eslavos e búlgaros, deixaron a súa pegada na cultura, a historia e o patrimonio de Bulgaria. O país ten nove lugares declarados comoPatrimonio da Humanidade:
O Cabaleiro de Madara.
Dúas tumbas de Tracia (unha en Sveshtari e outra en Kazanlak)
Tres monumentos da cultura búlgara medieval (a Igrexa de Boyana, o mosteiro de Rila e as igrexas rupestres de Ivanovo)
Dous exemplos de beleza natural: o Parque Nacional do Pirin e a Reserva Natural de Srébarna
A antiga cidade de Nesebar
Tamén a Necrópole de Varna, 3500-3200 a.C. contén os exemplos de ourivaría máis antigos do mundo.En canto á música búlgara destácase por numerosos artistas entre os que destacan o compositorPancho Vladigerov e os cantantes de ópera Nicolai Ghiaurov,Boris Christoff, Raina Kabaivanska ou Ghena Dimitrova, tamén Anna Veleva e a mundialmente famosa arpista Anna-Maria Ravnopolska-Dean e artistas de éxito como Christo Yavashev, Jules Pascin, Vladimir Dimitrov ou Nikolay Dimitrov, que popularizaron a cultura do país en todo o mundo.