Unhabula[1] é un documento selado con chumbo sobre asuntos políticos ourelixiosos. No segundo caso, se está autenticada co selo papal, recibe o nome debula papal oubula pontificia. O nomebula procede do latínbulla, á súa vez proveniente daraíz indoeuropea*beu- ('inchar', do que tamén derivanburbulla,boca etc.),[2] un termo que fai referencia a calquera obxecto redondo artificial, e nun principio utilizábase para referirse á medalla que portaban ó pescozo, naRoma Antiga, os fillos das familias nobres até o momento en que vestían atoga.[3]
Xeralmente chámase bulas ós documentos pontificios que son expedidos pola Chancelería Apostólica papal sobre determinados asuntos de importancia dentro da administración clerical e mesmo civil, constituíndose nun dos instrumentos máis estendidos nos que se fundamenta e expande a autoridade dopontífice.
Desde un punto de vista formal, a bula é solemne e moi característica. Levaba un selo dechumbo cunhacruz no centro e unha representación deSan Pedro eSan Pablo, mentres que no reverso incluíase o nome do Papa do momento da súa publicación e o ano do pontificado. Normalmente envíase óarcebispo dadiocese, quen á súa vez a fará chegar áparroquia. Está escrita enlatín e se aparece en castelán ou noutra lingua é pola tradución feita desde o arcebispado; nese caso considérase unha copia.
En canto ó seu contido, as bulas expresan diversos mandatos en materia de ordenanzas e constitucións, condenacións doutrinais, concesión de beneficios, xuízos da Igrexa, decretos de indulxencias, de señoríos eclesiásticos etcétera.
Cando a bula é de extensión e/ou importancia menor denomínasebreve.