Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Buda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desde as súas raíces naIndia, as ensinanzas do Buda espalláronse polo mundo, como esta escultura de Amitabha daDinastía Tang, atopada na Cova do Templo da Corrente Agachada,Longmen Grottoes.
Este artigo amosaletras indias. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Buda (sánscrito-devanagari: बुद्ध,O Desperto,O Iluminado, que vén do radical "Budh",Despertar) é un título dado nobudismo a aqueles que espertaron plenamente para a verdadeira natureza dos fenómenos e se puxeron a divulgar tal descubrimento aos demais seres. "A verdadeira natureza dos fenómenos" aquí quere dicir o entendemento de que todos os fenómenos son impermanentes, insatisfactorios e impersoais. Tornándose consciente desas características da realidade, sería posible vivir de maneira plena, libre dos condicionamentos mentais que causan a insatisfacción, o descontento, o sufrimento.

Dende o punto de vista da doutrina budista clásica, a palabra "Buda" denota non só un mestre relixioso que viviu nunha época en particular, mais toda unha categoría de seres iluminados que alcanzaron tal realización espiritual. Pódese facer unha analoxía coa designación "Presidente da República" que se refire non só a un home, senón a todos aqueles que sucesivamente ocuparon o cargo. As escrituras budistas tradicionais mencionan polo menos 24 Budas que xurdiron no pasado, en épocas diferentes.

O budismo recoñecetres tipos de Buda, de entre os cales o termoBuda é normalmente reservado para o primeiro tipo, o Samyaksan-buddha (Pali: Samma-Sambuddha). A realización doNirvana é exactamente a mesma, mais un Samyaksan-buddha expresa máis calidades e capacidades que as outras dúas.

Siddhartha Gautama

[editar |editar a fonte]
Estatua de Buda enKamakura,Xapón

Actualmente, as referencias ao Buda refírense en xeral aSiddhartha Gautama, mestre relixioso e fundador doBudismo no século VI antes de Cristo. El sería, polo tanto, o último Buda dunha liñaxe de antecesores cuxa historia se perdeu no tempo.

Existe unha pasaxe nas escrituras [Anguttara Nikaya (II, 37)], e que é frecuentemente interpretada de maneira superficial, na cal o Buddha nega ser algunha forma de ser sobrenatural, mais esclarece:

"Brahmana, así como unha flor de loto azul, vermella ou branca nace nas augas, crece e mantense sobre as augas intocada por elas; eu tamén, que nacín no mundo e nel medrei, transcendín o mundo e vivo sen ser tocado por este. Lémbrese de min como aquel que é desperto."

Con iso el rexeitaba calquera posibilidade de ser tomado como un Deus, mais reafirmaba a característica transcendente da súa vivencia espiritual e do camiño de liberación que ofrecía para os demais seres. Nese sentido, o Buddha exerceu un papel importante de democratización da relixión que, ata entón, estaba suxeita ao arbitrio da casta dosbrahmanas.

Para Siddhartha Gautama non hai intermediario entre a humanidade e o divino; os deuses distantes tamén están suxeitos aokarma nos seus paraísos impermanentes. Buda é apenas un exemplo, guía e mestre para os seres senscientes que deben trillar o camiño por si mesmos.

Relixión sen Deus

[editar |editar a fonte]

De entre asrelixións mundiais, a maioría das cales proclama a existencia dunDeus creador, o Budismo é considerado particular por ser unha relixiónnon-teísta. Para o Buda, a chave para a liberación é a pureza mental e a comprensión correcta, e por ese motivo el rexeitou a noción de que se conquistase a salvación implorando a unha deidade distante.

O Nirvana

[editar |editar a fonte]

De acordo co Buda Gautama, a felicidade Desperta doNirvana que el atinxiu, está ao alcance de todos os seres. Non obstante, na visión ortodoxa é necesario nacer como un ser humano. NoTipitaka -as escrituras budistas máis antigas- fálase dos numerosos Budas do pasado e as súas vidas, ben como sobre o próximoBodhisatva, que é chamadoMaitreya.

Representacións do Buda

[editar |editar a fonte]
Moeda do Imperio Cuxano cunha representación doBuda no seureverso, coa lendaBODDO enalfabeto grego

Os Budas represéntanse frecuentemente en estatuas. Algunhas formas comúns inclúen:

  • Buda Sentado, como na escultura daDinastía Tang na foto enriba.
  • Buda Deitado.
  • Buda de Pé.
  • Hotei, o "Buda gordo e sorrinte", xeralmente visto naChina, que no senso estrito non é unha estatua do propio Buda.

A maior parte das representacións de Buda conteñen certasmarcas que simbolizan a súa Iluminación. Esas marcas varían de acordo coa rexión, mais destacan tres:

  • Unha protuberancia no cumio da cabeza (indicando unha grande agudeza mental).
  • Longos lóbulos auriculares (denotando unha gran percepción).
  • Unterceiro ollo (tamén denotando gran percepción).

Representacións senlleiras

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
AGalicitas posúe citas sobre:  Buda
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  BudaModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Buda&oldid=6970161»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp