Obúfalo,búfalo acuático oubúfalo da India (Bubalus bubalis) é un granbóvido orixinario dosueste asiático, que na actualidade se encontra tanto en estado salvaxe como doméstico, e que foi introducido en moitos lugares.
Trátase dun bóvido bastante grande, de 1,8 m de altura na cruz e que acada excepcionalmente os 1 200 kg de peso no caso dos machos. As femias son máis pequenas e nunca superan os 1 000 kg. O tronco é robusto e alongado, co pescozo curto, e sen papada. Gran parte do corpo está desprovisto de pelo, ou o presenta ríxido e de moi curta lonxitude. Acoloración é en xeral agrisada, pero pode variar desde a branca até a negra. Os cornos están aplanados e curvados cara a atrás, coas puntas moi separadas, chegando a alcanzar 1,2 m de envergadura máxima entre punta e punta.
O apelativo de "búfalo acuático" (o "búfalo de agua", que din algúns[quen?]) provén da preferencia que ten o animal polas zonas encharcadas ou pantanosas, onde se somerxe parcialmente e camiña sobre a lama do fondo sen dificultade grazas aos seus largos pezuños que impiden que afunda en exceso.
Os búfalos poden ser perigosos en estado salvaxe, pero os domésticos son animais moi dóciles.
Noséculo XIX, no norte deAustralia, onde algúns individuos asilvestráronse desenvolvendo algunhas diferenzas no seu aspecto respecto aos seus antepasados deIndonesia.[2]
EnSuramérica introducíronse os búfalos acuáticos na conca doAmazonas en1895, e en2005 naAmazonia brasileira criábanse aproximadamente 1,6 millóns de cabezas, destinadas á produción de leite e carne.[3]
EnVenezuela o búfalo introduciuse en1940, desaparecendo nos anos1940; pero volveu introducirse en1962, comenzado a súa explotación a grande escala nos anos1990.[4]
EnNorteamérica hai pequenos rabaños comerciais de búfalos para a produción deiogur e queixo. Un profesor daUniversidade de Florida criou búfalos aproveitando os excedentes de efectivos do zoolóxico, que utilizou principalmente para a produción de carne parahamburguesas, e outros rancheiros do país utilízanos para a produción de mozzarella.[5]
Porén,Asia segue acollendo ao 95 % da poboación mundial deste animal na actualidade.
O búfalo usouse, no sueste asiático, desde a máis remotaAntigüidade preferentemente para tirar do arado, sobre todo nosarrozais, onde a súa capacidade para moverse en zonas encharcadas resulta moi útil e por iso preferiuse a outrosbovinos domésticos, como ocebú, ogaur ou obanteng.
No sur deEuropa (e especialmente en Italia) tamén cumpre esta función, ademais de utilizarse o leite para a fabricación do queixomozzarella usado naspizzas e outros pratos da cociña italiana.
Tamén se aproveitan a súa carne e a súa pel (ultimamente, usada con bastante frecuencia para forrar os cascos demotociclista).
A especie doméstica non se considera en perigo (estímase que debe haber uns 141 millóns de búfalos domésticos só no continente asiático, o animal doméstico do que máis persoas dependen), pero a súa existencia como animal salvaxe periga cada día máis debido á desaparición dobosque tropical. Só quedan uns 3500 exemplares no sueste asiático, probablemente extinto en Vietnam. No subcontinente indio a especie están practicamente extinta. Hai mandas de exemplares salvaxes naturalizadas no norte de Australia.
En liberdade, os búfalos móvense en mandas de escaso poucos individuos e só contan cotigre comodepredador frecuente. Máis raramente, os búfalos caen vítimas docrocodilo mariño e as mandas decuóns, que sempre andan molestando ás crías.
Arni ou búfalo acuático salvaxe (B. bubalis arnee).
Outros consideran que son especies estreitamente relacionadas, pero independentes,Bubalus bubalis,Bubalus carabanensis eBubalus arnee, respectivamente.[7]
En2003, aComisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN) ditaminou a favor de manter reunidos os búfalos acuáticosde pantano, e considerar untaxon separado para osbúfalos de río, denominadoBubalus arnee, aínda que o uso antigo é aínda aceptábel para autores que o consideran conespecífico.
O búfalo acuáticode pantano ten 48cromosomas, mentres que o búfalode río ten 50. Os dous tipos reprodúcense entre si, aínda que non facilmente, e poden producir descendencia fértil. Non se observou que se produzan híbridos con búfalos domésticos, e os embrións destes híbridos obtidos en laboratorio, non alcanzan a madureza.