![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1979![]() Melbourne, Australia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantante, compositora![]() |
Período de actividade | 1993![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock![]() |
Instrumento | Guitarra evoz![]() |
Selo discográfico | Epitaph Records![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Josh Homme(2007–) Tim Armstrong(1997–2003) ![]() |
Sitio web | brodydalle.com![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Brody Dalle, nada comoBree Joanna Alice Robinson o1 de xaneiro de1979[1] é unha cantante, compositora e guitarrista australiana. Dalle comezou a tocar música na súa adolescencia, e mudouse aosÁnxeles,California, con 18 anos, onde fundou a banda depunk rockThe Distillers. O grupo publicou tres álbums antes de separarse no ano2006. Dalle iniciou outro proxecto,Spinnerette, publicando un álbum epónimo en2009. En2014 publicouDiploid Love, o seu primeiro álbum en solitario.[2]
Brody Dalle naceu como Bree Joanna Alice Robinson enMelbourne o 1 de xaneiro de 1979[1] e medrou nos suburbios de Fitzroy e Northcote da cidade.[3] O seu pai, que era violento e abusón, abandonou a súa familia cando Dalle era nova. Posteriormente os seus pais volveríanse casar con outras persoas, polo que a través do segundo matrimonio do seu pai é media irmá da actrizMorgana Robinson. Dale non tivo demasiado contacto con Robinson ata que as dúas coñecéronse nos camerinos tras un concerto de The Distillers en 2004, cando Robinson revelou que o seu país vive agora "en Leeds ou algunha merda".[4] Dalle foi abusada sexualmente de nena, e gastou gran parte da súa adolescencia en casos xudiciais relacionados co seu abuso.[5] De adolescente comezou a adestrarse para ser nadadora olímpica.[6] Estudou e foi expulsada de dous institutos católicos en Melbourne antes de deixar os seus estudos.[7] Dalle experimentou coas drogas e posteriormente dixo, "Nunca fun adicta, nunca fun descalza ou vendín o coche da miña nai a un xitano. Só experimentei, como fai todo o mundo".[7]
Dalle sentíase intrigada porCyndi Lauper e osBeatles cando era nena.[8] Aos 12 anos descubriu a grupos comoNirvana,[9] e citou aCourtney Love e á súa bandaHole (ademais de a outras bandas de punk femininas comoBabes in Toyland eBikini Kill) como as súas primeiras influencias.[3] A súa carreira musical comezou aos 13 anos, empezando coa guitarra.[10] Participou en Rock 'n' Roll High School (RnRHS), un colectivo feminista de Melbourne creado por Stephanie Bourke.[11] Interesouse porBlack Flag,Discharge, eFlipper[11] e en1995, poucos días antes do se 17 aniversario, a súa primeira banda, Sourpuss, tocou no Australia's Summersault Festival, onde coñeceu aTim Armstrong, líder da banda de punk rockRancid. Os dous mantiveron unha relación e comprometéronse en 1997, pouco despois de que Dalle cumplise 18 anos. Dalle mudouse aosÁnxeles e alí fundouThe Distillers.
The Distillers publicou o seuálbum de estrea no ano2000, sendo aclamado e comparado con Hole, e comparouse tamén a Dalle con Courtney Love[7] e despois conPJ Harvey.[12] Para a gravación do seu segundo traballo,Sing Sing Death House, a banda tivo outra formación, e no tempo do seu terceiro disco,Coral Fang, Dalle era o único compoñente orixinal. O álbum tivo unha boa recepción e a banda tivo un grande éxito con distintos sinxelos do disco e tocou no festivalLollapalooza.[13] En 2001 Dalle tamén fixo un cameo no vídeo musical do tema "My Friends Over You" deNew Found Glory co seu entón marido Tim Armstrong, ademais deTravis Barker eRob Aston.
Queimados e cansos uns dos outros tras unha extenuante xira de dous anos, The Distillers separouse en2005.[5] Dalle comezou a traballar nun novo proxecto chamadoSpinnerette conAlain Johannes deEleven. O11 de decembro de2008 a banda editou o seu primeiro EP tituladoGhetto Love, cun vídeo de acompañamento dirixido por Liam Lynch. O 17 de xuño de 2009 o grupo lanzou o álbumSpinnerette.[14]
Dalle tamén tocou en temas da bandaEagles of Death Metal usando varios alcumes e apareceu na canción "Weigh on My Mind" do álbum de estrea deThe Transplants en2002. Tamén gravou voces no tema deQueens of the Stone Age "You Got a Killer Scene There, Man", do seu álbum de 2005Lullabies to Paralyze, e tamén fixo unha aparición na canción deLeftöver Crack "Muppet N.A.M.B.L.A", para o seu traballo de 2004Rock The 40 Oz: Reloaded. No ano 2009 apareceu co seu marido nese momento,Josh Homme, no tema "Bargain Healers" do artista francésNosfell. En 2011 Brody Dalle apareceu nunha canción deBoots Electric chamada "Boots Electric Theme".
En novembro de2012 Dalle anunciou en Twitter que estaba traballando nun álbum en solitario, no que aparecerían Alain Johannes eMichael Shuman de Queens of the Stone Age eShirley Manson deGarbage.
En novembro de 2013 Dalle dixo que fichara porCaroline Records, unha división do Universal Music Group, coa intención de editar o seu primeiro traballo a principios de 2014.[15] O álbum foi producido por Alain Johannes, e conta coas aparicións de Shirley Manson,Nick Valensi deThe Strokes, eEmily Kokal deWarpaint. Dalle apoiou aNine Inch Nails e Queens of the Stone Age na súa xira porAustralia eNova Zelandia en marzo de 2014 para promocionar o álbum.
No mes de febreiro de 2014 Dalle publicou o primeiro sinxelo do álbum,Diploid Love, que aparecería o28 de abril dese mesmo ano. O sinxelo, "Meet The Foetus / Oh The Joy", contaba coas voces de Shirley Manson e Emily Kokal.[16] O segundo sinxelo, "Don't Mess With Me", usouse na banda sonora do videoxogo de Square EnixLife is Strange: Before the Storm.
En xaneiro de 2018 Dalle compartiu ligazóns na súa conta de Twitter dunha nova conta para The Distillers, así como dunha conta de Instagran previamente creada para a banda. Un vídeo foi subido a todas esas plataformas confirmando o regreso do grupo.[17]
En 1995, con 16 anos de idade, Dalle coñeceu ao líder deRancidTim Armstrong, que tiña 30 anos, cando as súas bandas tocaron no festival Summersault.[5] Mudouse aosÁnxeles en 1997 para estar con Armstrong e casaron ese mesmo ano. A parella divorciouse en 2003, e o álbum de RancidIndestructible, publicado ese mesmo ano, conta con cancións como "Fall Back Down" que falan do divorcio e dos sentimentos de Armstrong con respecto a el. Dalle dixo que Armstrong controlábaa demasiado e que lle levou tres anos deixalo. Cando finalmente o fixo, Amstring e os seus amigos criticaron a Dalle na prensa, e ela afirmou que ameazara aos membros masculinos de The Distillers e incluíu na lista negra a todos os asociados a eles.[5] Tras o divorcio Dalle comezou a usar o apelido da súa actriz favorita,Béatrice Dalle.[18]
Durante a súa separación con Armstrong, Dalle reconectou co líder deQueens of the Stone AgeJosh Homme, que coñecera no Lollapalooza en 1996 cando el tiña 23 e ela 17 anos. Os dous comezaron a saír xuntos, o que provocou a reacción de Armstrong e os seus seguidores.[19] Homme dixo que recibira moitas ameazas de morte de Armstrong.[20] Dalle casou con Homme o 3 de decembro de 2005.[21] Xuntos tiveron unha filla chamada Camille Harley Joan Homme (nada o 17 de xaneiro de 2006) e dous fillos chamados Orrin Ryder Homme (nado o 12 de agosto de 2011) e Wolf Dillon Reece Homme (nado o 13 de febreiro de 2016).[22] Dalle solicitou a separación legar en novembro de 2019 e divorciouse un mes despois, citando o alcoholismo e abuso de drogas de Homme; el posteriormente iniciou un proceso de rehabilitación, aínda que nos seguintes meses os dous acusáronse mutuamente de violencia doméstica.[23]
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda)|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda)